Xa
polo camiño da escola falaran algo Cristina e mais Pedro, pero para que
estiveran todos presentes na conversa, quedaron en facelo no recreo máis polo miúdo. Era o penúltimo día de escola e seguramente terían
un recreo máis longo do común.
Efectivamente, no recreo xuntáronse os cinco
nas escaleiras de acceso ó comedor, que neste tempo, no que xa non
había escola pola tarde, non viña ninguén por alí.
Non había ninguén, podes estar ben segura
de que non deixamos de olla-lo lousado e o adro, e alí non entrou nin
saíu ninguén ?esta a dicir Pedro.
Pois sería que chegou antes e estivo
escondido ata que vos fostes.
Non pode serdixo
Delio. Porque nós
procuramos dentro da igrexa e todo, e non había ninguén.
¿Entrastes dentro da igrexa, Pedro?
Entramos. Pola fiestra da sacristia pódese
entrar. Rexistramos todo, eu mesmo subín ata o campanario e non había
persoa nin cousa ningunha fóra das que era normal que houbese.
Eu
rexistrei os dous confesionarios e tampouco vin nada mentiu Delio.
Cristina quedou calada e pensativa. Non ollaba
para ningún dos seus amigos, tiña a vista fixa nos montes que se vían
ó lonxe.
Entón é
certo que o reloxio está avariado e por iso xa non tocou hoxe en toda a
mañá dixo Miguel como se acabase de dar coa solución do caso.
Non,
Miguel, non... negou Cristina. O reloxio non tocou hoxe en toda a
mañá porque veu o reloxeiro para revisalo. Ata falan de lle cambia-la
maquinaria, por eso hoxe non veu Xes á nosa clase. Díxoo o de
"mate". Pero eu sigo a pensar que están equivocados... O
reloxio está ben e aquí pasa algo raro. Despois pola tarde xa
falaremos, vide pola nosa casa despois de xantar. Agora eu voume, que teño que ir á biblioteca para recolle-los libros que pedín para ler
no verán.
Agarda,
que a min non me van deixar ir mesmo ó remata-lo xantar. Teño que Ile
axudar a miña nai lamentouse Elisa.
Pois vés
ó acabar. Xa che contaremos.
Cristina
dixo isto cando xa se estaba a poñer de pé para se dirixir ó interior
do edificio escolar. Os máis tamén se foron cada un por un lado, agás
Pedro, que deu unha carreiriña e púxose á par de Cristina.
Agarda,
que vou contigo.
Ten
coidado, Pedro, que despois Miguel vaillo contar á miña nai e ela fai
que non lle dá importancia, pero cada vez que vou saír da casa, sempre
se presenta algo que facer.
Miguel
saíu coma un foguete camiño do campo pequeno onde están os seus compañeiros xogando.
Agora mesmo pouco lle importa onde andamos ti e
mais eu.
Entraron os
dous xuntos e foron dereitos á biblioteca. Alí había unha fila de
nenos que estaban a recoIler libros para ler nas vacacións. Cada rapaz
déralle ó seu tutor unha lista cos títulos que lle interesaban, e el
encargábase de preparalos, sustituíndo os que non quedaban xa, por
outros que a el lle parecese que estaban en consoancia cos gostos que o
rapaz manifestara na lista.
Chegoulle o
turno a Cristina e colleu cinco dos seis libros que pedira, o outro
tería que lelo cando o rematase Celia do Muíño, que tamén o pedira.
Foise Cristina e Pedro quedou alí para que lle desen os del.
Cando os
rapaces saían da escola, tamén a furgoneta do reloxeiro chegaba ó
cruce, onde tiña que parar porque había un sinal de "stop". A
primeira en velo foi Elisa, que lle berrou a Cristina para que se dese
conta. Cristina achegouse á porta do auto e preguntoulle ó reloxeiro:
¿Que
tiña
o reloxio?
Nada. Eu
estou seguro que non tiña nada. Pero agora queda unha maquinaria nova,
porque o crego e outros dous que había alí, teimaron que era mellor
cambiala. Se agora volve a tolear, a min que non me chamen, que non é
cousa miña.
Arredouse
Cristina da porta da furgoneta que arrincou levando dentro de si a
maquinaria do reloxio, que para a rapaza, coma para o reloxeiro, non tiña culpa ningunha do que estaba a pasar en Eiranova.
Cando se
instalara o primeiro reloxio, todos comprobaron a cada hora a cada
media, se andaba ben ou non. Agora con este, o que facían era conta-lo
número de badaladas que daba a cada hora, por ver se daba algunha de
máis ou de menos. Este tamén funcionaba ben, e de cada hora daba as
badaladas correspondentes e xustas. Amais tamén era exacto no intre de
dalas, nin adiantaba nin atrasaba.
Xes estivera
toda a mañá co reloxeiro no campanario mentres lle cambiara a
maquinaria ó reloxio. Non perdera nin un dos manexos que home fixera,
ó tempo que lle facía todas cantas preguntas se lle ocorrían. Era, o
crego, amigo de aprender, pero neste caso as preguntas case todas
estaban relacionadas coa parte da maquinaria do reloxio que ten por
misión facer toca-la campá a unha hora determinada.
As
explicacións que o reloxeiro lle deu, convencérono case totalmente da
imposibilidade de que puidese haber unha avaría tan extraña. A
calquera hora do día podía o reloxio dar unha badalada de máis por
avaría agás ás doce, e, claro está, moito menos ás doce da noite en
concreto.
Tal e como
quedaran os rapaces, despois de xantar foron chegando á porta da casa
de Cristina e Miguel: O primeiro en chegar foi Pedro. Pouco despois veu
Elisa, que chegara con súa nai ó acordo de deixar para máis tarde o
labor que lle encomendara. O último en aparecer foi Delio, e todos se
deron conta de que era porque sempre fora un tardón no tocante a acabar
de comer.
Cando
chegaron, Cristina estaba a follea-los libros que collera na biblioteca.
Daquela estaba a lle pasalas follas a "Xente de aquí e de
acolá" de Álvaro Cunqueiro, e de súpeto caíu del unha folla
dobrada, que Pedro apañou e lle entregou á rapaza. Cristina desdobrouna
e case inmediatamente exclamou:
¡Fixádevos que hai
aquí!
Era unha folla de papel na que estaban pegadas letras de distinto tipo, formando
palabras.
¿Que é
isto? preguntou Miguel.
Non sei respondeu
Cristina. Un papel que había aquí, dentro deste libro.
Pasóulle-lo
papel ós outros para que o fosen lendo, mentres ela seguía a follear
no libro.
Eu non
entendo nada. ¿Que quere dicir isto? estrañouse Elisa.
Delio colleu o papel nas mans e segundo o ía
lendo poñíase pouco a pouco vermello.
Está claro que isto fíxoo o que toca a
campá dixo. E sabe que este e mais eu estivemos alí onte pola noite.
Todos ollaron para Delio estrañados de
escoita-lo que estaba a dicir. Non era preciso que Ile fixesen pregunta
ningunha porque os seus rostros xa reflexaban os interrogantes que
semellante afirmación lles suxería.
Teño que
vos dicir unha cousa proseguiu. Este tío estaba na igrexa cando nós
estivemos dentro.
¿Que? berrou
Pedro. ¿E por que o sabes?
Porque eu
non ousei rexistra-los confesionarios e aquí di "... e non
ousades, ó bo sitio ir rondar".
De maneira que mentiches reprochou Miguel.
A min xa
me chamara Pedro "caguiñas" aquel día non sei cantas veces,
así que non me atrevín a vos dicir que gañara medo outra vez. A min
tampouco me gosta mentir, pero non quería quedar por medoso.
Cristina
ollou a Delio e a Pedro antes de falar. Ela estaba no certo, alguén
tocaba a campá, non sabía como, pero agora xa só era cousa de tempo.
Con tempo e pensando ben as cousas, estaba segura de dar con el.
De aquí
en diante imos pasar medo todos, e máis dunha vez, así que o que non
teña medo a nada, que se vaia. Pero o que volva a mentir que se vaia máis lonxe aínda.
Moi ben falou
Pedro. Dúas cousas están
claras: que é certo que hai alguén que fai soa-la campá despois de
dá-la badalada número doce; e segunda, que nos vixía e quere que
saibamos que nos vixía.
A ver quen
me explica a min algo, que non entendo nada. Que non me dou enterado.
¿Quen fixo esta mamarrachada de mesturar maiúsculas e minúsculas, que
se o fago eu na escola, habíame ser moito hora...?berraba Miguel
tratando de se enterar de algo do lío do papel que Cristina atopara
dentro do libro.
Saber quen escribiu este papel, sería tanto como saber quen é o que lle fai ó
reloxio dar unha badalada de máis comentou Cristina tentando de
lle
dar unha orde ó razonamento para que se puidese tirar algunha
conclusión da mensaxe que tiña na man. Así que escomecemos por facer
preguntas e procurarlles, entre todos, respostas.
Primeira pregunta falou
Pedro. ¿Quen puido poñe-la mensaxe, como el lle chama, dentro dun libro que estaba na
biblioteca da escola, e calquera podía collelo?
Alguén
que soubese que a ti che gostan moito os libros de Cunqueiro e que
sempre estás a falar delesrespondeu Elisa.
A resposta
é boa. Vale. Case todos cantos me coñecen saben que me gostan moito.
Amais hai que supoñer que o que toca a campá é alguén que sabe
arriscarse.
Certo, se
este libro o collese alguén que non fose un de nós, non lle prestaría
atención á mensaxeera Delio o que falaba
agora. Pero tamén quero
facer unha pregunta, ¿por que sabe que andamos tras del?
A esto
respóndoche euafirmou Elisa?. Porque vos viu na Casa do Sacristán ou
na igrexa.
Agora
tócame preguntar a mindirixiuse Cristina ós compañeiros
¿Por que
fai esta mensaxe con letras pegadas e non á man o á máquina?
Porque se
escribe á man, poderíamoslle coñece-la letra respondeu Pedro. E
proseguiu, o que quere dicir que é alguén que nós comecemos.
¿E á
máquina?volveu Cristina.
Ai, eso
xa non o sei! exclamou Pedro.
Pois eu
mesma che darei a resposta, porque o segredo da interpretación pode
estar na forma das letras. Aí pode estar escondida a auténtica
mensaxe.
Volveron a
ler todos o papel. Desta vez con máis atención e, mesmo Miguel leuno
en voz alta. Despois ficaron calados un anaquiño.
¿Hai
máis preguntas?rompeu Cristina o silencio.
Moitas manifestou
Pedro, pero agora non sei dicilas. Penso que o que agora
cómpre é tratar de averiguar se a mensaxe nos dá algunha pista.
Eu teño
que me ir, que lle dixen a miña nai que non tardaría moito cortou
Elisa.
Eu tamén teño traballo asegundou
Cristina. O que faremos é irnos agora e
pensar no asunto a ver se lle atopamos algo, e dentro de dúas horas
vémonos aquí outra vez.
¿Que hora
é agora?
Aínda ben
non rematara Pedro de facer esta pregunta, cando o reloxio deu as tres.
Xa oes,
aquí ás cinco confirmou
Cristina. E non faledes con ninguén disto.
Coidado
coa língua, Miguel ameazou Delio.
Ti ten
coidado coa túa, que a miña non se vai mover respondeu Miguel con
rapidez e un aire de enfado pola desconfianza do amigo.
O papel
volveu a pasar unha vez máis de man en man, lérono todos novamente,
como se quixesen memorizalo, para despois, pensando nel tratar de lle
tirar algo que dese unha pista. Segundo ían acabando, e coma se fose
unha disciplina acordada, despedíanse e íanse. Cando Cristina e Miguel
quedaron sós, a rapaza meteuno novamente dentro do libro, e foise para dentro da
casa.
Tal e como
quedaran, ó cabo de dúas horas, estaban todos novamente diante da casa
dos dous irmáns. Viñan todos coa cabeza chea de ideas sobre o papel,
ata o punto que o primeiro que dicían segundo chegaban non era un
saúdo, senón que lle espetaban a Cristina o aviso de que traían algo
interesante que comunicar.
¿Sábe-lo
que pensei?
Pero
Cristina non quixo que se falase nada ata que estivesen nun lugar que
ofrecese a garantía de que ninguén os escoitaría.
Agardade
dixo, será mellor que veñades todos para dentro. Falaremos mellor no
cuarto que hai detrás da cociña, alí estaremos sós e sen olladas nin
escoitas indiscretas.
Entraron
todos e dirixíronse a aquel cuarto que Cristina dicía. Era unha
estancia pequena, na que moitas veces no inverno se xuntaban para xogar
ou conversar. Ninguén os molestaba nin a ninguén molestaban. O
primeiro en falar foi Pedro.
O primeiro
que temos que facer son dúas listas de persoas. Poñendo nunha tódolos
que poderían saber que este libro colleríalo ti, e na outra os que
entraron na biblioteca onte pola mañá. Entre eles tén que estar o nome
do que toca a badalada número trece.
Desde logo
que si, pero o asunto estará despois en saber, de todos cantos están
nesas listas, cal é. Eu prefiro outro camiño, máis longo, pero
totalmente seguro. El mesmo parece disposto a ir dándonos pistas que
nos leven a el. Segundo meteu no libro que eu tiña pedido unha mensaxe,
que chama a primeira, de seguro que haberá outras. Non temos máis que
lle segui-lo xogo e daremos con él.
Polo camiño
que ti disdirixiuse Elisa a
Pedro, vannos saír dúas listas de nomes
tan grandes, que botámo-lo ano enteiro en vixialos. Onte toda a mañá
estivo entrando xente de fóra da escola na biblioteca, porque alí
deron as notas dos pequenos e viñeron os seus pais, así que vai
pensando en cen persoas como mínimo. E todos cantos entraron na
biblioteca podían sabe-los libros que Cristina pedira, porque enriba da
mesa estaban as listas de todos cantos pediamos libros.
Tomou
Cristina o papel da mensaxe na man e, despois de ollalo un momento,
púxoo enriba da mesa.
Será
mellor tratar de lle sacar ó papel algo máis do que parece dicir.
Procurar ben ata lle atopa-la clave á mensaxe.
Eu estiven
toda a tarde combinando palabras e non me saíu nada que se entenda dixo Delio con desánimo.
¿E se poñemos xuntas tódalas minúsculas e tódalas maiúsculas?
preguntou
Elisa nun intento de avanzar.
É unha
boa idea, vexamos. 0..., U..., E..., T... Coas maiúsculas nada... E coas
minúsculas: q..., a..., t.... r..., e... Tampouco sae nada que teña
significado.
¿E postas
de, arriba a abaixo? apuntou Miguel.
¡Agarda! exclamou
Pedro. ¿Como se chaman esas poesías que se le-la primeira
letra de cada verso sai unha palabra?
¡Acrósticos!
¿E que sai?
0, C...,
L..., OCL..., OF... OCLÓF... ¿Que é iso?
Nada,
tampouco así dixo Elisa xa algo decepcionada.
Seguían
todos ollando o papel que estaba no medio da mesa. Cada un que tiña unha
nova idea para interpreta-la mensaxe, dáballe a volta cara a el. Agora
foi Miguel o que lle puxo a man no medio e fíxoo virar, de tal xeito
que quedou frente a él.
¡Alto! berrou¡Xa o
teño!
¿Que has
ter ti, ho? despreciou Delio a aportación de Miguel.
Pois si,
eu teño a solución. Non sei o quere dicir, pero ten xeito.
Pois, di o que sexa e xa
apremou Cristina.
Estas
cinco que están de primeiras en cada liña...
¿A ver, a ver?
Tódolos
ollos se dispuxeron a le-la mensaxe da maneira que Miguel acaba de
dicir.
Parece que
ten algún sentido, non moito, pero... recoñeceu a duras penas Delio.
Xa, ¿e que quere dici-lo "frío"?
¿A onde nos leva o camiño? inquiriu Elisa dirixíndose a Miguel.
Iso xa non
o sei. Aquí o máis pequeno xa vos atopou a saída. Agora tócavos ós
grandes, que sempre sodes máis listos, saber a onde nos leva.
Aínda
pode non ser esa a solución dixo Pedro algo mosqueado de que o máis
pequeno dos cinco fose o que dese coa interpretación da mensaxe.
Cristina
permanecera calada desde que lera o papel ó xeito que Miguel dixera.
Estivo todo o tempo ollando fixamente para el. Por fin dirixiuse a
Miguel pasándolle a man polos ombros, ó tempo que lle falaba.
Moi ben, Migueliño, moi ben. Aínda non sabémolo que significa, pero esa é a
verdadeira mensaxe: a das palabras que están escritas todas elas
utilizando o mesmo tipo de letra, e postas de primeras en cada verso.
E agora
¿que hai que facer?
Teremos
que ver que cousas hai frías para segui-la pista ¿non si?
Asentiu
Cristina coa cabeza, e escomezaron todos a dicir cousas que eran ou
estaban frías.
A neve..
O xelo...
A xeada...
A auga...
A auga do río...
O ferro...
O bronce da campá...
Parade, parade dixo
Cristina. Pode ser que
forme parte dunha mensaxe que se vai completar e non teña sentido por
si só. Pero haberá que ver tódalas cousas que acabades de dicir,
especialmente no río e ó redor da campá.
Pois procuremos en tódolos frigoríficos de
Eiranova propuxo Miguel ríndose.
Para Miguel, que xa tiveches unha boa idea
hoxe, non queiras seguir xenial a tarde que vas moi lonxe ría tamén
Delio.
Quedaron todos calados. Cando se deron conta do
seu silencio, ollaron a Cristina como agardando pola súa decisión. Ela
ergueuse da silla na que estaba, colleu o papel e volveuno a gardar no
libro de Cunqueiro.
Mañá pola tarde iremos ó río. Se algo hai
nel, atoparémolo, e se non, subiremos ó campanario.
Todos cadraron conformes coa proposta da rapaza
e escomezaron a se erguer para ir saíndo. Cando se dirixían á porta,
Delio colleu a Pedro polo brazo e díxolles:
Aínda falta por ver se hoxe o reloxio toca
doce ou toca trece badaladas.
Cristina virou cara a el sorrindo.
Nós sabemos seguro como vai tocar. Calquera
en Eiranova pode pensar que ó mellor hoxe non dá máís que doce,
pero só nós sabemos certo que vai dar trece.
Asentiron todos. Era ben verdade que todo
aquilo tiña sentido porque esa noite o reloxio ía dar outra vez unha
badalada de máis.
O pouco que quedaba da tarde foi pasando sen
que nada novo ocorrese. A vida en Eiranova transcorreu coma unha tarde
calquera do mes de xuño. E chegou a noite e con ela o momento no que o
reloxio daría as doce. Deu trece toques.
O Xes na súa casa dixo: ¡Malia ó reloxio e a
quen o fundou!
O boticario no medio da súa lectura, pensou:
"Haberá que se afacer a que toque trece tódalas noites".
Os rapaces nos seus leitos pensaron que para
eles non era novidade. |