O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Crítica de S.N.P ó P.G.

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada238.html


«A política do congrexo», crítica de S.N.P. ó P.G. (A Fouce, V-1934).


     Quando os nazonalistas do partido galeguista ameazában adoitar actitudes rexas e definitivas en defensa dos dereitos da nazón galega, nós non damos creto a tales anuncios, porque temos por certo, que homes que se sintan verdadeiramente nazonalistas, non houberan adoitado situarse na posizón hespañolizante que nós tantas veces temos asiñalado.
     Para adoitar as actitudes con que ameazaban, pensado parvamente asustar aos hespañoles, era mester non ser o que eles están demostrando que son: hespañoles.
     Mentras o nazonalismo galego estivo circunscrito a un pequeno círculo de teorizantes sin eco no seo do pobo e sin trascendenza política resultaba fácil e tamén elegante o adxetivarse nazonalista.
     Oxe, ainda que o pobo non da moitas mostras de se decatar da sua realidade nazonal, os ideales nazonalistas sairon do círculo puramente intelectual e están en camiño de concretarse nun movimiento político.
     Ante esta perspectiva que debera aledar, para pulos aos teorizantes de onte pra acentuar a sua posizón galeguizadora, só nos ofrecen a ridícula do seu camiñar de cangrexo.
     Homes que ainda onte mantiñan unha actitude espectante, si non aceptable pol-o menos respetable, acaban de incorporarse as ringleiras de recuadores que dirixen a acción do partido galeguista.
     Homes que dixeron, fai dous anos, que si fracasaban uns pactos que fracasaron o pouco de nacer, había que dar a razón A FOUCE, e adoitar camiñar pol-o camiño que ela ver asiñalando dende o primeiro número, acaban de demostrar a pouca solidez das suas conviciós e dannos a nós a certidume de que ren pode agardar o nazonalismo galego dos homes que máis deberan sentir o imperio de sagrificarse pol-os ideales que decían sustentar.
     Alguns nazonalistas, moi inxenuos ou moi cómodos, permanecen no Partido Galeguista «agardando o momento oportuno pra facer trunfar as tácticas arredistas», sin se decatar que a eles abrangue o descreto e o desconcerto en que esta sulagándose este partido que máis se preocupa de conseguir por medio de compoendas unhas actas de diputados en Madrí, que de anunciar e asinalar con craridade ante a opinión galega, aos treidores ao servicio do estranxeiro, que forman nas fias dos partidos hespañoles, dendes da extrema derecha a extrema esquerda.
     Mentira notoria, é a pretensión de xustificarse, afirmando que as esquerdas hespañolas son comprensivas e ben dispostas pra concederlle as nazonalidades o disfrute dunha autonomía que leve implícito o reconocimento d-unha persoalidade particular e diferenciada.
     Nin as esquerdas, nin as dereitas hespañolas, están dispostas a conceder ren as nazonalidades; os hespañoles, sexan clericales, fascistas, liberales ou socialistas, sinten con igoal imperio as arelas de absorven e de destrucción das nazonalidades que conservan apesar dos séculos as suas características.
     Minten, quando pretenden servirse de Cataluña como eixempro; a autonomía de Cataluña non foi concedida pol-as esquerdas hespañolas, foi conquerida pol-os catalans que, en masa, manifestaron e impuxeron a Hespaña a sua vountade autonomista, que foi sancionada por unhas Cortes, que tiñan, non comprensión nin simpatía, sinon concencia dos perigos que se corrían si non se satisfacía a vountade catalanista.
     Os catalans, non reconoceron aos partidos hespañolas persoería pra aituar en Cataluña, rechazaron todo intento de colaboración electoral, presentáronse como esquerdas ou como dereitas, pero ceibes de infruenzas alleas a Cataluña.
     As esquerdas catalanas, atentas aos intreses e aos sentimentos de Cataluña, non contemporizaron coas esquerdas hespañolas, condicionaron o seu apoio ao goberno de Azaña, obrigando a coalizón de esquerdas a reconocer o feito consumado da autonomía catalana resistido por todol-os seitores da opinión hespañola; as circunstanzas obrigaron aos partidos de esquerda a contrariar a vountade hespañola, e foi un factor importante do descalabro electoral derradeiro.
     Certo que na Galiza o sentimento de galeguidade non está desenrolado como pra donarlle preponderanza electoral a partidos galegos pero elo non xustifica a política de cangrexo que siguen os galeguistas; si non hai sentimento nazonal, si falla conocimento dos factores que teñen postrada abafada, famenta e miserabre a patria, e mester pôrse a laboura de despertar ao povo e expricarlle cómo, e de qué xeito pode remediar os seus males.
     O povo, inda que non o crean os que dirixen o Partido Galeguista percibe as recuadas, convénceno mais que cen dicursos, unha actitude firme, crara e decididamente rectilínea.
     Pero ao parecer, este partido non cree no povo e por iso recúa e seguirá recuando até que se vexa fora da realidade galega.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega