O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Soamente unha

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara012
Soamente unha adolescente, soamente unha
había naquele pequeno vale encantado,
só unha xoven agreste de ollos ferinos,
que lle deixou o corazón incendiado.

Soamente unha moza de cabelos dourados
e pensamentos firmes como ollos de aguia,
só unha capaz de provocar o inconsciente
de un xoven de soños ben intencionados.

Ela soube encantalo nun dia de madrugada,
con súa típica rudez e cristalina franqueza
nas noites frias e silenciosas de lúa dourada
onde apenas, o bater do corazón era certeza.

Soamente unha foi capaz de acender o estoupín
de súa grande capacidade de poder sonhar,
só a ela poder amar mesmo lonxe de min.
Agora —só unha— fixo súa estrela apagar.

Despois de súa longa e brillante  camiñada,
Está a dar voltas, sen a estrela pro alumear
nas noites pola estrada que aínda falta andar,
tropezando en cada esquina non mirada.

Camiñhando e tentando alcanzar o outro lado,
caindo e levantando cunha fé inquebrantabel,
escribindo a súa dor nas páxinas de papel,
coas bágoas queimando seu rostro resecado.

 

     Por iso, pensaba el:

     “Dependendo da receptividade do novo encontro entre os dous, as cousas poderían tomar tales rumos a punto de xenerar moita dor de cabeza, principalmente para el”.

     Na verdade, era como se fose un encontro de vida e morte para a continuidade dalgo que fora interrumpido brutalmente e, el, aínda estaba bastante confuso pola inesperada actitude que ela había tomado de visitalo sen previo aviso.

     Despois do imprevisto e mesmo con moitas dúbidas porén un pouco máis concentrado, inicialmente, procura quedarse alleo a toda esa trama, pois, como de certa maneira, parece que xa tiña perdido as esperanzas dun posible reencontro para rehabilitar aquel primeiro amor que tanto o había penalizado. Entón, dentro dese raciocinio, procura seguir un novo camiño que xa había comezado a estructurar a través das misivas cambiadas entre el e a antiga coñecida para un posible novo amor. Pero, como xa comentamos anteriormente, o amor ás veces é moi enigmático, ingrato e traizoeiro que pode fuxir ó controle dos propios protagonistas dos feitos amorosos.

     Porén, contra o amor e a forza de vontade, non hai murallas que poidan impedir o ímpetu do avance da paixón amorosa.  Como se costumbra dicir, dito, pensado e feito.

     Así, ese primeiro amor, que xa parecía imposible e esquecido sen unha aparente solución concreta, de repente, reaparece como unha nova opción de antigos soños. Resurxe como o sol radiante entre as nubes do horizonte distante, pero, con seus raios dourados e penetrantes, iluminando a aurora e o raiar dun novo día, para os dous adolescentes, que habían sufrido por súas propias inexperiencias amorosas diante da realidade da vida. Do reencontro relámpago, surxiu unha nova esperanza, unha esperanza renovadora dos antigos soños e, con a promesa de cambiar as primeiras misivas despois que ela xa estivese na súa nova residencia, xunto cos demais familiares que a agardaban no seu destino final.

     A pesar do inmensurable amor retraído, por bastante tempo; polos cementos da lealtade, da confianza e porque non dicir de moita renuncia, o rumbo de todos eses soños o promesas moitas veces un pouco hilarantes deses dous adolescentes. Eles, aínda non tiñan moita certeza se naquel momento era iso mesmo o que querían ou se as poderían concretizar. Claro, dentro das posibilidades disponibles ó seu alcance.

     Despois dese reencontro informal e do mesmo modo que a labarada do amor había sido encendida algúns anos antes, e, con as mesmas brasas, que apenas habían quedado inertes debaixo do calor das cinzas do amor para poder mantenelo vivo —como a mítica Phoenix— foron reactivadas polo sopro divino da deusa do amor. Thaynara, tamén sabía que a indecisión ou a ilusión dunha confianza excesiva na forza do amor, podería xerar consecuencias imprevistas e moi dolorosas para os dous; principalmente cando a realidade esmouca as portas como unha incontrolable torrente, destruíndo, sen piedade, o que aínda está por cicatrizar.

     Por iso, despois dos devaneos provenientes do reencontro, ela continua súa viaxe con a ansia de chegar ao seu destino, ó mesmo tempo en que a súa mente soñadora fluctuaba no espazo máxico —pero, desta vez era real— así, ansiaba para poder recibir ou escribir unhas letras que conlevasen unha nova mensaxe de confianza mutua. Deberían ser unhas mensaxes concretas, firmes, duradeiras e renovadoras dun amor máis maduro e consciente. Este sería un novo momento a ser considerado en tódolos sentidos, polos dous constructores dun fracaso ou de un futuro prometedor, para que un día pudiesen se orgullar dos frutos recollidos na súa odisea amorosa.

     Outras veces, cas ideas máis consolidadas ou, tal vez, un pouco de pesimismo, con un raciocinio máis maduro e consciente, pensaba que as cousas deberían quedar como estiveron por algúns anos. Sen nada cuestionar, nada esixir... Deixalas fluir libremente..., sen mágoas ou cobranzas de calquera índole, todo como era antes do reencontro.  Xa chegaba de dúbidas e de martirio infructífero.

     Porén, ao chegar no seu destino para comezar unha nova vida cos pais e demais familiares —constatou que iso era unha realidade que tiña que enfrentar sen moitas alternativas á vista— foi aí que empezou a percibir que as cousas estaban un pouco máis confusas do que se imaxinaba. Cada día que pasaba no novo fogar, máis sentía a necesidade de recibir noticias de Theodosio, principalmente, sobre o impacto causado despois dunha larga ausencia e pola presencia real de máis unha vez; poder mirar, ollo nos ollos. Ela aínda sentía o calofrío do aperto de mans e novamente a despedida bastante rápida e enigmática, con apenas algunhas posibles promesas dun novo amañecer.

     Aflicta, sí, pero, esperanzada por noticias novas. Non sabía se tomaba a iniciativa ou se sería mellor esperar que el a tomase. Naquel exacto momento,  seu mundo se resumía, tan soamente, a tomar unha decisión de escribir ou a esperar que el o fixese. Era un verdadeiro laberinto de pensamentos indescriptibles, que non a deixaban pensar noutra cousa para poder aliviar o seu corazón, xa bastante dilacerado pola interminavel espera.

     Porén, a anestesia, para a dolorosa saudade, só empezou a facer efecto  coa chegada e identificación da primeira misiva de Theodosio. Foi aí que seu corazón, que xa lle  parecía que non palpitaba máis, comezou a dar sinales de unha nova vida amorosa e, de repente, volveu a ter forzas suficientes para soñar —soñar como cando os dous estaban no seu poboado de nacemento.

     Seu corazón cada vez batía máis forte. Comezou a recordarse, de novo, dos consellos dados ?alá no seu poboado da comarca de Terra de Montes, Galicia, España— polas súas amigas: Esther e Marisol... Por un intre, aínda indecisa, quedouse ollando a carta entre as súas mans, tremendo, sen ter coraxe de abrila, con medo de que o seu conteúdo non fose aquilo que ela tanto esperaba e desexaba alá no fondo de súas entrañas. Por fin, empeza abrindoa, ben debagar, como se as palabras nela escritas fosen de vidrio, e tiña que tomar todo o coidado para que non se rompera ningunha delas, por menores ou simples que elas fosen.

     Para de abrir o sobre, volve a pechalo  de novo e comeza a pensar que, pasados algúns anos, de tanto sufrimento, incerteza e desenganos, se valería a pena abrilo. Dependendo do conteúdo, podería ter que enfrentar unha nova realidade lonxe de súa terra de nacemento, mesmo estando xunto da nai e doutros familiares que alí residían xa había bastante tempo, e que, de certa maneira, eran un pouco extraños para ela.
 

Ó mesmo tempo, pensaba ela:
 

     “Se tiver que me separar de meus pais, para formar unha nova familia, da cal, tamén, un día puidese ter moito orgullo e satisfacción; canto máis cedo mellor, antes de fincar raíces nun novo fogar xunto con eles”.

.................................................................................................................
       
     Agora, Thaynara, despois de lembrar e percorrer todos eses camiños: De alegrías, tristezas, e desencontros de un modo xeral, principalmente a través das “páxinas de seu libro de soños e o delirio reprimido”, dándose de conta  que, de certo modo, había sido un soño real. Ela, agora, procura encontrar a razón da volta por todos aqueles camiños caseque esquecidos e preguntase de novo:

     “¿A onde é que eu me equivoquei, para ter de sufrir tanto, eu e a miña familia?”

     ¡Meu Deus, teña piedade de min!

     Thaynara, nese momento de angustia e desespero emocional, lémbrase de algunhas  cousas que tamén poderían haber contribuido para que ese desgaste familiar e matrimonial a levasen a este estado de saúde e de incertezas:

     Ao lembrarse que en determinadas circunstancias de súa vida matrimonial, ós poucos, o diálogo afectivo foi perdendo  aquela enerxía sonora de unha voz apaixonada e do mutuo respecto do pasado. Apenas algunhas veces, sen percibir, un deles levantaba o tono da palabra máis do que era necesario. Porén, ó mesmo tempo e sen darse de conta, había casi sempre unha voz exterior que impuña un harmonioso silencio do matrimonio. Outras veces era unha noticia da radio ou da televisión no horario de unha novela ou as noticias periodísticas ao medio día ou á noite para atenuar todo iso.

     Había casi sempre algunha interferencia divina ou como se acostuma dicir, positiva ou oportuna para romper a tensión do vocabulario máis común de tódolos días. Foi así por moito tempo ata que nun estado de histeria ela rompía aquel silencio harmónico entre dous mudos que apenas se comunican a través de metáforas imprescindibles para un mínimo diálogo de entendimento familiar.

     El, a pesar dos constantes monólogos entre eles, extrañaba aquela actitude de Thaynara un tanto tempestiva de non aceptar todo canto estivera dentro de seus parámetros de comportamento e de seu ego posesivo. Outras veces, ela reaccionaba con unha actitude truculenta que casi sempre creaba motivos para xerar atritos desnecesarios entre eles ou outras persoas da familia.

     Ela, en seu humor bastante inconstante suscitaba  algunhas incógnitas, pois, ás veces, sen saber ou entender o motivo, de repente, manifestaba unha amabilidade pouco común: conversas moi dulces, afectivas e racionais ao extremo, inclusive interviña para minimizar calquiera discordancia entre uns e outros membros da propia familia.  

     Pero, como sempre o había feito en situacións  semellantes, levanta a cabeza ollando para novos horizontes e:

     Bágoas ó mar e cinzas ó vento para intentar entender mellor e reencontrar, tamén, —un pasado de máis de medio século de vida matrimonial— e, principalmente, como nai dedicada e moi afectiva. Claro, que todo iso considerado do seu modo de ser, tal vez un pouco posesiva e ás veces ultrapasando os límites do aceptable dentro daquel momento social e cultural de súa vida.

     Ela, xa non tiña moita seguridade se lle importaba moita cousa de todos aqueles soños de unha xoven que, naquel intre de súa vida, pretendía mover o ceo e a terra para poder realizalos. Aquel orgullo de loitar por seu ideal e a confianza en sí mesma, iso xa non era máis súa prioridade. Xa había pasado por tantas alegrías, decepcións e desenganos, que non sabía máis a diferencia entre uns e outros sentimentos.

     Nun último intento de reorganizar os desencontros familiares e, principalmente, o que se refería a súa saúde, apela e implora desgastando súa aínda pouco lúcida e brillante mente, pero, con seus ollos de aguia sempre atentos a tódolos pormenores que lle puidesen traer, de volta, a felicidade que tanto quería para ela e toda a súa familia...

     Diante de tantos problemas, Thaynara volve máis unha vez un pouco no tempo e procura encontrar as posibles causas que a terían levado a esa situación depresiva e bastante infeliz, tal vez un pouco pesimista demais dentro de seu punto de vista.  Pero, non encontrando as respostas que ela lle gustaría de encontrar, xulga severamente seus erros e de todos aqueles que a rodean no seu convivio cotidiano.

     Con todos eses desgastes inesperados, intenta lembrar a difícil convivencia entre ela, os propios pais e irmaos, nalgúns momentos de súa vida, que lle parece ter sido o motivo propulsor explosivo, que axudou a detonar esa bomba de efecto retardado en súa mente. Máis unha vez, procura algunha cousa que lle puidera servir como taboa de salvación. Pero, moitas veces, nesa vontade  inmediata de  agarrarse a calquera axuda que nos poida “libertar” da angustia e desespero que nos acomete nesas circunstancias, o que procuramos nen sempre ven ao noso encontro naquilo que realmente nós pretendemos ou necesitamos para o equilibrio físico, mental e emocional.

     Thaynara, levada polo desespero, busca nova axuda espiritual sen saber moi ben ou ter noción dos camiños que sería orientada a percorrer. Ela tiña moita fe e forza de vontade para poder conseguir recuperar a felicidade, dela e da familia, pero, inconscientemente, deixase levar por persoas ditas amigas que tamén seguen camiños cuxa dirección nen sempre ten o retorno esperado. Por iso, cando menos se espera e sen darse conta no cambio ou modo de percibir as cousas en seu entorno, xa é un pouco tarde; tanto para o convivio matrimonial, social, familiar ou para seu estado de saúde como un todo.

     A pesar do fracaso, ó intentar encontrar algunha cousa substancial que a puidesen levar a unha saída aceptable, ela non desiste e procura recordarse doutras maneiras de axuda, mesmo remotas, en outras áreas do coñecemento filosófico ou religioso: tanto  místico como espiritual ou aínda nalgunhas creencias, nen sempre aceptables con facilidade, pero, defendidas por moitos místicos e videntes.

     Sen moitas alternativas, comezou a pensar nun soño que tivera aínda cando estaba inerte no leito do Hospital, pero, como non tiña moita certeza se había sido un soño ou que quizais puidese ser un delirio, quedouse aínda máis confusa. Asimesmo, de repente, creou coraxe e empezou a poñer as ideas en orden para poder lembrarse un pouco mellor do que tiña “oído  e visto” en seus soños.

     —“En seu soño, ela estaba nunha rexión con nomes pouco coñecidos e bastante difíciles de entender, tanto dos lugares como das persoas ou os seus deuses reis e princesas. Polo que xa había lido e oído na vida real, imaxinaba que se trataba dalgún lugar da antiga Grecia e seus deuses ou semideuses e algunhas doncelas feacias esclavas de Medea”. Como tamén xa tiviese lido a Biblia e algúns de seus principales proverbios... e coñecer varios libros de espiritismo, nos cales, moitas veces acreditaba sen saber explicar por qué, comezou  a facer unha simbiosis de todo aquilo que máis lle interesaba naquel exacto momento crucial de súa vida.

     Do soño, recordábase dalgúns nomes de deuses, reis e princesas..., da antiga mitoloxía grega e romana: “Cupido, Zeus, Poseidón, Apolo, Venus, Júpiter ... e dalgunhas doncelas feácias escravas de Medea”.  Eses deuses, cando tiñan pedidos de problemas familiares, procuraban resolvelos ao seu modo e dacordo con seus intereses. Entón, imaxinaba ela:
 
     ¿”Se os deuses facían todo iso para responder con profecías aos pedidos feitos a través dos oráculos, por qué, eu, unha simple mortal, sufredora por problemas nen sempre causadora dos mesmos, non podía, tamén, ser axudada dalgún modo diferente do que xa había intentado anteriormente”?

     Por iso, Thaynara comezou a pensar que, ademais da protección divina de Deus e dos santos, seus protectores na relixión católica, tamén non podería invocar ós deuses da mitoloxía grega e romana, xuntamente con tódolos seus protectores do espiritismo. Na súa mente, aínda un pouco desesperada e conturbada, esa sería unha protección ecuménica para ela e toda a súa familia.

     ¡Iso tiña que dar certo!

     Ela loitaba ferozmente e por tódolos medios inimaxinables á súa disposición para recuperar seu equilibrio mental e súa plena intelixencia, que sempre foi a súa marca rexistrada. Pero, sen percibir, ó contrario do que ela esperaba, cada vez máis se alonxaba da clareza, percepción e tolerancia para discernir a realidade da ilusión, de todo aquilo que puidese contrariar a firmeza de seu modo de ser. Así, en vez de mellorar, aos poucos foi perdendo a capacidade dun raciocinio lóxico, comprehensivo e tolerante.

     Claro, que todo iso dentro da perspectiva de súa ótica persoal posesiva, sen que ela tivera a intención ou noción de perxudicar ou enganar ó próximo, ¡iso non! Súa lei, era:

     “Debemos amar a todos, confiar en poucos e non facer mal a ninguén”.

     Ela tiña por lei non perxudicar nen ofender ou disgustar a quén queira que fose, mesmo ós máis cretinos na acepción máis lexítima da palabra, pero, defendía o que consideraba seu e dos seus con uñas e dentes.

     Thaynara continua con seus pensamentos entre a realidade e o delirio, como resultado de unha boa parte de súa vida moi atormentada por varias circunstancias alleas á súa vontade, pero, asimismo,alimentándoas por súa tendencia a non ceder con facilidade a todo aquilo que saíese fóra de seus parámetros de entendimento, xa gravado en súa memoria. Entre a lucidez e a fraqueza mental, moitas veces, deixaba confusa ou ata irritada a parte de súa familia, chegando a provocar serios atritos entre uns e outros, levándoos, a todos, a un desgaste na súa convivencia  diaria, moitas veces irrecuperable.

     En determinados momentos, na saudade de súa intimidade, mesmo xunto con seus familiares, sentíase como se estiviese nunha illa deserta onde había naufragado, despois dunha loita incansable para atravesar seu inmenso mar de bágoas. Ela estaba vendo derrunbar tódolos soños construidos no máis puro amor por dous adolescentes que todo querían do mellor, para formar unha nova familia nas novas terras que os habían acollido.

     Aqueles soños, delirios e fantasías, estaban saíndo de unha maneira incomprensible pola porta que un día só entraba a felicidade, a tolerancia e o verdadeiro amor. Agora, todo iso estaba partindo, sen avisos nen despedidas, quizais para nunca máis voltar.
    
     En súa aínda inmovilidade física, na cama, o raciocinio é o único movemento ó seu dispor, a pesar dun pouco nublado polas trebas da vida. Ela vai ó encontro de novos recordos, mesmo que lle poidan doer máis que as propias dores da enfermidade que a acometeu. Procura en seu mapa estelar, onde están gravadas todas aquelas noites de lúa nova, brancas e frías como a neve.

     Intenta lembrar o que foi diseñado na parte escondida da lúa e que tiña sido escrito no vigor de súa forza e fereza de súa xuventude. Lémbrase, tamén, daqueles sendeiros e camiños estreitos por onde seus pés camiñaban parecendo que tiñan asas para voar ó encontro de todo aquilo que máis desexaba.  


     Nun determinado intre de un descanso mental, aínda sobre o leito, pero, xa en súa casa —“mira para aquel xoven que está ó seu lado, alí en pé, a única diferenza, é que está cos cabelos brancos e as marcas en seu rostro de unha longa noite de pedra camiñada sobre a estrada de súa vida —a mor parte, os dous xuntos— ese camiño percorrido repleto de encontros, desencontros, de soños e de alegrías entremediadas de tristezas”—.  

     A pesar das bágoas deslizando e aquecendo súas meixelas, mírao con as mesmas olladas de aguia real de antaño, alá en seu poboado de nacemento, en Terras Ibéricas. Aquelas olladas profundas daquel tempo que lle facían tremer as pernas, o corazón bater máis forte e un suor frío escorrendo polas espaldas.

     Pero, desta vez, coas olladas profundas e traizoeiras daquela época, non máis podían fuxir un do outro, estaban alí, mirándose, en silencio, como enfeitizados, caseque petrificados e sen forzas para reaccionar ou poder alonxarse da triste saudade. Non daquela saudade física, pero, pola ausencia de palabras ou, quén sabe, quizais pola incomprensión dalgúns momentos durante súa longa camiñada, de certezas, angustias e dúbidas de máis de cinco décadas  de convivio matrimonial e familiar.   

     Theodosio, naquel intre de dor e angustia, por percibir que ela o miraba de unha maneira que seus ollos parecían flechas que se clavaban en seu xa bastante dilacerado corazón, tamén lle viñan á súa mente moitos momentos vividos durante o longo camiño que recorreron os dous xuntos. Recordase de algunhas cousas ocurridas en circunstancias non moi amables entre os dous: tristezas, alegrías, altos e baixos nen sempre xustificables. A pesar das discordancias, por un motivo ou por outro, principalmente pola personalidade moi forte dela, na verdade, e no  fondo de seu corazón e de súa alma, nunca deixou de amala.

     Hai cousas que nen sempre poderemos entendelas totalmente, pois, segundo algúns pensadores sobre o comportamento do ser humano, moitas veces, odiamos ás persoas que máis amamos. Isto podería parecer un paradoxo, pero, en algúns casos, é posible esa dualidade de sentimentos.   

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega