O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Parte V. A esperanza renovada

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara014
     A pesar de toda unha traxetoria de encontros e desencontros, alternados de: alegrías, tristezas, delirios, saudade e algunhas loucuras entremediadas de buscas ecuménicas, Thaynara continuaba loitando para poder sair das tebras, algunhas delas reais e outras fantasiosas. Ela ansiaba   para volver a ter saúde e máis un pouco de felicidade, para toda a familia.

     Unha de súas mellores amigas e das máis antigas, en terras brasileiras —Soraya— dicíalle nunha de súas moitas visitas que sempre lle facía, principalmente durante a súa enfermidade:

     —Thaynara, algunhas veces, parece que ti queres competir co “Hidalgo Don Miguel de Cervantes Saavedra”, cando loitaba contra muíños de vento... Por iso, en vez de identificar e valorar, tamén, as cousas boas que Deus te deu e as que fuches conseguindo a través de unha loita incansable e sen fronteiras, en teus máis de sete décadas, de unha vida individual, social e familiar, só sentes e ves o que che preocupa o interesa de inmediato: o peor de túa vida e de túa propia familia. Abre os ollos para este mundo paralelo dos benaventurados. Iso ten que mudar para que poidas alcanzar todo do mellor que queres para ti e para os teus.

     —Quizais sexa pior do que iso, miña cara amiga Soraya, na nosa loita incansavel —miña e de meu amado— principalmente nas primeiras décadas do noso matrimonio e mesmo cos erros que todo ser humano poida cometer, non era para dar no que deu.

     —Se aínda eu ben me lembro, e teño certeza que ti tamén te lembrarás, Thaynara; daqueles soños de unha xoven que pretendía remover o mundo e os ceos para realizar o mellor que puidese de todo canto había imaxinado ao se unir, en matrimonio, aquele que tanto quería.

     Ata o nome da igrexa —Nosa Señora das Dolores— foi escollida para o casamento pensando  que, máis tarde, ti puideses aceptar e suportar, con axuda de Deus, tódalas dores e sufrimentos de túa vida. Que alegría estampada   no rostro de unha xoven confiada, chea de si e amiga de non ceder en nada sen antes loitar por súas ideas.

     ¿Ti estás lembrada de todos aqueles soños confidenciados para unha amiga máis xoven e menos experiente da vida, cando menos naquel momento? Se naquela hora eu servía para me confidenciar algúns segredos do teu corazón, agora, máis do que nunca, tamén  debo servir para poder che dar algúns consellos de unha de túas mellores amigas en terras brasileiras. Eu teño certeza que ti me escoitarás.

     —Xustamente, son esas lembranzas, por non poder superalas  que máis me fan sufrir, Soraya. Claro que, si por un lado algunhas lembranzas me serven de un “colirio apaciguador”, outras veces me enlouquecen, deixanme fóra de órbita. Principalmente ao recordarme da ceremonia relixiosa: o sermón do cura, os apertos de maos e beixos das persoas da familia, dos amigos e o cansancio de máis de tres ou catro meses para por todo en orden dacordo con unha nova vida, a dois: mobles, roupas e outras cousas usuais  de un novo lar.

      —Claro Thaynara, esas creo que eran as horas máis penosas despois de ultimar o ato relixioso, pois, viñan as conversas de todo tipo entre os convivas encanto se bebía e se comía como era ou aínda é de costumbre. Canto máis demorava a ceremonia máis aumentaba a ansiedade de poder ficar só a dous na viaxe da lúa-de-mel e pensar, ¿cal sería o próximo paso a ser dado a dous, de vida en común?

      —Sí, Soraya. A pesar de tódolos meus problemas de saúde, tamén me lembro das palabras ditas polo cura naquel día da unión en matrimonio:

      “Respecto, tolerancia e cariño son imprescindibles  para un matrimonio máis estable” 

     Pero, na realidade, diante do altar fanse promesas que nen sempre poderán ser cumplidas totalmente. Asimesmo, cando o amor é forte e verdadeiro —non doente— esas aristas poden ser contornadas con un pouco de comprensión de ambas as partes.  

     —Me parece que todo iso é posible, Thaynara, pois, moitas veces, os pequenos desencontros durante varios anos de vida en común, tal vez poidan ser entendidos como parte da loita para poder conseguir, hombro a hombro, alcanzar os soños da xuventude. Así como a ansiedad por alcanzar victorias ou o medo dos fracasos. Por outro lado, penso que os conflictos deben ser administrados sen amargura ou resentimentos para non chegar a un rompimento definitivo. É necesario haber comunión de intencións, respecto e admiración mutua.

     —¡Meu Deus!, A pesar de tantas cousas se pasaron durante moitos anos de miña vida; como esposa e, principalmente como nai que, neste intre de sufrimento e tristezas parece que todo iso aínda foi onte, nun piscar de ollos. Canto loitamos os dous xovens daquela época para poder ser felices xunto coa familia que estabamos formando. Parece que todo iso foi en van diante do cadro de tristezas, de falta de harmonía e comprensión, entre uns e outros membros da familia neste intre.

     —Thaynara, eu creo que, a penas loitar, non sexa o suficiente para manter un matrimonio en harmonía, a unión non pode ser soamente de servidumbre, pois, cada un debe conservar súa identidade e personalidade dentro dos preceptos matrimoniales. Hoxe, moitas persoas preocupanse máis con seus proxectos persoais e, quen se casa debe abrazar, tamén, o proxecto familiar.  O matrimonio debería ser para facer un ó outro feliz.

     Ela mesma, algunhas veces, dábase de conta que era moi escéptica e pesimista, canto ao seu modo de interpretar e ver as cousas que lle podían traer un pouco máis de felicidade,  pois,  o único lugar que podemos encontrar a verdadeira felicidade, é dentro de nós mesmos. É amándonos a nós sen deixar de respectar e querer aos demais.      

     Thaynara, analizando e pensando en todo iso e un pouco máis esperanzada, empezou a ver as cousas dentro de un punto de vista palpable e real. Claro, que a pesar de boas intencións de mudar para vencer esa barreira, ás veces invisible para ela, tería que considerar que non era apenas unha loita contra o muíño de vento, pero, moito peor, sería unha loita semellante á loita entre Abel e Caín, é dicir, unha loita entre ela e as ideas de seu nebuloso mundo.

     Raciocinaba ela:

    Ben, hoxe, véxome aquí, en pe: Podo pensar/chorar/rifar/sorrír/ver/comer/falar/andar/esixir/decidir/sementar/despertar/soñar e, principalmente, amar. Se eu estou aquí facendo todo iso e moito máis..., debería considerarme unha persoa moi feliz, como me din algunhas das mellores amigas que xa tiven a sorte de encontrar nesta cidade que me acolleu de brazos abertos.

     Ó mesmo tempo penso que, se teño todo iso, é porque loitei xunto con meus familiares, as amigas de miña adolescencia e as que eu conquistei en máis de cinco décadas, neste gran país que moito amo. Con axuda ecuménica  de tódolos meus  protectores espirituales... Loitei e loitaron por mín para poder ter, de volta, cando menos, unha boa parte de todo o que eu tiña antes de miña dolorosa enfermidade, e, se o conseguimos, é porque Deus  escoitou nosas oracións e as de todos aqueles que moito me queren e me aman.

     Entón: ¿será que todo iso non é motivo suficiente para estar moi feliz?

     Outra de súas amigas, Rosalia, dicíalle:

     —Mira, Thaynara, cando vemos o mundo a través  dos cristales de unha xanela, non pola distancia, pero, polo desnivel entre os dous planos de referencia, podemos estar sendo inducidos a unha ilusión óptica, así, estaremos impedidos de ver a verdadeira felicidade que temos dentro de nós.

     —Sí, Rosalia, quizais haxa algunha razón nesa metáfora que acabas de decirme. Pero, na verdade, mesmo con todo o sufrimento pola enfermidade que me acometeu a o longo de case un ano e, a pesar de saber que nunca poderei ser máis o que era, dou gracias a Deus e agradezo a todas as persoas que se interesaran polo restablecimento de miña saúde. Na miña mente teño moi ben gardadas as persoas que son miñas verdadeiras amigas, que me consolaron neses momentos de dor, tristezas e por que non dicir, entenderon algúns delirios ou loucuras impensadas en algúns momentos de miña vida.
 
     —Ben, Thaynara, enténdeo como queiras, pero, moitas veces, algunhas metáforas queren decirnos moitas cousas en pocas palabras e, dígoche máis, segundo algúns pensadores: “o Ser humano viaxa a través do tempo, exclusivamente por súa conta. Se a camiñada lle vai ser lenta, breve, amarga ou de plena felicidade, todo iso dependerá de sí mesmo”.

     Algúns sociólogos e filósofos, tamén afirman que un dos obstáculos máis frecuentes para a plena felicidade do Ser humano, é a dificuldade de poñer en practica unha boa convivencia con seus semellantes, pois, só así, poderá encontrar a felicidade dentro de sí mesmo, que, na realidade, é o único lugar onde el a poderá encontrar.

     —Eu penso que, mesmo sabendo que todo iso non sexa novidade para as persoas máis sensatas e, ó mesmo tempo que teñan máis sensibilidade naqueles momentos dalguna forma de saudade, o primeiro pensamento que lle ven, é sobre algo o alguén que lle poida facer compañía para poder “aconchegar a cabeza no seu hombro e chorar”. Naquel exacto momento, - no plural - nosos verdadeiros amigos, son: uns discos, nosos libros de todos os días o nosos amigos..., por que, o verdadeiro amigo —no singular— nen sempre estará a noso dispoñer.

     —Estamos caseque dacordo, Rosalia. Esas barreiras que ti dis, non deben servirme como obstáculo para poder continuar a renovar as ideas e necesidades de aceptar un modo diferente de ver as cousas, para que poida adaptarme a cada ángulo ou faceta dos novos tempos que acompañan nosa vida.

     Se é verdade que o envellecer nos trae sabedoría e tamén nos protexe contra as reaccións excesivas  a propensión de loitar contra —os muíños de vento— ela non nos debe conducir á pasividade, amargura ou á resignación, pero, a servizo de todo o que podemos axudar a mellorar.

     “A chama da rebelión da vida debe continuar a queimar en nós, mesmo que a sociedade ou algúns membros da familia, consciente ou inconscientemente, intenten apagala”.

     É ela que nos manten acordadas, vivas”.

     —Non é soamente iso que debemos levar en conta, Thaynara, pois, ningún proxecto do futuro, terá pleno suceso se non consideramos  as varias etapas evolutivas do pasado. Por iso, quén mira para o pasado, pode perder un ollo, pero, quén non o leva en conta, pode perder os dous...

     Thaynara con o cambio de ideas e os consellos das mellores amigas que, agora xa non son máis unhas adolescentes nen xovens de antaño, pero, ancians das canas brancas  e as engurras na pel resecada polo tempo, pensa que debe quitar o mellor de todas esas experiencias vividas. Ela ten que cambiar, a pesar das barreiras impostas pola idade, a enfermidade e un pouco de escepticismo inherente a súa personalidade. Súas verdadeiras amigas sempre estarán ao seu lado para lembrarlle todo iso.

     Porén as atroces dúbidas continuan a poboar a súa nata intelixencia, pero, o que é peor, continua desgastado o seu raciocinio espiritual por tantas e tantas ideas rexistradas, como un autómoto, en seu cérebro.

     —Miñas benqueridas amigas, eu ben sei que debo podar algúns obstáculos que se interpoñen entre min e o camiño da miña felicidade, porén, no mesmo intre eu me recuso a modificar as miñas ideas ás veces bastante pesimistas e imperativas.

            Asimesmo, díganme:

    ¿Que árbore da miña vida eu poderei podar para poder ser feliz, sen que ela perda a seiva produtora da vida?

     A pesar da miña vontade de continuar construindo as melhores ideas usando a arquitectura do presente sobre os alicerces do pasado...

     “Eu non sei se soño mentras vivo ou se vivo encanto estou soñando. Quizais, o soño e a vida sexan a mesma cousa interseccionadas e inherentes ao ser humano”.

     Pero, de unha cousa eu teño certeza, os momentos máis felices da miña vida foran os meus soños e, principalmente os soños vividos por dous enamorados amándose perdidamente alá nunha aldea galega, España. Agora a pesar deste intre de desencanto por todo que me ten acontecido, creo que a miña maior felicidade está en poder  ver a miña familia e, principalmente, os meus fillos camiñando por bos camiños.

     —Concordo contigo, Thaynara, pero, en algúns casos, deberíamos de percibir que, a pesar de que a vida nos ofrece  acontecimentos bos e ruins, o que importa é vivir ben o presente momento, o máis alegre e confiabel posibel. Temos que aceptar os feitos de tódolos días como son, tanto na vida amorosa como na vida profisional ou familiar, así, todo deberá fluir de maneira alegre para poder relaxar. “Na verdade, a vida é unha permanente corrida de obstáculos”. Afinal, entra día e sai día e a nosa existencia non deixa de ser unha secuencia de problemas vencidos e outros por vir. Dese xeito, vamos levando a vida con un obstáculo nun día e outro no día seguinte.

     —Ti tes toda a razón, Rosalia. Tal vez sexa todo iso o que vai marcando a pasaxe do tempo a través do reloxe que marca os obstáculos vencidos na vida —ou, ás veces, a longa espera da morte— mesmo así, con relación aos fillos, o dilacerado corazón de nai nunca terá unha tregua completa.
 
     —Eu sei moi ben o que iso significa, Thaynara, pois, o corazón de nai, algunhas veces, fica petrificado, principalmente no momento en que debe colocar a bagaxe dos fillos en súas propias costas e deixalos ir na dirección de un outro camiño. Nese momento se sente impotente que non consegue máis falar con eles  para suxerirlles ou mostrarlles o verdadeiro horizonte. Como se non puidese máis xerar sentimentos de nai. Como se de repente, o emarañado de emocións se transformase no fio que el vai tecendo para identificar un novo camiño, agora sen culpa ou pena, sen frustración, sen agonía.

     Corazón de nai non pode ser carcereiro nen ter reixas para prender o fillo dentro del. Chega un intre en que toda nai precisa deixar o fillo voar, mesmo que o corazón de nai teña que aterrizar en outros mares ou outras planices.

     Corazón de nai non pode ser desalmado como o de certas patrias que nunca pensam nos propios fillos. Como certas patrias que empurran os seus fillos para o abismo porque non conseguen ofrecerlles abrigo e conforto a cada un deles. Así chega o momento da despedida mesmo que o corazón de nai fique sangrando.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega