O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Crónica dos debates que tiveron lugar...

Páxina Seguinte

v4xaviercastroencrucillada239.html


Crónica dos debates que tiveron lugar na II Asamblea da F.M.G.


Comenzo da asambreia

     As oito e media, co salón compretamente ateigado de persoeiros e irmáns, o Segredario de Organización da F.M.N., Emilio Ferreiro, pronuncia unhas verbas na apertura da Asambreia i-en nome da Segredaría Executiva, sauda aos representantes dos Grupos Nacionalistas. Nomease seguidamente a mesa que dirixirá os traballos e resultan elexidos os seguintes irmáns:
     Presidente, Xohán Lois Ramos.
     Vicepresidente 1.°, Xesús Ferro Couselo.
     Vicepresidente 1.º, Claudio G. Laso.
     Vicepresidente 3.º, Xosé Lois Fontela.
     Segredario, Antón Míguez.
     Segredario 2.º, Mariano Donega Rozas.
     Segredario 3.º, Manuel Blanco Quintela.
     A presidencia agradece a desiñación, e fai un chamamento a todos pra que a III Asambreia sexa, mais que un pretexto de longas pezas oratorias, o eisponente do xeito de pensar e obrar da mocedade nacionalista; son intres —di— de solución e meditación concretas e non de outos discursos.
     O irmán Illa Couto propon que sexa concedido voz e voto nas deliberacións da Asambreia, aos mozos nacionalistas que ocupan cargos direitivos nas organizacións de Dereita e Partido Galeguista, atendose ao seu caraiter de constituinte. Opúxose o irmán Meixide, do grupo ourensán, quedando aprobada sua proposición que concedía voz e non voto a istes irmáns.
     Apróbanse seguidamente as credenciaes dos persoeiros e delegacións e pásase ao


Orden do dia

     Illa Couto propón sexan nomenadas dúas poñenzas; unha que informará sobor dos apartados: a), b), c), e outra que recollerá as propostas sobor dos apartados IV do orden do día. A mesa toma en consideración ista proposta e fican nomeados.
     Pol-a 1.ª poñenza: Xesús Ferro Couselo, Cesáreo Muñiz, Illa Couto e Ramón Piñeiro.
     Pol-a 2.ª poñenza: Dónega Rozas, Enrique González, G. Paz, Gómez Pedreira e Alvarez Blázquez.
     Reanudada a seisón ás once e media da noite, acórdase comentar as discusións e propostas pol-o apartado c) do orden do día.
     O irmán Illa Couto en nome de Onda («Orden Nacionalista de Avanzada»), Iee unha carta á Asambreia, dando conta da sua nacencia e do esprito que lle informa.
     Propón que sexan leídos os inqueritos de Onda pra que a Asambreia recolla o sentir de diversos irmáns nacionalistas.
     Comenza o presidente a leitura pol-o do Segredario de Relacións Exteriores do P.G. Plácido R. Castro, o cal defende e propón unha postura galeguista de esquerdas dentro do nacionalismo. O Prof. Filgueira Valverde mostrase partidario d-un movimento típicamente tradicional e galego, dentro da ortodoxia nacionalista.
     Leense igualmente as dos irmáns Alexandre Bóveda, Segredario de Organización do P.G. e a do Dr. Lois Poza, do grupo de Pontevedra.
     O poeta Alvaro Cunqueiro e Raimundo Aguiar, maniféstanse partidarios dun nacionalismo integral, totalitario, nemigo do marxismo como contrario ás nosas esencias tradicionaes.
     Rematada a leitura distes inqueritos, a presidencia fai un chamamento aos irmáns asambreistas pedindo concreción a todos, xa que vaise por primeira vegada a redaitar o programa doutrinal da Federación de Mocedades.
     Comenta o debate ca intervención do irmán Remixio G. Gándara representante de Celanova. Refirese as loitas suscitadas por dereitas i-esquerdas das que di, é un probrema esencialmente hespañol, contrario ás caraiterísticas políticas da nosa terra. Considerando que Galiza ten unha Economía, Relixión, Cultura, etc., compretamente apostas a todal-as solucións posibeles nos partidos hespañoles, non nos poden intresar ren as falsas ventaxas que deles nos veñan, sexan en forma de diputados, de concellales e de todol-os demais postos políticos. A Federación de Mocedades debe ter soio un anceio: o de crear unha convencia nacionalista integral en todol-os mozos da Galiza. Móstrase partidario de manter unha posición antihespañola, xa que considera a Hespaña como a única culpabel das desgracias galegas. Ataca logo ao Partido e á Dereita Galeguista, culpándoos de traizoar a verdadeira posición nacionalista, que debía ser a única preocupación d-eles. Remata afirmando de novo que non cabe mais postura nas Mocedades que a de Anti-Hespaña.
     Sigue no uso da verba o irmán Emilio Ferreiro, S. de O., que amostrase conforme cos principios do Partido Galeguista, sempre que sexan sustituidos n-iles o de Galiza pobo autónomo por Galiza pobo ceibe. E partidario da confeición d-un decálogo cos devanditos principies, engadindolle algúns referintes ao problema do agro. Mais sexa cal sexa o programa da F.M.N., coida necesario imprimirlle un fendo senso de aición.
     O representante do grupo da Cruña irmán Gómez Pedreira, refirese as censuras de Remixio G. Gándara ao Partido Galeguista e coida que non son istes intres de crítica negativa, que pode ser que estén trabucados mais ninguén pode duvidar da sú boa fe.
     Taboada Tabanera, do Grupo pontevedrés, intervén referíndose aos inqueritos de Onda nos que di, atopa aitualmente tres posicións entre os elementos nacionalistas: unha, a tradicional, outra a direitista e outra a do esquerdismo. Móstrase partidario da primeira e ataca ás outras duas. Considera que o nacionalismo ten de estar impregnado de catolicidade como consustancial ás nosas doutriñas. Combate ao esquerdismo e ao marxismo como nemigo da causa galega, contrario ás nosas esencias tradicionaes.
     O representante do Grupo de Cotovade, irmán Vidal Rei, móstrase conforme co sentido do inquerito do Profesor Filgueira Valverde, menos na parte referinte a que a F.M.N., este ourentada por un corpo consultivo de vellos nacionalistas.
     Manuel Vázquez Martín, persoeiro minoritario do grupo de Ourense, defende a proposta do Taboada Tabanera. Di que o movimento nacionalista galego é o da reconstrucción d-unha Patria e como tal teremos de utilizar os materiais xa eisistentes.
     Propón fique aprobada ista decraración de principios.
     1.° Galiza patria dos galegos. Autodeterminación política e cultural da Galiza.
     2.º Galiza unidade de Cultura. Reivindicación total de todol-os valores históricos, materiaes i-espritoales: Arte, Lingoa, Raza, Relixión, etc.
     3.° Galiza pobo de tradición. Afincamento da nosa persoalidade romántica; Nacionalismo Galego: Movimento romántico.
     4.° Galiza Irmandade Cristián. Condeación da violencia como táitica política: Anti-marxismo, anti-feixismo.
     O direitor de GUIEIRO irmán Castro-Arines, fai algunhas consideracións sobor da proposta do irmán Taboada. Coida que o tradicional prestase á terxiversacións que non teñen ren que ver ca doutriña nacionalista. Refierese respeito da Tradición, á difrenza do catolicismo román e do galego.
     Cesáreo Muñiz, persoeiro do grupo Ourensán, móstrase partidario d-unha doutriña nacionalista integral, arredada de toda política de direitas i-esquerdas; considera istes estremos como un problema nemigo do noso ser natural. Respeito do P.G. di que iste non esqueceu a sua decraración de principios, a cal pode suscribir calquer nacionalista, mais, ao igual que o irmán Emilio Ferreiro, trocando niles a parte que dirá Galiza nazon ceibe. Aboga pol-a solución no programa nacionalista, dos probremas campesiños e mariñeiros.
     O Segredario Teinico da Federación, irmán Vicente Bóveda, combate a proposta de Taboada Tabanera, considerando o probrema relixioso como alleo á boa marcha da Federación de Mocedades. Di que unha cousa é o Catolicismo, outra o Misticismo e outra a beatería; a ista consideraa como nocibele pra o nacionalismo, a cal hai que destruir. Móstrase partidario d-un programa de aituación ríxido e intransixente e que convirta ao nacionalismo nunha verdadeira relixión.
     Respeito do probrema social, móstrase partidario dun programa que permita o ingreso nas fias da Mocedade ás masas obreiras, perdidas en Organizacións alleas á galeguidade. Di que a aituación dos nacionalistas debe ser menos lírica e mais d-acordo cas realidades do intre.
     Antón Moure, do grupo ourensán, coida que os probremas sociais deben ter maor importanza no programa da F.M.N., que todolos demais. Lee un decálogo de realizacións praiticas e, en canto a taitica a seguire, móstrase defensor da revolucionaria.
     O Presidente, irmán Xohan Lois Ramos, prega á Asambreia que, debido á longura con que se veñen desenrolando os debates, procuren os persoeiros concretar as suas propostas en todo o posibel.
     O Segredario de Propaganda, irmán X. Nogueira, defiende un nacionalismo integral e intransixente, con sagrificio de todos á grandeza da Nazón galega.
     A presidencia propón a suspensión da Asambreia pra que poida informar a Poñenza.
     Aprobase ista proposta, e despois d-un intres reanúdanse novamente as deliberacións informando a poñenza do xeito seguinte.
     Debe esbotarse a proposta do irmán Prudencio Taboada Tabanera e deixar as duas propostas restantes pra discutir despois da aprobación dos Estatutos.
     Na discusión do proieito de Estatuto que levou a mañán e parte da serán do domingo día 3, o irmán Illa Couto con ouxeto de facilitar a discusión d-iles retira a sua proposta e con lixeiras modificacións fican aprobados os presentados pol-o grupo de Ourense, e que pubricamos n-outro lugar d-iste número.


Postura doutriñal concreta

     Fica aprobada unha proposta que di, sexa nemeada unha poñenza encarregada de recoller o sentir da Asambreia e que redaitará a postura doutriñal concreta da Federación de Mocedades Nacionalistas.
     Inicia o debate dobor dista postura doutriñal o irmán Remixio G. Gándara que defende unha proposta de solución eistremas. Móstrase partidario de que a F.M.N., sexa unha orgaización separatista, non habendo mais solución posibel pra o trunfo do nacionalismo que unha postura craramente arredista.
     O irmán Castro-Arines, combate iste xeito de enfocar o probrema, e fai consideracións en col do senso de Separatismo e Nacionalismo. Considera ao primeiro como a negación da universalidade que nós pomos por bandeira e sostén que na doutriña nacionalista está a verdadeira solución de todol-os nosos probremas.
     O persoeiro da Cañiza, irmán Sánchez García, defende a posición de Remixio G. Gándara, mostrándose francamente arredista.
     O irmán Xohan Lois Ramos, abandoa a presidencia pra intervir no debate, e sostén o criterio de Castro-Arines. Coida que no fondo, calquer mozo nacionalista decátase que Galiza soio no separatismo (ou sexa, na realización praitica do nacionalismo) atoparía seu propio ser, mais que por taitica e laboura constructiva, non podemos deixarnos levar de posicións que cicais perxudicarannos mais que habían favorecernos.
     O Segredario Xeral, irmán Xosé Velo, defende a postura separatista e afirma que a realidade no campo non é a mesma que ollan na cibdade. O campesiño compre d-unha rápida solución arredista que remedie as suas necesidades; ista apremiante realidade e a que xustifica a sua posición.
     (N-iste intre entran no salón un grupo de rapazas nacionalistas a quen sauda a presidencia en nome da Asambreia. A imán Mercedes Docampo en nome do grupo femenino ourensán agradece as mostras de agarimo con que foron recibidas pol-os persoeiros).
     Manuel Vázquez Martín, coida que non son istes intres de falar de separatismos. Temos de comenzar unha laboura de catequización nas mocedades da Galiza, e non se pode ir xunta d-iles con programa que, cicais debido a malas interpretacións, faria imposibel a nosa laboura.
     O irmán Cesáreo Muñiz, oponse igualmente á posición arredista coidando que ainda non chegouu o intre pra poder falar d-ise xeito.
     O irmán Illa Couto, defende a postura sinalada no seu inquerito pol-os irmáns Alvaro Cunqueiro e Raimundo Aguiar e que é a mesma defendido por Castro-Arines, Xohan Lois Ramos, Vázquez Martín e Cesáreo Muniz. Posta a votación, fica aprobada por 439 votos contra 331 que outuvo a dos irmáns Remixio G. Gándara e Xosé Velo. Pol-o tanto a Asambreia acorda non empregar a verba «separatismo» nos postulados da F.M.N.
     Fican igualmente aprobadas unhas bases pra elaboración do programa de aición da F.M.N., que presenta o irmán Illa Couto.


Troque de nome a orgaización

     Iniciado o debate pol-o irmán Illa Couto, iste propón que a que até de agora foi chamada «Federación de Mocedades Galeguistas» troque seu nome pol-o de «Primeira Unión de Mocedades pol-a Patria»; «Orde Nacionalista de Avanzada» (O.N.D.A.).
     Oponse a representación da Cruña que coida mais convenente o de «Federación de Mocedades Nacionalistas» (F.M.N.).
     Sometidas a votación, é aprobada ista por 436 votos contra de 137 outidos pol-a proposta do irmán Illa Couto.
     Nomea seguidamente a Asambreia unha poñenza que deberá faguer no prazo maisimo de sesenta días un proyecto de Programa doutriñal e taitico. A sua laboura será aprobada pol-o primeiro Consello Nacional, o cal celebrarase igualmente no prazo de sesenta días.
     A poñenza ficou nomeada pol-os seguintes irmáns: Illa Couto, Nogueira, Emilio Ferreiro, Piñeiro, Cesáreo Muñiz e Dónega Rozas.
     Acordouse igualmente que no prazo de trinta días fique constituído o Consello Nacional da F.M.N.


Outras propostas

     A poñenza ficou encarregada de informar ao pirmeiro Consello Nacional, da ensiña que levarán como distintivo os afiliados á nosa Orgaización.
     A proposta do irmán Sexismundo Cal Fernández persoeiro do grupo de Tui, a Asambreia estima convenente a reorgaización dos grupos «Ultreia», e acorda fágase diste xeito nos sítios onde sea posibel.
     Do proieito da Federación de Mocedades de Sant-lago, respeito da adequisición da casa de Rosalía, acordouse con todo o entusiasmo axudar a aquela mocedade na medida das nosas forzas.
     O persoeiro de Cruña irmán Gómez Pedreira, propón a Asambreia a edición na cibdade herculina do pirmeiro tomo de «A nosa afirmación rexional» do chorado irmán Antón Vilar Ponte. Acórdase que, de ser posibel, fágase d-iste xeito. Acórdase igualmente que o pirmeiro Consello Executivo Nacional estude e ordee a proposta do grupo cruñés, respeito de faguer no mes de Setembro, con motivo da inauguración do moimento a Vilar Ponte, unha concentración de Mocedades n-aquela cibdade.
     Respeito das fichas e carnets, aprobouse a proposta do grupo de Ourense en que sexa o C.E.N. o que de as normas en que haberán faguerse.


Estatuto de Galiza

     Considerou a Asambreia como medio moi convenente pro o conquerimento do noso fin doutrinal, a aprobación do Estatuto galego e, pol-o tanto, acordouse axudalo na medida das nosas forzas.
     Con relación á política local fican os grupos en liberdade pra obrar do xeito que coiden mas comenente, sempre co consentimento do Consello Nacional. Igualmente resolverán os grupos, a continuación d-algúns irmáns en postos do F.P., con arreglo ás circunstancias e conveniencias do nacionalismo.
     A proposta do grupo ourensán, faise unha recolleita entre os persoeiros e demais irmáns con ouxeto de acadar fondos pra os primeiros traballos do Consello Nacional. Acórdase tamén mandar unhas telegramas de protesta ás orgaizacións nacionalistas cataláns, pol-o asesinato dos irmáns Badía.


Seision de Clausura

     Ao remate das deliberacións, celebrouse a seisión púbrica de clausura da III Asambreia de Mocedades Nacionalistas. Co local compretamente ateigado de púbrico falaron o irmán Antón Míguez en nome da Presidencia e os Segredarios de Propaganda, de Orgaización e Xeral, Xosé Nogueiras, Emilio Ferreiro e Xosé Velo. Con verbas do mais afervoado patriotismo fixeron resaltar a importanza dos acordos tomados nista Asambreia e espresaron a sua fé no trunfo dos ideaes nacionalistas. Ao remate distes discursos o pubrico posto en pé, entonou os hinos Nacional Galego e de Alfredo Brañas, orgaizándose seguidamente unha grande manifestación que recorreu as principaes ruas ourensáns. Diste xeito deuse remate a xuntanza dos mozos galeguistas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega