O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

O soño

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara013
I

Recórdome cando camiñaba
fai máis de cincuenta anos,
nunha mañá serena e templada,
con esperanza e soños renovados

Baixaba alegre do tren, ó amañecer
eu era un xoven con fe multiplicada;
soñando e mirando o sol resplandecer.
Pensando en ti,  fermosa e perfumada

Con alma e o corazón de nova primavera.
na cidade de árbores floridos e perfumados
con vigor e afán de empezar unha nova era.
 
Alí, na solitaria praza da estación do tren
altivo, cheo de enerxía e moi decidido,
soñaba un novo soño a dous, máis ninguén.

II

¡Agora, o sangue corre ben menos nas veas!
Ti, moi triste, tamén non és máis a do pasado.
¡Non! Non és máis aquela xoven que ti eras
Ti estás melancólica, e eu moi penalizado.

Os nosos soños e destinos están  cambiados
labarada eterna de vida, sen culpas ou penas.
Miña alma chora bágoas de ollos cansados,
camiñamos para horizontes distintos, apenas

¡Meu Deus! Esta gran loucura, non é impune.
meu corazón chorando, con gotas de sangue.
Nosos camiños floridos xa están sen perfume
 
O teu corazón énchese dun sacrosanto fogo,
levando meus sentimentos a un redemuíño
arrebatador, pero, omnipotente no meu rogo.

III

Buscábate no retumbante trono de anhelos,
no ceo azul e nubes de nácar, te buscaba.

No fogo esplendido de teus dourados cabelos.
de día e de noite, ata o amañecer, eu choraba.

Polos carreiros, en noite de lúa, pulaba portelos
e, en van, o meu corazón por verte, palpitaba.
................................................................
................................................................
 

     Thaynara, agora, na medida que ía mellorando o seu estado de saúde, con a recuperación dalgúns movementos, cuestionábase e martirizabase aínda máis, non só polo seu estado físico, pero, o que era peor, o seu estado de espíritu. Nun intre de inquietude, andando de un lado para outro, dentro de súa casa e case sufocando de tanto martirio a que ela mesmo se sometía, inconscientemente. Procura sair á porta do balcón, aínda con moita dificuldade de movementos, para intentar respirar un pouco de aire que lle dese ánimo, cando menos para poder encontrar algunhas respostas sobre os erros que a familia ou ela puidesen ter cometido.

     Thaynara continua perseguindo a súa felicidade e a de tódolos seus familiares e, pregúntase, máis unha vez:

     —¿Que pecados me terían levado a percorrer camiños tan enigmáticos e traizoeiros para cometer tantos erros; Se, na verdade os cometín en algún momento de fraqueza inducíndome a eses desatinos?

     ¿Que rumos eu podería tomar para remediar o que aínda fose posible reconquistar?

     Diante desas preguntas sen respostas, procura deterse en seus pensamentos mórbidos para encontrar un camiño, mesmo que fose de volta, para xuntar os anacos daquilo que un día era harmonía, paz de espíritu e unha felicidade que transbordaba de seu peito. Pero, aos poucos, vaise dando conta de que a vontade é máis forte que a enfermidade, que o medo e a inseguridade que a tiñan aprisionado nun leito sombrío. Por iso, nunca podería desistir de loitar polo que máis ela quería, a felicidade de toda a súa familia, porén do seu xeito.

     Dentro de seus aínda limitados movementos e pensamentos, procura transformar todo iso en coraxe e prosegue de cabeza ben alta, mesmo que aínda non tivese unha dirección ben definida, porén, asimesmo, segue loitando por días mellores, para ela e para seus familiares.

     Nunha actitude decidida e desesperada, xoga para “debaixo da alfombra” todo aquilo que a incomodaba tanto: atrito con o amado compañeiro de moitas décadas, con os irmans e con os fillos. Véñenlle á mente, algúns recordos agradables de unha época onde todo era alegría e satisfacción persoal e familiar. Asimesmo, non podería esquecer que en tódolos  momentos do placer da vida, sempre está mezclada de intres amargos e de moita angustia. Pensa, inclusive, naquelas cousas de solteira que a estaban incomodando neste exacto momento de desespero e de moita tristeza en súa alma. —Había horas en que prefería que Deus a levase deste mundo, algunhas veces un pouco ingrato para moitas persoas.

     Por outro lado, a pesar dalgunhas diverxencias matrimoniais no transcurrer de máis de cincuenta anos de vida en común, ó mirar ollo nos ollos do aínda seu grande amor, creaba coraxe para poder, xuntos, recomezar e continuar a desbravar a selva que os había aprisionado nunha sombría noite sen estrelas. Con todo, ela nen sempre sabía explicar o por qué algunhas cousas, sen valor material, podían ter tanta forza de atracción dentro de seus sentimentos bastante confusos, pero, en súa esencia, caseque verdadeiros.

     De súas cousas máis antigas, que garda en unha maleta escondida nunha estante, procura algunha que lle está perturbando interiormente. A seguir, da unha ollada dentro de seu garda —roupas con súas vistas vidradas, como se esa cousa a estiviese atraindo como a un imán.  Abre un pequeno e desgastado maletín, medio esquecido nun recuncho de unha gaveta, ve algunhas tonterías de cando era unha xoven adolescente e, ata un vidrio de perfume, prácticamente vacío e esquecido por moito tempo no medio de outras cousas sen moita importancia, pero, elas adquiren neste intre de moitas dúbidas dentro de sí, unha reacción desmedida e melancólica...

     Pensaba ela:

     “¡Non! Este resto de perfume, eu xamais o podería regalar a ninguén ou botalo fóra. Dentro del existía algunha cousa que facía parte e se incorporaba a súa alma e seu peito todo dilacerado, por iso, eles eran partes inseparables”.  En determinados días de súa vida, el ocupou seu espazo no corazón e na delicadeza da brancura de súa pel, durante ávidos abrazos, en seus cabelos dourados e encaracolados, de unha forma moi suave e simétrica na súa ondulación. Recordaba os momentos de loucura amorosa  nas brancas sabas todas desarranxadas, onde reinaran e navegaran seus máis puros sentimentos.    

     Antes de darlle un destino final; mira para os lados e atira o vidrio nunha cesta dos obxectos que aínda non tivo coraxe de desfacerse deles. Xunto con eses obxectos, ve unha fotografía que a había quitado un belo día nunha praza pública con bonitos xardíns. Alí xuntos, os dous xovens, amándose perdidamente sorrían un para o outro con unha delicadeza anxelical.

     A pesar da fraxilidade de seu corpo e da pouca fe que aínda alimenta na súa alma, arriscadamente encántase pola fotografía, pérdese ó desmorecerse por gardar esa expresión naquel momento que a fascina, aquel brillo que lle corroe os ollos e a fixo chorar, non sabía se choraba de alegría ou de tristeza polo que foi e xa non é máis. Verse así, a deixaba desconcertada... Alucinada, levándoa a un desatino insaciable e perturbador de seu espíritu de loita, xa bastante fraxilizado naquel triste momento, por súa suposta infelicidade e por seu estado de saúde bastante comprometido.

     Asimesmo, ela acreditaba que a dor, seu estado de espíritu e súa enfermidade, era o prezo máis alto que estaba pagando por súa vida, seu objecto seu fin, seu todo. En fin, todo iso era o prezo por haber amado en segredo e en silencio o máis puro e pulcro de tódolos Amores de súa Vida.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega