O misterio das badaladas

 

Carta

Páxina Seguinte

v3xabierdocampomisteriobadaladas001.html



Benqueridos amigos:

     Sempre que non é posible estar presente cando se van poñer en contacto dous amigos que aínda non son tal entre eles, hai que lle dar, polo menos a un, unha carta de presentación. Ei-la que che presenta a ti, amigo meu, esta noveliña, filla miña.
     Quero que saibas que a debes tomar como o que debera ser sempre a lectura: unha aventura na que te mergullar sen medo, en moitas cousas eivada e incompleta, como somos todos e tódalas nosas obras. Pero tamén sei que podes completala coa túa imaxinación, e daquela será obra dos dous: túa e miña.
     Un libro é algo vivo, que, nas túas mans e baixo os teus ollos, manifestará esa vida e moverase. Por iso algunhas veces terás que volver follas para atrás, e consultar de novo certas cousas, que, xa adrede, as deixei sen completar. Desa maneira ti participarás na solución deste misterio, analizando as pistas e dándolles solución.
     No tocante ós protagonistas, non dou tampouco moitos detalles de como son físicamente, porque non era preciso, xa que ti sabes perfectamente como es e eles son coma ti. Direi máis, un deles es ti mesmo.
     Unha aperta.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega