O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

("3.9.3. O triunfo efímero. De Febreiro a Xullo de 1936")

Páxina Seguinte

v4xaviercastroogaleguismonaencrucillada207.html



     3.9.3. O triunfo Efímero. (De Febreiro a Xullo de 1936)

     As negociacións do P.G. co Frente Popular, de cara á elaboración das candidaturas, foron árduas. O F.P. mantivo inflexiblemente o seu criterio de non admitir nin sequera a metade da ducia de candidatos galeguistas que o P.G. estimaba que lle correspondían en función da sua implantación. A pesares de sentirse contrariado por considerarse infrarrepresentado, o P.G.: «en atención aos graves momentos porque atravesan a República e Galicia», decideu aceptar os cinco postos que se lle concedían. Deste xeito, incrústanse na candidatura frentepopulista: Castelao por Pontevedra, Bóveda por Ourense (765), Alvarez Gallego por Lugo, e Suarez Picallo e máis Antón Villar Ponte pola Coruña (766).
     A candidatura do Frente Popular compite polas maiorías coa do Frente Antirrevolucionario na Coruña. Na provincia pontevedresa ás coalicións de dereitas e frentepopulista súmanse á de Centro, que, a diferencia do que sucedía na Coruña, eiquí ía polas maiorías. Outro tanto aconteceu na circunscripción ourensana, pero non así na de Lugo. Nesta, o Comité Central do F.P. asignara o terceiro posto na sua candidatura ó P.G. Para ocupalo X. Alvarez Gallego trasladouse a Lugo, máis, cando chegou, xa os partidos de esquerda da provincia tiñan establecido un pacto co Centro para formaren unha candidatura única, chamada de «Coalición Republicana»; todo elo sen contaren para nada coa representación galeguista. Exposto o caso a Madrid, a dirección do F.P. ratificou a asignación do terceiro posto para o candidato do P.G., o cal non obstou para que o presidente do consello provincial de I.R. fixera caso omiso, negándose a altera-Ia distribución de postos. Situado nesta tesitura o P.G. actuou de maneira equívoca. Alvarez Gallego participou nalgúns actos de propaganda (767), pero retirou ó cabo o seu nome da candidatura, noustante o cal recomendou ós afiliados e simpatizantes galeguistas votar «feita exclusión de todal-as direitas, as candidaturas que conteñan nomes de auténticos republicáns, que polo menos, teñan capacidade de galeguización» (768). É dicir, preséntase polas minorías ó marxe da candidatura que presentaba na provincia o F.P., pero solicita que non se excluia da votación a determinados elementos da devandita lista.
     Como non podía ser menos, dada a intensa crispación da vida pública española, a propaganda das distintas coalicións levouse a cabo nuns termos de gran acritude (768 bis). As dereitas esgrimían o eslogan de: «Contra Ia revolución y sus cómplices» (769); pedían o voto «por España y contra Ia revolución», e tamén «Contra el marxismo, Contra el laicismo, Contra el separatismo. Votad a España» (770). Frente a elas a coalición de esquerdas replicaba sañudamente combatindo a obra das dereitas: «reaccionarias y anti-republicanas» (771), e difundindo o seu programa de amnistía, reformas democráticas, melloras económicas (reforma agraria, etc.) e autonomía. O P.G. insistía especialmente na autonomía e nos problemas de Galicia (772). Presionou, ademais, sobor dos demais partidos para que a propaganda conxunta fose redactada en galego e castelán, empeño no que distou de obtelo éxito apetecido. O P.G. e mailo conxunto das forzas de esquerda, conscientes do momento crucial que estaban a vivir, entregáronse á campaña con singular denuedo. «A Nosa Terra» interrumpeu durante dúas semanas a publicación, por estaren os seus redactores absorbidos nas tarefas propagandísticas; coidamos que isto evidencia que a sua difusión non trascendía máis aló do circo de afiliados e simpatizantes, pois de non ser así resultaría máis proveitoso seguila editando e mesmo incrementa-la tirada, convertindo a revista nun instrumento electoral máis. Na provincia de Pontevedra o F.P. superou con moito o número de actos electorais da candidatura de dereitas e centrista, realizando máis de trescentos mitins (773). Na de Ourense, Bóveda, que ía en cuarto lugar, amosouse especialmente activo, participando en perto de trinta mitins, preconizando, sen ser escoitado, a actuación coordinada dos candidatos do F.P., e conquerindo que, no manifesto que se fixo público, os problemas de Galicia e a defensa do Estatuto ocupasen un lugar destacado (774). Na circunscripción coruñesa sobranceou a laboura desplegada por Picallo. Os gastos totais da campaña do P.G. ascenderon a 30.000 pesetas (775), que ocasionaron un déficit nas finanzas do partido —como tamén lle aconteceu ó F.P. en conxunto— (776) que non conqueriu cobrir coas aportacións dos afiliados sumadas ás dos emigrantes de América (777), polo cal tivo que seguir reunindo fondos con posterioridade ás eleccións (778).
     Na provincia coruñesa a xornada electoral desenrolouse con tranquilidade, sen que se rexistraran anomalías (779), sendo completo o triunfo do F.P. O P.G. obtivo dous deputados: Suárez Picallo, elexido en terceiro lugar con 153,145 votos, a moi escaso marxe do candidato máis votado, José Miñones Bernárdez con 153.887, e por riba de Casares Quiroga, que acadou 151.523 sufraxios. Moi boa votación obtivo tamén Antón Vilar Ponte, elexido en octavo lugar con 145.009 votos (780). Nun principio pensóuse que gañarían as dereitas, ó computárense as cifras de Arzúa e Carballo, onde: «as dereitas cometeran os maiores fraudes» (781). Deste xeito, xentes de significación esquerdista formaron unha manifestación que se dirixíu con gran alporizamento á residencia dos candidatos de significación contraria, tendo que intervir o Comité do F.P. para sosega-los ánimos. Manifestáronse logo diante do Goberno civil pedindo que o Comité do F.P. se encargase do goberno da provincia, accedéndose a elo en evitación de desordes. Picallo e Miñones dirixíronse a moitedume aconsellando calma e garantizando que sería respetado o triunfo da candidatura de esquerdas. Pero a inquedanza era grande e o Comité tivo que intervir reiteradamente para apacigua-los ánimos de duas impoñentes manifestacións que querían ceibar decontado ós presos políticos e sociais (782).
     En Pontevedra triunfou tamén a candidatura frentepopulista, obtendo Castelao 103.436 votos, co que saíu elixido deputado co maior número de votos da provincia (783).
     Na provincia lucense rexistráronse algúns incidentes (784), vencendo polas maiorías a candidatura de centro-esquerda, e polas minorías dous candidatos de dereitas, quedando Alvarez Gallego en posición desairada, con só 4.991 votos (785). A tradicional febleza do galeguismo lucense facíase patente unha vegada máis.
     En Ourense foi onde as irregularidades menudearon máis. O triunfo correspondeu ó Frente Antirrevolucionario, obtendo tamén os radicais unha certa cuota. Polas minorías a candidatura de Centro obtivo dous postos. A Bóveda correspondéronlle algo máis de 25.000 sufraxios, que eran moitos se consideramos o cativo número de votos obtido polos seus compañeiros de lista. As dereitas foron acusadas de dar un «pucheirazo» acordando o F.P. impugna-Ias eleccións na provincia (786). A indignada reacción dun sector da poboación ante o anuncio do resultado, provocou diversos incidentes nos que se rexistraron enfrentamentos e alteracións do orde; neles Bóveda xogou un importante papel como líder asisado e contrario as excitacións e radicalismos na protesta (787). O cabo, saíu Bóveda para Madrid co gallo de impugna-las actas da provincia. Tivo unha boa intervención ante a Comisión de Actas, polo que a impresión que lle trasmite por carta a sua muller (788) é francamente optimista. Ata un deputado dereitista da Lliga dixéralle que ó asunto da sua acta era cousa feita. En efecto, dadas as probas aportadas por Martínez Risco e Bóveda, todo parecía indicar que o Parlamento aprobaría o dictame da Comisión de Actas no que se pedía a anulación das eleccións celebradas en Ourense. A Comisión de Actas presidida por Indalecio Prieto —segundo sinala Seco Serrano (789)— traballou nunha laboura depuradora que tendía non só a aumentar a proporción das esquerdas na Cámara, senón tamén a excluir dela ás personalidades máis relevantes da dereita, e compre relembrar que Calvo Sotelo saira por Ourense. Entramentres, agardando a convocatoria de novas eleccións, o P.G. dispúñase a trasladar militantes doutras provincias para reforzar unha campaña na que estaba disposto a empregarse a fondo (790). Por todo elo podemos imaxinar a desilusión dos galeguistas cando o Parlamento decideu non anula-los resultados das eleccións na provincia de Ourense. Bóveda apunta como causas desta inesperada decisión a falla de apoio dos deputados coruñeses, que accederon a unha componenda por temor a que foran anuladas tamén as suas actas, e a rexa actitude das dereitas que chegaron a retirarse circunstancialmente do Parlamento, conquerindo salva-Ia acta de Calvo Sotelo, ainda que non a de Goicoechea (791).
     Temos, pois, que o P.G. obtivo soamente tres deputados; é dicir, a mesma cifra que no primeiro bienio en que este partido contaba con menor infraestructura e militancia. Perdeu un deputado por Ourense e outro máis por Pontevedra, onde o P.G. entendía que en xusticia Ile corresponderían dous postos, cousa que non puido ser pola distribución: «arbitraria e imposta dende Madrid sin terse estudado a fondo [...] o releve dos partidos coaligados» (792). No contexto dos nacionalismos peninsulares, o galego seguía sendo notablemente feble. Consideremos que a Esquerra obtivo 38 deputados, a Lliga 13 e os nacionalistas vascos 9 (793).
     Na valoración que o P.G. fixo das eleccións de febreiro de 1936, destacou o papel das mulleres, labregas e peixeiras especialmente («Non as señoritas vilegas»). Deste xeito, congratulábase de que os deputados galeguistas tivéranse pronunciado no Parlamento a prol da concesión do voto da muller, e consideraba que quedaba desembafada a sua imaxe, un chisco comprometida por mor das eleccións de 1933, nas que se lle imputou o resultado adverso para as forzas progresistas (794). Formado o goberno con Azaña na presidencia, Gómez Román, dada a impacencia que por todas partes reinaba, chamou á calma e a deposita-la confianza nos homes da República: «Compre que non malogremos (a victoria) con impaciencias innecesarias» (795). A dirección do P.G. ordenou ós Grupos que permanecesen nos comités locais e provinciais do Frente Popular, xa que a eles correspondía marca-Ia orientación política que se debía seguir en Galicia dacordo cos compromisos adquiridos no pacto electoral. Plantexou como temas mais urxentes, os seguintes: decreto de bilingüismo, cátedras de galego nas Normais, eleccións municipais, aprobación do Estatuto vasco presentado ás Cortes, plebiscito do galego e nova lei electoral que suprimise dunha vegada por todas as prácticas caciquís evidenciadas nas últimas eleccións (796).
     As primeiras medidas adoptadas polo novo goberno foron positivamente valoradas polo P.G.; os problemas galegos escomenzaban a atopar unha vía de solución. Unicamente criticaban o excesivo vagar na destitución dos cargos públicos que dende as Deputacións e Concellos atentaran, segundo él, contra da auténtica República. De tódolos xeitos dicía que para facer isto deberíase evitar incurrir en arbitrariedades e inxusticias (797).
     Denantes de tomar posesión do seu escaño, finou Antón Villar Ponte, recibindo a sua familia, que quedou punha situación económica precaria, innumerables testimuños de pesar e solidaridade. Da Coruña e dos medios progresistas de toda Galicia choveron comunicados á prensa facendo patente a door pola perda dun periodista valente e político honesto (798). Reunido o Consello Nacional do P.G., ó que asistiron os representantes dos galeguistas de Bos Aires e Montevideo, Ramón Obella e Ramiro Illa Couto, acordou publicar algunhas das suas obras e que tódolos afiliados levasen corbata negra durante un mes en sinal de loito. Tratouse tamén nesta xuntanza (799) da liña de actuación dos deputados: manterían a sua independencia, funcionando como grupo parlamentario sen máis disciplina que a do P.G., pero cumplindo con lealtade os acordos co Frente Popular. En todo caso deberían ter moi claro que nos problemas especificamente galegos a sua actuación tiña que respostar ós principios nacionalistas. Debatíuse longamente a actitude a adoptar verbo de I.R., coa que estaban sumamente descontentos pola sua actuación nas pasadas eleccións. Prosperou a postura de entrevistarse co Consello Nacional de I.R. denantes de tomar unha posición de ruptura, como pedía un sector da dirección galeguista. Acordouse prestar asistencia ós Comités do F.P., por seren insustituibles nas vindeiras eleccións municipais e na campaña plebiscitaria; conseguintemente ordenouse ó Grupo de Lugo que se reintegrara no Comité do F.P., do que se arredara por recibir un trato que considerou inxusto. Para respostar a estes retos, por razóns eminentemente prácticas, e moi ó seu pesar, os dirixentes galeguistas acordaron crear organismos a nivel provincial, o necesidade dos cales fixérase patente nas últimas eleccións. Por certo que para enxaugar o déficit ocasionado polas eleccións, a dirección resolveu que continuara aberta a suscripción de fondos electorais, e que deputados e cárgos públicos retribuidos contribuiran co 10 % da sua asignación (800).
     A fins de marzo os comités do Frente Popular reorganízanse (nalgúns casos, como na Coruña, reconstitúense por haberense disolto (801)), dispostos a presentar batalla nas eleccións municipais (802). O P.G. tiña xa definitivamente clara a importancia da política municipal (803) e non estaba disposto, esta vegada, a deixar pasa-la oportunidade de acceder ós Axuntamentos. Xa que logo prepara a maquinaria do partido para acada-lo mellor resultado posible (804). Conquire que Gómez Román fora aceptado como candidato a alcalde de Vigo polo F.P. (805), pero as eleccións non se levaron a cabo (806).
     De tódolos xeitos, nas novas xestoras municipais nomeadas polo Goberno, o P.G. conquire varios postos. Temos así que, ademáis do concellal de elección popular en Redondela, Blanco Alfaya (807), o P.G. tiña como concellais a Xosé Pereira Raxo, en Ponteareas (808), e a Agustín Baladrón en Leiro (809). Participaba ademais nas xestoras municipais de Santiago, Bueu, Allariz, Celanova, Viveiro (con tres concellais) e Ribadeo (810). Para máis, conqueriu situar na alcaldía de Santiago a Anxel Casal, na de Viveiro a Balbino Cerdeiras, na de Bueu a Xohán Carballeira, na de Sada a Xusto Rodríguez (811), na de Tomiño a Daniel Calzado (812) e na de A Garda a Brasilino Alvarez (813). Polo que fai as Deputacións soamente nos consta que Núñez Búa foi designado vicepresidente da de Pontevedra (814).
     A inquedanza galeguista de establecer unha intelixencia entre galegos, vascos, cataláns e demais autonomistas non se plantexa nesta etapa. Soamente de cando en vez algún galeguista recorda esta cuestión (815) pero sen que o partido como tal a asuma. Prima, con moito, a relación co Frente Popular. En abril as Cortes destitúen a Alcalá Zamora, manifestando o P.G. o seu acordo con tal medida, na que creía ver a determinación increbantable de que non se malograse o triunfo saido das eleccións de febreiro. Agardaba o P.G. que se procedera á limpeza política local, extirpando o caciquismo e poñendo nas máns dos verdadeiros republicáns os postos de responsabilidade, de xeito que se cumplise un dos obxetivos políticos do P.G.: a autentificación da República (816). Convocadas eleccións para elexir o novo presidente da República, o Consello Executivo do P.G., crendo imprescindible que os galeguistas participasen en todaIas cuestións de importancia política, envía unha circular ós Grupos, firmada po Alvaro Xil en calidade de Segredario político interino (817), instándoos a que designasen compromisarios. Tras dunha satisfactoria entrevista con Azaña, o P.G. acordou votar por el e asimesmo que os seus deputados colaborasen co grupo republicano de esquerdas (818). Este compromiso con I.R. impideu que o P.G. poidera dar satisfacion á petición dos nacionalistas vascos de que os deputados galeguistas sumaranse ós seus para poder completar o número esixido polo reglamento da Cámara para formar un grupo parlamentario (819).
     En maio, Azaña foi elexido Presidente da República, votando ó seu favor os tres compromisarios galeguistas. A xefatura do Goberno lle foi encomendada a Casares Quiroga sen que o P.G. puxera chata ningunha (820).
     Como queira que a alianza do P.G. coas formacións de esquerda non se limitou a ser unha mera táctica, pensada conxunturalmente para unhas eleccións, Otero Pedrayo atopábase cada vegada máis incómodo. Dende a «Tribuna Libre» que lle ofrece «A Nosa Terra» (821) laiábase de que houbese galeguistas gañados polo credo marxista (822), ó que consideraba como a: «negación da dinidade da descendencia humán». Estaba en disconformidade con que afiliados galeguistas participasen nas xestoras municipais: «criadas na trúbia atmósfera dos Gobernos civiles»; creía que se abusaba da rebeldía e que o esquerdismo ibérico estaba penetrando amparado doorosamente pola política do P.G. Non se debía caer na trampa de pretender: «dixerir» e galeguizar ó marxismo, por máis que este: «avispado, práitico e oportunista» chegase a Galicia: «falando ou faguendo que fala en galego». Amosábase moi preocupado polo anticlericalismo belixerante (menciona o caso da queima da igrexa de Barbadás) que vía desatarse en Galicia, e abogaba porque o P.G. dera por rematado o seu compromiso coa esquerda, que non debería ser nada máis que circunstancial, se non se quería que se convertise nunha servidume para o galeguismo. Con todo, ó escomenza-lo mes de xuño, manifestaba que «ainda temos a espranza de que o Partido Galeguista ha recoñocer o seu trabucamento actual» (823). Víctor Casas foi quen polemizou co líder do mingoado sector conservador do P.G. que ainda permanecía no partido. Entendía V. Casas que «non é tarefa despreciabel o galeguizar cantas invasións se produzan contra a nosa vontade» (824). De tódolos xeitos, Víctor Casas recoñecía que constituía unha preocupación para tódolos republicanos o avance das forzas marxistas que se estaba a rexistrar. Creía, noustante, que este avance era o froito da contraproducente campaña antimarxista levada a cabo, con torpeza manifesta, polas dereitas durante o segundo bienio, e negaba que chegara a Galicia amparado pola política do P.G. Se o problema se plantexaba en Galicia era principalmente por mor do seu sometimento político a «Hespaña», onde se xeneraba. O galeguismo non debería, nin creía doado que poidese no caso de pretendelo, facerlle frente ó marxismo, tentando de atrancar o seu avance; o que debía facer era conquerir que se axeitara a Galicia, que recoñocera a sua especifidade, e que en suma se fixese galego. Neste senso, tiraba a colación unha caricatura de Castelao encol do comunismo, no pé da cal rezaba o seguinte: «Si viñera falando galego...» (825).
     Por outra banda, partían tamén de Víctor Casas, as exhortacións a construir un gran partido galeguista, para o cal creía que existían as condicións apropiadas. Animaba ós Grupos a seguir desenrolando unha intensa campaña proselitista tendente a incrementa-lo número de afiliados e a fundar novos núcleos. O P.G., sen deixar de actuar conxuntamente no que atinguía ós seus compromisos con outras forzas, debía preocuparse de facer laboura partidista, de potenciación do propio partido principalmente, dado que estaba pendente de resolución o pleito autonómico e que, ademais, unha vegada conquerido o autogoberno o papel que debería desempeñar o P.G. tería unha importancia capital. Con moi pouca memoria histórica das propias declaracións oficiais do P.G. («nós non queremos o poder») dicía que:


«Unha autonomía que non esteña, pol-o menos, controlada por nós, non será a autonomía que nos queremos e a Galicia lle importa. Fora das nosas mans ou da nosa decisiva intervención poidera ser desvirtuada.» (826)


     Este pensamiento de Víctor Casas era, noustante, congruente coa conciencia cada vegada máis forte que tiñan os galeguistas de seren esencialmente un partido político; e como tal, nada máis normal que anceiase acada-lo poder. De tódolos xeitos, ainda a estas alturas non pode omitir Víctor Casas unha referencia a que a tarefa de creación dun gran partido, non tiña por que representar un perigo: «para a pureza ideolóxica e o xeito específico de actuar dos galeguistas» (827). Quere isto dicir que non estaban totalmente disipadas as preocupacións dos puristas que ollaban con suspicacia a apertura do P.G. e o incremento da sua militancia.
     Na campaña do plebiscito do Estatuto —da que axiña pasaremos a falar— xurdiron diferencias e mesmo friccións entre o P.G. e o Frente Popular. Froito destas tensións foi a dimisión do alcalde de Santiago, Anxel Casal e dos concellais da minoria galeguista, decidida polo F. P., e que levou aparellada a renuncia de tódala xestora municipal (828). O P.G. tentou de tirarlle ferro ó asunto, pedindo ós seus aliados que meditasen a sua actitude para non dividir as forzas nuns momentos tan graves como eran os que se estaban a vivir ó escomenza-lo mes de xullo de 1936 (829). «El Pueblo Gallego», que tamén por aquelas datas tivo algún que outro enfrentamento co P.G. (830), non tivo reparo en ensalzar a xestión de Casal, atribuíndolle como méritos a constitución por iniciativa sua do «Patronato de Asistencia Social», e as enerxías derrochadas dende o seu posto de alcalde en aras do Estatuto (831).
     Diante dos atentados que, xa dende a dereita, xa dende a esquerda, sofren Jimenez de Asúa, Ortega, Largo Caballero, o teñente Castillo e Calvo Sotelo, o P.G. prodiga as condenas, pero exculpa ó sistema republicano dos actos de desorde e violencia que se estaban a producir, manifestando a sua intención de seguir defendendo á República, en tanto que posibilitadora das suas arelas (832).
     Tras da morte de Calvo Sotelo, Víctor Casas segue a se manifestar partidario de mante-la alianza coa esquerda, ainda que non xustificaba a sua violencia, considerando que proviña das provocacións dereitistas. Razonaba que o devandito compromiso podía desfigurar en parte as esencias tradicionais de Galicia —como dicía Otero Pedrayo— pero máis as desvirtuaría un triunfo da dereita autoritaria. Premonitoriamente afirmaba que de gañar ésta, perseguiría ós galeguistas e tentaría de extermina-lo seu pensamento. Como consecuencia, pois, de múltiplas razóns, e mesmo por instinto de conservación persoal, seguía sendo proclive a preserva-Ia alianza coa esquerda (833). Nas datas anteriores ó erguemento militar, o P.G. preparaba intensamente a celebración do Día de Galicia. Agardaba que tivera un alcance superior ó da anterior edición, estando previsto que na Coruña intervisen nun mitin varios representantes do F.P., o que indicaba un comenzo de aceptación desta celebración pola banda das forzas de esquerdas (834). Pero tal cousa non puido ser.
     Pasemos agora a glosar a marcha do proceso autonómico.
     O primeiro partido que solicitou o plebiscito do Estatuto foi o P.G., pouco dempois de coñecerse o resultado electoral favorable ó F.P. en tres provincias galegas. En efecto, nunha xuntanza do Consello Nacional celebrado en marzo de 1936 (835) acordouse solicitar ó «Comité Central de Autonomía» que convocara, en uso das suas atribucións legais, o plebiscito, e dirixirse asimesmo ós Comités provinciais do F.P. para que preparasen a campaña. A financiación da campaña, que fora un dos problemas máis acuciantes cos que toparon as forzas autonomistas na anterior andadura, deberíase resolver mediante as aportacións das corporacións e partidos integrantes do Comité estatutario, e apelando tamén á suscripción pública. O P.G. perfilou, ademais, como debía ser ó seu xuicio a campaña: moi intensa, en marcha ascendente, pero non moi longa; dez ou quince días como máximo. O destino do Estatuto estaba vencellado ó F.P., motivo polo que o P.G. manifestouse dende un principio partidario de que o compromiso continuara, debendo comparecer unidas as forzas integrantes nas eleccións municipais e na campaña plebiscitaria, tendo ademais entre os seus cometidos a constitución das autoridades da «Rexión Autónoma» e a resolución dos problemas galegos máis urxentes (836).
     As prisas do P.G. bateron cun feixe de atrancos que demoraron a campaña plebiscitaria ata o mes de xuño. Basicamente os factores retardatarios pódense reducir a tres. Estaba en primeiro lugar o lento proceso de reactivación da maquinaria organizativa, capaz de abordar con éxito a inxente laboura propagandística que era mester efectuar para conqueri-lo pronunciamento favorable das duas terceiras partes do censo electoral. En segundo lugar, as crises que se desencadearon nas altas esferas do poder central, non resoltas ata a constitución do goberno presidido por Casares Quiroga (tras da negativa de Prieto) a mediados de maio, centraron lóxicamente a atención pública, polo que non era precisamente a conxuntura máis propicia para plantexar a consulta estatutaria. O cabo, a convocatoria de eleccións municipais veu a enguedellar ainda máis as cousas, polo que soamente cando estas foron desconvocadas e as duas cuestións anteriores resoltas, as forzas políticas autonomistas estiveron en condicións de aborda-Ia recta final do proceso estatutario.
     Os primeiros síntomas alentadores que denotaban que o Estatuto podería chegar esta vegada a bo porto, foron os acordos dos concellos da Coruña (837) e Vigo (838) (que na parada xeira pronunciáranse en contra) de apoia-lo Estatuto, asignando sustanciosas cantidades para financia-Ia campaña, e solicitando do Comité Central de Autonomía a convocatoria do plebiscito no prazo máis breve posible. O Concello de Santiago, a proposta da minoría galeguista, acordou sumarse á iniciativa do da Coruña. Na provincia de Pontevedra, Núñez Búa (P.G.) e Adrio Barreiro (U.R.) conquiren que a Deputación renove a sua adhesión ó Estatuto e consigne trinta mil pesetas para contribuir ós gastos que ocasionase o referendum (839).
     Tamén a instancias do P.G., o Comité provincial do F.P. de Pontevedra acordou dirixirse a tódolos concellos da provincia exhortándoos a que se adherisen ó Estatuto e votasen cantidades para sufraga-la campaña. O P.G. da a consigna ós seus representantes nos restantes comités provinciais do F.P. para que obrasen do mesmo xeito que o de Pontevedra, e asímesmo ós seus xestores provinciais e municipais para que nas respectivas corporacións presentasen propostas a prol do Estatuto (840). Deste xeito, ó longo do mes de maio fóronse decantando en fervenza os concellos partidarios da autonomía.
     Paralelamente levábanse a cabo os traballos de reorganización do Comité Central de Autonomía e de creación de organismos de enlace a nivel provincial e local, onde as opinións das esquerdas estaban divididas sobor de se debían formar parte deles exclusivamente as forzas que integraban o F.P., ou se ben deberíanse abrir a tódalas organizacións autonómicas. Vaiamos por partes. O secretario xeral do C.C. de A., Enrique Rajoy, publicou o 8 de maio un comunicado na prensa (841) pregando ós organismos que ainda non elexiran representantes no C.C. de A., tiveran a ben designar novos delegados. Apelou tamén, ás organizacións obreiras, patronais e Cámara de Comercio, a quen se lles recoñecera o dereito a formar parte do C.C. de A., sen que se decidiran a exercelo, agardando que non deixaran agora de sumarse a el. Esta cuestión tiña unha importancia capital. Tanto a clase obreira como a burguesía industrial e comercial, refugaran comprometerse decididamente na endeita estatutaria. E, pois, comprensible que se quixera que o Estatuto non somentes gozara do favor das clases medias, da intelectualidade e de importantes sectores agrarios.
     Varios líderes galeguistas entrevistáronse en Madrid con Osorio Tafall, presidente de C.C. de A., e cunha parte importante dos diputados galegos. Estas xestións, das que Castelao foi un dos principais artífices, tiñan como obxetivo sondear a disposición na que se atopaban de cara ó plebiscito. Trasmitida a sua impresión favorable ó Consello Nacional do P.G., éste acordou dirixirse ó C.C. de A. adheríndose á proposta formulada por varios Concellos para que fose convocado o plebiscito coa maior urxencia posible (842). Convocados por Osorio Tafall, reunironse nunha sección do Congreso os deputados e compromisarios elexidos por Galicia, acordando que o Comité pro-autonomía chamase á celebración en Santiago, o domingo 17 de maio, dunha xuntanza de entidades e partidos políticos co obxetivo de fixar a data de celebración do Plebiscito (843). Máis exactamente serían dúas as reunións que terían lugar. A primeira sería nunha magna asamblea no salón de actos da Facultade de Meiciña, á que estaban invitados deputados, compromisarios, partidos, prensa, institucións e entidades de diversa índole (844). Nela o C.C. de A. quería calar o degrao da temperatura estatutaria que se rexistraba en Galicia, denantes de determinar, nunha xuntanza ulterior, a data do plebiscito (845). Tratábase, pois, dunha medida de cautela, posto que o C. C. de A. tiña nas suas máns un decreto que o autorizaba a convoca-lo plebiscito discreccionalmente, coa sóa condición de notificar os gobernadores civís galegos a data de celebración, coa antelación suficiente para que poidesen publica-lo acordo nos sus respectivos boletins oficiais.
     A asamblea autonómica, celebrada o 17 de maio en Santiago, revestiu un gran valor sociolóxico por canto nos permite achegarnos á problemática da posición das distintas forzas políticas e sectores sociais verbo do Estatuto. Dado que o tema que se estaba a ventilar era o dun plebiscito, que para triunfar debería vencer tanto as tendencias opostas como abstencionistas, a pesares de que as duas posturas non son estrictamente equiparables á hora de determinar con precisión os comportamentos políticos, a afectos prácticos ambas surten un afecto idéntico: inviabilizar o Estatuto, polo que consideramos oportuno englobalas nun mesmo conxunto.
     Mencionemos, xa que logo, ós sectores que non se amosaban dispostos a apoia-lo Estatuto. As entidades representativas da burguesía son as primeiras en reclama-Ia nosa atención. Xa vimos como os dirixentes do C.C. de A. percuraban o seu apoio, cousa que non era tan clara no comité rector do F.P., onde algúns dos seus integrantes pensaban de maneira contraria. O certo é que, salvo excepcións, non apoian o Estatuto. O propio «El Pueblo Gallego» o pón tácitamente en evidencia na glosa que adica á asamblea, cando salienta as «ausencias significativas», precisando que se refería:


«a organizaciones políticas, más o menos responsables del ambiente en que se pretendió ahogar hace tres años el Estatuto renaciente.» (846)


     Políticas e tamén económicas, engadamos pola nosa banda. Pero vexámolo polo miudo. Na extensa lista de entidades que asisten ou se adhiren á asamblea, que detalladamente publica E.P.G. (847), non figuran os partidos de dereitas, a excepción de «Dereita Galeguista». Polo que fai ás entidades económicas as ausencias son tamén significativas. Xa con anterioridade á celebración da asamblea, as «Cámaras de Ia Propiedad Urbana», manifestaran que lles traia sen coidado o sinalamento da data do plebiscito, e que:


«alejadas por preceptor estatutarios de toda deliberación política se abstendrán de intervenir como tales entidades en Ia propaganda tendente a Ia aprobación por el cuerpo electoral del Estatuto gallego.» (848)


     O cal non obstaba para que con gran sentido práctico reclamasen que se lles concedera a elas, e as demais entidades económicas similares, voz consultiva ante a futura Administración autonómica, no caso de que o Estatuto resultase aprobado. Das organizacións patronais, Cámaras de Comercio, etc., somentes cabe rexistra-la asistencia da «Patronal» de Santiago e da «Cámara de Ia Propiedad», da mesma cidade.
     Polo que respecta as forzas representativas da clase obreira, a situación mellora algo, se a comparamos coa de 1933, pero con todo dista de ser satisfactoria. Comparecen os partidos socialista e comunista, pero en cambio a C.N.T. se desentende e o propio fai a «U.G.T.» e mailos sindicatos independentes que existían en Galicia, do que temos información precisa no sector conserveiro. A título anecdótico mencionemos asistencia do «Bloque de Obreros y Campesinos» da Estrada e da «Agrupación de Trabajadores y Agricultores» de Serres, únicos que parecen interesados no Estatuto. 
     A tenor do que levamos dito, non extrañará que as forzas que constituían o F.P. tiveran un peso determinante na asamblea de Santiago. Os galeguistas xogaron un importante papel, dado que a actuación de Suarez Picallo, Bóveda e Anxel Casal, súmouse á dos tamén galeguistas, ainda que discrepantes, Alvaro das Casas —reconvertido novamente ó credo autonomista— e Filgueira Valverde, sen esquencerse do representante dos agrarios pontevedreses, Alonso Rios. Ademais, o P.G. volcouse facendo que moitas das suas organizacións locais enviasen representantes á asamblea (849). Tódolos partidos do F.P. estiveron tamén ampliamente representados, manifestándose igoalmente a prol do Estatuto o «Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega», os portelistas e «Unión Socialista Gallega». As sociedades agrarias xunto cos concellos conformaban unha nutrida representación pro-estatutista, que como viñera sucedendo, erixíuse no seu máis rexo alicerce. Resaltemos ó cabo, o cambio operado nun importante sector do profesorado, que ó escomenza-lo proceso estatutario estaba en contra, en tanto que a estas alturas deviñera favorable ó Estatuto. Nesta metamorfose tiveron moito que ver os socialistas. Temos así que, entre os adheridos á asamblea, estaban o «Congreso Regional de Trabajadores de Ia Enseñanza» (850) e o «Colegio de Licenciados y Doctores» de Pontevedra.
     Sen que houbera demasiadas polémicas, nin excesivos desacordos, a asamblea aprobou, como resolución, declarar urxente a realización do plebiscito e que o C.C. de A. se puxera dacordo co Goberno para fixa-Ia data, sen que ésta poidera revasar o mes de xuño (850 bis). A providencia de consulta-lo parecer do Goberno, foi acordada por prudencia política, xa que non era preceptivo facela.
     O tempo que Rajoy saía para Madrid, co obxectivo de incorporarse á comisión de deputados que se debía entrevistar co xefe do Goberno, Casares Quiroga, para darlle conta do acordado na asamblea do 17 de maio e chegar a un acordo na data do plebiscito, escomenzaron a celebrarse xuntanzas a nivel provincial con vistas a organiza-la campaña (851). Os presidentes das catro Deputacións decidiron crear unha oficina en cada unha delas, que estaría a disposición dos partidos do F.P. e mailos autonomistas en xeral (852). Dende un principio estaba xa, pois, claro que as organizacións que se pronunciaban polo sí ó Estatuto gozaban do apoio institucional —incluídos tamén a maioría dos Concellos— como non podía ser menos dado o triunfo que obtiveran nas eleccións xerais de febreiro.
     Noutro apartado xa apuntamos como na constitución dos Comités autonomistas provinciais prevaleceu unha visión sectaria, que impideu a actuación unitaria do F.P. cos escasos sectores autonomistas da dereita. Tal aconteceu concretamente en Ourense, onde as forzas marxistas opuxéronse a que formase parte do Comité de Propaganda a «Dereita Galeguista», como tal forza, e outros elementos de significación conservadora (853). Outro tanto aconteceu nos comités de zona e locais (854). Vexamos o sucedido na provincia de Pontevedra. Á reunión convocada para constitui-lo Comité provincial compareceron non só os representantes de F.P. senon tamén de D.G., «Partido Agrario Español», Acción Popular, «Partido Radical» e «Partido Conservador», escusando a sua ausencia a «Unión Regional de Derechas» e o «Partido Tradicionalista». Pois ben, o representante comunista, Manuel Martínez, acompañado do socialista Edelmiro Ríos, decidiron retirarse por considerarse incompatibles cos partidos de dereitas presentes. No debate que tal actitude ocasionou, tódolos representantes manifestáronse a prol da autonomía, —o «Partido Conservador» con especial énfase— con excepción dos agrarios e radicais (éstes farían logo campaña en contra) que non se poideron pronunciar por non tomaren ainda ningún acordo os seus respectivos partidos. A postura do P.G. consistía en admitir tódalas ofertas de colaboración na campaña, viñesen da dereita ou da esquerda. Era pois un punto de vista moi próximo ó de D.G. Non extrañará, por elo, que cando na devandita reunión, o representante do P.G., Víctor Casas, vista a actitude intransixente dos socialistas e comunistas, propuxo que fora o F.P. quen constiuise o Comité provincial, por estar en posición de facelo, circunstancialmente, con máis éxito, e que os demais partidos o apoiasen, o delegado de D.G., García Vidal estivo dacordo. Decideuse, deste xeito, que o Comité provincial estivese constituído polas forzas do F.P., colaborando na propaganda os demais sectores, cousa lograda en gran parte pola incitación que D.G. fixo a estes sectores para que actuaran de xeito autonomista (855).
     En Lugo, os partidos situados nunha posición máis esquerdista non tiveron ocasión de refugar a colaboración coas forzas de dereita, porque éstas, do mesmo xeito que as Cámaras de Comercio, da Propiedade, etc., que foran invitadas (856), nin siquera se dignaron acudir á xuntanza de constitución do Comité provincial de propaganda estatutaria. Xa que logo, formaban parte do Comité provincial (que funcionaba baixo a dependencia do C.C. de propaganda, e estaba diseñado para orientar a sua vez a tódolos Comités municipais): I.R., P. socialista, U.G.T., U.R., Mocedade Galeguista, P. Comunista, «Confederación General de Campesinos» e P.G., representado por Anxel Fole e Xosé Ramón Oxea. Reserváronse, tamén, postos para os delegados da C.N.T., (que non temos datos de que foran cubertos) e «Juventudes unificadas Socialista e Comunista». Como presidente actuaba o que o era da Deputación provincial, Noya, e como secretario Avelino López Otero. Agora ben, para dar continuidade ás tarefas de dirección acordouse crear unha «Comisión Ejecutiva» composta por Celestino Noya, como presidente, Avelino López Otero, como secretario, e outros tres membros máis, que eran Francisco Lamas, Jacinto Calvo e Ramón Piñeiro (857).
     Na Coruña o Comité provincial constituiuse, do mesmo xeito que nas demais provincias, en base ós partidos que compuñan o F.P. (858).
     O domingo 31 de maio o C.C. de A. resolveu convoca-lo plebiscito para o 28 de xuño (859). De seguida escomenzou a campaña. A fins de maio Alexandre Bóveda, en calidade de Segredario de Organización, dirixíu unha circular ós Grupos (860) establecendo como prioridade absoluta do P.G. a tarefa do plebiscito. Facía a salvedade de rigor, dicindo que o Estatuto non satisfacía tódalas arelas do P.G.; pero que era mester, así e todo adicar á campaña plebiscitaria o traballo máis afervoado. Exhortaba ademais ós Grupos, a que traballasen máis que ninguén, preparándose non só ó que se lles asignara, senón tamén ó que se Ile encomendara ós demais, e éstes deixaran de facer. Consecuentemente con isto o P.G. lanzase á campaña de propaganda, antes de que escomence a conxunta, celebrando inmediatamente mitins en Chantada, Paradela (Meis) e Godos (Caldas de Reis) (861). Realmente —segundo o ten declarado o propio Bóveda (862)— a propaganda plebiscitaria acaparou tódala actividade dos afiliados e organizacións do P.G.
     Denantes de resumi-Ias liñas mestras da campaña plebiscitaria conxunta, aludamos ós seus suxeitos promotores, e tamén, por contraposición, ós que se inhibiron ou opuxeron. Co que xa levamos dito excusamos de dicir que tódolos partidos de esquerda facían campaña a prol do Estatuto. Dentro dela, compre mencionar o caso particular das organizacións representativas da poboación asalariada. Feita exclusión da C.N.T., que non apoiou o Estatuto a pesares dos chamados que se Ile fixeron, ollandoo moitos dos seus integrantes con moita reticencia, defendíano os partidos sindicalista, comunista e socialista, e as organizacións sindicais que estaban na sua órbita, habendo que destacar en especial á «U.G.T.», pola sua implantación. Agora ben, elo non nos debe levar a pensar que a problemática de autogoberno tiña sido consciente e completamente asumida pola clase obreira. Sucedía, en efecto, que, por máis que os oradores do P.C.E. e do P.S.O.E. empregaran en moitas ocasións o galego, nos seus discursos quedaba claro que asumían a autonomía non porque fixeran seus os plantexamentos do nacionalismo (seguían a declararse internacionalistas) senón por considera-Ia unha conquista democrática máis. Ademais, unha persoa que coñecía ben os medios obreiros (era membro do P. Sindicalista) e manifestabase como un autonomista de corpo enteiro, Fausto Brand, nos pón en alerta, evitando que caiamos no espellismo de crer que a clase obreira estaba imbuída do ideal autonomista. Recoñecía Fausto Brand que as organizacións obreiras:


«non teñen máis concepto de Autonomía que o cuidar n-unha nova rede burocrática e n-unha nova serie de deputados que zugan o suor do pobo, os máis deles, cobizosos e larpeiros. [...] Non se fita ao producto que da autonomía pode resultar.»


e chegaba mesmo a decir que tiñan verbo da autonomía unha actitude «semi-agresiva» (863). Coidamos, pois, que compre considerar de xeito ponderado o apoio da clase obreira e das suas organizacións representativas ó Estatuto, evitando caer en visións xeneralizadoras e por demais optimistas (864). Apoiaba, tamén, ó Estatuto, nin que decir ten, o galeguismo, pero non somentes o P.G., senón tódalas organizacións e persoeiros que integraban o movimento galeguista: D.G., U.S.G., F.M.N., Alvaro das Casas, Peña Novo, Paz Andrade, Maside, etc. E ésta a primeira conxuntura importante na que todo o nacionalismo galego conquire unha unidade na práctica. Idéntica actitude pro-autonomista mantiñan o Partido Centrista e gran parte do asociacionismo agrario (865). A elo hai que engadir o respaldo institucional dos Gobernos Civís, Deputacións, e a meirande parte dos Concellos. Polo que respecta ós colexios e asociacións profesionais poucas son as que manifestan o seu beneplácito; unicamente temos constancia do «Colegio Oficial de Doctores y Licenciados de Ia provincia de Pontevedra» (866) e do «Colegio de Farmacéuticos» (867). Verbo dos mestres xa mencionamos o cambio operado, ainda que dende logo non indicaba que non seguira habendo no corpo de profesores de maxisterio, muitos funcionarios en contra do Estatuto (868). Non hai dúbida de que coa asunción do Estatuto por parte das forzas que integraban o F.P., o soporte social da autonomía medrou considerablemente. O P.G. aledábase de que sucedera tal cousa, sen considerar que lle fora roudaba unha divisa que antano defendían os galeguistas en exclusiva. Mesmo sentíase fachendoso de ter logrado o contaxio, ainda que elo supuxera a perda do seu monopolio nese terreo (869).
     Compre facer constar, tamén, que a actitude setaria que as organizacións marxistas conqueriron insuflar ó F.P., en relación coas organizacións dereitistas, puido restar apoios ó Estatuto, de non ser que elas mesmas eran en termos xerais contrarias a autonomía, con independencia de que a asumise ou non o F.P., e de que o fixera de xeito sectario ou transixente. Os escasos sectores da dereita que apoiaban a autonomía, non deixaron de apoiala polo feito de que o F.P. non lles permitise formar parte dos seus comités de propaganda. En puridade, soamente fixeron campaña a favor o «Partido Republicano Conservador» (implantado fundamentalmente en Vigo), e a «Dereita Galeguista», que amosouse activísima, dando tódolos seus persoeiros unha gran cantidade de conferencias radiadas, que eran ampliamente glosadas na prensa. A propaganda de D.G. estaba orientada a conqueri-lo voto da opinión conservadora, teima na que non obtivo os froitos apetecidos. En abono desta tese, poderiamos citar as declaracións de moitos elementos pro autonomistas, pero para non reiterarmos en demasía limitarémonos ás do P.G. (870), que ben que se laiaba de que as dereitas fosen insensibles á angueira estatutaria. Dicía «A.N.T.» que as dereitas galegas en nada diferían das homólogas españolas, amosando durante a campaña plebiscitaria unha oposición xorda e imprimindo a sua prensa un talante opositor. Deixemos para máis adiante o papel xogado pola prensa, e prosigamos o estudio do comportamento das dereitas. Na darradeira semana de campaña os deputados galegos perteñecentes á C.E.D.A., que sen dúbida era a organización conservadora de maior arraigo en Galicia, fixeron pública unha nota declarando que se inhibían por unha serie de razóns, que explicaban por qué as dereitas non fixeron abertamente campaña en contra, limitándose a unha «xorda oposición».
     Dicían:

«Nosotros nada tenemos que hacer ante este asunto. Nuestra inhibición es completa, tanto por Ia conocida pasión de los grupos regionales del Frente Popular, como por Ias circunstancias político-sociales de Galicia. El Estado de alarma impide Ias mínimas garantías colectivas e individuales para toda actuación política: ni libertad de prensa, ni de propaganda, ni de reunión. La Mayor parte de nuestros centros políticos... (liñas en branco por mor de censura gubernativa) los Ayuntamientos han sido sustituidos por Comisiones gestoras de nombramiento gubernativo.» (871)


     Dous días despois a «Unión Regional de Derechas de Ia Coruña» (C.E.D.A.) ratificaba oficialmente esta posición, facendo constar 

«[...] su oposición firme [...] a todo movimiento político-social que tienda a destrozar Ia «unidad nacional», creando en Ias regiones autónomas «instituciones políticas de mango corto», al transplantar a ellas remedos de instituciones en decadencia en el mundo entero y que el estado de excepción en que vivimos (excepción normal en nuestra Patria), nos impediría criticar.»


     Despois desta declaración de principios nos que se puña veladamente en solfa o sistema institucional demo-liberal, manifesta a sua intención de absterse da votación e asimesmo da campaña, deixando claro que se non a facía en contra era porque a suspensión das garantías constitucionais non o permitía:

«De antemano sabemos el resultado del plebiscito por Ia imposibilidad en que se encuentran los más fuertes sectores de Ia opinión pública, de exteriorizar su manera de pensar, y, por eso, no siendo posible convertir en diálogo el monólogo entablado, U.R.D. de La Coruña se parta de toda actividad política que de cerca o de lejos tenga relación con el llamado Estatuto de Galicia, recomendando a sus afiliados y simpatizantes se abstengan de emitir su voto el próximo domingo, día 28, evitando toda colaboración ineficaz.» (872)


     A C.E.D.A. con esta nota saia da ambigüedade na que se situara en 1933, cando permitira que un sector dos seus afiliados santiagueses se declararan pro-autonomistas. Agora se pronunciaba abertamente en contra (872 bis).
     Menor fuste revestiu a declaración da «Junta de Defensa de Madrid», contra o Estatuto de Galicia, aducindo que «[...] cuanto se hace para obter Ia autonomía no es más que producto de Ia ambición y de Ia hipocresía» (873). Tamén nesta nota expresábase o sentir dos sectores dereitistas, referente a que o «amordazamiento» imposto polo Goberno non lles permitía facer campaña en contra, tendo ademais a convicción de que os seus votos «han de ser omitidos o falseados al celebrarse el plebiscito» (874). Seguramente o temor ó falseamento dos votos induciu a dereita a adoptar unha postura que, como a abstención, resultaba máis dificil de manipular, amén de surtir a efectos prácticos as mesmas consecuencias que o sufraxio negativo.
     En Lugo, Dereita Galeguista conqueriu polo menos frenar unha decantación das dereitas análoga á coruñesa. Na nota que firmaron conxuntamente D.G., Partido de Centro, P. Conservador, P. Agrario Republicano, Acción Popular e Bloque Nacional, soamente as duas primeiras forzas declarábanse afectas o Estatuto e dispostas a facer campaña favorable. As restantes limitábanse a manifestar que «no hostilizarán Ia aprobación plebiscitaria», a pesares do «tono partidista que el Frente Popular ha impreso en Ia campaña estatutista»; de cara ó futuro aceptaban a tese de D.G. de que o Estatuto podíase considerar como unha reivindicación neutral:

«confiando que en el futuro el Estauto no será un instrumento de partidismo, sino una obra de todos los gallegos, puestos al servicio de Galicia. Para ello esperan que en Ias Cortes el texto que se vote no ha de favorecer ningún partidismo.» (875)


     Esta declaración, inducida e modulada por D.G., podería ter unha significación importante de cara a un futuro que non puido ter o Estatuto, na medida en que as dereitas lucenses aceptaban o sistema autonómico sempre e cando fose «neutral», pero no que se refire a implementar as posibilidades de que o Estatuto superase con ben o difícil trance plebiscitario, pouca ou nula significación tivo. Non facer campaña en contra, era un compromiso moi cativo, se temos en contra que o conxelamento das garantías constitucionais xa se encargaría de porlle as cousas moi dificiles se tal quixeran facer. Absterse era, ademais, a actitud adoptada polas dereitas das restantes provincias. Concluindo: a nota das dereitas lucenses non contribuia a facilitar o triunfo plebiscitario do Estatuto, pero cando menos evitabase un pronunciamento en contra; algo é algo.
     A campaña en contra do Estatuto foi ínfima. Os seus principais promotores foron Renovación Española, o Partido Radical de Pontevedra (876) e as organizacións dereitistas do Ferrol. Polo que fai ós tradicionalistas, a Comisión carlista de Ourense publicou un comunicado ordenando ós seus afiliados que se obstiveran de votar (877). A opción opositora moi rara vez se expresou dende tribunas públicas distintas da prensa. Refirámonos agora ó compartamento desta. Fixeron campaña entusiásticamente a favor do Estatuto: «El Pueblo Gallego», «El País» (de Pontevedra), «A Nosa Terra», «Heraldo de Galicia» , «La Zarpa», «Nuevo Heraldo» da Garda, «El Emigrado» da Estrada (878). «Vida Gallega», revista dirixida por Jaime Solá, que, sendo un tradicional «baluarte antigalleguista» (879) e propiciando un localismo viguista de vía estreita, rectificou declarándose no número de xuño favorable ó Estatuto. «La Voz de Galicia» otorgoulle un tratamento informativo aceptable, admitindo artigos de colaboración a prol do Estatuto (880). Coa excepción, pois, das mentadas publicacións as restantes optaron por non concederlle a menor importancia ó Estatuto (881). Temos un caso paradigmático desta actitude no xornal calvosotelista ourensán «Galicia», que non alude para nada ó referendum, xa non nas datas anteriores ó 28 de xuño, senon no propio domingo en que tivo lugar o plebiscito (882). O máis que en xeral fan é publicar pequenas notas informativas rexistrando someramente o movimento propagandístico; «El Compostelano», é un exemplo disto. O máis hostil ó Estatuto foi «El Ideal Gallego» que dudaba da capacidade de Galicia para autogobernarse e insertaba comentarios contrarios a autonomía (883). A prensa de Cataluña e o Pais Vasco publicou moitas referencias informativas e comentarios solidarios e emotivos. A de Madrid concedeulle tamén considerable atención, destacando en especial «El Sol», «La Voz», «Heraldo de Madrid», «Mundo Obrero», «El Socialista», «Política», «Claridad», «El Liberal» e «La Libertad». Non fallaron as notas disonantes de «ABC», «El Debate» e outros de matiz dereitista que fixeron o posible por restar importancia ó feito autonómico galego (884).
     Paremos a comentar os rasgos básicos da campaña plebiscitaria. A campaña tivo unha duración non moi dilatada (perto de vinte días) para evitar a fatiga dos votantes, pero unha envergadura insólita. O ritmo propagandístico foi medrando progresivamente até culminar na efervescencia final do domingo dia 28, no que non cesou a campaña. Os recursos empregados, tanto polo seu volume, como pola sua arnaxe, constituiu algo inédito na historia política de Galicia. En efecto, o esforzo propagandístico desplegado polo conxunto das forzas autonomistas, e das galeguistas singularmente (885), foi dunha intensidade descoñecida deica entón. Moitos deputados trasladáronse a Galicia, a petición do C.C. de A., para cooperar activamente na campaña (886). A apertura oficial tivo lugar brillantemente cun mitin unitario (do F.P.) celebrado o domingo día 7 simultáneamente nos teatros Rosalía Castro e Linares Rivas (887); os discursos pronunciados foron radiados polas emisoras da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense (888). As emisoras de radio prestaron unha importante cobertura propagandística ó longo de tódala campaña, e en especial nos derradeiros días, intensificando a sua laboura difusora, facendo duas sesións diarias e radiando toda clase de actos: noticias, conferencias (nas que se destacou D.G.), arengas, lecturas de traballos, versos patrióticos, etc. Altavoces emplazados nas ruas e cafés contribuiron a amplia-lo seu labor (889). Ó mitin da Coruña seguiron outros nas principais cidades: a mediar xuño en Ourense, Pontevedra, Ferrol (890) e Lugo (891); o domingo o 21 celebrouse un mitin en Vigo, en dous teatros simultáneamente (892) o xoves 25 outro na Alameda de Santiago (893) e na Coruña rematou a campaña cunha festa-mitin celebrada o víspora do plebiscito. Formáronse, ademais, equipos de oradores (nos que debemos destacar ós elementos das Mocedades Galeguistas (894)) que recorrían vilas e aldeas, en camionetas enfeitadas coa bandeira galega (e as veces tamén a republicana) e carteis autonómicos, dando mitins, que as vegadas improvisaban cando atopaban un grupo de persoas. Berraban, ademais, polos altavoces consignas autonomistas, espallaban propaganda e pegaban carteis. Aproveitaban, tamén, as numerosas festas que tiñan lugar no mes de San Xoan, e os establecementos públicos, para dar mitins-lostrego (895). Co gallo de facilita-los desplazamentos destes equipos os taxistas de Ourense prestaron gratuitamente os seus coches (896). Para dar unha idea do esforzo desplegado mencionemos o dato aportado polo «Comité de Ia zona de Santiago», segundo o cal, o domingo 21 na zona de Santiago celebráronse máis de 200 actos públicos con intervención de 700 oradores (897). Nestes mitins, como na propaganda porta a porta, tamén utilizada, os oradores aplicabanse a explica-Ias ventaxas do Estatuto (898). O C.C. de A. imprentou unha tirada dun millón de exemplares do Estatuto, que foron gratuitamente distribuidos; falábase de facer unha segunda edición, da que non temos noticias certas (899). Distribuíronse, ademais, distintas follas de propaganda, manifestos (de mestres, mozos (900), mulleres (901) e intelectuais) e papeletas de votación. Colocáronse letreiros luminosos en puntos estratéxicos das cidades, varios tipos de carteis murais (ilustrados por Castelao, Maside e Díaz Baliño (902)), e pancartas; aceras e paredes foron roturadas con slogans feitos con pintura. Moitos automóviles, tranvías, edificios públicos e escaparates locían bandeiras de Galicia (903). O que máis solpresa causou foi o emprego do cine e das avionetas. En efecto, duas avionetas sobrevoaron Galicia os dous últimos días guindando ó aire proclamas, estatutos e octavillas (904), e levando baixo das suas azas unha inscripción que rezaba: «Votad el Estatuto» (905). O longo da campaña recorreu Galicia un auto de cinemóvil que proxectaba duas copias dunha película autonomista, e no que viaxaban rapaces galeguistas que pronunciaban discursos nas vilas e pobos (906). Ademais, en moitos cines galegos, especialmente nos da empresa Fraga, pasáronse a cotío cristais con lendas alusivas á campaña plebiscitaria (907). No víspora do plebiscito, e especialmente na mañá do domingo, a actividade propagandística fixose febríl. Automóviles provistos de altavoces recorrían as cidades chamando a votar (908) e lanzando propaganda (909); as paredes dos edificios estaban literalmente empapeladas de carteis; as avionetas surcaban o ceo. En moitos lugares houbo festas populares, gran profusión de pancartas nas rúas e bandeiras galegas. Bandas de música tocaban aires da terra. En Lugo, na noite do sábado, alcendéronse fogueiras nos montes próximos á capital, convocando ó pobo a votar; nas primeiras horas do domingo fixéronse estalar gran cantidade de bombas de palenque (910). Isto mesmo reproducíuse noutras cidades e vilas (911). O alcalde de Vigo dictou un bando en galego chamando á poboación a votar (912). Na Coruña, bandas de música e gaiteros recorreron as ruas dende a primeira hora da mañá, e moitos barcos fixeron soar as sereas (913).
     Capítulo aparte merece a actuación solidaria e rexamente autonomista das sociedades de emigrantes galegos. En Barcelona constituíuse un «Comité Catalán pro Estatuto Galego», composto por galeguistas e catalanistas, da Esquerra primordialmente (914), que levou a cabo varias conferencias de divulgación do Estatuto. Outro tanto fixose en Madrid, onde destacou pola sua actividade organizadora Fermín Penzol (915). O comité pro-autonomía dou un mitin de afirmación galega no Teatro Alkazar, cedido gratuitamente polo empresario galego Isaac Fraga, ó que asistiu numerosísimo público (916). Antes de escomenza-lo acto recorreu as ruas madrileñas un coche coberto con gran profusión de bandeiras e carteis, distribuindo manifestos e octavillas. O rematar, organizouse unha manifestación que interrumpeu a ciculación do tráfico pola rua de Alcalá (917). Enviaron tamén mensaxes de adhesión grupos de galegos residentes en Bilbao, Lisboa e O Porto (918). En Bos Aires, reuníronse en asambleas numerosas sociedades galegas, entre as que figuraban as máis importantes: o «Centro Gallego» e a «Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales», que agrupaban en total a cento cincoenta mil asociados, acordando apoiar o plebiscito (919). Na capital do outro país riopratense, Montevideo, as institucións que encadraban ós galegos alí residentes, «Casa de Galicia», «Centro Gallego» e «Irmandade Galeguista», promoveron actos autonomistas e enviaron a Galicia comunicados e telegramas de apoio ó Estatuto (920). Amén de todo elo, tras da asamblea celebrada en Compostela o domingo 5 de xullo para computa-los votos contidos nas actas do plebiscito, tivo lugar as 4 do serán unha emisión radiada para América, con hinos e discursos de Luis Iglesias, Bóveda e Anxel Casal (921).
     No transcurso da campaña do plebiscito producíronse algúns incidentes entre membros do P.G. e militantes de partidos obreiros, en especial do comunista, que non transcenderon á opinión pública polo común interés en non aparecer divididos, nun momento en que se requería da-Ia sensación de completa unión na angueira autonómica. O máis que chegou a traslucirse na prensa foi que entre os lemas pintados nas paredes e aceras «No faltaban algunas U.H.P. y otros por el estilo» (922). En Santiago os militantes das xuventudes comunistas e socialistas largocaballeristas, incumplían as consignas acordadas unitariamente, poñendo as vegadas «U.R.S.S.», «U.H.P.», «Viva Rusia», etc. O P.G. entendía que isto equivalía a boicotear a autonomía, producíndose algún altercado cando os seus militantes chamaban a atención ós comunistas (923). Concretamente nunha destas rifas disparáronlle un tiro a un mozo galeguista alcumado «Chocas» (irmán de Sebastián González), ocasionándolle unha ferida de importancia (924). Os membros do P.G. tiveron en xeral poucas tiranteces cos socialistas, e nalgúns lugares as relacións foron francamente boas. Así e todo, en Lugo os galeguistas rexeitaron a colaboración tanto do P.C.E. como do P.S.O.E., pola sua tendencia a difundir consignas partidarias (925). En localidades como O Barco, os galeguistas quedaron descontentes «cos do Frente Popular, que sexa por considerar que o choio era da nosa excrusiva incumbencia, sexa pola sua aduanería, o caso é que nos deixaron completamente soios [...]» (926).
     Dous días antes da celebración do plebiscito o Goberno restableceu as garantías constitucionais en Galicia, continuando en suspenso no resto de España, con obxeto de que a votación se fixera con toda legalidade (927). A xornada plebiscitaria transcorríu seu incidentes, pero cunhas condicións meteorolóxicas máis ben malas: en diversos puntos, entre os que figuraban Vigo e Coruña, choveu a cachon a media mañá (928), o cal segundo recoñoce o xornal «Heraldo de Galicia» : «[...] hizo que faltase aquella animación externa que suele acompañar a estas manifestaciones» (929). Así pois, o tempo non axudou. O caso é que en opinión da prensa que non era afervoadamente autonomista, e segundo as mesmas fontes vivas (que axiña pasaremos a citar) fíxose notar máis ben pouca animación producida polo trasiego de votantes. Unha semana despois, o domingo 5 de xullo, facíanse públicos os resultados oficiais (930):


Censo de electores: 1.343.135
Número de votantes: 1.000.963 
Electores que votaron SI: 993.351
Idem que votaron NON: 6.161 
Idem en branco: 1.451
Quorum en toda Galicia: 895.423,32
Exceso de votos favorábles ó Estatuto: 97.927,68


     O triunfo non puido ser máis solprendente e espectacular dadas as tradicionais cifras de abstencionismo que adoitaban rexistrarse en Galicia. O que compre engadir o que se chamou «o plebiscito sentimental»: colonias de galegos de moitas partes de España, Portugal e América recolleron milleiros de firmas (somentes en Madrid, máis de trinta mil) remesando os pliegos ó C.C. de A. como testimuño do rexo sentimento autonomista da emigración galega (931). Noustante, existen monos indicios de que o plebiscito non se efectuou coa pureza democrática requerida. Cremos necesario recupera-Ia verdade histórica evitando caer no prurito de agachar vergonzantemente unha realidade ingrata, cousa que deica agora se ten feito por razóns que teñen moito que ver cos condicionamentos políticos, pero nada co respecto a fidelidade histórica.
     A cuestión non é só que á prensa anti-autonomista falase de pucheirazo, como fixo. Así «El Ideal Gallego» (932) presentou a información referente ás votacións plebiscitarias con numerosos espacios en branco por obra da censura, e no que puido, deu conta dun ambiente de considerable desánimo e parcas votacións (933). «El progreso» de Lugo e «La Región» de Ourense aludiron a que a xornada plebiscitaria estivo presidida polo abstencionismo, e o citado en segundo lugar comentaba: «Ias irregularidades y falsedades con que se preparó el plebiscito y que superan a Ias realizadas anteriormente» (934). Outro tanto dixeron os xornais madrileños «ABC», «El Debate» (935) e «Informaciones» (936). Pero dicíamos que non era só isto. «El Sol», que non tivera unha posición contraria o Estatuto, calificou o plebiscito como unha obra de técnicos no pucheirazo, dubidando que pasara do 10% o número real de votantes (937). De pouco serve que «El Pueblo Gallego» saise ó paso tachando de «maniobra burda y grosera» a presentación escandalosamente eivada da devandita información de «El Ideal Gallego», indignándose de paso co censor coruñés por permitirlle deixar elocuentes espacios en branco (938). E serve do pouco porque nós temos testimuños de que as cifras oficiais non reflexaban os votos realmente emitidos. Avelino Pousa Antelo (939) recoñeceu que nas cidades votou pouca xente, e que el mesmo votou duas veces; razona que o único xeito de supera-Ia barreira dos dous tercios foi dar un «santo pucheirazo». Sabemos tamén por fontes orais (940) que para da-Ia impresión de nutrida e entusiasta afluencia ás urnas de votación, houbo necesidade de que un grupo de galeguistas se puxesen en ringleira diante dalguns colexios electorais, tirando fotos que logo se publicaron na prensa (941). Temos ademais a cuestión das actas. Tivemos a oportunidade de consultar un feixe de copias delas (942), atopándonos con resultados tan increibles como os que a continuación facemos mención a mero título de exemplo, xa que o noso non é un estudo monográfico sobor do plebiscito:

Axuntamento  Dis./Sec. Censo Votantes Votan SI Votan NON
Avión Barroso 338 337 1
Avión San Xusto 506 500 2
Barbadáns  Sobrado 487 450 450 0
Barbadáns Piñor 528 528 528 0
Ramalongo Prada 533 533 500 0
O Bolo 2.º, 1.ª  568 560 560 0
O Bolo 2.º, 2.ª 587 580 580 0


     Por todo o que levamos dito consideramos que non é aceptable o alegato de Castelao (943), a tenor do cal:


«[...] o decreto que nos otorgou para celebrarmos a consulta eleitoral, concedía intervención a tódal-as Cámaras oficiaes, Colexios profesionaes, Asociacións patronaes e obreiras, así como institucións de cultura, etc., e que estas entidades podían dispoñer do Corpo notarial de toda Hespaña para que vixiaran a pureza do plebiscito, intervindo as mesas dos colexios. Este intervencionismo, autorgado esclusivamente a Galiza, pol-a xenerosa previsión do Goberno, non produxo reclamación ningunha. Podemos, pol-o tanto, agradecer a «xenerosidade» do Goberno, que nos permite proclamar, con testimonios legaes, a pureza do referendum galego a favor do Estatuto.» (944)


     Que no decreto se contemplase a posibilidade de que os distintos estamentos e entidades vixiaran a pureza das votacións, non quere decir que tiveran a obriga da facelo. De feito os sectores contrarios á autonomía, non quixeron exercer ese dereito, optando por unha actitude de pasiva inhibición.
     A efectos legais o Estatuto superou o trámite plebiscitario. somentes quedaba a discusión do proxecto no Parlamento, onde non se preveía que fora a haber dificultades dado o predominio que nel tiña o F.P. Castelao envióulle unha Carta a Bóveda encarecéndolle a urxencia de que enviasen o Estatuto ás Cortes no plazo máis breve posible, para que entrara en comisión xunto co vasco (945). Desbotado o proxecto de organizar un tren especial a Madrid para suliña-la solemnidade da entrega oficial do proxecto de Estatuto, en atención as graves circunstancias polas que atravesaba a vida pública española, o 16 de xullo unha comisión de deputados e persoeiros dos distintos partidos e institucións entregou o Estatuto ó presidente da Cámara, Martínez Barrio, pedíndolle que canto antes escomenzara a ser discutido (946). Lonxe estaban de supoñer que por mor do erguemento militar o texto non tomaría estado parlamentario atá a reunión de Cortes celebrada en Montserrat caseque dous anos despois (febreiro de 1938) (947).
     Para non deixar inconcluso o que narramos en anteriores apartados verbo das cuestións agraria e ferroviaria convirá que nos refiramos brevemente a elas.
     Xa víramos que a «Federación Agraria Provincial» presenta a Antón Alonso Ríos co candidato a deputado en febreriro de 1936, na lista pontevedresa do Frente Popular. Alonso Ríos foi elexido en sexto lugar, con 86.114 votos (948), convertíndose no portavoz dos agrarios esquerdistas de Pontevedra nos plenos da Cámara, nos que interveu repetidas vegadas, e asimesmo en activo valedor dos seus intereses, a prol dos cais levou a cabo innumerables xestións ante a Administración. Dispuña tamén a F.P.A. dun representante na xestora da Deputación provincial, Castro Estévez (949). Ambolos dous rendían periódicamente conta do seu labor nas asambleas da Federación.
     A F.P.A. seguía a estas alturas empeñada na reconstrucción das seccións que quedaran desartelladas na etapa do bienio conservador, e asimismo na percura da adhesión de novos sindicatos, conquerindo logros relativamente importantes neste doble cometido. O cal non ten nada de particular se temos en conta o xeneral avance rexistrado polas forzas de esquerda no seu conxunto e que naturalmente ten tamén a sua plasmación no eido agrario (950). Deste xeito, sabemos do ingreso na F.P.A. do Sindicato de Rebordáns (Tui) (951) do sindicato de agricultores de Etienza (Salcedo de Caselas), e alguns máis de Lugo, A Estrada, A Golada, Campo Lameiro, Silleda, etc. En total arredor duns vintecinco novos sindicatos (952). Ademais reestructuráronse as federacións de A Estrada (953) e Tui (954), e arbitráronse medidas para facer outro tanto coa de Lalín.
     Compre salientar o importante apoio prestado pola F.P.A. ós comités do Frente Popular na campaña do plebiscito do Estatuto, tendo representantes no C.C. de A. e no Comité provincial da zona na que operaba (Pontevedra) (955).
     Nos seis meses de goberno frentepopulista que vivíu Galicia, a problemática agraria atravesou por unha fase difícil, que nalgúns capítulos mesmo chegou a ser crítica. Para a F.P.A. a xestión gubernamental distou de ser satisfactoria e así o puxo de manifesto Alonso Ríos nas suas intervencións no Congreso (956). Laiábase o diputado agrarista da falla de proteccionismo da agricultura, gandería e da industria madereira galega. Ó non seren abolidos os tratados de importación de carne (de Uruguai e Arxentina), madeiras e outros productos (como os ovos), o productor padecía os rigores dunha baixa de precios xeneralizada, abundando as protestas pola irrentabilidade das explotacións (957). Tamén para os deputados do P.G. era unha laboura prioritaria conquerir a anulación dos Tratados co Uruguai e Arxentina (958), fracasando no empeño, a pesares dunha tentativa de coordinar a este respecto a presión dos agrarios galegos coa dos cerealistas e gandeiros cataláns (959). Polo que facía á riqueza forestal, e ó piñeiro concretamente, por ser «Ia caja de ahorros de Ia mayoría de nuestros pequeños campesinos», é mester sinalar que estaba enormemente depreciada, inducindo o paro nos aserradeiros (960). Alonso Ríos atopaba marcadamente discriminatorio que todos estes productos estivesen exentos de protección arancelaria, e que pola contra gozaran dela os trigos, arroces, sucres e demais productos da meseta e Levante (961).
     Sobor da cuestión da madeira, Alonso Ríos presentou un rogo ó Goberno, en maio de 1936 (962), solicitando que se impedisen os atrancos á introducción en Málaga de «tablilla» elaborada nos aserradeiros galegos, con destino ás caixas de envase das sonadas pasas. Resultaba que a industria do aserrío existente en Málaga, como non podía competir coa galega, tentou de que se prohibise a entrada desta polo porto malagueño e, ó non conquerilo, convenceu ós obreiros da C.N.T. para que se negaran a descarga-Ia. Este arbitrario ergumento de valados no mercado interior afectaba a 402 pequenas fábricas de madeira, espalladas polo territorio galego, que empregaban a perto, de seis mil traballadores (963). A pantasma do paro gravitaba sopor destes obreiros, e non era cativa cuestión, dado que o nivel de desemprego existente era, segundo os testimuños existentes, preocupantemente alto e así o sinalan Alonso Ríos e Suárez Picallo, pedindo solución ó Goberno, pola principal vía das obras públicas (964). Este problema estaba ademais acentuado pola crise pesqueira (965).
     A problemática dos foros seguiu estando viva. Dende logo o Goberno mantiña a prohibición —de conformidade coa base 22 da Lei de Reforma Agraria— de que se fixera efectivo o cobro dos foros de señorío (966), pero como sinalaba Santiso Girón, a República non acometeu decididamente a resolución do problema (967). O pagador de foros seguía tendo que demostrar o carácter señorial da renda, para poder quedar exento dela. Alonso Ríos pedíu nas Cortes que se arbitrara un procedimento inverso, é dicir que fora o cobrador quen tivese que demostrar que non eran de orixe señorial os seus foros. Reclamaba tamén que cando os pagadores interpuxeran recurso ante o «Instituto de Reforma Agraria», con vistas a que se declarasen os seus foros como de carácter señorial, os tribunais suspendesen todo trámite xudicial por cobro de foros, ata que resolvese o I.R.A. (968). Fora por falla de tempo ou de vontade política, o caso é que o problema foral quedou sen resolver. Outro tanto aconteceu cos arrendamentos rústicos, non obstante a prohibición dos deshaucios, establecida agora, que supuxeran un importante problema no bienio conservador (969).
     Para rematar, dous temas máis concentraban a atención do agrarismo galeguista: a desgravación da pequena propiedade rústica (970) e a libre importación de millo, que escaseaba e rexistraba cotizacións moi altas (971).
     Temos descrito así un panorama singularmente crúo e sombrío que tiña unha resultante dramática, tal como reiteradas vegadas salienta a prensa (972): «Hambre en el agro gallego» (973). Para resolver tan complexa problemática Alonso Ríos propuxo a primeiros de xullo no Parlamento, que o Goberno diseñase unha lei de reforma agraria aplicable ó minifundio (974).
     Polo que fai ás sociedades agrarias que se adheriron ó P.G. nesta etapa, somentes podemos engadir, ó xa dito noutro apartado (975), que o «Sindicato Católico Agrario de Ia Puebla del Caramiñal», acordou en abril de 1936 ingresar no P.G. (976).
     Refirámonos agora á construcción do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña. De entrada a situación mellorou notablemente. En efecto, a presencia de Casares Quioroga no ministerio de Obras públicas, dende febreiro até mediados de maio (que deixaría para ocupa-la presidencia hastra o 18 de xullo de 1936), serviu para que se libraran as cantidades precisas para a continuación das obras (977). De tódolos xeitos, os traballos levábanse a cabo con pouca rapidez (978).





NOTAS:


(765) O P.G. conqueriu un posto na candidatura de Ourense do F.P., gracias ás ordes dadas dende Madrid pola cúpula dos partidos coaligados ás súas organizacións provinciais. «El Partido Galleguista ante Ias elecciones»; H. de G., 3-II-1936, páx. 1.
(766) «Instruccións electoraes do Comité»; A.N.T., 7-II-1936, páx. 1; V. de G.; 29-I-1936, páx. 2 e 11-II-1936, páx. 5
(767) «Lugo»; E.P.G., 11-II-1936, páx. 10.
(768) A.N.T., 29-II-1936, pp. 1, 2, 3.
(768 bis) Así o confirma, a nivel de todo o Estado, o xeito de leva-Ia campaña, tal como o puxo de relevo Tusell, X., Las elecciones del Frente Popular, Madrid, 1971. T. I, pp. 177 e segts.
(769) A.N.T., 17-I-1936, páx. 3.
(770) Na prensa calvosotelista detallábase polo miudo esta visión maniquea: «¡Hay que elegir! Entre Ia Religión o el ateísmo; entre la paz y Ia revolución; entre Ia prosperidad o Ia ruina; entre el hogar o el amor libre; entre el espiritualismo o el materialismo; entre Ia unidad o separatismo; entre el orden o el caos; entre Ia ley o Ia dictadura del proletariado; entre Ia Patria o Ia antipatria; entre España o Rusia». Tirado do periódico ourensán Galicia, 9-II-1936, páx. 1.
(771) «Sada. Un gran mitin del Frente Popular»; E.P.G., 11-II-1936, páx. 11.
(772) Vide fragmento dun panfleo do P.G., atopado no seu arquivo.
(773) A.N.T., 29-II-1936, pp 1-3.
(774) Ibídem.
(775) A.N.T., 13-Ill-1936, pp. 1-4.
(776) Carta firmada por Prego, na Coruña a 16-VI-1936, aportando información sobor dos gastos das forzas de esquerda na campaña electoral de febreiro de 1936. Arquivo do P.G.
(777) Así, por exemplo, a «Irmandade Galeguista do Uruguai» remesou ó P.G. 500 pesetas, e o «Frente Unico Galeguista de Esquerdas», constituído pola O.N.R.G. e a F.S.G., 2.000 pesetas. «Fondo electoral»; A.N.T., 24-IV-1936, páx. 4, e «O exempro dos nosos irmáns emigrados»; A.N.T., 31-I-1936, páx. 4. Vide tamén «Fondo electoral»; A.N.T., 7-II-1936, páx. 4.
(778) A.N.T., 13-III-1936, pp. 1-4.
(779) E.P.G., 18-II-1936, páx. 11. «La Voz de Galicia», que era contraria á candidatura do F.P., sinalou que nalgúns colexios as esquerdas «volcaron el censo»; V. de G., 18-II-1936, páx. 5.
(780) «Las elecciones en Galicia»; E.P.G., 25-II-1936, páx. 7.
(781) A.N.T., 29-II-1936, pp. 1-3.
(782) Ibídem e E.P.G., 20-II-1936, páx. 14.
(783) «Las elecciones en Galicia»; E.P.G., 25-II-1936, páx. 7.
(784) «Varias suspensiones de votaciones. Lugo»; E.P.G., 18-1I-1936, páx. 11.
(785) «Lugo»; E.P.G., 23-II-1936, páx. 11.
(786) «Ourense. Protesta de Ios candidatos del Frente Popular»; E.P.G., 20-II-1936, páx. 10.
(787) A.N.T., 29-II-1936, pp. 1-3.
(788) Carta de Alexandre Bóveda a súa muller Amalia Alvarez Gallego; firmada en Madrid a 25-III-1936. Arquivo do P.G.
(789) Seco Serrano, Carlos,Op. cit., páx. 159.
(790) «Anulación das actas de Ourense»; A.N.T., 3-IV-1936, páx. 4.
(791) Colección de cartas enviadas por Bóveda a súa muller Amalia Alvarez Gallego; firmadas en Madrid a 27, 28, 30-III-1936. Arquivo do P.G. Vide tamén «As actas de Orense»; A.N.T., 10-IV-1936, páx. 2 e E.P.G., 4-IV-1936, páx. 6.
(792) A.N.T., 29-II-1936, pp. 1-3.
(793) Seco Serrano, Carlos, Op. cit., páx. 159.
(794) «A muller galega n-estas eleicións»; A.N.T., 29-II-1936, páx. 1.
(795) «O P.G. ao País Galego»; A.N. T., 29-II-1936, páx. 1.
(796) A.N.T., 29-II-1936, pp. 3 e 6.
(797) «Nota política. Lentitud excesiva»; A.N.T., 7-III-1936, páx. 2.
(798) A.N.T., 7-III-1936, páx. 1.
(799) «Unha importante xuntanza do noso Consello Nacional»; A.N.T., 13-III-1936, pp. 1 e 4. Tamén E.P.G., 11-III-1936, páx. 5.
(800) Ibídem. A.N.T., 13-III-1936, pp. 1 e 4.
(801) «El Comité del Frente Popular de Izquierdas»; E.P.G., 27-I11-1936, páx. 9.
(802) Carta do Comité C. de Pontevedra do F.P. Arquivo do P.G.
(803) «As eleicións municipais»; A.N.T., 20-III-1936, páx. 4.
(804) «Asamblea del Partido Galleguista»; E.P.G., 27-III-1936, páx. 9; 31-III-1936, Madrid, páx. 14; 2-IV-1936, páx. 14.
(805) «Vigo quiere alcalde»; E.P.G., 31-III-1936, páx. l. Panfleto da colección particular de Fernando Villamarín; Vigo.
(806) «Quedan suspendidas Ias anunciadas elecciones municipales»; E.P.G., 5-IV-1936, páx. 7.
(807) A.N.T., 24-II-1934 e «Terra!», 23-IV-1933, páx. 4.
(808) A.N.T., 2-III-1935, páx. 2.
(809) A.B. «Cara a unha Galicia autónoma»; A.N.T., 22-V-1936, páx. 3.
(810) A.N.T., 8-V-1936, páx. 2. «Celanova»; E.P.G., 31-III-1936, páx. 15.
(811) «Alcaldes galeguistas» ; A.N.T., 13-III-1936, páx. 3.
(812) A.N.T., da etapa de Bos Aires, XI-1972, páx. 4.
(813) Declaracións de Ramón Piñeiro, Santiago, 22-VIII-1980.
(814) La Voz de Galicia, 21-I-1981, páx. 39.
(815) Así o fai, por exemplo, Del Riego. «Proeles. Crisis de Estado»; A.N.T., 3-IV-1936, páx. 1.
(816) En «Novos tempos republicáns»; A.N.T., 10-IV-1936, páx. 4.
(817) «Circular da Segredaría Política»; A.N.T., 17-IV-1936, páx. 2.
(818) «Importante xuntanza do Consello do Partido»; A.N.T., 8-V-1936, páx. 2.
(819) Declaracións de Ramón Piñeiro, Santiago 4-IX-1981.
(820) A.N.T., 15-V-1936.
(821) Vide A.N.T., 3-IV-1936, páx. 1; 17-IV-1936, páx. 2; 1-V-1936, páx. 4; 15-V-1936, páx. 4.
(822) Precisamente por estas datas, Agustín Baladrón publicou, tamén na «Tribuna Libre», un artigo abogando por un galeguismo marxista e revolucionario. A.B. «Tribuna Libre. Cara unha nova Galicia»; A.N.T., 3-IV-1936, páx. 2.
(823) O.P., «Tribuna Libre. Os signos das revolucións»; A.N.T., 1-V-1936, páx. 4.
(824) Apostilla de Víctor Casas, situada ó pé do artigo de Otero Pedrayo, «Tribuna Libre. sobor de unha «Preocupación» e de moitas «despreocupacións»; A.N.T., 17-IV-1936, páx. 4.
(825) Víctor Casas, «Tribuna Libre. Unha preocupación»; A.N.T., 10-IV-1936, páx. 1.
(826) Víctor Casas, «Do Momento»; A.N.T., 17-IV-1936, páx. 1.
(827) Ibídem.
(828) «En Compostela. La Corporación municipal dimite colectivamente»; E.P.G., 10-VII-1936, páx. 9.
(829) «A dimisión do irmán Casal»; A.N.T., 10-VII-1936, páx. 1.
(830) «Por unha vegada. Para alusións torpes»; A.N.T., 5-VI- 1936, páx. 1.
(831) «Ha dimitido el alcalde Sr. Casal»; E.P.G., 9-VII-1936, páx. 10.
(832) A.N.T., 17-VII-1936.
(833) Ibídem.
(834) Ibídem.
(835) «Unha importante xuntanza do noso Consello Nacional»; A.N.T., 13-III-1936, pp. 1 e 4.
(836) «El Frente Popular de Izquierdas continuará constituído para plebiscitar el Estatuto de Galicia»; E.P.G., 28-II-1936, páx. 1.
(837) «Cara o Plebiscito»; A.N.T., 24-IV-1936.
(838) «Hacia el Estatuto Gallego»; E.P.G., 7-V-1936, páx. 1.
(839) «La Diputación de Pontevedra, autonomista»; E.P.G., 5-V-1936, páx. 1.
(840) A.N.T., 1-V-1936; «Dous acordos do Consello», A.N.T., 8-V-1936, páx. 1.
(841) «El Plebiscito del Estatuto Gallego»; E.P.G., 8-V-1936, páx. 14.
(842) «Importante xuntanza do Consello do Partido»; A.N.T., 8-V-1936, páx. 2.
(843) «La autonomía de Galicia»; E.P.G., 10-V-1936, páx. 7.
(844) «El Estatuto de Galicia»; E.P.G., 13-V-1936, páx. 1.
(845) «Una jornada autonomista»; E.P.G., 19-V-1936, páx. 1.
(846) Ibídem.
(847) «Galicia por su autonomía»; E.P.G., 19-V-1936, páx. 11.
(848) «Acuerdos de Ia reunión celebrada ayer en Compostela»; E.P.G., 16-V-1936, páx. 1. A maior abondamento, «A.N.T.» comentando a xuntanza das Camaras da Propiedade de Galicia, dí que imperou nela un clima de rexeitamento do Estatuto e de preocupación pola unidade de España. Sopesado o respaldo que tiñan os valedores da autonomía acordaron non opoñerse por prudencia, pero inhibindose da propaganda. «Estetoscopio»; A.N.T., 22-V-1936, páx. 4.
(849) «Cara o Plebiscito»; A.N.T., 22-V-1936, páx. 1. E.P.G., 19-V-1936, páx. 11.
(850) Este Congreso, reunido en Vigo, acordou apoia-lo triunfo do plebiscito. «Cara o Plebiscito»; A.N.T., 29-V-1936, páx. 1.
(850 bis) «La Asamblea del domingo en Santiago para señalar Ia fecha del plebiscito del Estatuto»; La Región, 20-V-1936, páx. 3.
(851) «Preparando el plebiscito»; E.P.G., 21-V-1936, páx. 16.
(852) «Galicia por su autonomía»; E.P.G.; 22-V-1936, páx. 1.
(853) Vide apartado referente a «Dereita Galeguista». Ampliando un pouco a información, digamos que na xuntanza na que se discutiu a composición do Comité, o representante do «Partido Centrista», Fernando Ramos, o da Cámara de Comercio, o de Acción Popular, e o do «Partido Agrario Español», Ramón Varela, amosáronse identificados co Estatuto e ofreceron a colaboración necesaria. O Partido Comunista foi o principal opositor a pretensión de D.G. e do P.A.E. de converti-Ia loita polo Estatuto nunha cuestión neutral, de interés común, que debería comportar unha propaganda da que debería estar ausente calquera matiz partidario. Para elo deberían formar parte do Comité provincial non só os compoñentes do F.P. senon tódolos autonomistas, o cal equivalía a esluir o carácter frente-populista do referendum autonómico, cousa que ó P.C.E. resultáballe inaceptable, polo que amenazou con retirarse. Tampouco aceptou a fórmula proposta por Ramón Varela (P.A.E), e apoiada por I.R., de que foran as duas polas do galeguismo, P.G. e D.G., as que levasen a dirección da propaganda, en razón de teren sido os primeiros en acertar a sentir a inquedanza autonomista. O cabo, constituiuse ura Comité de propaganda formado só polo F.P. «Orense. Hacia Ia autonomía de Galicia»; E.P.G., 2-VI-1936, páx. 14. Máis detalles recolle La Región, 2-VI-1936, páx. 3.
(854) «Ante el plebiscito. Comités locales»; E.P.G., 5-VI-1936, páx. última.
(855) «Pontevedra. Para plebiscitar el Estatuto»; E.P.G., 28-V-1936, páx. 13.
(856) «Lugo. Constitución del Comité de Propaganda del Estatuto»; E.P.G., 29-V-1936, páx. 15.
(857) «Lugo. Por Ia autonomía de Galicia»; E.P.G., 30-V-1936, páx. 12.
(858) «Reunión de representaciones sobre Ia propaganda...»; E.P.G., 3-VI-1936, páx. 10.
(859) E.P.G., 2-VI-1936, pp. 1 e última.
(860) A. Bóveda, «Circular aos Grupos. Encol do Plebiscito»; A.N.T., 29-V-1936, páx. 2.
(861) «Propaganda autonomista»; E.P.G., 28-V-1936, páx. 2. «Lugo»; E.P.G., 2-VI-1936, páx. 13.
(862) «Nota política». Manuscrito de Bóveda, s.d. Arquivo do P:G.
(863) Fausto Brand, «O Inmediato» á A.N.T., 29-II-1936, páx. 6. O editorialista de La Región tamén cuestionaba o interés do Frente Popular —exceptuando o P.G.— pola autonomía. «El Plebiscito de mañana», La Región; 27-VI-1936, páx. 1.
(864) Como, ó noso xuicio con imprecisión, fai Afonso Bozzo. Op. cit., pp. 353-354.
(865) Para unha mostra disto vide o manifesto das sociedades agrarias da provincia de Lugo a prol do Estatuto. «Os partidos políticos»; A.N.T., 19-VI-1936, páx. 3
(866) «Por el Estatuto»; E.P.G., 26-VI-1936, páx. 4.
(867) E.P.G., 18-VI-1936, páx. 14.
(868) De feito na prensa maniféstanse voces dicindo tanto que a gran maioría do maxisterio estaba a favor do Estatuto, como que se pronunciaba maioritariamente en contra, o que nos induce a pensar que habería de todo. P. Aran Trillo, «El magisterio y Ia autonomía»; E.P.G., 10-VI-1936, páx. 4.
(869) Eu, «Vieiros»; A.N.T., 29-V-1936, páx. 4.
(870) «Unha posición crara»; A.N.T., 10-VII-1936, páx. 3. Vide tamén A.N.T., 17-VII-1936.
(871) «Los diputados gallegos de derecha explican su inhibición ante el Estatuto regional»; El Ideal Gallego, 24-VI-1936, páx. 4.
(872) «Ante el plebiscito. Dice Ia Unión Regional de Derechas»; La Voz de Galicia, 26-VI-1936.
(872 bis) O diario ourensán «La Región» que fai un chamamento á abstención no plebiscito, non aceptando o Estatuto máis por quen o postulaba que polo que representaba, afirma que os sectores contrarios á autonomía víronse imposibilitados de facer propaganda en contra. «El Plebiscito de mañana»; La Región, 27-VI-1936, páx. 1.
(873) «La Junta de Defensa de Madrid contra el Estatuto de Galicia»; El Ideal Gallego, 21-VI-1936, páx. 4.
(874) «Que los que opinan en sentido contrario al mencionado grupo, sea por pasividad, sea por convicción de que sus votos han de ser omitidos o falseados al celebrarse el plebiscito, sea porque Ias circunstancias actuales de amordazamiento no les consienten hacer campañas opuestas, se encuentran en una situación de superioridad, en cuanto al número, pero de inferioridad era lo que se refiere a Ia libertad de actuación, de exteriorizar el propio criterio que en su mayoría no participa de unos propósitos engañosos que con procedimientos engañosos se están dando a Ia publicidad». Ibíd.
(875) «Los partidos políticos de Lugo»; La Voz de Galicia, 27-XI-1936, páx. 2.
(876) V. «Fenestra»; A.N.T., 10-VII-1936, páx. 2. «Una nota de los radicales de Pontevedra contra el Estatuto», E.I.G., 28-VI-1936, páx. 4.
(877) «Los tradicionalistas se abstienen»; El Ideal Gallego, 27-VI-1936, páx. 36.
(878) «Resume da xornada plebiscitaria. A prensa galega»; A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4.
(879) «Nunca es tarde...»; E.P.G., 26-VI-1936, páx. 1.
(880) A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4 e «La prensa indiferente»; E.P.G., 27-VI-1936, páx. 1.
(881) Así o recoñecía E.P.G., 28-VI-1936. J.C., «Temas Gallegos»; E.P.G., 27-VI-1936, páx. 12.
(882) Pódense consultar os números deste periódico correspondentes ás indicadas datas na Biblioteca Provincial de Ourense.
(883) Solovio, «Estetoscopio»; A.N.T., 10-VII-1936, páx. 4.
(884) «Resume... A prensa de fora»; A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4.
(885) Vide as instruccións dadas polo P.G. ós seus militantes. «Para os Grupos»; A.N.T., 12-VI-1936, páx. 4.
(886) «El plebiscito del Estatuto Gallego»; E.P.G., 2-VI-1936, páx. 16.
(887) E.P.G., 9-VI-1936, pp. 1-2.
(888) «La Coruña»; E.P.G., 5-VI-1936, páx. 11.
(889) «Resume da xornada plebiscitaria. Propaganda radiada», A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4.
(890) E.P.G., 14-VI-1936, páx. 1 e 16-VI-1936, pp. l-2.
(891) E.P.G., 12-VI-7936, páx. 9.
(892) E.P.G., 23-VI-1936, páx. l.
(893) E.I.G., 24-VI-1936, páx. 7.
(894) «En Compostela»; E.P.G., 18-VI-1936, páx. 14.
(895) «Ayer se incrementó extraordinariamente en Ia Coruña Ia propaganda»; E.I.G., 27-VI-1936, pás. 4 e 28-VI-1936, páx. 4. E.P.G., 19-VI-1936, páx. 2.
(896) «Comité Ejecutivo. Hacia Ia autonomía»; H. de G., 22-VI-1936, páx. 3.
(897) «El día 27, mitines relámpago; E.l.G., 24-VI-1936, páx. 7.
(898) «Cara o Plebiscito»; A.N.T., 5-VI-1936, páx. 1. Vide unha mostra disto en H. de G., 29-VI-1936, páx. 2.
(899) «Propaganda del Estauto»; E.P.G., 30-V-1936, páx. 16.
(900) «Galicia por su autonomía» ; E.P.G., 14-VI-1936, páx. 2.
(901) «Galicia por su autonomía» ; E.P.G., 19-VI-1936, páx. 2.
(902) «La campaña autonomista»; E.I.G., 21-VI-1936, páx. 3. «La campaña en Vigo»; E.P.G., 27-VI-1936, páx. 1.
(903) E.I.G., 27-VI-1936, páx. 4.
(904) «Galicia por su autonomía»; E.P.G., 26-VI-1936, páx. 2.
(905) «Ayer se multiplicó...»; E.I.G., 28-VI-1936, páx. 4.
(906) «Outras propagandas»; A.N.T., 12-VI-1936, páx. 4. «Ante el plebiscito»; E.P.G., 13-VI-1936, páx. 10 e 12-VI-1936, páx. 12.
(907) «Propaganda no cine»; A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4, «Noticias varias»; E.P.G., 19-VII-1936, páx. 2.
(908) «Monforte. El plebiscito del domingo»; E.P.G., 30-VI-1936, páx. 14.
(909) «La jornada plebiscitaria en toda Galicia»; E.P.G., 30-VI-1936, páx. 2.
(910) Ibídem.
(911) «Resume da xornada plebiscitaria»; A.N.T., 4-VII-1936.
(912) «Bando de Ia alcaldía de Vigo»; E.P.G., 28-VI-1936, páx. 16.
(913) «La campaña estatutista en La Coruña»; E.P.G., 27-VI-1936, páx. 8.
(914) «Comité Catalán pro Estatuto Gallego»; E.P.G., 6-VI-1936, páx. 5. «Catalunya e o noso Estatuto»; A.N.T., 12-VI-1936, páx. 4.
(915) Ramón Piñeiro, «A Fundación Penzol»; folleto intitulado Galicia 1950-1980, Galaxia 1980, páx. 19.
(916) «Acto pro autonomía en Madrid»; E.I.G., 23-VI-1936, páx. 4.
(917) E.P.G., 19-VI-1936, páx. 2.
(918) «Varios mensajes»; E.P.G., 28-VI-7936, páx. 4.
(919) «Cable recibido de Ias sociedades gallegas sudamericanas»; E.P.G., 18-VI-1936, páx. 14.
(920) «Irmandade Galeguista» de Uruguay publica un «manifiesto»; E.I.G., 26-VI-1936, páx. 4. «Los de Montevideo, autonomistas»; E.P.G., 14-VI-1936, páx.
(921) «Gran entusiasmo en la Asamblea...»; E.P.G., 7-VII-7936, páx. 1.
(922) «Santiago»; E.I.G., 26-VI-1936, páx. 4.
(923) Declaracións de Avelino Pousa Antelo (Santiago, 30-VIII-1980). Entendemos que o testimuño de Pousa Antelo ten un inestimáble valor, por ter sido el un dos máis activos propagandistas nesta campaña, do cal existe fidel reflexo nas mencións que se fan del na prensa diaria destas datas.
(924) Declaracións de Manoel Beiras (Santiago 1-XI-1980).
(925) Declaracións de outro testigo de excepción, Ramón Piñeiro, Santiago, 22-V-1978.
(926) Carta do galeguista Edmundo García Núñez a Bóveda; firmada en O Barco a 29-VI-1936. Arquivo do P.G.
(927) A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4.
(928) «Información de Ia jornada plebiscitaria»; H. de G., 29-VI-1936, páx. 2, «En La Coruña»; E.P.G., 30-VI-1936, páx. 2.
(929) H. de G., cit. supra.
(930) E.P.G., 7-VII-1936, páx. 1. A.N.T., 10-VII-1936, páx. 1. El Compostelano, 2, 4, 6-VII-1936, pp. 1-2.
(931) «O plebiscito "sentimental"»; A.N.T., 4-VII-1936, páx. 4.
(932) E.I.G., 30-VI-1936, páx. 4.
(933) En son de chanza dicía «E.I.G.»: «¿Hay quién sepa en que se parecen Ios globitos soltados en Ia fiesta estatutista del Relleno a Ios datos numéricos del Estatuto...? Pues en que hay que "hincharlos" para que suban». Cit. por E.I.G., 22-XII-1980, pp. 16-17.
(934) Fala de farsa descarada, precisando que «No se debió de recargar tanto Ia mano por el buen parecer, por no dar escándalo». «La jornada gallega del domingo». La Región, 30-VI-1936, páx. 1.
(935) E.I.G., 22-XII-1980, pp. 16-17.
(936) E.I.G., 30-VI-1936, páx. última, reproduce o comentario de «Informaciones».
(937) Deste comentario faise eco, para rebatilo, A.N.T., 17-VII-1936.
(938) «La República, Ia censura y Ia prensa. ¿Hasta cuándo tanta insolencia?»; E.P.G., 1-VII-1936, páx. 1.
(939) Declaracións de Avelino Pousa Antelo, Santiago 30-VIII-1980.
(940) Declaracións de Xaime Villar Chao, Coruña 26-VIII-1980.
(941) «El Pueblo Gallego» publicou algunha destas fotos que nós reproducimos no Anexo de Ilustracións. Vide p. e. E.P.G., 30-VI-1936, páx. 1. E tamén sospeitoso que este periódico, tan favorable ó Estatuto como pródigo en informacións a este respecto, dera relativamente poucas informacións de corresponsais verbo do resultado do plebiscito nas distintas localidades.
(942) Consérvanse no Arquivo do P.G.
(943) Rodríguez Castelao, Alfonso, Sempre en Galiza, 5."ed. Buenos Aires 1976, pp. 80, 83, 84.
(944) Ibídem, pp. 83-84.
(945) Carta manuscrita de Castelao a Bóveda, s.d., pero situable en xullo de 1936. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 13).
(946) «El Estatuto en Galicia»; E.P.G., 17-VII-1936, páx. 5.
(947) Vide sobor disto Zubillaga Barrera, Carlos A. El problema nacional de Galicia, Montevideo 1974, pp. 119-129.
(948) «Las elecciones en Galicia»; E.P.G., 25-II-1936, páx. 7. Compre sinalar que Alonso Ríos ostentaba a representación da «Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales» de Pontevedra, ademais da F.P.A. A.N.T., 24-IV-1936, páx. 2.
(949) «Federación Provincial Agraria»; E.P.G., 7-VII-1936, páx. 2.
(950) E singularmente destacable o auxe do agrarismo vencellado ó Partido Comunista. Así, en Ourense constituiuse en abril de 1936 a «Federación Provincial Campesina», integrada por 52 organizacións a presidida por Benigno Alvarez. «Orense. Se constituye Ia Federación Provincial Campesina»; E.P.G., 9-IV-1936, páx. 10. «Ríos (Orense)»; E.P.G., 8-VII-1936, páx. 10.
(951) Viña de convertirse de sociedade en sindicato. Tiña 50 asociados e dispuña dun capital de duas mil pesetas. «Federación Provincial Agraria»; E.P.G., 28-X-1936, páx. 2.
(952) «Federación Provincial Agraria»; 21-IV-1936, páx. 3 e 7-VII-1936, páx. 2.
(953) «F.P.A. Revivencia de Ia Federación de Ia Estrada»; E.P.G., 16-V-1936, páx. 2.
(954) «Federación Provincial Agraria»; E.P.G., 2-VI-1936, páx. 2.
(955) F.P.A.; E.P.G., 2-VI-1936, páx. 2 e 7-VI-1936, páx. 5.
(956) E.P.G., 22-IV-1936, páx. 11; 13-V-1936, páx. 14; 7-VII-1936, páx. 2.
(957) «Sada. La angustiosa situación del agro y del mar»; E.P.G., 7-VII-1936, páx. 12.
(958) A.N.T., 27-III-1936, páx. 1. O asunto o expuso Suárez Picallo no Parlamento a mediar xullo de 1936. «Actuación dos diputados galeguistas»; A.N.T., 17-VII-1936, páx. 2.
(959) «Gestiones de los diputados gallegos»; E.P.G., 10-IV-1936, páx. 8.
(960) «Actuación dos diputados galeguistas. O probrema das madeiras»; A.N.T., 17-VII-1936, páx. 2.
(961) «Alonso Ríos en el Congreso»; E.P.G., 22-IV-1936, páx. 11.
(962) «Galicia y sus problemas vitales»; E.P.G., 13-V-1936, páx. 14.
(963) «El problema de nuestras maderas»; E.P.G., 19-IV-1936, páx. 1.
(964) «Las causas del malestar económico de España»; E.P.G., 7-VII-1936, páx. 2. «Gestiones de los diputados gallegos»; E.P.G., 10-IV-1936, páx. 8. A.N.T., 17-VII-1936, páx. 2.
(965) A crise da industria pesqueira foi motivada pola caída en picado da cotización da sardiña, que empobreceu a mariñeiros e armadores —provocando a paralización de parte da flora— e repercutiu ademais na industria conserveira. A causa eran os excedentes debidos á falla de mercados. Como solución provisional pedíase un precio mínimo que resultara remunerador. O alcalde galeguista de Bueu, Xohan Carballeira, desempeñou un importante papel nas tentativas que se fixeron para acadar algún tipo de solución. Juan Carballeria, «La revalorización del pescado»; E.P.G., 30-V-1936, páx. 16. En xeral nos meses de abril, maio e xuño de 1936 os correspondentes números de E.P.G. conceden unha gran importancia ó tema.
(966) «Nota política. Lentitud excesiva»; A.N.T., 7-111-1936, páx. 2.
(967) L. Santiso Girón, «Proyecciones. Los foros»; E.P.G., 18-IV-1936, páx. 1.
(968) «Los problemas gallegos en el Parlamento»; E.P.G., 11-VII-1936, páx. 2.
(969) A.N.T, 7-III-1936, páx. 2.
(970) «Federación Provincial Agraria»; E.P.G., 17-VI-1936, páx. 3.
(971) «Actuación dos diputados galeguistas. O problema do mainzo»; A.N.T., 17VII-1936, páx. 2.
(972) Juan Carballeira, «Hambre en Ia veiramar»; E.P.G., 5-V-1936, páx. 1.
(973) Editorial de E.P.G., 28-III-1936, páx. 1.
(974) E.P.G., 7-VII-1936, páx. 2.
(975) Vide apartado correspondente a «Organización do P.G.».
(976) Dispoñemos da acta na que se tomou dito acordo, amablemente facilitada por Alberto Martínez. «Legajo de Asociaciones Sindicales Obreras», letra P., Gobierno Civil» da Coruña. Vide tamén A.N.T, 15-V-1936.
(977) A.N.T., 7-III-1936. «Notas de ampliación al Consejo de ministros»; E.P.G., 3-V-1936, páx. 10.
(978) «El problema del transporte férreo»; E.P.G., 10-VI-1936, páx. 1.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega