O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

O sufrimento no silencio

 

v9dizramosomundodethaynara015
Nun intre de súa gloria ou de fracaso
no seu silencio e no sufrimento da dor
na súa vida íntima, social e familiar,
molduraran o tempo con esplendor.

Sen relación co Ser total en seu redor
seu fráxil corazón foi se ofuscando
só no silencio se ausculta afectividade
que no pasado ela está buscando.

Esperando na súa enfermidade
moita fe e a esperanza renovada
así, vai enganando súa felicidade
coa mente e súa alma cansada.

Coa dor de súa integridade ferida
daquel tempo alegre e primaveral
da difícil camiñada se queixaba
pois, en seu soño, era feliz e real.

......................................


Así, nunha bela noite cando el lle falaba,
no seu ferino rostro súas vontades el vía
dentro do seu corazón que lle martirizaba,
 que só con palabras el non a convencía.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega