O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

("3.9.2. Replegue e reorientación política")

Páxina Seguinte

v4xaviercastroogaleguismonaencrucillada205.html



     3.9.2 Replegue e reorientación política

     Encetamos con este apartado a segunda etapa da actividade política do P.G., caracterizada pola reconsideración da sua táctica anterior e o conseguinte reaxuste, todo elo nun momento político adverso, cal foi o segundo bienio.
     A derrota electoral sufrida polo P.G. traera consigo decisivas consecuencias para a vida deste partido. Pero, de entrada, nun comprensible reflexo de autodefensa, o P.G. trata de amosarse oficialmente intacto, minimizando a importancia real do revés. Alude ós simulacros de eleccións, as actuacións caciquís e pucheirazos habidos en moitas partes, de maneira que non se podía considerar que o electorado expresara con autenticidade o seu desexo (387). De feito, Castelao e Picallo trasládanse a Madrid coa intención de impugnar as eleccións ante a Comisión de actas, pero as actas foron aprobadas sen que se lles permitira falar (388). Alude ademais o P.G. á pouca conciencia dos galegos: «Nuestro país [...] no ha llegado aún a penetrarse de lo que le conviene y a adquirir conciencia de sus propios problemas» (389). Estaba tamén a cuestión de que o P.G. aceptara o risco de comparecer a unhas eleccións plantexadas en termos de dereitas e esquerdas, sen querer aliñarse en ningún dos dous bandos. Segundo a sua análise, saeu perxudicado por aceptalo corpo electoral a devandita dicotomía polarizándose por un dos polos:


«Galicia por presión allea, por un esvairse da sua postura autóctona, por un deixarse ir polo canle dunha falsa situación, decidiuse por unhas das correntes, enrolouse na vaciedade híbrida do dereitismo hespañol» (390)


     No seu esforzo por restar importancia á derrota sinala a satisfactoria cifra de sufraxios obtidos, 106 mil «limpa e lexitimamente acadados» a pesares dos «vergoñentos fraudes dos suplantadores da vontade popular» (391). Ademais o P.G. aproveitou a campaña para sementa-lo ideal nacionalista e despois de todo, como sinala Víctor Casas: «adequeriu agora unha experiencia e unha enseñanza proveitosa» (392), e ainda que derrotado, o foi en menor proporción que os outros partidos republicanos (393). Abondando nisto considera con esforzado optimismo que os resultados electorais desfixeran a tódolos partidos republicanos a excepción do socialista e do galeguista; xustifica esta afirmación referida ó P.G., en que a sua misión non se limitaba a conquerir nunhas eleccións un número maior ou menor de deputados, de xeito que «a sua actuación múltiple en outros ordens, ademais do estrictamente político, permítelle ficar a salvo de calquer continxencia eleitoral» (394). Noutra parte, o mesmo Casas, habitual comentarista político do P.G., pon de manifesto a crise e desercións que se rexistraban nos partidos republicanos, pero non no P.G., que vía como medraba o número de afiliados, e se mantiñan incólumes os ánimos dos seus militantes, até o punto que considera chegado o momento de relanza-lo partido (394 bis). Terá que pasar tempo para que o P.G. recoñeza que as eleccións do novembro de 1933 foron un desastre sen paliativos (395). Pero cando o acedo sabor da derrota —que ademais postergaba «sine die» o plebiscito— estaba ainda vivo, todo se volveu chamadas a que non cunda o desalento e incitacións a incrementa-lo proselitismo e maila propaganda (396). De feito, lánzase a unha campaña de afiliación e propaganda, celebrando a primeiros de nadal un mitin en Faramontaos, onde quedou constituido un novo Grupo, ó que seguirian novos actos como o de Vilariño (397). Pero esta «fuxida cara adiante» logo topou co atranco do estado de prevención que limitaba as libertades. (398)
     De portas adentro, a valoración que fai Bóveda, e que dende logo era compartida por un bo número dos seus compañeiros de partido, era ben outra (399). O dirixente galeguista constata que a postura seguida deita entón polo P.G., consistente en manterse neutral nas loitas da política española era un empeño vano. Rindese a evidencia de que as tales pugnas ventilabanse tamén en Galicia, cousa que xa constatara antes, pero é agora, cando ten ocasión de comprobar que tódala campaña de denuncia das inconsecuencias das forzas republicanas serviu para que se aproveitasen dela as dereitas, para trocarense despois nos: «nosos piores nemigos e —o que aínda é pior— nos nemigos máis encarnizados de Galicia o do seu Estatuto». Desta analise tira como conclusión que o P.G. necesitaba sair do seu aillamento, e xa que compría establecer alianzas estas debían ser coas esquerdas, dado que elas foron quen fixeran posible o réxime de autonomías. Esta sinceira autocrítica de Alexandre Bóveda, marcaba unha nova orientación, que levaba consigo a conversión do P.G. nun partido de masas, e que consagraría a sua III Asamblea. Sucedeu, en efecto, que a xestión da coalición gobernante en orde a resolver os problemas de Galicia distou de ser satisfactoria. E o P.G., coa sua política de denuncia que fora «in crescendo» a medida que pasaba o tempo e se achegaban as eleccións, contribuíra a incrementa-lo descontento na opinión pública, que deu un espectacular viraxe na primeira ocasión. «El Pueblo Gallego» á hora de establecer responsabilidades (400) na derrota, refírese a que as esperanzas e aspiracións de Galicia quedaran defraudadas: o caciquismo non fora descoallado, non se resolvera o problema ferroviario, nin o dos foros, aranceis, gandeiría, autonomía, etc. Ademais non se concedera o decreto de bilingüísmo e consentírase o bloqueo monetario de América. A onda de descontento así xenerada arrastrou ós partidos que tiveran responsabilidades de poder, e ainda a aqueles outros que a pesares de realizaren unha esclarecedora laboura galega no Parlamento «tiveron tangencia con aquela desventurada gestión gubernamental» (401). A alusión ó P.G. era ben clara. Polo demais, o P.G. como tódalas forzas derrotadas, tivo serios problemas para afrontar o pago dos gastos derivados da campaña electoral (401 bis).
     Por outra banda, o P.G. recibe o ofrecimiento de Irujo, elixido deputado polo PNV, de servir de portavoz dos galeguistas no Parlamento (402). O propio tempo «A Nosa Terra» escomenza a admitir publicamente que o tema feixismo-antifeixismio, no candieiro en España, afecta tamén a Galicia (403). Nalgunhas vilas e cidades escomenzaban a xurdir pequenos fatos de xóvenes feixistas que de cando en cando promovían algún incidente violento. Alritados por estes feitos un grupo de galeguistas e antifeixistas (sic) agredeu en Santiago ós simpatizantes de Montero Díaz que repartían o primeiro número do semanario «Unidad» (404) (periódico que anteriormente fora obxecto dun asalto ó prelo no que se editaba), tendo que intervir a policía (405). Pouco tempo despois o grupo de antifeixistas repartiu unhas follas condenando a publicación de «Unidad» e anunciando a próxima constitución en Santiago dun frente único contra o fascio (406). A.N.T. recolle este estado de ánimo publicando un solto que rezaba o seguinte «O Fascismo: Eis o enemigo común. Ou el nos mata ou o matamos. Contra el todos» (407). Pesia estes vagos chamamentos a unidade, tería que pasar algún tempo para que as feridas e resquemores quedaran esquencidos e, polo de agora, a pesares de seren moitos os galeguistas proclives a unha alianza coas forzas republicanas, o P.G. segue con reticencia a manobra de reagrupamento das esquerdas republicanas malparadas nas eleccións, tarefa á que estaba entregado Casares Quiroga (408).
     Nos días 13 e 14 de xaneiro de 1934 ten lugar en Ourense a III Asamblea do P.G. (409). Suarez Picallo, en representación da O.N.R.G. de Bos Aires, presentou unha proposición (410) que coincidía con outra defendida polo Grupo de Pontevedra en propugna-la alianza coas forzas republicanas de esquerda. A ala de dereitas opúñase e o que actuou como portavoz dela, Vicente Risco, puxolle toda clase de chatas, polemizando con Picallo, Víctor Casas e Alvarez Gallego. Planeaba o risco de escisión, da que eran claramente partidarios Filgueira Valverde e Bouza Brey (411), que se chegou a conxurar en parte porque a debilidade numérica do P.G. a convertía en irracional (412), en parte polo espírito de transixencia de que deron mostrar ambalas duas correntes. En efecto, para dirimir as diferencias nomeouse unha comisión integrada por calificados representantes dos dous sectores (Risco e Picallo, principalmente) encargada de presentar á Asamblea unha proposta consensuada, capaz de evitar a escisión. A ala de esquerdas aceptou tirarlle acritude a sua primeira proposta de non excluir da alianza os grupos sociais e políticos de extrema esquerda (413) e retirou a sua petición de revisión do Programa do P.G. en orde a darlle un sesgo nidiamente de esquerdas; a cambio, a corrente conservadora aceptou a colaboración do P.G. cos partidos republicanos e autonomistas sempre que:


«non se opoñan ao conquerimento da nosa autodetermiñación, a republicanización indispensabel de Galicia e a precisa diñificación da sua vida política».


     Estes requsitos parecen estar pensados por suposto para dificultar a alianza coas forzas republicanas dun modo xeral, e moi especialmente co PSOE que non se aviña na práctica a apoiar a autonomía de Galicia. Precisamente por ser ambigua, esta resolución de compromiso foi aprobada por unanimidade (414).
     Ademais da polémica entre dereitas e esquerdas a III Asamblea serviu de escenario para que aflorase a tendencia «apoliticista» (415) .En efecto, un sector do P.G., decepcionado polos resultados electorais de 1933, plantexa o abandono da política inmediata, para adicarse a laboura cultural, que á postre era tamén política (416). O abandeirado desta actitude de «nazonalismo integral» era Iglesia Alvariño, o alegato do cal tivo escaso eco porque, como deixou escrito Bóveda, a diferencia de 1918 en que o galeguismo era un movemento pouco artellado e adicado preferentemente a unha tarefa cultural, nos anos trinta deviñera nunha organización disciplinada e inexorablemente política (417).
     A Asamblea de Ourense aprobou tamén unha proposta de Ramos Obella que poderíamos calificar de radical, se non fora que máis ben tiña que ver co ilusionismo político. Tratábase de ensaiar un procedemento audaz, consistente en crebar os nexos co Estado e constituir mediante eleccións un parlamento galego dotado de amplísimos poderes e facultades, do que emanaría un órgano executivo, todo elo sen contar coa aprobación das Cortes españolas. O Poder lexislativo galego de ficción traballaría provisoriamente para o porvir como si fora presente xa, de xeito que se conqueriría o rodaxe do autogoberno para cando fora posible establecelo legalmente. Nin que dicir ten que tal entelequia endexamais foi levada a cabo, e o feito de que a aprobase o Congreso do P.G. constituiu unha acabada mostra de inmadurez e inxenuidade política. O único que se fixo neste senso foros varios estudios, a modo de proxectos de lei, sobor de cuestións que ían dende tributación a arrendamentos rústicos, dos que xa demos noticia noutro apartado deste traballo (418).
     Na nova dirección elexida non figuran os caracterizados representantes da tendencia dereitista, Risco e Filgueira, que quedan así relegados a un segundo plano dos órganos decisorios, pero elo non se pode interpretar como unha especie de «caixa de bruxas» por parte do sector de esquerdas, por estar rifada co espírito de consenso e afán integracionista que seguía tendo o P.G., posto de manifesto na resolución negociada, dado que permanecen na dirección homes de significación nídiamente conservadora, como podían ser Banet Fontenla e Iglesia Alvariño.
     Noutro orde de cousas, a comenzos de 1934 as forzas da dereita congratulábanse de que o plebiscito non se puidera levar a efecto (419). O sector máis crispado que se manifesta xa abertamente como feixista, arrecia coa susa propaganda antiestatutista (420). Xa aludimos neste senso a aparición do periódico «Unidad», adicado a combatir o P.G. e mailo Estatuto. Como contrapartida xurden benintencionadas tentativas de continuar do xeito que fora o interrumpido proceso estatutario. O «Comité Central de Autonomía» reestructurase pretendendo acoplarse en vano á nova correlación de forzas políticas saídas das eleccións de novembro de 1933. En Santiago nace a agrupación denominada «AI Servicio del Estatuto Gallego», co propósito de afondar no estudo das bases económicas sobor das que se debía asentar o Estatuto, e de granxearlle maior apoio popular, principalmente por medio da difusión do seu significado (421). O P.G. e outros elementos pensaban relanzar novamente a campaña de propaganda estatutaria (422). A maiores, dende as páxinas da publicación de significación esquerdista e galeguista «Claridad», tratase de persuadir ós partidos e sindicatos socialistas, comunistas e anarquistas de que as suas respectivas tradicións doctrinarias eran perfectamente compatibles coa asunción da autodeterminación de Galicia (423). Recoñecendo que a clase obreira galega non se tiña sumado co dexexable fervor, e loita pola autonomía, aducen que o postulado autonómico podía servir, entre outras cousas, para opoñerse ó avance do feixismo, que era unha preocupación dominante nos medios de esquerda (424).
     En febreiro de 1934 Antón Villar Ponte leu unha carta nunha asamblea da sección local coruñesa do P.R.G. propoñendo a disolución do partido, que caseque xa non contaba con outras organizacións —dada a crise que experimentara— que a feble da Coruña e a moi precaria de Pontevedra. As discrepancias de A.V. Ponte co P.R.G. non viñan de agora. Moito antes de que foran disoltas as Cortes Constituintes significara o seu desacordo coa actitude adoptada polos dirixentes daquela agrupación política, e en especial con Casares Quiroga (425). Na sua carta formulaba cargos acusatorios contra a dirección do partido por facer del un instrumento inútil para a República. Segundo el, os poderosos resortes que tivo nas suas máns o P.R.G. non os empregou para erradica-lo caciquismo, nin serviron tampouco para evitar unha derrota electoral sen paliativos, sendo especialmente grave que non fora capaz de acreditar os interventores necesarios para vixilar os Colexios electorais, cousa que non logrou nin sequera na Coruña. Censúralle, ademais, o feito de que elevase a cargos representativos a persoas contrarias ás esencias esquerdistas e galeguistas postuladas no programa do P.R.G. Alude a actitude inconsecuente na cuestión do Estatuto, considerando indisculpáble que non se pedisen explicacións ós seus concellais que se abstiveran de concurrir á sesión do Axuntamento coruñés na que fora maioritario o criterio antiautonomista. Pero, como el mesmo sinala, o elemento catalizador da sua decisión de abandonar o partido de Casares foi a resolución, adoptada sen convocar previamente unha asamblea de afiliados (426), de que o P.R.G. desaparecese para fundirse nun partido de esquerdas de ambito estatal (427). Vilar Ponte non estaba disposto a formar parte dun partido que non se cinguise ó marco galego (428). A dimisión de A. Villar Ponte supuña o fracaso dunha vía de actuación propugnada por un reducido sector do movemento galeguista: a de renunciar a que o galeguismo fose unha forza política con identidade propia para tratar de galeguizar dende dentro as outras forzas políticas. Na derradeira fase de Dictadura, Anton Vilar Ponte ó tempo que era membro das Irmandades colaborou con Marcelino Domingo e Albornoz no empeño de difundir en Galicia o programa dun partido republicano de esquerdas que se trataba de crear (o P.R.R.S.), poñendo a sua firma no seu primeiro manifesto. Participou logo na creación da O.R.G.A. (logo P.R.G.) convencido de que: «Era el momento de hacer galleguismo republicano y de republicanizar el galleguismo» (429). Cando se fundou o P.G., A. Villar Ponte rendiulle: «el tributo sincero de mi más honda devoción», pero non se sumou a el tanto por considerar que o galeguismo organizado como forza independente, sumado ó que actuaba no seo do principal partido —onde estaba o seu papel— tería un efecto multiplicador, como porque sentíase obrigado a permanecer no partido polo cal obtivera a acta de deputado. Desenganado, o cabo, do camiño que emprendera, pide o ingreso no P.G.(430), cousa que lle foi concedida a pesares das friccións que en certos momentos tivera con este partido. Nefeuto, Bóveda nos momentos de alporizamento pola marcha do Estatuto no vran de 1933, acusou a Anton Villar Ponte (431) de ser inconscientemente un dos piores nemigos da autonomía por permañecer nun partido que, como o P.R.G. traicionaba ó Estatuto, sen que Vilar Ponte fixara ouvir a sua voce de protesta por elo. Deste xeito, os galeguistas do P.R.G. non cumplían nese decisivo momento —noutras ocasións Bóveda recoñece que cumpliran perfectamente ben— a misión que lles acaía. Entendase ben que Bóveda non criticaba a Vilar Ponte por militar nun partido non galeguista, pois, como él mesmo dicía, tódolos camiños: «me parecen bós si se percorren coa santa arela de traballar pola libertade de Galiza» (432), senon por non actuar dentro dal naquel preciso intre como un galeguista consecuente. A. Vilar Ponte replica (433) asumindo as críticas que contra o P.G. formulara Blanco Amor, consistentes en que o P.G. non daba na sua actuación atención prioritaria ás cidades, e que a sua concepción política, a fuer de purista, deviña en simplista, sen contar con que douscentos discursos pronunciados nun ano e múltiples desvelos serviran só para que obtivera dous concellais en toda Galicia. Polo demais, para V. Ponte ningún partido de masas, como era o P.R.G., podía ser nin puro nin perfecto. O seu entender o fin xustificaba os medios, de xeito que a pureza do fin absolvía sempre da impureza dos procedementos e, por outra banda, tamén o catalanismo para chegar á masa tivera que catalanizar caciques e prestar apoio a intereses creados de orde económico que as veces marxinaban os canles da xusticia (434) . Remataba manifestando que se os galeguistas non tiveran tanto afán purista e en troques de organizarse nun partido especificamente galeguista se tiveran introducido nas organizacións republicanas, tanto de dereitas como de esquerdas, galeguizando a sua actuación, os resultados —especialmente na cuestión do Estatuto— terían sido máis afalagadores.
     Noutro orde de cousas, o viraxe do P.G. cara un entendemento coas forzas republicanas de esquerda provocou unha gran revoeira sobor de todo nos medios da emigración en América que seguían con simpatía a traxectoria do P.G., Blanco Amor —en parte ferido no seu amor propio porque non se lle remitía o portavoz do P.G., «A Nosa Terra»— acusa ó P.G. (partido ó que, polo demais, considera como o máis interesante dos existentes en Galicia) de non saber proxectarse acaidamente no exterior, desdeñando: «[...] todo cuanto no sea su vida endócrina»; facendo una política «de capillita» intelectual adicada as divagacións, que debería abandonar se quería convertirse na forza maioritaria. Segue a dicir Blanco Amor, nun tono que ó P.G. consideraba «doctoral e impertinente», que compría ir desfacendo o mito de que todo o galeguismo posible estaba en Galicia e precisamente no P.G. (435) e criticalle por non se ter declarado máis explicitamente no pleito dereitas/esquerdas, parecendolle a este respecto insuficiente a declaración da III Asamblea. O P.G. respóstalle en termos duros (436)(que non excluiron posteriormente un trato correcto e mesmo deferente e gasalleiro por parte do P.G.) acusandoo de querer que o P.G. se esgazara en duas polas, que sería o que tería sucedido se non chegara a facer unha declaración que recoñece que era ambigua sí, pero porque «a fortiori» tiña de selo.
     En Bos Aires a polémica suscitada pola proclividade aliancista do P.G. foi intensa. A sua organización filial «Organización Nazonalista Repubricana Galega» asume a posición veladamente esquerdista do P.G. (437). Os nacionalistas radicais de «A Fouce» tildan de electoralista ó P.G. considerandoo «hespañolista» polas suas alianzas (438). Ás criticas que no influinte periódico bonaerense «Galicia» erguense descontra a nova orientación do P.G., sumanse as manifestacións de frustración polo impasse estatutario e maila derrota electoral do P.G. Censuran a este partido por ter minusvalorado a trascendencia das eleccións municipais, de vital importancia para a erradicación do caciquismo, xa que se lle podía combater especialmente ben dende as cotas dos concellos rurais que compriría conquerir (439). O P.G. fixose eco desta observación, dando unha clara resposta política nunha circular ós Grupos firmada por Castelao (440), na que os exhortaba a que estudasen a fondo os problemas das localidades con vistas a redactar un programa municipal válido para as seguintes eleccións.
     Tódalas críticas devanditas non parece que foran en detrimento da adhesión (concretada era subsidios económicos) de importantes sectores da emigración dos países rioplatenses ó P.G. De feito, en maio de 1934, nace en Montevideo a «Irmandade Galeguista» co obxectivo de apoiar económica e ideolóxicamente ó P.G. (441)
     Na propia Galicia, «El Pueblo Gallego» (442) recomenda ó P.G. que se absteña de fraguar un compromiso con «Izquierda Republicana», de cara o cal existía un movimento tendencial de simpatía en determinados sectores do P.G., porque, segundo E.P.G., sairía perxudicado ó comprometer a continuidade nas suas filas da ala conservadora e, asimesmo, polo enfeudamento e hipoteca do ideal galeguista a un partido de ámbito estatal, que por ende non gozaba precisamente de prestixio por ter figuras como Casares Quiroga.
     A fins de xuño de 1934 o P.G. organiza un mitin no Teatro Rosalía da Coruña, e nel Plácido R. Castro e Alvarez Gallego contestan a quen dende fora do P.G., e simpatizando ou decindo simpatizar cora él, tencionaban tutelar e guiar o partido cos seus consellos. Din que o único xeito de influir no P.G. era formando nas ruas ringleiras e, por conseguinte: «Nos ademitimos mentores oficiosos por moi bós nin moi ben tenzoados que sexan» (443).
     Xa desde principios de febreiro de 1934 o Consello Executivo do P.G. desenrola con pulso firme as resolucións tomadas na III Asamblea, e insta a tódolos seus Grupos a colaborar cos republicanos en base a tres puntos: 1) Autoderminación político-administrativa de Galicia, 2) Republicanización de Galicia e 3) Dignificación da sua vida política. Declara pretender, ante todo, o compromiso cos partidos republicanos que estaban a efectuar manobras de confluencia, e a consecución de Estatuto de Autonomía; ben entendido que no caso de que os partidos republicanos se chegaran a fusionar, o P.G. colaboraría tácticamente co novo partido, pero mantería sempre a sua independencia organizativa e ideolóxica (444). Era en Ourense onde ían máis avanzadas as conversas para chegar a un pacto do P.G. coas forzas republicanas sobor dunha plataforma programática que contemplaba entre outros temas a autonomía, o recoñecemento da parroquia e certas melloras sociais para as clases medias e populares (445).
     Pero o P.G. non vía todo da cor de rosa. Ante o anuncio dunha asamblea pra crear o «Partido de lzquierda Republicana», Castelao atopabase inquedo porque as bases ideolóxicas que se ían discutir revelaban moi escaso fervor autonomista, aludindo únicamente a que «respetarían» as autonomías e a vontade autonómica. O Segredario Político do P.G. inspiráballe confianza Azaña, o sonado discurso do cal a prol do Estatuto catalán ainda resoaba nos seus ouvidos, pero moita menos González López e Calviño, que figuraban no Comité de enlace, en calidade de representantes da O.R.G.A. Tampouco esquencía Castelao que un republicano esquerdista como Marcelino Domingo afirmara que espertar o feito diferencial fora de Cataluña e «Basconia» sería tanto como cometer un crime (446). De tódolos xeitos, o P.G. ainda confiaba en que da Asamblea saise un pronunciamento nidiamente autonomista e, polo demais, os meses transcorridos de goberno conservador serviran para que o P.G. constatara o abismo que mediaba entre a laboura que con tódolos seus erros realizaran os partidos hexemónicos no anterior bienio e os que rexían á sazón a vida da República. Exactamente así o pon de manifesto Víctor Casas, seguro de que «nin os radicales nin as dereitas concederán endexamais o réximen autonómico a Galicia» (447) . Este habitual comentarista político de A.N.T., decía que as forzas de esquerda recoñecían os seus erros e estaban dispostas a enmendalos, de xeito que cando chegaran ó poder farían unha obra republicana auténtica e concederían a desexada autonomía a Galicia (448). A realidade encargábase de abri-los ollos dos galeguistas. Por mor do estado de alarma, en abril de 1934, os gobernadores civís de Lugo e Coruña prohiben actos galeguistas (449) e atrancan a sua laboura de propaganda; así, na Coruña o gobernador prohibíu ós galeguistas espallar unhas follas nas que significativamente aunábase a conmemoración dos «mártires de Carral» cos «herois de Jaca» (450). Estas actuacións represivas descontra o P.G. eran tamén seguidas contra as restantes forzas de oposición e as suas áreas de dominio, como os Axuntamentos (así, por decreto foi destituído o alcalde de Vigo, Martínez Garrido (451), e enmarcábanse na política de dureza de Salazar Abraso que sustituirá a primeiros de marzo a Martínez Barrio ó frente do ministerio de Gobernación (452).
     Con todo, o P.G. pode celebrar, o 26 de abril, a xesta de 1846 que rematara cos tráxicos afusilamentos de Carral (453). Os galeguistas estaban a dar pasos firmes de cara a conversión do P.G. nun partido de masas ben organizado e eficaz. A mediados de marzo, o Segredario de Propaganda. Alvarez Gallego, envía unha circular ós Grupos aconsellando racionaliza-Ia propaganda. Os mitins debíanse celebrar nas cidades e vilas importantes soamente cando se producira algún acontecemento que o xustificara. Fora diso únicamente botaríase mán deste recurso propagandístico co obxectivo de constituir novos Grupos, ou cun fin determinado; o mesmo polo que facía as conferencias nos Grupos e Sociedades Agrarias. Polo demais, Alvarez Gallego propúñase planifica-Ia campaña de propaganda, trazando un mapa coas xeiras a efectuar (454). Porén, os resultados desta nova actitude proselitista tardaran en facerse patentes, por mor da adversa situación política.
     O 8 de xuño o «Tribunal de Garantías Constitucionales», por 13 votos contra 10, vetou a Lei de Cultivos aprobada polo Parlamento catalán a instancias de Esquerra Republicana, que obtivera un éxito sonado nas eleccións para a Generalitat de xaneiro de 1934 (455). O goberno de Companys —líder que sustituira a Maciá, quén, por certo, gozou de tódalas simpatías do P.G. (456)— negouse a acata-Ia decisión do tribunal e procedeu a aprobar unha lei virtualmente idéntica, abríndose así un conflicto entre os gobernos periférico e esquerdista de Companys, e centralista e máis de dereitas de Samper, que se prolongou ó longo de todo o vran. O P.G. segue con extraordinario interés o desenrolo destes feitos, sentindose plenamente solidario co goberno de Companys. O Consello Executivo do P.G. chama ós seus afiliados e a tódolos «auténticamente repubricans» a amosar a sua solidaridade con Companys (457), por entender que estaban en xogo cuestións esenciais. Consideraba o P.G. que a anulación da «Lei de Rabassaires», aprobada pola Generalitat o 10 de abril de 1934, formaba parte dun plan de des-republicanización de España (458). Era, ademais, un atentado á autonomía de Cataluña, que con arreglo ó artigo 12 do seu Estatuto tiña dereito a lexislar en materias de política social agraria (459). O cabo, a mencionada lei estaba orientada a crear unha clase de cultivadores propietarios, que estaba de todo punto conforme co principio aceptado polo P.G. de que a terra debía ser de quen a traballara (460).
     Cando, en sinal de protesta polo que consideraban opresión centralista do Goberno, retiraronse das Cortes os parlamentarios da Esquerra e do P.N.V., o único que lamenta o P.G. é non dispoñer de deputados para secundar esta actitude (461). O P.G. manifesta a sua ledicia porque Basilio Alvarez (ó que en tantas outras ocasións critica) non votara a prol do acordo do Tribunal de Garantías (462), pero se ten de conformar con enviar un telegrama de solidaridade ó Presidente da Generalitat e ó P.N.V. (463) congratulándose de que ambolos dous antepuxeran as suas coincidencias nacionalistas ás suas diverxencias en temas sociais, e con aludir, asimesmo, o tema nun importante mitin celebrado no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Este acto tivo unha gran importancia política por ser o primeiro —exceptuando os dos sindicalistas— no que se permitiu libremente a entrada prescindindo do requisito da invitación. O éxito logrado foi grande tanto polo número de público asistente, como por non terse producido ningunha protesta nin interrupción, o que era especialmente difícil —como sinala Anton Villar Ponte (464)— dado que o público era moi heteroxeneo (de tódolos partidos republicanos, e obreiros de distintos matices ideolóxicos) e corrían uns tempos moi revoltos e preñados de «antis». Castelao aproveitou a tribuna para dar pública contestación ás palabras de Azaña, pronunciadas tamén na Coruña no acto fundacional de I. R. Expresou o seu respeto para coa personalidade de Azaña, que representaba «un estilo moral na política republicán», pero puntualizou as suas discrepancias coas preocupantes verbas de Azaña alusivas a que a autonomía non se podía conceder por un decreto solicitado do Goberno, tópico que se tiña utilizado repetidas vegadas como censura ós galeguistas, cando estes distaban de pretender tal cousa, e precisamente por iso entregáranse con paixón a unha campaña de propaganda autonómica. Bóveda, pola sua banda, tira a colación un artigo publicado en «O Faro de Vigo» por un deputado «mudo no Parlamento», no que se imputaba ó P.G. preparar aquel mitin seguindo instruccións de Companys para servir ós intereses de Cataluña. Argumenta que estaba preparado dende antes de que xurdira o contencioso. Pasa logo a referirse ó requerimento que se fixera ó P.G. no mitin de I.R. Non lle parecía ben que se apelase a un Partido Galeguista de Esquerda, por entender que o P.G. non precisaba de apelidos (apelidos que polo demais —e isto por suposto calouno— podían provoca-Ia escisión da corrente conservadora), pero estaba disposto a que ambas organizacións chegasen a un entendemento, sempre que se aceptaran os postulados aprobados na Asamblea do P.G. celebrada en Ourense. Pero deixa quedar moi claro que: «[...] non se esquenza que somos un partido nazonalista, que non pode confundirse con ningún outro, nin deixarse representar por ningúen, nin perder un soio punto de súa persoalidade» (465).
     En Ourense tivo lugar, concretamente no Teatro Losada o domingo 8 de xullo de 1934, outro mitin do P.G. no que interviron como oradores González Salgado, Alvarez Gallego, Castelao, Bóveda e Gómez Román. Os discursos, de tono esquerdista, foron escoitados por un público que enchía media saa —segundo a crónica de «El Ideal Gallego» (466)—; destacan as referencias á unión dos republicanos, a Cataluña e, asímesmo, ó partido socialista, como os principais baluartes de que dispuña a República (467).
     A xeira completouse cun terceiro mitin en Santiago, ademais dalgúns outros celebrados en localidades de menor importancia. Con isto o P.G. proseguía a sua conducta de conexión verbal coas masas, poñéndose en contacto coa opinión pública de Galicia non só nos momentos electorais, cousa que —segundo Víctor Casas— non facían antes os demáis partidos republicanos, pero dexergábase daquela un cambio de actitude a este respecto (468). Víctor Casas sentíase ledo de que os partidos republicanos de oposición declarasen en mitins e comunicados á prensa, que era urxente abranguer a autonomía de Galicia, e ata no partido socialista escomenzaba a ver boa disposición (469). O P.G. tiña moi presente ós socialistas, o cal era lóxico tendo en conta que podían ser un posible aliado seu, dado que os dirixentes republicanos percuraban neste momento restablecer o eixo de partidos políticos que formaran a coalicción hexemónica na primera etapa da República. Velaí por que cando o P.G. fai un chamamento á solidaridade con Cataluña non se esquence de mencionar expresamente ós socialistas galegos (470), e para máis, Bóveda escrebe un artigo en A.N.T. (471) adicado a convencer os socialistas de que a autonomía era perfectamente congruente coa sua doctrina; argumentando que os «plutócratas galegos» eran furibundos defensores do centralismo.
     A corrente «apoliticista» do P.G. seguía estando viva, e por elo A.N.T. adica un artigo a demostrar que a polarización política dos galeguistas non impedía que traballasen ó propio tempo no eido da cultura (472).
     O 25 de xullo do ano 1934 celebrouse con gran profusión de bandeiras e outros símbolos patrióticos, particularmente en Ourense e Pontevedra (473). En numerosos puntos tiveron lugar festas galegas promovidas polos Grupos do P.G. e a F.M.G. (474); os alcaldes da Coruña e Lugo publicaron sendos bandos en galego. A Editorial NOS sumouse a conmemoración editando dous novos libros, e algúns xornais incluiron páxinas extraordinarias. Os galegos emigrados celebraron asimesmo a festa, pero o máis destacado foi a incorporación por primeira vegada de numerosas mulleres ás manifestacións galeguistas (como a celebrada en Santiago, por exemplo) (475), os actos de ingreso de Antón Vilar Ponte e Castelao na «Academia Gallega» (476) e o mitin estelar celebrado as 12 da noite na Plaza da Quintana. No «Mitin das Arengas» (477), numeroso público escoitou de pé as intervencións de vinte oradores ó longo de duas horas (478). Rexistráronse pequenos incidentes cando un espontáneo —que foi expulsado— berrou «viva España fascista», e cando foron recriminadas unhas poucas persoas que non rendían o debido tributo de respeto o Hino Galego (479). Ainda que nalgún punto concreto, como Redondela (480), socialistas e republicanos de esquerda súmanse á conmemoración do Día de Galicia, isto era amis ben a excepción que a norma. Segundo Antón Vilar Ponte, semellaba que a esquerda non asumía o Día de Galicia, por ser éste tamén o día do Apostolo, o cal entrañaba para a sua mentalidade unha claudicación no seu laicismo (481). Os devanditos actos de propaganda nacionalista efectuados polo P.G. tiveron lugar nun momento nada propicio políticamente. De feito o Gobernador civil estivo a piques de destituir ó alcalde de Santiago por autoriza-lo Mitin das Arengas (482). No anterior mes de xuño as dereitas tentaron de sabotear algún mitin rural do P.G. (483). O estado de alarma declarado por mor das folgas campesinas do sul de España, que continuaban á ofensiva cenetista lanzada antes en Aragón, e asimesmo polos conflictos plantexados polos socialistas cada vegada máis radicalizados, repercutiu tamén en Galicia (que, como o propio P.G. sinala, nunca dera motivos para que se declarara o estado de alarma) ollándose polas ruas importantes continxentes de gardas, armados con toda clase de pertrechos, e quedando establecida a censura previa (484).
     O P.G. laiábase da proliferación de multas, detencións gubernativas, destitucións de Axuntamentos, etc.(485). Esta situación continuou nos meses de agosto e setembro, sendo destituidos os alcaldes e mailas corporacións de Vilagarcía, Lalín (486), Lavadores e Marín, e multados os concellais de Vigo (487). Pouco faltou para que tamén fora deposto o alcalde ferrolán Xaime Quintanilla, sen que as xentes se erguesen na sua defensa, o cal fixo que as protestas e alporizamento do P.G. sobisen de tono, chegando a exclamar que «¡Ferrol non era máis que unha colonia castrense do Estado!» (488). Ademais, importantes sectores da J.A.P. propuñan desencadear a: «Guerra sin cuartel al galleguismo separatista» (489).
     Nestes meses do vran a dirección do P.G. plantexou a continuación da campaña de propaganda encetada co mitin da Coruña. Tratábase de organizar preferentemente actos de importancia e ben preparados, en troques de moi numerosos e esgotadores. Debían ter un carácter de concentracións comarcais preparadas polas Seccións dos Grupos; serían en Ferrol, Pontevedra, Vigo e o primeiro de outono tería de comenzar unha xeira pola provincia de Lugo, por ser a menos traballada polo P.G. (490). O Consello Executivo (agora denominado Consello Nazonal) encargou a Castelao a elaboración dun proxecto de enlace coas forzas republicanas e agrarias, e tódolos conselleiros coincidiron en que a creación de novos Grupos debía ser unha das tarefas a que debería adicarse a máxima actividade (491). Pero o estado de alarma decretado polo goberno Samper impuña un obrigado compás de espera na propaganda galeguista, ante o cal a Segredaría de Propaganda aconsellaba ós Grupos que consagrasen as suas actividades á laboura de proselitismo e á formación de Seccións (492). Os principais actos non se poideron levar a cabo, e sendos mitins que organizan a «Sociedad Agraria de Buxán» e o Grupo de San Miguel do Campo, provocaron amenazas de multas dos gobernadores civís da Coruña e Ourense respectivamente (493). Ante os malos tempos que estaban a vivir os galeguistas e os previsiblemente piores que se aveciñaban, dado que estaban nunha pendente que desembocaría na revolución de outono, A.N.T. arengaba a estar prestos ó sacrificio pola redención da Terra: «A persecución, o cárcere, os ataques e vexámes do centralismo as nosas persoas deben de templar o futuro da propia liberación» (494) .
     Entramentres que na Generalitat facíanse preparativos revolucionarios paralelamente as negociacións levadas a cabo co goberno Samper, na procura dunha fórmula que solventase as diferencias encol da lei de Cultivos, os vascos, solidarios cos catalanistas, crearon un novo foco de tensión ó que non tardaría en engadirse o constituido pola crecente radicalización do proletariado. Os vascos consideraban que o imposto sobor da renda era lesivo ó concerto económico e ás leis paccionadas entre o Estado e mailas Pronvincias Vascongadas. Uníuse a este conflicto a decisión dos nacionalistas, dacordo con Prieto, de convocar eleccións municipais o traveso dunha comisión interprovincial —que suplantaba así as atribucións do Goberno Central—, co obxecto de suprimir ás comisións xestoras nomeadas polo Goberno, a quén se acusaba de valerse delas para impoñe-las suas medidas económicas. Pero as dilixencias gubernativas lograron desbaratar a xornada electoral revolucionaria do 12 de agosto na meirande parte dos Axuntamentos. Ante isto, os nacionalistas e socialistas convocaron unha asamblea de diputados, concellais e parlamentarios vascos en Zumárraga o 28 daquel mesmo mes, que houbo de ser aplazada ata o 2 de setembro, e que tamén foi malograda pala intervención do Goberno (495). Todos estes acontecementos espertaron notable atención e interés en Galicia. O P.G. para poder seguilo conflicto —que consideraba motivado polos agravios do poder central—, con todo detalle aplazou a xuntanza do Consello Executivo prevista para agosto (496). Os destacados dirixentes do P.G., Alvarez Gallego, Martínez López e Enrique Peinador, desplazaronse a Euskadi para expresar a solidaridade dos galeguistas co Pais Vasco e Cataluña (497). O P.G. envióu ademais mensaxes de adhesión ó presidente do P.N.V. (498) e un representante do seu Comité Executivo á asamblea de Zumárraga, que ó cabo non puido asistir por indicación dos nacionalistas vascos, que soamente querían que participasen membros das institucións vascas, para non dar argumentos ó Goberno de sorte que a poidese tachar de ilegal (499). O P.G. tenta de escitar ás demais forzas políticas de Galicia (500) e conquire que as organizacións locais da Coruña do «Partido de Izquierda Republicana», «Partido Agrario Radical Gallego», «Partido Sindicalista», «Partido Radical Demócrata» e «Partido Radical Socialista», firmasen conxuntamente co P.G. unha nota de adhesión ós Comités executivos dos Axuntamentos vascos, por entender que defendían naqueles intres unha posición xenuinamente republicana e democrática, identificada co espírito autonomista da Constitución (501). Con todo, o concellais coruñeses non se atreveron a solidarizarse cos axuntamentos vascos (502), a diferencia dos de Ourense e Vigo (503) e mesmo tamén os de Santiago, non sen que estes últimos vacilasen antes, dada a orde cursada polo gobernador civil prohibindo a discusión da adhesión (504).
     Abertas de novo as Cortes tras do paréntese estival, entra por primeira vegada a CEDA o Goberno en coalición cos radicais o 4 de outono. Nas forzas republicanas producíuse grande desasosego e a UGT declarou a folga xeral revolucionaria en toda España, obtendo un eco especialmente acentuado en Asturias. A situación creada foi aproveitada por Companys para romper co goberno Lerroux, chegando a face-lo día 6 de outono unha declaración secesionista, inducido en gran medida polo extremismo de Dencás (505). A rebelión catalana foi axiña doblegada. A apreciación do P.G. verbo dos sucesos de Asturias e Barcelona non foi exactamente a mesma.
     A revolución de Asturias, que non tiña ningún compoñente nacionalista, non foi vista con simpatía polo P.G. (506) ainda que tampouco a condenou expresamente. Verbo da insurrección catalana a actitude do P.G. foi ben máis comprensiva e ben máis favorable. Carballo Calero escrebe un enxundioso artigo en A.N.T. (507), valorando a revolución dempois do seu fracaso. Sentíndose moito máis identificado con Companys que co «Estat Catalá» de Dencás, admite que houbo algún erro (sic) por parte dos catalanistas, pero que elo non xustificaba o trato que lle quería dar o Goberno a Cataluña. Argumenta que quen se sublevou foi exclusivamente o Consello da Xeneralidade, pero non o Parlamento Catalán, nin a mesma Cataluña, polo que era improcedente a disolución do Parlamento Catalán. Compre que salientemos tamén as mostras de solidaridade do P.G. para co goberno da Xeneralidade preso. Este xeito de actuación do P.G. valéulle a crítica do «Comité Autonomista Gallego de Montevideo», que no nome do autonomismo criticaba acerbamente a campaña extremista, demagóxica e arredista (sic) do P.G. (508).
     Víctor Casas é o encargado de dar publicidade ás leccións tiradas dos acontecimentos vividos:


«Non hai que lle dar máis voltas. Galicia non pode erguerse violentamente contra o Estado español en percura de unha independencia que necesita. Catalunya e Vasconia non demostran que ese camiño non é sin práitico nin de posibel percorrido. Cantos exempros, os arredistas oficiaes, nos opoñan, acontecidos no século pasado ou a comenzos do aitual non sirven para rén. Hoxe é imposibel trunfar por tales médios contra o Estado moderno. Por eso temos que nos conformar con ir acadando concencias para o logro da autonomía» (509).


     Semella estar meridianamente claro que o P.G. non tivo intervención ningunha no movimento revolucionario de outono de 1934, a pesares do cal tivo que sofrir as represalias gubernativas: o semanario do P. G. «A Nosa Terra» viuse obrigado a suspender a publicación a causa da censura; algúns afiliados do P.G. foron encadeados durante varias semanas (510), varias sedes galeguistas tiveron que ser pechadas durante seis meses, quedando algúns Grupos (como o de Franza (511), Alongos (512), e Buxán (513)) desorganizados e paralizada a sua actividade e, ó cabo, Bóveda e Castelao foron desterrados (514). A nova dos desterros de Castelao a Badaxoz e de Bóveda a Cádiz (515) disfrazados de traslados administrativos aproveitando a sua condición de funcionarios, caeu como unha bomba nos medios galeguistas. Porén, non foron os galeguistas os únicos que tiveron que padecer os rigores do traslado forzoso, pois tamén seguiron análoga sorte outros republicanos (516), pero a medida contra os dirixentes galeguistas ía dirixida directamente ó corazón do P.G. Castelao, ademais de ter acometido importantes tarefas políticas, era sobor de todo unha figura pública, verdadeiramente a máis coñecida do P.G. O seu castigo tiña, pois, unha dimensión simbólica clara. Bóveda, era o motor e verdadeiro factotum do P.G. (517), de xeito que privando a este partido da sua presencia ben podía suceder que quedara denervado. Tal cousa non sucedeu en gran parte mercede a que ambos dirixentes, que se manteñen en todo momento en contacto por carta (518), seguiron ocupando os seus cargos políticos e desempeñando a dirección efectiva do partido (519) a pesares da distancia. Consciente da importancia que tiña para a vida do partido a privación de tan cualificados dirixentes, e ademais do problema familiar e persoal que se lles ocasionaba, o P.G. fixo canto puido para evita-lo traslado. Polo que sabemos —que debe ser só a punta do iceberg— pola documentación que se conserva (520), os galeguistas da Coruña falaron con Iglesias Corral e Miñones para que xestionaran en Madrid a revocación da orde de traslado; do primeiro non sabían que fixera nada, en tanto que o segundo enviou unha carta e mais un telegrama sen resultado (521). Non deberon ser os galeguistas tampouco alleos as manifestacións de protesta pola orde de desterro, que partiron de persoas a entidades non afectas ó P.G., entre as que cabe destacar a «Asocación de Ia Prensa de Pontevedra» (522). Castelao presentou unha alegación contra a orde de traslado (523) e ante a inutilidade de cantos recursos, protestas e presións fixeron, un núcleo de galeguistas santiagueses, entre os que se atopaban, Anxel Casal, Beiras e Martínez López, propuxeron que pedisen a excedencia encargándose o P.G. de pasarlles un soldo (524). Desbotada esta posibilidade, o 17 de novembro Castelao e Bóveda parten para o desterro (525) non sen antes recibir innumerables testimuños de alento e solidaridade dos seus «irmáns» (526). En parte pola necesidade de encher o valeiro que para o P.G. supuña a privación de dous dos seus persoeiros, en parte polas necesidades inherentes a un partido en expansión (ainda que ralentizada pola difícil situación política) con vontade de masas, Víctor Casas, que tiña serios problemas laborais na fábrica de calzados Senra, para a que traballaba de viaxante (527), pasa a ser funcionario do P.G. con destino en Pontevedra.
     En xaneiro de 1935 a actividade do P.G., como a dos restantes partidos de oposición, era bastante lánguida. Máis ainda, o partido non funciona como tal ente global (528), actuando, e pouco, algúns dos grupos pola sua conta. Soamente podemos consignar algún que outro acto, como os de Santiago (529) e Ordes (530), dados polo P.G. conxuntamente con outros partidos (o de Ordes cos socialistas), de clara significación esquerdista e antifeixista. En Ourense os persoeiros galeguistas aproveitan para dar conferencias no local do Grupo (531); polo demais, o P.G. participa no centenario de Pondal, nun banquete republicano celebrado en Pontevedra e na conmemoración da Primeira República (532). O labor autonómico seguía completamente paralizado, sen que ningún signo esperanzador se albiscara no horizonte. Moi ó contrario, o feito de que tódolos Axuntamentos da provincia de Pontevedra que en nadal de 1932 se pronunciaran a favor do Estatuto, mandaran a Madrid ós seus alcaldes para que entregaran a Emiliano Iglesias un busto de bronce, interpretouse como un cambio copernicano no seu talante autonómico (533).
     Ben avanzado febreiro de 1935 «A Nosa Terra» publica unhas «Bases para unha conxunción repubricana» (534) que debían servir para un ensaio de coalición a nivel provincial, extendible logo ó resto de Galicia, entre tódolos partidos republicanos non implicados no bloque gobernante. Os postulados propostos polo P.G. eran: A) Dignificación da vida política, B) Republicanización de Galicia, C) Autodeterminación de Galicia, aceptando o nivel establecido na Constitución, D) Defensa dos intereses galegos, E) Manteñemento do espirito constitucional, opoñéndose a toda demanda revisionista de signo conservador.
     A coalición estaba primordialmente concebida de cara ás eleccións municipais que parecían próximas, pero ó non seren convocadas desapareceu o aguillón que podía estimula-lo proceso de confluencia. As conversas establecense só entre o P.G. (que lle enviara unha carta o 20 de setembro de 1934 a I.R.) e «Izquierda Republicana» (o Comité Nacional do cal contestou por carta o 25 de abril de 1935)(535). A explicitada vontade aliancista do P.G. suscita en América polémicas e pronunciamentos a favor e en contra. Os da «Sociedade Nazonalista Pondal» (536) seguen a criticar ó P.G. por non tomar o vieiro do arredismo, en troques de tentar compoñendas cos partidos «hespañolistas» para acadar unha cativa autonomía (537). No boletin mensual do «Comité Autonomista Gallego de Montevideo» (538) censurábase novamente o P.G. por pandar cara a esquerda, e pretender aliarse cos partidos que traicionaran a autonomía; dicíase, ademais, que o nacionalismo galego non estaba exclusivamente representado polo P.G. (podían ser tamén nacionalistas os partidos autonomistas sen máis), e propugnábase a creación dun partido galeguista de dereitas. «Opinión Galeguista», órgano da O.N.R.G. de Bos Aires (539) sae ó paso de todas estas afirmacións, aducindo que o P.G. encarnaba o único nacionalismo galego exis non variaba porque transitoriamente se inclinase a favor dun determinado bando da política española, dado que, baixo o seu punto de vista, o nacionalismo non constituía unha táctica senón unha dóctrina. Polo demais, reputaban innecesaria a existencia de varios partidos nacionalistas. O C.A.G. de Montevideo non se da por persuadido e volta a teimar, máis por extenso, no seu parecer (540). Con todo, publica no seu boletín «Raza Celta» a petición de axuda económica para o P.G. que levaba a cabo a sua filial en Bos Aires, O.N.R.G. entre a colectividade galega de Uruguai e Arxentina (541). No editorial de Galicia» de Bos Aires (542) (o director da cal, Blanco Amor, xa víramos que criticara había poucos meses a nova orientación do P.G.) abogábase por un galeguismo puro e alonxado do esquerdismo español. En Galicia, «El Pueblo Gallego» —distanciado últimamente do P.G. e acusado por éste de condescendencia co Goberno— con premeditada malevolencia, segundo os galeguistas, publicou con grandes carácteres tipográficos un finxido telegrama dos galegos de Montevideo no que estes manifestábanse disconformes coa posición do P.G., e reclamaban a necesidade urxente de crear un novo partido se o Galeguista se inclinaba cara as esquerdas españolas. «E.P.G.» o que fixo foi transformar o mencionado editorial de «Raza Celta» nunha especie de ultimatum telegráfico, logrando crear grande confusión, especialmente en América, onde acabaron desmentindoo (543). O P.G. interpretou a manobra do periódico de Portela Valladares como un intento de provocar unha escisión nas suas ringleiras. Por elo «A.N.T.» adica un editorial a rebatir a comenencia de tal esgazamento, entendendo que se ben: «A división de dereitas e esquerdas, con todo o que ten de falseiro, responde —recoñezámolo— a unha realidade aitual da política hespañola» e ademais «O sistema eleitoral, a necesidade dos agrupamentos, crearon a táitica coalicionista nos partidos [...] E, consecuentes co noso pensamento e co noso ideario, aliámonos, sin prescindir das noas arelas, as esquerdas», de tódolos xeitos «Nos —digámoslo sin inmodestia— constituímos unha orgaización difrente as que andan por Hespaña adiante. Temos unha arela fundamental: a libertade de Galicia» e, como corolario de todo elo, a división do P.G. era para eles improcedente (544). Agora ben, estes malabarismos lóxicos do P.G. non poderían impedir o esgazamento dunha boa parte da corrente de dereitas, que non tardaría en producirse.
     Erguido o estado de guerra en Galicia, a mediados de febrero, o P.G. dispúñase a relanza-lo partido (545). Noustante a mellora indicada non significaba o recobro da normalidade constitucional e, de feito, a xuntanza do Consello Nazonal do P.G., á que por certo asistiron Castelao e Bóveda que se atopaban accidentalmente en Galicia por asuntos propios, tivo que celebrarse ante a presencia dun delegado gubernativo (546). Os Grupos irán pouco a pouco abrindo as sedes pechadas, renovando as directivas e reanudando as actividades dentro do que as circunstancias permitían (547). Mellora a organización central do P.G. dotándose dunha «Oficiña» ben organizada por Víctor Casas e, o que é mais importante, «A Nosa Terra» sae de novo a luz, ainda que visada pola censura, dempois de catro meses de suspensión (548). Consideramos que o forzado eclipse do órgano periodístico do P.G. fora a causa primordial da creba do contacto entre os Grupos.
     Por estas datas entrou nas Cortes un proxecto de lei rebaixando considerablemente os dereitos de importación da sardiña portuguesa, que competía coa galega perxudicante notablemente ó sector pesqueiro. A protesta que se suscita frente a aquela «agresión do centralismo» é mínima e o P.G. laiase da mansedume dos galegos (549). A pesares delo en Vigo celebrouse unha asamblea de pescadores e entidades económicas, na que tivo un gran protagonismo Paz Andrade, resolvéndose opoñerse a desgravación arancelaria da sardiña portuguesa (550).
     En marzo de 1935 os feixistas celebran un mitin en Vilagarcía —onde o P.G. tiña considerable implantación— e aproveitan para atacar verbalmente os galeguistas (entre outros), decindo deles que constituían un perigo de separatismo especialmente na Universidade, por estar supostamente controlada por eles (551).
     O P.G. participa en múltiples actos dos partidos republicanos, establecendo con eles unhas relacións moi cordiais, pero as negociacións eternizábanse. Estas artellábanse a un doble nível: dunha banda cos republicanos galegos, baixo fórmulas limitadas ó interés de Galicia, lográndose redactar coas da provincia de Pontevedra un proxecto de Bases, ó que xa aludimos; doutra banda co Comité Nacional de I.R., quén no mes de agosto de 1934 comunicara ó P.G. que o acordo quedaba virtualmente establecido sobor dos puntos propostos polos galeguistas. Porén, as negociacións continuaban co propósito de chegar a un programa común de goberno (552), e os acontecementos de Outono demoraron ainda máis o proceso. En abril de 1935, I.R. contesta ás propostas que o P.G. lle plantexara, pero os galeguistas non consideran completamente satisfactorias as ofertas do partido azañista encol da propaganda do Estatuto (553); querían, ademais, que nos actos de I.R. se mencionase a Galicia sempre que se aludise a Euzkadi e Cataluña, que se protexeran os intereses específicos de Galicia sen supeditalos ós «criterios nacionais»; que na educación básica se empregase o idioma materno, e que en suma I.R. asumise boa parte do programa do P.G. Como a pesares do ánimo reciprocamente unitario, as diferencias eran sensibles, as negociacións proseguirán nos restantes meses de 1975 sen chegar a un acordo satisfactorio para ambalas duas partes.
     Rodolfo Montesinos expresou moi ben as diferencias de enfoque que arredaban ó P.G. de I.R., cando nunha asamblea provincial desta última organización manifestou, dempois de declara-Ia inclinación de I.R. a aliarse co P.G. e cos socialistas, que o P.G. e I.R.: «son duas institucións en corpo e unha sola en esprito. Cecais a única diferencia consista en que nós ollamos máis a Hespaña que a Galicia e eles máis a Galicia que a Hespaña» (554). Había tamén outra cuestión. I.R. era claramente partidaria da alianza cos socialistas, pero o P.G. non tanto. En efecto, se ben algúns membros da ala esquerdista do P.G. alédanse do éxito do Frente Popular en Francia e apuntan que outro tanto se podería facer en Galicia (555), non tendo reparos en permiti-Ia presencia de oradores socialistas en mitins republicanos nos que participan, (polo demais interesáballes que os socialistas apoiasen a causa autonómica), en realidade non poden plantexar a alianza cunha forza marxista —e ademais crecentemente radicalizada— sen comprometer con elo a unidade do propio P.G., é dicir, o integracionismo do partido que teimaban en manter a toda costa. Por iso non se levan a cabo conversas cos socialistas e, nalgunha ocasión, deixase traslucir que o que pretenden deles é que se limiten a apoiar, a título de comparsas, a coalición republicano-galeguista. Vide se non: «O que urxe é artigoar o movimento conxunto de galeguistas e republicáns, que as Agrupacións Obreiras e Sociedades Agrarias deben secundar se teñen instinto de conservación» (556).
     En abril a primordial expectativa do P.G. é a celebración da sua IV Asamblea, convocada en Santiago para os días 20 e 21. A dirección do P.G. desexa que resulte totalmente representativa e democrática, e a este efecto exhorta repetidas vegadas ós Grupos para que celebrasen previamente xuntanzas nas que deberían discuti-lo orde do dia, e acordar propostas. Despois da semiparalización do partido tras da revolución de outono a preocupación central da dirección estribaba en que o congreso constituise unha demostración de forza, con vistas o cal instaba ós Grupos a que non se limitasen a enviar delegados, debendo procurar, ademais, aportar o maior continxente posible de afiliados, os cales, por suposto, non terían voto. Pero xuntamente con isto, preocupaba tamen a preservación da unidade do partido, cada vegada máis difícil de manter. De feito, dende distintas tribunas públicas agoirabase a inevitabilidade da escisión. Constituiu todo un síntoma que cando Juan Carballeira teimou novamente na comenencia da escisión, os representantes da ala conservadora non lle saisen ó paso, como fixeran en maio de 1933 (557). Estaba claro que os homes de dereitas do P.G. atopábanse cada vegada máis incómodos coa postura esquerdista oficial. Por elo Bóveda nas instruccións que dicta ós Grupos de cara a preparación do Congreso (558) revela unha preocupación extremada por conquerir que a postura minoritaria de dereitas tivera opción a manifestarse con enteira libertade, para non crearlle motivos suplementarios de descontento. Reunidos numerosos asambleistas ás 8 da noite do sábado 20 de abril, no local da «Sociedad Económica de Amigos dal País», en Santiago, celebrouse a IV Asamblea (559), Asisten tamén delegados de Galeuzca. O máis destacado foi a proposta de ampliación do programa laboral (obreiro) e a polémica sobor de si o P.G. debía continuar coa sua política de alianza coa esquerda ou ben actuar ailladamente. Por parte do sector de dereitas levaron o peso do debate Iglesia Alvariño, que pideu libertade para votar con arreglo a sua conciencia en caso de eleccións, Sesto de Pontevedra, que discrepou coa actuación do Comité do P.G., o tamén pontevedrés Caramés, e Otero Pedrayo quen, no nome dun sector do Grupo de Ourense, propuxo que o P.G. se declarara antimarxista, paro tivo a ben declarar que fose cal fose a resolución da Asamblea, él continuaría no P.G. Por Santiago, Mosquera tirou a colación unha proposta minoritaria na que se preconizaba a creación dunha forza política galega de dereitas e republicana, arredada das dereitas españolas. O resultar derrotada manifestou que continuaría dentro do P.G. acatando a sua disciplina. Risco non aisistiu e Filgueira non considerou oportuno entrar en polémica. Castelao e Bóveda non compareceron tampouco, por razóns obvias, e pola banda da corrente de esquerdas, claramente maioritaria, Suárez Picallo, Carballo Calero, Alvarez Gallego e Seoane (560) sobrancean polas suas intervencións. O cabo, sae novamente elexida a anterior dirección, incluídos Bóveda e Castelao, que a pesares da dificultade rectora que comportaba a distancia xeográfica, foron ratificados nos seus postos de Segredario de Organización e Político respectivamente. Cabe destacar asimesmo a actitude adoptada por Otero Pedrayo que, en proba da sua vontade de permanencia no partido, aceptou que os Grupos da zona de Ourense o elexiran Conselleiro (561). Aprobouse unha proposta solicitando amnistía, quedou aberta a posibilidade de amplia-lo programa fundacional, que foi revisado, houbo tamén unha declaración de oposición a revisión constitucional pretendida polas dereitas (e que no tema relixioso tanto arelaba ala dereita do P.G.), e un pronunciamento a prol da alianza cos partidos republicanos de esquerda, precisando para tranquilizar á dereita, que era unha táctica meramente circunstancial. O remate, Núñez Bua creu comenente aludir á necesidade de preserva-Ia unidade do partido. Polo menos evitouse a ruptura espectacular entre os dous sectores como pregoaban os agoreiros, e Bóveda, o editorial de A.N.T. (562) e Alvarez Gallego, valoraron publicamente isto como un gran triunfo.
     En maio a publicación galeguista «Ser» reproduce un artigo de Blanco Amor, ainda estando en discrepancia con él, pola categoría que tiña (563). Na sua brillante crítica, Eduardo Blanco Amor tacha de centralista a Casares Quiroga (564), recoñece que a decisión do P.G. de coaligarse coa esquerda foi adoptada moi democraticamente, pero cre que con ela saia gañadora a esquerda e perdedor o galeguismo.
     O 12 de abril anúnciase a fusión dos partidos de Azaña, Martínez Barrio e Sánchez Román, e por estas datas Portela Valladares accede a carteira de gobernación, nun goberno no que Gil Robles non tarda en ser ministro da Guerra. Con anterioridade a novembro de 1933 Portela Valladares mantivera relacións moi cordiais co P.G., valorando éste a sua actitude autonomista e o bó coñecimento dos problemas de Galicia que deixara quedar patente no seu libro «ante el Estatuto» (565). Pero dempóis as relacións enfriaronse, do que foi todo un síntoma o abandono de Alvarez Gallego da redacción de «El Pueblo Gallego» (no que facía os editoriais) por discrepancias ideolóxicas, actitude secundada pola maior parte das principais plumas do P.G. que denantes colaboraban asiduamente. «A Nosa Terra» escomenza a atacalo con certa crudeza, tildandoo de oportunista, porque sendo como era masón, colaboraba no mesmo goberno co «xesuita» Gil Robles, e decíndose autonomista contemporizaba co tradicional nemigo das autonomías, Royo Vilanova (566). Ademais, consentira dende o seu posto de ministro de Gobernación, que o gobernador de Pontevedra prohibise que figurara a bandeira galega na manifestación republicana celebrada en Vilagarcía para conmerorar o 14 de abril (567). Estas censuras non eran compartidas por Castelao que nunha carta que lle escribe a Bóveda —na que ademais alude ós dificiles equilibrios que debían facer para manter aunados no P.G. a católicos e laicistas— (568) razona que por prudencia non era axeitado excederse nas censuras a Portela —que soian ir acompañadas de ironías e ataques personais—, non fora que máis adiante se viran obrigados a ter tratos con él, como sucedera con Casares. Do que non se priva Castelao é de por a Lerroux (que recibía por aquelas datas homenaxes) como «chupa de dómine», como o arnosa nunha caricatura na que o disfraza de bandoleiro mexicano, profusamente distribuida entre os deputados (569). Tamén na sua condición de Segredario Político, Castelao, preocupado pola pureza democrática, insta ós Grupos a que revisaran o Censo electoral, para que non tivera erros nin omisións (570).
     En maio ainda seguían abríndose locais de Grupos do P.G. que foran sancionados (como o de Asados, en Rianxo), e pouco a pouco «van despertando e facendo cousas» (571); A.N.T. continuaba a ser intervida pola censura e estaba prohibida a circulación do periódico da «Federación de Sociedades Agrarias y Culturales» da República Arxentina, «Galicia» (572). O Grupo de Ferrol pide ós concellais de I.R. que xestionasen a reposición da bandeira galega no Concello, cousa que se aviñeron a facer con resultado positivo (573). Como fixera o ano pasado, tamén en 1935 o P.G. celebra o 14 de abril, ademais da efemérides dos «mártires de Carral», que se conmemoraba o 26 de abril. Participa en múltiples actos en colaboración principalmente con I.R., U.R. e federais, pero tamén cos agrarios e en menor medida coas forzas obreiras. De todos eles, o que revestiu maior trascendencia foi o mitin de Pontevedra. Na glosa que A.N.T. fixo do acto (574), á hora de aludir ó representante da federación obreiro-agraria (de inspiración comunista), Barbado, limitouse a dicir que tratou cuestións alleas á finalidade do acto. Como conclusións, os oradores, pediron o restablecemento das garantías constitucionais, a abolición da censura previa, amnistía, devolución a Cataluña da sua autonomía e concesión de Estatutos ás demais rexións; tamén a non aprobación dos tratados comerciais perxudicais para Galicia, e a reposición nos seus destinos de Castelao, Bóveda e Varela Rendueles. O remate do acto unha manifestación levou estas peticións (que tamén se formularon noutros actos, como o de Vigo) ó gobernador civil. Resultou, noustante, que o extremismo con que se conduciron especialmente os comunistas (que deron vivas a revolución social, etc.) provocou gran malestar nos homes de dereitas do P.G., a tal punto que, segundo lle informa Alvarez Limeses nunha carta a Bóveda (575), deciden non continuar por máis tempo no P.G. O inestable e difícil equilíbrio mantido deica este momento, crebouse. De pouco serviron as instruccións cursadas por Bóveda para que non se repetisen casos como o de Pontevedra, debendo evita-los galeguistas prestarse a facelle o xogo a xentes que querían aproveitarse de actos «de concentración republicán [...] para dar notas discordantes e combatir as esencias da República.» (576).
     Dende Cádiz, Bóveda envía artigos á prensa, polemizando con tirios e troians. Co gallo da exposición da sua coñecida tese da inxusticia fiscal que padecía Galicia (segundo él pagaba ó fisco 135 millóns e recibía 125), dende as páxinas de «El Faro de Vigo» alguén que firma co pseudónimo de "Minimo", saelle ó paso argüindo que a diferencia era pequena (577).
     Nos meses de xuño e xullo de 1935 o P.G. tenta de activa-la sua propaganda, celebrando alguns mitins só e outros coas forzas republicanas e agrarios (578). Neles ataca á dereita e mailos radicais (579) e, ó propio tempo, segue a amosar a sua solidaridade co goberno da Xeneralidade presos (580). Con «Izquierda Republicana» continuaba o enguedellado rigodón de negociacións interminables, pesia o cal nalgunhas localidades vanse establecendo alianzas que non se limitan ós galeguistas e republicanos, abranguendo tamén as forzas obreiras. Tal sucede en Sada e Lalín, onde se forxan bloques antifeixistas en base a un programa moderado que comprendía a amnistía, o restablecemento das libertades, antifeixismo, autonomía e certas melloras populares (581). Na xuntanza xeral que celebra o Grupo galeguista de Rianxo en xullo de 1935, estaban presentes representantes dos partidos republicanos de esquerda e obreiros (582) . Estes feitos, con seren aillados e máis ben excepcionais, contribuían a facer medrar os degaros escisionistas dos galeguistas conservadores que non se marcharan xa, como fixeran os de Pontevedra. Os mitins que celebra o P.G. non son moitos porque en boa parte do mes de xuño o Goberno limita a propaganda política, prohibíndolle os que pensaba dar nas provincias de Lugo e Coruña (583). Observa o P.G. con preocupación que nos mitins dos partidos republicanos esguellábanse os problemas de Galicia, polo que considerase no caso de advertirlles dende «ANT» que se anceiaban convertirse en aliados dos galeguistas debían dar a coñecer ó pobo galego cal era a sua posición ante as futuras reivindicacións políticas e económicas de Galicia (584). No mes de xullo sobrancean duas cuestións. En primeiro lugar o relanzamento da autonomía. O «Partido Sindicalista» declara nunha comunicación dirixida ó bloque de esquerdas de Santiago, a sua disposición a labourar a prol do Estatuto (585), e o «Comité Central de Autonomía» estructúrase a nivel provincial (ainda que criticaba a división provincial, plegase noustante a ela por operatividade) con miras a lanzar unha campaña de propaganda autonómica de cara ó plebiscito, que se pensaba realizar en setembro (586). O P.G. colabora con gran entusiasmo, e entrega dez mil pesetas para contribuir a sufraga-los gastos da campaña (587). A segunda cuestión que compre salientar no mes de xullo é a celebración do Día de Galicia, tamén chamado «Día da Patria», «Festa Nacional da Patria Galega», «Día de Sant-lago» e «Festa do Santo Patrón» (588). En numerosas vilas os Grupos organizan festas enxebres (589), tendo particular esplendor os actos habidos na Coruña e Santiago. Na cidade herculina o alcalde dictou un bando bilingüe, e tivo lugar, o 25 pola mañá, un acto nacionalista diante do moimento a Curros Enriquez, que contou coa presencia dunhas cinco mil persoas, segundo o P.G. (590), en tanto que en Santiago celebrouse con gran éxito o Mitin das Arengas, pero non a tradicional procesión cívica ata a estatua de Rosalía, por prohibición gubernativa. Cabe tamén consignar a tentativa da CEDA de contrarresta-la significación galeguista do 25 de xullo, por medio dun acto a prol da unidade de España (591). En ambalas duas cidades as Mocedades espallaron follas en galego, moitas entidades e particulares penduraron a bandeira galega, e pola radio, nos cafés, cines e paseos interpretouse abondosa música galega. Polo demais, varios xornais publicaron números extraorinarios adicados ó día, con artigos en galego, os galeguistas vendaron libros galegos, e en Vigo e Monforte celebraron sendos banquetes ós que asistiron representantes dos partidos republicanos (592)
     A mediar agosto de 1935 o Consello do P.G. acordou poñerse en contacto coa dirección de I.R. para coñece-lo programa de goberno que estaban a prepara-los representantes dos partidos republicanos, especialmente no que gardaba relación con Galicia e afectaba ás bases de colaboración que estaban rematandose de negociar entre o P.G. e I.R. (593). Claro que a afirmación de que estas negociacions estaban a piques de rematar estaba inspirada nun optimismo desmedido, xa que a fins de novembro as conversas continuaban (594), e como veremos non morrería aí o conto. Agora ben, elo non impediu unha actuación conxunta en actos de propaganda, con algunha que outra prohibición, máis ben esporádica (595), e certas limitacións gubernativas en determinados momentos (596); así, en Lalín (597), Sada, Páramo (598), Xove, Vilagarcía (599), Ponteareas (600) e algúns outros lugares da provincia de Pontevedra, soben a tribuna oradores de ambolos dous partidos, ós que ocasionalmente súmanse representantes doutras forzas, ben republicanas, agrarias, e mesmo tamén do Partido Socialista. A propaganda do P.G. incide sobor dos seguintes aspectos: disolución das Cortes, intanxibilidade da Constitución, amnistía, reconquista da República, estatutos autonómicos, revisión da política de Tratados, anulación das disposicións que dificultaban o tráfico por carretera, foros, patrimonio familiar, repoboación forestal, reforma constributiva e medidas que defenderan os pescadores galegos da explotación polos intermediarios. Especialmente este punto derradeiro supuña un sesgo radical no que viña sendo a sua tradicional orientación (601). Sintomáticamente non era o P.G., senón I.R., quen solicitaba a alianza coas forzas proletarias (602). O balance desta actividade, ademais da que o P.G. realiza paralelamente pola sua conta, resulta optimista tanto pola nutrida asistencia ós mitins como polo visible —segundo o P.G.— recobramento do fervor popular. O propio P.G., que en novembro de 1935 escomenzaba a ser un partido bastante numeroso, dicía que encetaba a ser popular «porque soupo asociarse á causa dos humildes.» (603). No último semestre do 1935, asistimos a un proceso de confraternización do P.G. con I.R. Non era só que Azaña continuaba sendo un mito para os galeguistas (604) senon que... ¡ata falan ben de Casares Quiroga! (605) e, para máis, Castelao faise íntimo amigo do Osorio Tafall. Froito destas relacións foi un manifesto suscrito por senlleiras figuras da política e da intelectualidade española (Clarín, Albornoz, Azaña, Besteiro, González López, Casares Quiroga, etc), aparecido na prensa de Madrid, instando ás entidades culturais de Galicia a que organizasen un homenaxe a Castelao como desagravio polo atropello do desterro (606).
     No ámbito estatal, a fins de 1935 voltamos a asistir novamente a unha redición da tentativa que se levara a cabo nas postrimerías do primeiro bienio, consistente en crear un frente autonomista en base ós partidos nacionalistas e autonomistas dos diferentes pobos de España. O obxetivo era promove-Ia creación, no próximo Parlamento, dun bloque de deputados que apoiase a concesión de Estatutos autonómicos, do decreto de bilingüismo, e en suma a: «transformación de toda a política centralista» (607). A idea de crear un frente autonomista peninsular: «que devolva ás nacionalidades oprimidas a súa autonomía» (608), lanzana Castelao e o valencianista Marco Miranda. O presidente de «Estado Aragonés» Gaspar Torrente, estaba dacordo con esta idea pero lanzana Castelao e o valencianista Marco Miranda. O presidente de «Estado Aragonés» Gaspar Torrente, estaba dacordo con esta idea pero preconizaba a sua extensión a absolutamente tódalas terras de España que él consideraba como nacionalidades. Situaba neste repertorio, además das tres nacionalidades «clásicas», a Valencia, Castela, Andalucía, Aragón, Asturias e territorios insulares. Por ahí escomenzaban as discrepancias, porque se ben o P.G. respetaba os degoiros autonómicos destes pobos, non os consideraba como nacionalidades do mesmo xeito que a Galicia, Euzkadi e Cataluña (609). No nome da dirección do «Partido de Esquerra Valenciana», Paulino Cubells entrevístase con representantes do P.G., para xestionar o seu apoio ó devandito proxecto, facendo outro tanto cos demais partidos autonomistas das diferentes comunidades hispánicas (610). O Comité Executivo do P.G. acepta participar nunha asamblea de forzas autonomistas de Valencia, Cataluña, Vascongadas e Galicia (611) e cruza unha serie de cartas con Companys e mailos nacionalistas vascos de cara á formación do Frente autonomista e federal. Nestas negociacións participaba tamén o «Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega». Con este partido o P.G. mantivo sempre cordiais relacións, froito das cales fora a alianza electoral de 1933 na provincia da Coruña. Os federais sumábanse á conmemoración do Día de Galicia, basicamente en Santiago, onde tiñan a sua primordial base de implantación (fora sonado o discurso de tono moi galeguista pronunciado por Carnero Valenzuela (612)), e os galeguistas facían sua a celebración do cabodano da primeira República e de Pi y Margall, que promovían os federais (613). De tódolos xeitos, xa dende agosto quedou claro que existían puntos de diverxencia, que non sería nada fácil esguellar (614). Polo demais, as correntes aliancistas discurrían —como pararemos a ver— por outros vieiros e, ó cabo, todo quedou en declaracións de boas intencións, como a que fixo o P.G. a fins de xaneiro de 1936, desexando que no vindeiro Parlamento se fragoase unha estreita unión entre os representantes dos partidos autonomistas de Valencia, Aragón e mailos das tres nacionalidades (615).
     Xa temos aludido a que o P.G. somentes saudaba con enteira satisfacción un dos procesos de converxencia que se operan ó traveso de 1935. Referímonos, claro está, ó das forzas republicanas, coas que efectúa interminables negociacións percurando unha inserción nelas en condicións favorables para o que considaraba que eran os intereses de Galicia. Receaba, pola contra, da confluencia que paralelamente levaban a cabo a meirande parte das organizacións e partidos obreiros. Engadamos unha proba mais desta desconfianza. Víctor Casas comentaba a fins de agosto de 1935 (616) a serie de mitins de alianza obreira que por España adiante celebraban dende había unha tempada diversas forzas do obreirismo español (sic). Consideraba que tal unión entranaba un perigo e culpaba ó cerrilismo do goberno de inducir involuntariamente este proceso. A maior abondamento, repitamos que nos actos de propaganda que efectúa o P.G., tanto só (617) como con republicanos e agrarios (618), fai votos pola unión dos republicanos «auténticos», pero non alude para nada ás forzas obreiras, das que, como xa dixemos, non pretendía outra cousa que non fora o seu apoio á autonomía, pero sen que elo comportase a alianza con elas. Somentes do sector marxista e de esquerda radical do P.G., pódese pensar unha actitude distinta a este respecto. Pero os acontecementos viñeron terciados de tal xeito que o P.G. non tivo máis remedio que entrar na coalicción republicano-obreira. En efecto, tras do outono de 1935, en que os escándalos financieros desarbolaron ó Partido Radical, Alcalá Zamora decideu convocar novas eleccións parlamentarias para o 16 de febreiro de 1936, antes que entrega-lo poder a un gabinete puramente de dereitas presidido por Gil Robles (619). Ante esta crucial expectativa, o 20 de nadal fórmase unha coalición entre o PSOE e I.R., que poucos dias despois, o 15 de xaneiro de 1936, amplíase a caseque tódala gama de forzas de esquerda, que firman a plataforma electoral do Frente Popular. Estando así as cousas, o P.G. decide aplazar para máis adiante a sua V Asamblea, dado que os acontecementos demandaban rápidas respostas e inxente activismo que dificilmente poderíase conciliar cos preparativos dun congreso democrático no que compría tratar co necesario acougo importantes cuestións; pero convoca, sin embargo, unha Asamblea extraordinaria (a segunda deste tipo) en Santiago, a que asistiría somentes un persoeiro por cada Grupo, coa cuestión electoral como primordial tema no orde do día (620). Desta Asamblea sairía o acordo de vencellarse ó Frente Popular, pero non convén precipita-los acontecementos cando ainda debemos aludir a algunhas cuestións previas a ésta.
     A actividade política do P.G. no segundo semestre do ano 1935 e xaneiro de 1936, non se resume na propaganda que leva a cabo conxuntamente con I.R. En efecto, con arreglo a un plan de propaganda preestablecido realiza unha xeira de mitins comarcais nos que tira a colación as inxusticias económicas cometidas polos gobernos do segundo bienio, o silencio dos deputados por Galicia e maila «funesta laboura» que realizaban as corporacións oficiais galegas (621). O tema da unión dos republicanos, caseque sempre, e o da amnistía, as vegadas, eran tamén invocados polos oradores do P.G. que escomenzan a campaña polas terras ferrolanas (622) con algún que outro contratempo (623).
     O 4 de setembro de 1935 tivo lugar o IX Congreso de Minorías Nacionais en Xenevra, e o P.G. non podendo enviar como representante ó secretario de relacións exteriores, Plácido R. Castro, tívose que conformar con remitir unha mensaxe —do mesmo xeito que fixera o ano anterior (624)— na que criticaba o sistema electoral español que lle privara de representación parlamentaria pesía obter 106.000 votos, e denunciaba a represión do bienio que lle afectara sen que tivera participación ningunha no movimento revolucionario de outono de 1934 (625). Cando neste mesmo mes de setembro produciuse a crise gubernativa que se saldou coa saída de Portela Valladares do ministerio de Gobernación, a valoración do P.G. encol de Portela foi ben outra, o cal puña de manifesto que as indicacións de Castelao non foran feitas en balde. Agora falan dél como «tope rexo e firme que a Ceda e o seu xefe en persoa atoparon no seu crarísimo afán de acadar todol-os resortes firmes e poderosos da gobernación do país» (626). Son, en cambio, frecuentes as críticas a Cambó, tanto pola sua crencia na accidentalidade das formas de goberno (627), como por prestarse por oportunismo a formar parte do conglomerado político dereitista (628). O P.G. descre completamente da tentativa dos deputados Blanco Rajoy, Gil Casares e Gil Brandón de formar «un Partido Autonomista de Dereitas», cometido á disciplina da CEDA (629), como tampouco fia nin un chisco na operatividade dun grupo intitulado «Regionalista gallego» ó frente do cal estaba «o cacique bugallista» Blanco Espada, que se constituira no seo da minoría parlamentaria da CEDA (630).
     O P.G. atravesa por unha fase de intenso espallamento organizativo, incrementando moito o número de Grupos e Delegacións, creándose varios tamén na provincia lucense, onde era menor o seu peso (631). Ó propio tempo reforzabase a disciplina de partido até nunha localidade como a de Ourense onde o funcionamento orgánico tiña certas notas de informalidade (632). Deste xeito, cando o afiliado Manuel Rivo Rodriguez aceptou un posto de xestor gubernativo en novembro de 1935, o P.G. non dubidou en expulsalo (633)
     En nadal de 1935 a crispación social tiña un trasunto claro na vehemente loita verbal que se desata, con virulentos ataques recíprocos, entre os dous frentes antagónicos que se perfilan con maior nitidez cada vegada. Calvo Sotelo arremete dende «El Faro de Vigo» contra a unión dos marxistas cos separatistas (634), e non perdía ocasión de declarar que se as dereitas gañaban as eleccións vindeiras poñerían ós arredistas —entre os que por suposto incluía ó P.G.—fora da lei, o tempo que preconizaba un frente único antirrevolucionario e antiseparatista (635). Axitado, pois, o espantallo arredista, os oradores galeguistas vense obrigados a repetir que o galeguismo nada tiña que ver co arredismo (636), misturando esta operación defensiva con outra de ataque á obra dos radicais e ás figuras ainda relocintes de Gil Robles e Calvo Sotelo. O P.G. esforzábase por resitualo carácter da contenda que se vivía por aquelas datas, desbotando o plantexamento que esbozaban as dereitas de revolución versus contrarrevolución; así, Bóveda, pola contra, sinalaba que a verdadeira pugna establecíase entre os partidarios da Constitución e maila República, e os que estaban en contra de ambalas duas (637).
     A actuación de Portela Valladares ó frente do gabinete encargado de velar pola celebración das eleccións de febreiro —que era xeral mereceu o alaudo dos historiadores pola sua imparcialidade, do que é unha proba terminante a derrota da opción centrista— foi inicialmente recibida polo P.G. con moderada esperanza, seguida de reticencia ó ver que non tomaba as medidas que dél agardaba (638) , e rematando ó cabo absténdose de criticala entendendo que non era despois de todo tan mala (639). De tódolos xeitos o P.G. consideraba impracticable, por serodio, o intento portelista de centra-la República (640).
     Tamén nestes meses finais de 1935 o P.G. vese enguedellado en polémicas con sectores afíns a sua ideoloxía. En efecto, Constantino Sánchez Mosquera, que ainda non facía moito tempo publicara varios artigos na revista que dirixía no Uruguai («Raza Celta») censurando a orientación esquerdista do P.G. e preconizando a creación dunha dereita galeguista, de visita por Galicia, cambia de opinión e publica unha serie de artigos en «El Pueblo Gallego» nos que se pronunciaba polo nacemento dun partido galeguista e liberal de centro.
     Estes artigos, que eran obxetivamente comenentes para a opción centrista propiciada por E.P.G., foron moi lidos e comentados, motivo polo que os principais dirixentes do P.G. (Bóveda, A. Vilar Ponte, Carballeira, etc.) aplicanse a rebatila súa tese dende as plataformas públicas de A.N.T., E.P.G. e «Ser» (641). A polémica chegou a acadar notable acritude, tachando Mosquera ós galeguistas de ofender a Castela e ós casteláns (referíndose as suas campañas contra os trigueiros), e éstes a aquel de desinformado e incoherente.
     Dende outro frente, Otero Pedrayo, aproveitando á «Tribuna Libre» que lle brinda A.N.T. critica ó: «entrambilicamento de Política hespañola e Nacionalismo» (642) que se estaba a producir. Ata xullo de 1936 Otero Pedrayo non cesará de argumentar a prol da recuperación da independencia política do P.G., o cal supuña afastarse das forzas da esquerda estatal. A todo o anterior debemos engadi-las polémicas co «Heraldo de Galicia» sobor das responsabilidades do P.G. na inasunción da autonomía por parte das dereitas (643) e outras cuestións derivadas da distinta posición política de «H. de G.» e «A.N.T.»
     En setembro de 1935 albíscanse perspectivas máis positivas en orde ó plebiscito do Estatuto. Víctor Casas propón que o P.G. acentúe a sua campaña de propaganda (cousa que fai) poñendo nun plano preferente a autonomía, sen por elo esquencer os demais problemas que tiñan plantexados os republicanos (644). Celebraba o P.G. que tódolos dirixentes republicanos (Azaña, Albornoz, Gordón Ordás, Marcelino Domingo, Martínez Barrio, Casares, etc.) reclamasen a autonomía nos actos públicos nos que participaban (645). Por elo, o P.G. establece como consigna do momento a de: «trunfo republicán e plebiscito subseguinte do Estatuto» (646). Da propaganda de sensibilización autonómica que efectúa o P.G. merece destacarse a laboura de persuasión dirixida ós pequenos industriais galegos (por vía do exemplo dos industriais chocolateiros (647)) explicándolles que co Estatuto sairían economicamente favorecidos. Con desmedido optimismo, sinalaba Víctor Casas que se estaba a producir unha insólita efervescencia política, concorrindo a xente masiva e entusiasticamente ós mitins de esquerda. A tenor deste espertar do republicanismo podíase —segundo él— afirmar que endexamais houbera en Galicia un ambiente tan propicio para a autonomía (648). Voces máis obxetivas e menos triunfalistas, como a de Agustín Baladrón (649), precisan que non era ouro todo o que relocía: na provincia de Ourense, concretamente, existía pouco clima autonómico dado que o P.G. realizara nela moi escasa propagnda nos dous últimos anos, valeiro que soamente en parte enchera o activismo desplegado polas Mocedades. Para perfilar mellor o cadro da situación autonómica dende fins do vran de 1935 até o escomenzo do inverno do ano seguinte, compre aludir á belixerancia anti-estatutista de significados elementos das dereitas, que dende periódicos como «El Faro de Vigo» e «El Compostelano» escreben en contra da autonomía. Destacan os artigos de José Vidal Lombau que, aproveitando a tribuna que lle ofrece a prensa santiaguesa, leva a cabo el só toda unha campaña (650). Polo demais, aparecen certos síntomas denotadores de que o tema da capitalidade rebrota novamente (651) e o propio P.G. comenta que a maioría do persoal das institucións locais do Estado, dende secretarios de Axuntamentos, a recaudadores, xueces, alcaldes, pasando por médicos municipais e xestores dos concellos, eran antiautonomistas (652). En novembro de 1935, fina Luis Bello e o P.G. esquece, cun xesto de magnanimidade, un reticente artigo que sobor do Estatuto galego publicara tempo atrás, e gávao na sua calidade de presidente da Comisión parlamentaria do Estatuto que defendera o texto catalán, «como houbera defendido o noso», apostilla A.N.T., por ser un dos poucos intelectuais «que souperon ceibarse da funesta influencia do españolismo oco das xentes de Madrid» (653). Metidos xa nos primeiros dias de xaneiro de 1936, A.N.T. reproduce un artigo publicado polo secretario da «Federación Agraria de Santiago» e membro do «Comité Central pro Autonomía», Ezequiel Rey Turnes, en «El Pueblo Gallego», crebando unha lanza a prol dunha inmediata xuntanza do devandito Comité —que permanecía conxelado— por entender que os tempos escomenzaban a ser propicios para a plebiscitación do Estatuto, estando como estaban virtualmente disoltas as Cortes conservadoras, e situado un autonomista (Portela) na presidencia do Goberno (654).
     Estaba meridianamente claro que do resultado das eleccións de febreiro ía depender o futuro do Estatuto galego. Por elo dende outono Bóveda plantexa a necesidade de preparar as eleccións, que certeiramente pensaba que terían lugar proximamente, discrepando así, de quen pensaban que antes produciríase un intento de involución autoritaria (655). Ó mes seguinte Castelao envía unha circular ós Grupos (656) recordándolles que estaba aberto o prazo de rectificación do Censo electoral, e que compría que se ocuparan da cuestión. En Pontevedra, o P.G., de común acordo con outros partidos de esquerda, instalou no seu local unha oficina permanente para a rectificación do Censo, pola que —se facemos caso a A.N.T.— (657) desfilaban a cotío centos de persoas solicitando a sua inclusión, poñendose de manifesto as anomalías censais. O 7 de xaneiro foron disoltas as Cortes e convocáronse novas eleccións sen agotar o prazo de 60 días que determinaba a Constitución, co cal os partidos dispuñan dun tempo moi cativo para realizaren os seus traballos preliminares de coordinación, conxunción, propaganda, etc. Os partidos de esquerdas requiren ó Goberno para que dera garantías de neutralidade e procedera a plasmalas nos feitos. O P.G. tiña especiais temores na provincia de Pontevedra onde nomeáranse entre os novos xestores municipais elementos procedentes da C.E.D.A., «Partido Agrario» (de Martínez de Velasco) e mesmo directivos do «Bloque Nacional Monárquico» (658). Compría non perder tempo e Bóveda urxe ós Grupos a que acelerasen os preparativos electorais (659), creando a este efecto comisións especiais nas que debían colaborar tódolos afiliados. Pero estaban a 10 de xaneiro e ainda non se sabía con certidume se o P.G. se integraría na coalición do Frente Popular. Compre dicir que fora invitado a sumarse ó Frente Popular, pero otorgándolle menos postos nas listas dos que coidaba merecer; de tódolos xeitos, a nivel de base, representantes galeguistas figuraban nos distintos comités do F.P. A postura oficial debería determinarse na Asamblea extraordinaria convocada para o día 15 de xaneiro, pero unha semana antes A.N.T. publica un editorial (660) que permitía presaxiar o que sucedería nela. O editorial valoraba positivamente as bases programáticas do Frente Popular, as que consideraba perfectamente constitucionais e carentes das veleidades socializantes que se dicía que terían, ollando nelo a transixencia das forzas obreiras. Creía, noustante, que unha parte do programa socio-económico non era aplicable en Galicia, por non darse nela o tipo de problemas que contemplaba, pero a parte restante resultaba, ó seu ver, moi proveitosa. Celebraba especialmente a boa disposición verbo das autonomías, o cal supuña incorporar ás oganizacións obreiras á defensa do Estatuto.
     Nos vísporas da celebración da II Asamblea extraordinaria do P.G. existía unha mal disimulada expectación. «El Ideal Gallego», «El Compostelano» e outros xornais aventuraban xuicios encol dos posibles resultados, dispensando de tódolos xeitos un tratamento respetuoso ó P.G. (661) «E.P.G.» aproveita para manifestar novamente o seu distanciamento do P.G., adicándolle unha nota por demais breve (662). O clima que se vivía en Santiago o fin de semana no que se reuniron os delegados do P.G. era de gran alporizamento. O sábado estudiantes feixistas provocaron incidentes cos galeguistas penetrando na Universidade dando vivas a España e morras ó separatismo. Chegou a haber enfrentamentos físicos (663), nos que ó parecer interveu tamén Suarez Picallo, polo que foi detido e conducido á Comisaría. Para o día seguinte estaba convocado un mitin antifeixista, no que falaría Del Riego pola «Mocedade Galeguista» (664). A Asamblea celebrouse en servicio de vixilancia na porta de entrada como medida precautoria ante unha non descartable irrupción dos feixistas. Elexida unha Mesa presidida por Carballo Calero, e composta por Xosé Teixeiro, Anxel Fole, Ramón Piñeiro, Francisco Barreiro e Luis Poza, procedeuse a ler o informe presentado polo Comité Executivo, que foi aprobado. Neste informe facíase referencia ás negociacións con I. R. que ainda non chegaran a callar nun compromiso, cando o P.G. recibira o ofrecemento de formar parte do Frente Popular, entablándose negociacións que toparon co atranco da proporcionalidade entre os candidatos que formarían as listas do F.P. O P.G. resultáballe inaceptable, dada a sua forza comparativa, que soamente se lle asignaran tres postos, cando I.R. tiña 15, os socialistas 10, os comunistas 2, Unión Republicana 7 e os agrarios 1. Ante a intransixencia do F.P. na cuestión dos candidatos, xorden propostas de que os galeguistas comparezan sós as eleccións, ou en coalición co Partido de Centro, de Portela, opción esta última preconizada polo Grupo de Vigo. O cabo, acéptase a tese esquerdista que habelenciosamente se presenta como unha proposta de síntese: nas circunscripcións nas que o F.P. concedera o P.G. os postos que o Comité Executivo consideraba xustos, participaría na candidatura do F.P. Agora ben, no suposto caso de que nalgunha circunscripción o F.P. chegara a un entendemento coas forzas gubernamentais de centro, o P.G. entraría nesa coalición sempre que se lle concedera un número de postos acetable. Únicamente na indicada circunstancia aliaríase o P.G. cos elementos ministeriais, o que conlevaba, desbotar implicitamente o coalición P.G.—Centro en exclusiva, como pretendían os afiliados vigueses. Caso de que non se deran os requisitos anteriores, o Comité Executivo quedaba facultado para optar entre presentar unha candidatura aillada do P.G., ou absterse. Neste punto, Bóveda dirixíuse á Asamblea, no nome do Comité Executivo, tentando infructuosamente de imprimirlle un sesgo moi distinto do acordado. Abogaba porque o P.G. se pronunciase por unha solución de centro-esquerda. Na sua intervención dou lectura a un proxecto de Manifesto que con previsora sagacidade recollía os acordos adoptados pola Asamblea, pero estorcegándoos de xeito que viñan a resultar de centro-esquerda, o cal non sintonizaba —como se fixo patente— co maioritario sentir dos delegados presentes na Asamblea que se inclinaban abertamente por unha solución completamente de esquerdas. Concretamente a proposta de Bóveda (665) consistía en que o P. G. exhortase ós demais partidos susceptibles de alianza, a formaren un Frente Galego de Centro-Esquerda, en aras do consecución do cal o P.G. manifestaría, chegado o caso, que renunciaría ós postos que lle poidesen corresponder con tal de que os partidos coaligados prometeran firmemente que sacarían adiante o Estatuto galego e que defenderían as esencias da auténtica República. No plantexamento de Bóveda contemplábase tamén a posibilidade de que non se fraguara tal alianza, uníndose en tal caso o P.G. ó F.P., pero esixindo os postos que en xusta proporcionalidade lle correspondían. A Asamblea recusou o «matiz» centro-esquerdista propugnado por Bóveda —e avalado polo Comité Executivo—, impoñendo o seu propio criterio que pasou a ser asumido pola dirección, solventándose o dilema dun xeito democrático e abraiantemente cordial. De tódolos xeitos non hai dúbida de que constituiu a maior derrota política de Alexandre Bóveda. Derrota que non impediu que saise proclamado candidato do partido, iso sí, en cuarto lugar polo numero de votos obtidos, despois de Castelao, Picallo e Anton Vilar Ponte, por este orde, e antes que Gomez Román, X. Alvarez Gallego, Plácido R. Castro, Carballo Calero, Otero Pedrayo, Paz Andrade, Manuel Peña Rey e Xosé Nuñez Búa. Dos doce candidatos soamente cinco serían aceptados nas listas do F.P., incorporándose a estas, por rigorosa ordenación democratica, os cinco primeiros.
     Aprobouse tamén un plan electoral e a proposta de que, de formarse unha coalición, a propaganda (preferentemente de follas fixas e carteis) que se fixera conxuntamente, debería estar redactada en bilingüe, incluindo sempre o tema autonómico.
     Antes de que rematara a Asamblea, Bóveda plantexa un problema disciplinario que compría resolver. Era o caso que a prensa comentara que Paz Andrade e outros afiliados do P.G. figurarían na candidatura gubernativa de centro; Bóveda pide aclaracións e, caso de non ser estas satisfactorias, que se procedera á expulsión fulminante (666). Paz Andrade non estaba presente para clarexar a sua posición e, tras intervir Vilar Ponte, Víctor Casas e Peña Rey para pedir que se obrara con prudencia, acourdouse facer publica unha nota desmentindo a noticia de que afiliados ó P.G. participarían na candidatura de Centro, e facendo saber que se algún galeguista permitia que se incluise o seu nome nalgunha candidatura non acordada polo P.G., sería dado de baixa automaticamente. Tras da clausura chegou Castelao, que viña de facer xestións ante Portela para que o Goberno enroitase por outros rumbos a política galega, sendo recibido cunha ovación. Fala con gran emoción amosándose premonitoriamente preocupado: «Galicia e a Republica atravesan un intre de gravedade tal que non sabemos a onde nos pode conducir», e comunica logo con «profundo door» (chorando, segundo outros testimuños) que o seu intimo amigo Paz Andrade lle presentara a sua baixa no P.G. (667).
     Despois da Asamblea do P.G. puidose observar o significativo silencio de varios diarios, que daban así un elocuente testimuño do pouco agrado que lles producíu o pronunciamento esquerdista dos galeguistas. Como contraste, a glosa de «Guieiro» foi positiva, e cordialmente critica a do «Heraldo de Galicia» (668). Seguindo a orientación política de formar coalición co F.P., o P.G. obterá un triunfo electoral que abrirá o camiño cara a plebiscitación do Estatuto. A esta nova e breve fase de relanzamento autonómico adicaremos un apartado, pero antes convén que nos deteñamos a examina-Ia situación agraria e a cuestión do ferrocarril, retomándoas no punto en que as deixamos no anterior bienio.





NOTAS:


(387) Sinalan especialmente os casos de Noia, Cuntis e Arzua. A.N.T., 18-XII-1933.
(388) A.N.T., 28-XII-1933 e E.P.G., 15-XII-1933, páx. 10. Tamén na «Junta del Censo de Pontevedra», Paz Andrade presentou unha protesta, impugnando as eleccións no nome da Coalición de Izquierda Republicana, sen resultado.
E.P.G., 29-XI-1933, páx. 6 e E.I.G., 25-XI-1933, páx. 6.
(389) «La basura electoral»; H. de G., 4-XII-1933, páx. 1. Vide tamén a nota oficial dada polo Grupo de Ourense. H. de G., 27-XI-1933, p. 4.
(390) A.N.T., 27-XI-1933.
(391) «Partido Galleguista. Reunión del Consejo Ejecutivo; E.P.G., 8-XII-1933, páx. 6.
(392) A.N.T., 27-XI-1933.
(393) Víctor Casas, «Fenestra. Revelacións electoraes»; E.P.G., 30-XI-1933, páx. 14.
(394) Ibídem.
(394 bis) A.N.T., 28-XII-1933.
(395) Así o admite Castelao a mediar 1935. Castelao, «Verbas do chumbo XI»; A.N.T., 29-VI-1935.
(396) «O Partido Galeguista aos seus afiliados e simpatizantes»; H. de G., 27-XI-1933, páx. 4.
(397) «Propaganda galleguista»; H. de G.; 4-XII-1933, páx. 4.
(398) O primeiro mitin suspendido pola declaración de estado de prevención foi o que estaba previsto que se celebrara en Boiro.
(399) Vide autocrítica de Bóveda na carta que Ile remite a Filgueira Valverde dende Cádiz, con data 10-V-1935. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 7).
(400) «Opiniones»; E.P.G., 25-XI-1933, páx. 1.
(401) Ibídem.
(401 bis) Vide correspondencia cruzada entre Bóveda e Alejandro Viana. Arquivo do P.G.
(402) A.N.T., 27-XI-1933.
(403) Ibídem.
(404) Puidemos consulta-lo periódico «Unidad» no Arquivo do P.G.
(405) «Publícase "Unidad" y se registra una agresión en Ia Rúa del Villar»; E.P.G., 6-XII-1933, páx. 10.
(406) «Santiago»; E.P.G., 8-XII-1933, páx. 10.
(407) A.N.T., 18-XII-1933.
(408) A.N.T., 28-XII-1933 e Víctor Casas «Fenestra. Encol da unión das esquerdas»; E.P.G., 16-1-1934, páx. 14.
(409) Atópase información sobor do desenrolo deste congreso do P.G. en V. de G., 14-I-1934, páx. 8 e 17-1-1934, pp, 1-9; A.N.T., 28-I-1934 e 10-II-1934. E.P.G., trata moi parcamente este tema.
(410) «Proposta de declaración da Asambreia do P.G.»; A.N.T., 1-I-1934.
(411) Así o declara Bóveda en carta a Filgueira Valverde, firmada en Cádiz a 10-V-1935. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 7).
(412) Así o revela Carballo Calero; A.N.T., 10-II-1934.
(413) Así o relata a crónica da Asamblea feita en Galicia, Buenos Aires, páx. 3.
(414) A.N.T., 28-I-1934.
(415) Así o revela Bóveda nunhas notas manuscritas, s. d., pero situables en setembro de 1935. Arquivo do P.G.
(416) Esta corrente abstencionista seguirase manifestando con posterioridade a III Asamblea, obrigando a Castelao, á sazón Secretario Político, a sairlle ó paso, insistindo en que a diferencia da etapa comprendida entre 1918 e 1930 (na que se plantexou esta mesma cuestión) o galeguismo era agora, e debía seguir sendo, un partido esencialmente político. «Importante circular da Segredaría Política»; A.N.T., 16-V-1931, páx. 2 (a data 1931 é un erro do prelo; cremos que se refire a 1934).
(417) Manuscrito de Bóveda s. d., pero situable en 1935 aproximadamente.
(418) A mediar 1935 o Consello Executivo do P.G., acordou encomendar a un grupo de afiliados especializados o estudio completo de varios temas políticos, sociais, culturais e económicos sobor de Galicia. Cada estudio debía ir precedido dun proxecto de lei destinado a ser sancionado en canto Galicia acadara o seu autogoberno. Bóveda xa fixera un estudio sobor dos impostos municipais nun novo Réxime local para Galicia, Bases para unha Reforma Agraria en Galicia, plan de Cooperativismo Integral, Lei Electoral para Galicia, Escolas de Orientación Campesina e Mariñeira, Réxime de Tributación, etc. «Escuela Política», Ser, 23-VI-1935, páx. 1.
(419) Así, por exemplo, o P.G. acusa ó xornal «La Voz de Galicia» de manifestar ledicia por tal motivo. A.N.T., 28-XII-1933. Corroboramos a certeza do xuicio do P.G. vendo como «La Voz de Galicia» tildaba de «fracasado» ó Estatuto Galego. «Al Servicio de Ia Autonomía»; V. de G., 14-1-1934, páx. l.
(420) A.N.T., 18-XII-1933.
(421) «Hacia el Aventino Gallego», Claridad, 27-I-1934, páx. 4.
(422) «Autonomía de Galicia. El comienzo de una gran campaña»; E.P.G., 13-I-1934, páx. 4.
(423) «Los obreros gallegos ante Ia autonomía»; Claridad,  6-I-1934, páx. 3.
(424) «Autonomía postulado de izquierdas», Claridad, 23-XII-1933, páx. 3.
(425) «La política en Galicia»; E.P.G., 25-II-1934, páx. 1.
(426) Convocouse unha asamblea «a posteriori», na que polo procedemento da aclamación, o P.R.G. acordou embandeirarse no novo partido único de esquerdas a nível estatal. «Opiniones»; E.P.G., 27-III-1934, páx. 1.
(427) Para a valoración do P.G. encol da disolución do P.R.G. vide o artigo de Roberto Blanco Torres, «Galicia. Consecuencias previstas»; H. de G.; 15-I-11934, páx. 4. Sobor da historia da O.R.G.A. (P.R.G.) vide memoria de licenciatura lida na Universidade de Santiago por Velasco, Carlos. La Organización Republicana Gallega Autónoma, dirixida polo profesor Jesús Palomares Ibánez.
(428) «Agonía y fin de Ia Orga»; E.P.G., 9-II-1934, páx. 14.
(429) A. Villar Ponte, «Pretextos cotidianos»; E.P.G., 18-III-1933, páx. 1.
(430) A.N.T., 3-III-1934.
(431) A. Bóveda. «Pra Anton Vilar Ponte. Os verdadeiros nemigos da Autonomía»; E.P.G., 25-VIII-1933, páx. 1 e «A responsabilidade en que incurren algúns autonomistas»; E.P.G., 3-IX-1933, páx. 1.
(432) Artigo xa cit.; E.P.G., 3-IX-1933, páx. 1.
(433) A. Villar Ponte, «Pretextos cotidianos. Contestación a Alejandro Bóveda»; E.P.G., 29-VIII-1933, páx. 1.
(434) Con esta visión, pragmática demais, coincidía Bóveda, que menos preocupado pola pureza democrática e a visión ética da política, que tiña en conxunto o P.G., e moi especialmente Castelao, dicía: «Non é a cautela, o pequeno marxe de impureza imposto polo xogo político cotián si vai encamiñado a bo fin, o senso de responsabilidade, o que eu censuro ao P. Repubricano Galego (...)». A Bóveda, «A responsabilidade...», xa cit., E.P.G., 3-IX-1933, páx. 1.
(435) E. Blanco Amor, «¿Cambio de frente? apostilla a un acuerdo del Partido Galleguista»; E.P.G., 21-II-1934, páx. 1.
(436) A.N.T., 3-III-1934. Castelao replica cun alritado artigo titulado «Pedras no camiño».
(437) «Afirmación d'ideas. Esquerdismo e direitismo político»; Opinión Galeguista, 1-XII-1934, páx. 4.
(438) «A política do Cangrexo»; A Fouce, V-1934, pp. 1-2 (Vide Anexo Doc. 21).
(439) Crítica aparecida en Galicia reproducida en A.N.T., 17-II-1934, páx. 3.
(440) «Importante circular da Segredaría Política»; A.N.T., 26-V-1931, páx. 2 (por erro do prelo ponse 1931 no canto de 1934).
(441) «En el Uruguay. Se ha constituído una «Irmandade Galeguista»; E.P.G., 12-V-1934, páx. 1.
(442) Dedalus, «Signario. Para el Partido Galleguista»; E.P.G., 16-VI-1934, páx. 1.
(443) A.N.T., 23-VI-1934, páx. 2.
(444) Alfonso R. Castelao, «A colaboración do P.G. cos demais partidos republicanos e autonomistas de Galicia», A.N.T., 17-II-1934, páx. 1.
(445) A.N.T., 3-III-1934.
(446) C., «Crítica do ideario político que se discutirá na Asamblea de constitución do Partido de "Izquierda Republicana"»; A.N.T., 24-III-1934, pp. 3-4.
(447) Víctor Casas, «Do Momento»; A.N.T., 14-IV-1934.
(448) Así condensaba Víctor Casas a necesidade de aliarse cos republicanos de esquerdas: «Xa que Galicia pol-a sua falla de concencia patriótica vese obrigada a seguir o rumbo que siga a política hespañola únicamente sendo esta trocada poden derivarse para Galicia novas espranzas e posibilidades de milloramento e libertade»; Ibídem.
(449) Prohibíuselle ó P.G. celebrar un mitin en Friol. A.N.T., 16-IV-1934, páx. 3.
(450) Claridad, 13-V-1934, páx. 4.
(451) A.N.T., 17-III-1934.
(452) Vide sobor disto Seco Serrano, Carlos Historia de España. 1. La Segunda República. La Guerra Civil. La era de Franco, Instituto Gallach, 6.ª ed. Barcelona, 1975, pp. 110-115.
(453) A.N.T., 14-IV-1934.
(454) X. Alvarez Gallego, «Unha circular notable da Segredaría de Propaganda»; A.N.T., 17-III-1934.
(455) Vide A. Balcells, El problema agrario en Cataluña. La custión Rabassaire (1890-1936), Madrid, 1980, pp. 209-255.
(456) De feito durante moito tempo o P.G. expresa a sua afervoada simpatía por Francesc Maciá. Vide por exemplo A.N.T., 6-VII-1935.
(457) «Unha nota do Comité E. do Partido Galeguista»; H. de G., 18-VI-1934, páx. 2.
(458) A.N.T., 16-VI-1934, páx. 4.
(459) A.N.T., 29-IX-1934, páx. 1.
(460) A.N.T., 30-VI-1934.
(461) Así o manifesta Alvarez Gallego en A.N.T., 11-VIII-1934.
(462) A.N.T., 16-VI-1934, páx. 1.
(463) A.N.T., 16-VI-1934, páx. 4.
(464) A. Villar Ponte, «Pretextos Cotidianos»; E.P.G., 21-VI-1934, páx. 1.
(465) A crónica deste mitin podese ver en A.N.T., 23-VI-1934, pp. 2 e segts.
(466) «Orense. Mítin galleguista»; E.I.G., 10-VII-1934, páx. 6.
(467) «Orense». E.P.G., 10-VII-1934, páx. 11.
(468) Víctor Casas, «Fenestra. Propaganda política en Galicia»; E.P.G., 28-VII-1934, páx. última.
(469) Ibídem, e tamén o artigo «Fenestra. Nova xeira autonomista»; E.P.G., 10-VII-1934, páx. 14.
(470) A.N.T., 30-VI-1934.
(471) A. Bóveda, «Socialismo e Nazonalismo»; A.N.T., 7-VII-1934, páx. 1.
(472) Dicíase que os principais activistas do P.G. no transcurso do ano 1933 ofrecían unha abondosa floración cultural en 1934. Castelao viña de publicar «Os dous de sempre», un traballo sobor dos cruceiros galegos e tiña no prelo a comedia «Pimpinela»; Otero Pedrayo editara «O viaxe de Xelmírez», Risco «Mitteleuropa», e estaba a piques de rematar un manual encol da historia de Galicia que lle encargara o S.E.G.; Alvarez Gallego e Bóveda estaban tamén concluindo, «Galiza cara dentro» o primeiro, e «Dous anos de galeguismo» o segundo. «Rexurdimento cultural»; A.N.T., 2-VI-1934, páx. 2.
(473) «Viaxando por Galiza», A.N.T., 29-IX-1934, páx. 1.
(474) A.N.T., 1-IX-1934.
(475) «Irmáns; iAdiante!», A.N.T, 4-VIII-1934, páx. 4.
(476) Vide amplia glosa en E.P.G., 25 e 26-VII-1934.
(477) A.N.T., 4-VIII-1934.
(478) O radical-socialista L. Santiso Girón considerou que foi un éxito do P.G. notable, que amosaba que este partido saíra da derrota electoral —a diferencia dos outros partidos— cunha fisonomía optimista (sic). O seu xuicio ten un especial valor por non ser sospeitoso de galeguismo, xa que mais dunha vez criticou o receio que, segundo él, sentían os galeguistas para co idioma castelán. L. Santiso Girón: «La envidiable moral galleguista»; E.P.G., 29-VII-1934, páx. 1.
(479) A.N.T., 29-IX-1934, páx. 1. E.I.G., da outra versión, lixeiramente diferente, dicindo que un individuo que berrou «¡Viva España!» tivo que ser conducido á Comisaría para poñelo a coberto das iras dos concentrados na Quintana «¡Certo...!», A.N.T., 4-VIII-1934, páx. 4.
(480) «En Redondela»; A.N.T., 4-VIII-1934, páx. 3.
(481) A. Vilar Ponte criticaba isto aducindo que a republicana Barcelona, sede dunha Generalitat esquerdista, non tiña prexuicios para colocar rosas bermellas, como manda a tradición, os pés de Sant Jordi. A.N.T., 25-VII-1934.
(482) Así o revela A.N.T., 8-IX-1934.
(483) Concretamente en Barcelos, do que temos constancia expresa, A.N.T., 30-VI-1934.
(484) A.N.T., 16-VI-1934, páx. 1.
(485) A.N.T., 14-VII-1934.
(486) A.N.T., 18-VIII-1934, páx. 4 e 25-VIII-1934.
(487) A.N.T., 15-IX-1934, páx. 1.
(488) A.N.T., 8-IX-1934.
(489) A. Villar Ponte, «Pretextos cotidianos. ¿Qué se entiende por galleguismo separatista?», E.P.G., 5-IX-1934, páx. 1.
(490) 18-VIII-1934, páx. 2.
(491) A.N.T., 22-IX-1934, páx. 2.
(492) A.N.T., 29-IX-1934, páx. 2.
(493) Ibídem.
(494) «Esplendor nazonalista»; A.N.T, 29-IX-1934, páx. 1.
(495) Vide sobor destes feitos Seco Serrano, Carlos. Historia de España. 1, La Segunda República, La Guerra Civil, La Era de Franco, Instituto Gallach, 6.ª ed., Barcelona 1975, pp. 112-114.
(496) A.N.T., 25-VIII-1934.
(497) A.N.T, 11-VIII-1934 e 18-VIII-1934, páx. 1.
(498) A.N.T., 25-VIII-1934.
(499) A.N.T., 8-IX-1934.
(500) Ibídem.
(501) «El pleito de los municipios vascos y los partidos políticos coruñeses». E.P.G., 30-VIII-1934, páx. 1..
(502) A.N.T., 8-IX-1934.
(503) «Cadro de honor»; A.N.T., 15-IX-1934, páx. 4.
(504) Alento, IX-1934, páx. 34 e A.N.T., 8-IX-1934.
(505) Vide Seco Serrano, Carlos. Op. cit., pp. 115-119.
(506) E de destacar o silencio que o P.G. garda sobor desta cuestión. Dende logo non temos indicios de que aprobara o levantamento de Asturias. O único que sabemos, en contrario, é o rexeitamento sen paliativos do sector conservador do P.G., do que temos unha clara mostra na carta dirixida por X. Alvarez Limeses ó seu xenro Alexandre Bóveda, firmada en Poio pequeno 19-IV-1935. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 11).
(507) A.N.T., 16-11-1935.
(508) Raza Celta, XI-1934, páx. 1.
(509) Víctor Casas, «Do Momento. Impresións»; A.N.T., 22-XI-1935, páx. 1.
(510) Coñecemos concretamente o caso de Suárez Picallo, afiliados de Rianxo, Pontevedra e, asimesmo, o de catorce membros do grupo de Santa Cristina de Vilariño (Ourense) que foron presos durante algún tempo, denunciados por un médico ó que o P.G. acusa de cacique. A.N.T., 25-VII-1935.
(511) A.N.T., 6-VII-1935.
(512) A.N.T., 1-VI-1935.
(513) Ramiro Rodríguez, «Trapos ao sol»; A.N.T., 17-IV-1936, páx. 3.
(514) A.N.T., 14-IX-1935.
(515) Bóveda permanecería en Cádiz ata que conqueriu o traslado a Madrid, dende a cal tras breve estancia, tornou a Pontevedra. A.N.T., 29-VI-1935.
(516) A.N.T., 11-V-1935.
(517) Nun manuscrito consultado no Arquivo do P.G., Castelao, Gómez Román e Víctor Casas recoñecen que sen Bóveda o partido non andaba.
(518) Nas cartas que se entrecruzan intercambianse información e puntos de vista, planifican accións, van a Madrid a efectuar determinadas xestións, etc. Vide carta de Castelao a Bóveda, escrita en Badaxoz. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 15).
(519) No Arquivo do P.G. figuran varias cartas que demostran que Bóveda especialmente segue a dirixir o P.G. (Vide Anexo Docts.: 6-7-15-18). Estan, ademais, os numerosos artigos publicados por ambos dirixentes durante o período do seu desterro, en «A Nosa Terra».
(520) Carta manuscrita de Alonso Ríos a Castelao, firmada en A Coruña a 27-X-1934. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 10).
(521) Ibídem.
(522) Telegrama conservado no Arquivo do P.G.
(523) Consérvese ura fragmento desta alegación no Arquivo do P. G.
(524) Carta de Anxel Casal a Castelao, firmada o 25-X-1934. Arquivo do P.G.
(525) A.N.T., 16-II-1935.
(526) Puidemos consultar varias cartas de adhesión e afecto que Bóveda e Castelao recibiron dos seus correlixionarios. Arquivo do P.G.
(527) Cartas de Víctor Casas a Bóveda consultadas no Arquivo do P.G.
(528) «Unha nota da Segredaría Xeral»; A.N.T., 9-II-1935, páx. 2.
(529) «Un mítin antifascista era Santiago», E.I.G., 28-I-1935, páx. 8.
(530) «Un acto galleguista en Ordenes», E.I.G., ibídem.
(531) «O Grupo de Ourense"; A.N.T., 9-II-1935, páx. 2.
(532) «En Santiago. Importante xuntanza do noso Consello Nazonal. Segredaría de Propaganda»; A.N.T., 30-III-1935, páx. 2.
(533) Raza Celta, I-II-1935, páx. 5.
(534) A.N.T., 23-II-1935, páx. 2.
(535) Algúns detalles deste proceso negociador pódense consultar en Galicia (de Buenos Aires), 24-II-1935, páx. 3.
(536) A Fouce, 1-1935.
(537) Resultan extremadamente interesantes os argumentos esgrimidos por Bóveda en contestación á crítica de «A Fouce»; Alexandre Bóveda, «Posicións craras. Así poderemos entendemos», A.N.T., 23-II-1935, páx. 1. (Vide Anexo Doc. 24).
(538) Editorial de Raza Celta, n.° 11, XII-1934. 539.
(539) Opinión Galeguista, n.º 5.
(540) «Algo más sobre el Partido Galleguista» (artigo de probable autoría de C. Sánchez Mosquera) Raza Celta; n.° 12, I-II-1935, pp. 3-5. Sinalemos que nesta polémica, «Opinión Galeguista» escrebe en galego namentras que «Raza Celta» o fai en castelán.
(541) Raza Celta, núm. 12, I-II-1935, páx. 19.
(542) «¿Galleguismo puro o izquierdismo español?», Artigo reproducido en Raza Celta, n.° 12, pp. 8-9.
(543) «Para todos los galleguistas con motivo de un telegrama que circuló estos días en Ia prensa de América»; Raza Celta, n.° 12, 1-II-1935, páx. 20.
(544) «Posición clara e firme. O Partido Galeguista, por enriba de dereitas i esquerdas»; A.N.T., 23-II-1935, páx. 1.
(545) A.N.T., 16-II-1935.
(546) A.N.T., 30-III-1935.
(547) A.N.T., 23-III-1935, páx. 2.
(548) «Notas da Oficina do Partido»; A.N.T., 9-II-1935, páx. 1.
(549) A.N.T., 16-II-1935.
(550) «Ante una grave amenaza para Ia economía gallega»; E.P.G., 21-II-1935, pp. 1-9.
(551) Xosé B. Pazos, «A antroidada de Vilagarcía»; A.N.T., 23-III-1935, páx. 4.
(552) Castelao informa detalladamente de todo o proceso nagociador na sua «Memoria da Segredaría Política» A.N.T., 13-IV-1935, páx. 2.
(553) «Bases para un compromiso de colaboración entre "Izquierda Republicana" y el Partido Galleguista»; Galicia, 23-V-1935. Arquivo do P.G.; Tamén A.N.T., 23-II-1935, p. 2. A idea de elaborar unhas bases escritas para a nagociación con I. R. partiu de Bóveda. Pola sua banda, Castelao efectuou no nome do P.G. negociacións con I.R. O Secretario Político do P.G. alude as suas xestións na carta que dirixe a Bóveda dende Badaxoz (Vide Anexo Doc. 15).
(554) A.N.T., 4-V-1935.
(555) A.N.T., 18-V-1935.
(556) A.N.T., 11-V-1935.
(557) Juan Carballeira, «Galleguismo en dos frentes»; E.P.G., 13-IV-1935, páx. 14.
(558) A. Bóveda, «Instruccións»; A.N.T., 6-IV-1935, páx. 2.
(559) E.P.G., informa moi parcamente sobor do desenrolo desta Asamblea, dado o distanciamento existente naquel momento co P.G.; «La Asamblea del Partido Galleguista» , 23-IV-1935, páx. 13. Moi extenso tratamento lle otorgou Ser, 28-IV-1935, pp. 4-5. Vide Tamén «Crónica de Santiago»; La Voz de Galicia, 23-IV-1935, páx. 8. A.N.T., 27-IV-1935, 4-V-1935 e 25-V-1935.
(560) Seoane defendeu unha proposta do Grupo da Coruña, referida claramente a ala conservadora, na que pedíase que os afiliados o P.G. non puidesen facer declaracións públicas contrarias a postura oficial do partido.
(561) A.N.T., 15-VI-1935.
(562) A.N.T., 27-IV-1935, páx. 1.
(563) Segundo parece o artigo foi tomado da revista bonaerense «Galicia». Ser, 26-V1935, pp. 4-5.
(564) Isto a Víctor Casas non Ile pareceu mal, porque a pesares de estar en tratos con seu partido (o cal facía aconsellable unha actitude de prudencia) os galeguistas constataban como Casares seguía a se preocupar máis das cousas alleas a Galicia, en detrimento dos seus intereses. Vide réplica de Víctor Casas, «Verbas do Momento»; Ser, 2-VI-1935, páx. 2.
(565) «Portela Valladares, Ministro»; E.P.G., 6-IV-1935, páx. 1.
(566) A.N.T., 11-V-1935.
(567) A.N.T., 4-V-1935.
(568) Carta manuscrita de Castelao a Bóveda, s. d. pero situable en maio de 1935, e remitida dende Badaxoz. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 15).
(569) Vide Anexo Doc. 18.
(570) «Memoria da Segredaría Política»; A.N.T., 13-IV-1935, páx. 3.
(571) Carta de Víctor Casas a Bóveda, firmada en Pontevedra a 4-V-1935. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 18); tamén A.N.T., 25-V-1935.
(572) Ser, 19-V-1935, páx. 5.
(573) «No Concello de Ferrol volverá a ondea-la bandeira galega»; A.N.T., 6-IV-1935, páx. 4.
(574) «Actividades do partido»; A.N.T., 20-IV-1935, páx. 2.
(575) Carta de Xerardo Alvarez Limeses ó seu xenro Bóveda, xa cit. (Vide Anexo Doc. 11).
(576) Carta remitida por Bóveda «dende o desterro», ós Conselleiros do P.G. Arquivo do P.G.
(577) «Peneirando»; A.N.T., 25-VII-1935, páx. 5.
(578) A.N.T., 13-VII-1935 e 25-VII-1935.
(579) Acusa ós radicais de caciques e corruptos. Esgrime o dito de: «Allí donde haya un real, allí estará un radical». A.N.T., 15-VI-1935.
(580) A.N.T., 29-VI-1935. Nos artigos que, dende un prisma algo máis destanciado, se escreben sobor da revolución catalana de outono, advírtese unha actitude solidaria, pero matizada en canto a valoración. Así Ben-Cho-Shey tiña unha visión moi positiva dela, e Carballo Calero non tanto. A.N.T., 22-VI-1935.
(581) A.N.T., 22-VI-1935.
(582) A.N.T., 13-VII-1935.
(583) A.N.T., 8-VI-1935, 15-VI-1935 e 29-VI-1935.
(584) A.N.T., 8-VI-1935.
(585) Ser, 14-VII-1935, páx. 3.
(586) Lembremos que o Comité de Autonomía tiña no seu poder un decreto autorizandoo para convocar o plebiscito cando o estimara oportuno.
(587) Para pagar esa importante suma abre unha conta no Banco Pastor A.N.T., 25-VII-1935.
(588) A.N.T., 25-VII-1935.
(589) A.N.T., 13-VII-1935.
(590) A.N.T., 3-VIII-1935. Vide tamén A.N.T., 17-VIII-1935.
(591) A.N.T., 8-VI-1935 e 6-VII-1935.
(592) lbídem.
(593) «Xuntanza do Consello do Partido»; A.N.T., 17-VIII-1935.
(594) A.N.T., 22-XI-1935.
(595) Foron prohibidos os mitins de Carnota, Mosteiro (Meis) e algún que outro máis. «Actividades galeguistas»; A.N.T., 29-XI-1935, páx. 2.
(596) En novembro só se permitía a propaganda política en locais pechados, o que contituía un serio atranco no medio rural por escasearen. «A limitación da propaganda»; A.N.T., 29-XI-1935, páx. 1.
(597) A.N.T., 31-VIII-1935.
(598) A.N.T., 15-XI-1935, páx. 2.
(599) A.N.T., 6-XII-1935.
(600) A.N.T., 21-IX-1935.
(601) «Nota política», A.N.T., 15-XI-1935, páx. 4 e 31-VIII-1935.
(602) Así o pide por exemplo Osorio Tafall. A.N.T., 31-VIII-1935.
(603) «Nota política»; A.N.T., 15-XI-1935, páx. 4.
(604) Castelao, A. Villar Ponte e Víctor Casas, entre outros, escreben artigos exaltando a figura de Azaña e salientando a sua sensibilidade encol da cuestión autonómica. Vide por vía de exemplo o artigo de V. Casas publicado en A.N.T, 2-XI-1935.
(605) Así a raíz do mitin conxunto celebrado en Vilagarcía, no que interveu Victoria Kent, aluden a Casares considerandoo como un gran republicano e ata galeguista. A.N.T., 6-XII-1935.
(606) «Un homenaxe a Castelao»; A.N.T., 15-XI-1935, páx. 3.
(607) «Cara un frente autonomista»; A.N.T., 27-XII-1935, páx. 1.
(608) Gaspar Torrente, «Por un frente autonomista»; A.N.T., 10-I-1936, páx. 4.
(609) Ibídem.
(610) A.N.T., 7-IX-1935.
(611) A.N.T., 22-XI-1935.
(612) A.N.T., 4-VIII-1934, páx. 2.
(613) Vide por exemplo «En memoria de Francisco Pí y Margall»; Ser, 1-XII-1935, páx. 4.
(614) Na nota dada polo Consello do P.G. non se especifican cales eran concretamente as discrepancias, pero cabe supoñer que básicamente centrabanse no salvaguarda, esixida polo P.G. sempre, da sua total independencia organizativa e mesmo tamén política, «Xuntanza do Consello do Partido»; A.N.T., 17-VIII-1935.
(615) A.N.T., 24-I-1936, páx. 1.
(616) Víctor Casas, «Do Momento»; A.N.T., 24-VIII-1935.
(617) Vide por exemplo A.N.T., 14-IX-1935.
(618) Vide por exemplo A.N.T., 2-XI-1935.
(619) Vide sobor disto Malefakis, Edward. «Los partidos de Ia izquierda y Ia Segunda República», na obra de varios autores Estudios sobre la República y la Guerra Civil española, Ariel, 2.ª ed., Barcelona, páx. 59. Alcalá Zamora, Niceto. Memorias, Barcelona 1971.
(620) «Importante xuntanza do noso Consello Nacional»; A.N.T., 10-I-1936, páx. 2. Tamén «Partido Galleguista», E.P.G., 10-I-1936, páx. 2
(621) A.N.T., 17-VIII-1935 e 22-IX-1935.
(622) A.N.T., 14-IX-1935.
(623) Como o mitin de Beluso que foi suspendido gubernativamente duas vegadas. A.N.T., 5-X-1935 e 12-X-1935.
(624) E.P.G., 23-IX-1934, páx. 1.
(625) «O Partido Galeguista e o Congreso de Nacionalidades Europeas»; H. de G., 16-IX-1935, páx. 4 e A.N.T., 14-IX-1935.
(626) «Portela, eliminado»; A.N.T., 28-IX-1935.
(627) A.N.T. 28-IX-1935. Vide Pabón, Jesus Cambó II. Parte Segunda (1930-1947) Ed. Alpha, Barcelona, 1969, pp. 289 e segts.
(628) A.N.T., 5-X-1935.
(629) Ser, 13-X-1935, páx. 1.
(630) A.N.T., 12-X-1935.
(631) «A nosa propaganda»; A.N.T., 10-1-1936, páx. 2.
(632) Así nolo revelou Xaquín Lorenzo; Ourense.
(633) A.N.T., 22-XI-1935.
(634) A.N.T., 27-XII-1935.
(635) A.N.T., 20-XII-1935.
(636) Así fai, por citar un caso, Castelao no mitin que pronuncia en solitario o P.G na Estrada; «A nosa propaganda»; A.N.T., 17-I-1936, páx. 2
(637) A.N.T., 27-XII-1935.
(638) A.N.T., 27-XII-1935.
(639) A.N.T., 3-1-1936.
(640) Ibídem.
(641) Para non fatigar co resume pormenorizado desta polémica, limitarémonos a menciona-los abondosos artigos a que deu lugar (o cal é xa unha mostra significativa da importancia que revestiu): A. Vilar Ponte, «Outro máis que nos pasa revista» Ser, 20-X-1935, páx. última. A. Villar Ponte, «Mi derecho moral. Respuesta a una alusión directa»; E.P.G., 24-X-1935, páx. última. C. Sánchez Mosquera, «La alianza con Ias izquierdas españolas ha perjudicado al Partido Galleguista»; E.P.G., 9-XI-1935, páx. última. A. Bóveda, «Lixeirezas censurables»; A.N.T., 15-XI-1935, páx. 1, A. Bóveda, «Pra o Sr. Sánchez Mosquera» ; E.P.G., 23-XI-1935, páx. última. Prudencio Taboada Tabanera, «¡Pido Ia palabra!»; E.P.G., 24-XI-1935, páx. última. C. Sánchez Mosquera, «Carta abierta a un galleguista feliz»; E.P.G., 29-XI-1935, páx. última. C. Sánchez Mosquera, «Si el Partido Galleguista mezcla su política...»; E.P.G., 1-XII-1935, páx. última. Manuel R. Alvarez «También habla el campesino. Una voz de Ia Galicia rural en Ia polémica Dr. Sánchez Mosquera-Partido Galleguista»; E.P.G., 4-XII-1935, páx. última e A. Villar Ponte, «Pretextos cotidianos. Un pleito ya fallado por Ia opinión»; Ibídem. Juan Carballeira, «En torno al galleguismo. La posición del Partido Galleguista y Ia crítica negativa»; E.P.G., 5-XII-1935, páx. última. C. Sánchez Mosquera, «A Galicia le conviene un Partido-Gallego-Centro, que defienda Ia esencia del galleguismo».
(642) A.N.T., 29-XI-1935, páx. 1.
(643) «Sobor da conducta das dereitas galegas»; A.N.T., 29-XI-1935, páx. 1. Tamén A.N.T., 9-XI-1935.
(644) A.N.T., 7-IX-1935.
(645) A.N.T., 22-XI-1935.
(646) A. Bóveda, «Lixeirezas censurables»; A.N.T., 15-XI-1935, páx. 1.
(647) Estes víanse perxudicados pola «política centralista» do Goberno que encarecía as importacións de cacao. A.N.T., 20-XII-1935.
(648) A.N.T., 6-XII-1935.
(649) Agustín Baladrón, «O galeguismo nas terras ourensans» A.N.T., 10-I-1936, páx. 1.
(650) Vide por exemplo José Vidal Lombas, «Estatutos regionales»; El Compostelano, 18-IX-1935, páx. 1. Outros artigos deste mesmo autor, no mencionado diario compostelano, correspondentes a 20-IX-1935, páx. l. 21-IX-1935, páx. 1, 24-IX-1935, páx. 1, 1-X-1935, 3-X-1935 e 17-XII-1935.
(651) Nalgún periódico (supoñemos que da Coruña) alúdese o tema, e ademais circulaban por Galicia uns sobres cun membrete no que a cuestión da capitalidade resolvíase unilateralmente. A.N.T, 7-IX-1935. Vide tamén recente aportación de Cores Trasmonte, Baldomero: La sociedad incompleta. El drama de la capitalidad en Galicia. E. do Castro, Coruña, 1981, pp. 107-125.
(652) A.N.T., 2-XI-1935.
(653) «Lois Bello»; A.N.T., 15-XI-1935, páx. 4.
(654) A.N.T., 3-I-1936.
(655) A.N.T., 12-X-1935.
(656) «A reitificación do Censo electoral»; A.N.T., 29-XI-1935, páx. 2.
(657) Ibídem.
(658) «Nota política»; A.N.T., 10-I-1936, páx. 4.
(659) «Circular previa aos Grupos»; A.N.T., 10-I-1936.
(660) «Nota política»; A.N.T., 17-I-1936; páx. 1.
(661) Así o recoñece a propia A.N.T., «Notas de prensa», 17-II-1936, páx. 1.
(662) Non nos esquenzamos que os galeguistas perfilábanse como competidores do grupo de Portela Valladares, E.P.G., 30-I-1936, páx. 6. A información foi máis breve que a dada por La Voz de Galicia, 24-I-1936, páx. 2 e días sucesivos.
(663) «Notas ao marxe da Asambreia»; A.N.T, 31-1-1936, páx. 3.
(664) «Mitin antifascista»; E.P.G., 25-I-1936, páx. 18.
(665) Unha crónica detallada desta Asamblea faise en A.N.T, 31-I-1936, pp. 2-3.
(666) Era esta unha práctica habitual no P.G.; os afiliados que nos acatasen as decisións do partido ou se enguedellasen con outras forzas, eran expulsados sen contemplacións. Así sucedeu, por exemplo, con Gonzalo Torrente Ballester, afiliado nun principio o Grupo galeguista do Ferrol, que foi expulsado por manter contactos coa Falanxe. Declaracións de Xosé Pombo, Santiago.
(667) Esta versión dada por A.N.T., (xa cit.) resulta contradictoria con autras. Segundo o testimuño do galeguista ferrolán Xosé Pombo, Paz Andrade foi expulsado (con bágoas asomando os ollos de varios galeguistas atristurados polo alonxamento dun «irmán») por formar parte da candidatura de Portela, de quen era home de máxima confianza e mesmo conselleiro persoal. Paz Andrade xustificou a sua entrada nesa candidatura aducindo que Portela prometéralle a cambio a concesión do anceiado decreto de bilingüismo para Galicia. Disporemos tamén da versión que nos deu o propio Paz Andrade (Vigo, 25-XII-1980). Para él era difícil seguir ó P.G. na sua alianza co F.P. onde estaban forzas obreiras que participaran no duro conflicto habido no sector pesqueiro de Vigo en 1932, no cal estivera a piques de perde-Ia vida por mor dun atentado perpetrado por dous anarquistas. Estando en Madrid falou con Castelao, quen coincidira con el en que debía presentarse na lista de Portela xa que o F.P. soamente concedía un posto ó P.G. pola circunscripción de Pontevedra. Ademais, Portela aceptaba que una vegada que Paz Andrade acadara o escano pasárase á minoría parlamentaria galeguista, de xeito que o P.G. tería un deputado máis. Paz Andrade non pensaba darse de baixa do P.G., pero Castelao ó chegar a Asamblea galeguista, botouse a chorar sen se atrever a relata-Ia sua conversa con Valentín Paz Andrade. Pola nosa banda engadiremos que ainda tiña Paz Andrade outra razón para presentarse na candidatura portelista.O seu amigo Basilio Alvarez, arredado do Partido Radical, definíase agora como: «liberal, democrático, situado en el centro de Ia República», e tamén secundaba a Portela na contenda electoral». «Las catilinarias de Basilio Alvarez», E.P.G., 20-X-1935, páx. última.
(668) «Notas de prensa»; A.N.T., 17-II-1936, páx. 1.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega