Benqueridos amigos:
Sempre que non é posible estar presente cando
se van poñer en contacto dous amigos que aínda non son tal entre eles,
hai que lle dar, polo menos a un, unha carta de presentación. Ei-la que
che presenta a ti, amigo meu, esta noveliña, filla miña.
Quero que saibas que a debes tomar como o que
debera ser sempre a lectura: unha aventura na que te mergullar sen medo,
en moitas cousas eivada e incompleta, como somos todos e tódalas nosas
obras. Pero tamén sei que podes completala coa túa imaxinación, e
daquela será obra dos dous: túa e miña.
Un libro é algo vivo, que, nas túas mans e
baixo os teus ollos, manifestará esa vida e moverase. Por iso algunhas
veces terás que volver follas para atrás, e consultar de novo certas
cousas, que, xa adrede, as deixei sen completar. Desa maneira ti
participarás na solución deste misterio, analizando as pistas e dándolles
solución.
No tocante ós protagonistas, non dou tampouco
moitos detalles de como son físicamente, porque non era preciso, xa que
ti sabes perfectamente como es e eles son coma ti. Direi máis, un deles
es ti mesmo.
Unha aperta. |