O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Parte I. Aquel verán

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara005

     Naquel verán, a pesar do ocio natural de un pequeno poboado, non había entre eles un clima de euforia como era de costume. O comentario de que un compañeiro e amigo de verdade, en tódolos sentidos, tería os días contados para deixalos, era inadmisible naquel exacto momento en que a súa convivencia con o grupo e unha certa lideranza tiña moita importancia para todos eles. Era unha época onde a fantasía e os soños deses xovens, non poderían perder ningunha argola desa cadea que os mantiña fraternamente unidos polos mesmos obxectivos.

     A idade deses adolescentes estaba nun nivel crecente da pirámide que pretendían alcanzar, claro, con as diferencias de madurez peculiares de cada individuo. Aparentemente, ninguén tiña aquela enerxía explosiva, pero, tamén non estaban durmindo ou en estado de sonolencia, Asimesmo de vez en canto, aquí o alá ouvíase un despistado bocexo entre eles.

     Normalmente, nos finais de semana, en caseque todos eles había unha certa sonolencia matutina, decorrente do desgaste físico da diversión nocturna: en bailes de pandeireta, acordeón ou a gaita de fol galega. Por iso, algunhas veces, daba unha nítida sensación de estar un tanto aéreos ou indiferentes a todo aquilo que os rodeaba. Ademais dalgúns servicios do campo, traballaban nunha actividade extractiva de unha mina de casiterita (estaño) do seu poboado, por iso, non lles era permitido calquera tipo de nugalla ou apatía natural, pois, tiñan que producir un mínimo necesario para merecer un pequeno salario, que, mesmo así, representaba moito para eles naquele exacto momento de súas vidas.
 

     Parecía que algúns dos compañeiros, vían as cousas con ollos contemplativos ou indiferentes, de tal forma que tiñan apenas unha idea do todo, sen deterse nos pormenores. Así, displicentes sen  apegarse a nada en concreto, quedaban observando alá para outro lado da montaña a inmensidade  do horizonte. No infinito para uns e, ben máis próximo para poucos.
 

     O sol, alá ben ó lonxe, estaba despuntando pálido e sereno con seus raios espallándose pola relva —aínda mollada polo orballo matinal? que facía brillar as pingas d´auga que se ían desprendendo polo contacto de unha abella que, un pouco aquí e un pouco máis alá, colectaba algún pole das coloridas  flores nativas. En canto iso, o reflexo da insípida luz solar, sobre as rubias meixelas deses xovens, axudaba a pechar un pouco máis as pálpebras de seus ollos sonolentos.   

      Os raios do sol, que incidían sobre os fráxiles corpos, eran atenuados polas roupas remendadas, frouxas e suadas polo uso do día anterior na continua loita para traballar nas minas de estaño daqueles poboados e aldeas galegas ou no campo, nos arduos minifundios. Durante a merenda, matutina, sentábanse nas pedras ou na relva para descansar un pouco e absorber o perfume das flores nativas da terra húmida, en canto comían algunha cousa e bebían un pouco de auga fresca nunha nacente ó lado.

     Un pouco máis abaixo deles, un paxaro nas pólas de unha árbore cantarolaba uns cánticos saudando o amañecer primaveral. Pero, en verdade, o que máis se destacaba sobre todo iso: era a serenidade do vale con todo  un conxunto harmonioso, principalmente, o murmurio das augas caindo de unha pequena cascada e o asubío do vento por entre os pinos e carballos. Eses xovens, a pesar da apatía sonolenta que os invadía en determinados momentos, o silencio profundo e harmónico os contaxiaba impregnándoos de unha elevada contemplación e de un sublime pensamento, particularmente sobre os soños e a fantasía que xeralmente brotaba de seu aínda fráxil corazón.


     Algúns deses xovens, ó atardecer, despois de sair do traballo, extendían súas vistas, mesmo opacas polo cansazo, máis alá dos contornos da área de súas actividades. Algunhas veces, eran as dúbidas ou incertezas dos amores inmaturos, que fan parte da propia “idade de ouro”.  Unha ollada ao lonxe, ou mesmo cando de preto un pouco disfrazada, tamén satisfacían as profundas dores dos amores, nen sempre correspondidos para  o seu ego moi vulnerable.

    Aquel pequeno vale da comarca da Terra de Montes, perdíase ao lonxe de seus Picos e montes entorno do Monasterio de aciveiro: Monte Candán, Pico da Abeleira, Custoia e Marcofán, engalanado por súas verdes matas e pequenos ríos de augas cristalinas, onde as troitas se escondían nas ben modeladas  curvas e pequenas represas. Esas represas que servían para desviar a auga a fin de irrigar as terras e ó mesmo tempo facer xirar as rodas dos muíños de grans: millo, centeo e trigo que, na verdade, a fariña producida era a base de sustentación alimentar das familias daqueles labradores galegos.

     Nun momento de divagacións, un daqueles xovens máis ousado, inquieto, de profundas ansiedades e dores dos amores, vislumbrou algunha cousa en movemento, alá ben ao lonxe. El vía, en súa mente, ademais da realidade, a sombra dalgunha fantasía que xa viña procurando con moita ansiedade, pero, tamén, vía algo real chegando máis próximo dos poboados que, aos poucos e ó paso que se aproximaba, ía tomando unha forma ben máis definida.

     Pero, cando se fantasían as cousas ou se ten algo en mente que nos poida dar placer, todo pode tomar a figura modelada e proxectada en nosa imaxinación moi creativa. Así, ese xoven, ó ver que o grupo de persoas estabase  aproximando, o seu corazón comezou a perturbar  súa mente, palpitando máis forte do que era de costume. Os outros compañeiros, ó percibir de quen se trataba, gritaranlle: ¡Terra á vista! ¡Terra á vista! Era unha maneira de divertirse con naturalidade e de bromear uns amigos cos outros.

     Os xovens esperaban atentos, en absoluto silencio e, ós poucos, alguns deles coa adrenalina aumentando a cada paso que as persoas do grupo máis se aproximaban para o encontro inesperado, así xa daba para percibir quen eran as persoas do grupo. Esa observación era máis clara para algúns deses xovens, principalmente para un deles que xa estaba amando, pero, no momento, en silencio e disimuladamente, sen alardes, apenas  amaba de un modo diferente—. Agora, máis preto, xa daba para percibir quen eran as persoas do grupo, ata polo xeito de andar.
          

     Elías, que era un dos máis falantes e bastante extrovertido, afirmaba que as tres persoas  xa tiñan sido identificadas: polas roupas, modo de andar e a postura dos corpos como un todo. Outro compañeiro tamén dou o seu palpite, dicindo que unha cousa era certa: elas veñen en nosa dirección e que unha delas é unha señora maior, as outras dúas eran Marisol e Thaynara que, neste horario, acostumaban volver do taller onde estaban aprendendo “corte e costura”.

     Entre os xovens, o que tiña seu corazón transbordando pola ansiedade do encontro coas persoas do grupo que se aproximaba, era o Theodosio, que, mesmo sendo inesperado, estaba dentro de seus planos, de que iso podería acontecer, pois, xa había algún tempo que os dous adolescentes se vixiaban e ollábanse de unha forma “traizoeira”, ollo no ollo, por iso, el xa podía prever algúns encontros inesperados ou tidos como casualidades polos demais compañeiros.
 

     Despois do encontro, unha parte do grupo disposta a conversar máis un pouco, principalmente sobre as festas que estaban máis próximas, foi retardando o paso ata quedar separado das outras persoas. Eles querían discutir sobre as festas que aínda faltaban pasar naquel verán e, a que estaba máis próxima era a Festa Grande de Rubillón, de Nosa Señora do Libramento e outras máis daqueles poboados máis próximos que lle servían de deleite para extravasar os soños e súas ansiedades de adolescentes.

      Claro, que a intención do grupo non era apenas falar a respecto das festas, pero, dar espazo suficiente para que os dous enamorados tivesen oportunidade de ollar ollos nos ollos e acertar as “horas do reloxio”. Eles necesitaban de máis un pouco de tempo para poder medir os próximos pasos que poderían dar, sen moitos sobre saltos ou aquelas desconfianzas nen sempre moi xustificables.

 

     Na verdade, entre o grupo deses xovens, había supostas intencións implícitas entre algúns deles, pero, o par que estaba máis interesado en pasar da frivolidade a un namoro máis consistente era a Thaynara e o Theodosio, pois, como foi comentado en páxinas anteriores, xa había algún tempo que se comportaban como “gato e rato”. A pesar da ansiedade de quererse aproximar e percibir que se querían un ó outro, aínda faltaba algunha cousa que non sabían moi ben o que era. Tal vez lle faltase, a ela, un pouco máis de firmeza en súas decisións e compromisos, nen sempre asumidos para poder satisfacer seu corazón impenetrable e ás veces un pouco indomable.
 

     Thaynara, aínda moi indecisa e insegura, uns tempos despois, quizais culpándose pola súa arrogancia e obcecación de non ter sido máis flexible ou ter decidido anteriormente sobre o namoro, ela martirizabase e ansiaba pola oportunidade de un novo encontro —os dous sós— onde ninguén puidera percibir nen interferir en súa personalidade moi posesiva e arrogante. Ela sabía onde el podería estar máis próximo naquel día e o procuraba con moita ansiedade, pero de unha forma que ninguén, en seu rededor, puidera sospeitar da oportunidade que estaba procurando.

     Disfrazadamente, para poder despistar das demais persoas de súa casa, achegouse sobre o antepeito de pedra da fiestra do cuarto, onde esperaba ter a oportunidade de poder avistalo con seus ollos de aguia, mesmo que fose de lonxe ou, quen sabe? Quizais nun intre de sorte poder ouvir a súa voz inconfundible para quen xa estaba amando de verdade. Esperaba que, se el dese, cando menos, un sinal de que estaba querendo ser visto, confirmaría as palabras e os xestos que ela supuña ser o comezo de un posible verdadeiro amor.


A  bela ninfa,  un caravel ollava no prado
estaba moi feliz, mesmo sen apañalo
ó lonxe, moi perfumada só de miralo
o aroma cobría o seu rostro delicado


     A final, a expectativa e  ansiedade que dela se tiña apoderado, era un síntoma de que xa estaba sufrindo e vivindo o preludio de un modo diferente de pensar, ó ter que compartillar os seus sentimentos amorosos con alguén. Por outro lado, de unha maneira confusa e ambigua, sentía unha sensación de inseguridade no seu peito, polo medo de que esa ansiedade puidera transformarse en algo inesperado e terminar con unha simple ollada. Era Aquela reacción química e biolóxica interior que a deixaban desorientada pola espera de recibir, cando menos, unha ollada fortuita, un xesto amigo ou un simple sinal con a man.

     Na verdade, naquele intre, el non estaba con bo humor por estar rompendo o corpo para dar vida á terra moi dura e seca, coa intención  de despertar o impulso xerminador de unha veiga de patacas. Pero, para atenuar o cansazo e o humor, estaba diante de un alegre día con aires de primavera: moi silenciosa, fresca e alegre pola proximidade do bosque de carballos e da maleza florida ás beiras de un pequeno regeiro.  E, para completar o encanto primaveral: un sonoro chiar dos paxaros entre as ramas dos árbores  saudando aos primeiros raios do sol que quentaban a relva húmida polo orballo matinal.

     O cheiro suave e enternecedor das flores de unhas silveiras ás beiras de un sendeiro moi próximo, tamén contribuían para alegrar o espíritu e disimular o cansancio, ben como disminuir o suor que escurría por súas meixelas moi coloradas, que lle daban un aspecto de unha saude primordial de un xoven soñador. Un xoven que soñaba cos primeros amores que empezaban a vislumbrar nunha típica aldea galega.

     Theodosio, que era un xoven soñador, raramente sentía nugalla ou aborrecemento en seu traballo, a non ser naqueles momentos de encontros súbitos ou algúns pensamentos sobre o amor que non lle deixaban pensar, descansar ou traballar normalmente. Por iso, seus brazos nen sempre encontraban a forza suficiente que requería a labor do campo en determinadas tarefas.

     Súas miradas  e pensamentos ían ao encontro da xoven cintinela de ollos de aguia e das meixelas moi brancas e coloradas. Unha moza moi rubia, presumida e máis fresca que unha flor no medio dun  xardín, pero, segundo se oía falar, tiña súas ideas moi posesivas  e imperativas ó extremo soportable.  


    
Nun determinado intre, Thaynara, con moita ansiedade e impaciencia, esquivándose de un dos seus familiares, pensou que, se aparecese na outra ventá de fóra ou no balcón, que daría unha mellor visión e tal vez así ter unha oportunidade de, nun raro momento, poder observalo máis de preto sen que ninguén percibise.


     Asimesmo, ela continuaba moi insegura e desconfiada, de todo e de todos, principalmente con relación ó namoro. Ela sabía que, nun poboado pequeno que tiña as actividades do campo e o ocio de finais de semana en comunidade: misas, festas, feiras e outros traballos..., caseque nada podía ser feito sen o ollo clínico dos parentes e veciños, era moi difícil esconder determinados segredos e, ela non quería expoñerse antes do tempo. Era indomable e moi determinada.


 

     Naquel intre de incerteza e de un profundo devaneo amoroso, ve entrar pola porta de súa habitación a amiga Diana, que, inmediatamente ó vela naquela postura pouco común, foi logo  preguntándolle:
 

     —¿O que é que ti estás facendo a estas horas da mañá, con teus ollos de aguia, parada aí na ventá do balcón?  

     Thaynara, a pesar da preocupación e ansiedade, sorriu maliciosamente e, apuntándolle coa mao nunha certa dirección, díxolle que ela mesma descubrise.
 

     ¡Ah!  Non necesitaba falar máis nada, súa tonta. Respondeulle a amiga con un semblante de quen xa había descuberto máis do que a amiga imaxinaba.
 

      —¿Enton, o que foi que ti descubriches, intrigante? ¿Viches algunha cousa que eu aínda non puiden ver o percibir?
 

     —Thaynara, parece que ti estás posuída polo cupido da misteriosa mitoloxía grega, con a ansia de obter algunhas respostas para  túas dores de amores e, de certa maneira, como el é unha persoa sensata, e razonable, quizais poida darche un sinal de que ti estás sendo vista e tal vez entendida.
 

     —Eu sei moi ben como iso é enigmático e complicado na túa idade, miña querida amiga Thaynara, ó mesmo tempo en que entendo o teu estado de espíritu con relación a todo iso. Imaxino unha cousa moi natural a calquera xoven que pretenda descubrir o que é que a fai despertar, dentro de sí, unha sensación nunca antes sentida ou vivida. Un sentimento que a fai estremecer e que acelera a pulsación de seu corazón, atrofía os membros dando un nó na garganta, que, por uns instantes, non consegue articular unha soa palabra.
 

     —Diana, eu creo que ti tes toda a razón, pois, algunhas veces, sinto cousas ata peor do que iso e, o máis difícil, é que non teño pleno dominio sobre elas, por iso, na dúbida, as combato con toda  miña alma, mesmo que despois me arrependa de telas podado antes de darlle unha oportunidade ou tempo de acomodación para poder entendelas mellor.

     —Agora sí, xa me parece que ti estás a falar con o corazón e non apenas coa cabeza dura e terca como o fas caseque sempre. É natural percibir como iso  afecta un certo amor contido, miña amiga Thaynara,  pero, moitas veces, non entendo a túa maneira de reaccionar  un pouco autoritaria e posesiva. Por iso, as persoas nen sempre poden saber cal é túa verdadeira intención, ti tanto podes estar finxiendo de que ninguén che gusta en canto teu corazón di o contrario ou, na verdade, estar actuando normalmente como calquera unha o faría...

....................................................

     Theodosio, mesmo sen ter moita certeza do que ela podería estar xurdindo naquel intre, apoiada na xanela do balcón, ou, sí, de feito, el ó alcance de súas vistas había provocado algúns sentimentos que xustificasen aquela postura en Thaynara. El, mesmo estando un pouco distante, pero atento a calquera sorpresa posible, tamén xa tiña percibido os movimentos da centinela que o mantiña na mira certeira de seus brillantes ollos aquilinos.

     A pesar de todo iso, é claro que el tamén prefería dar tempo ó tempo para ter certeza de que non era máis unha artimaña ou un xogo de mal gusto, dalguén que aínda non sabía moi ben o que quería naquel exacto momento. Con todo, el non podía negar que tamén a quería ver ou poder estar con ela o máis próximo e cantas veces puidese. Para el, non había máis dúbidas  de que a quería ardentemente, pois, xa había bastante tempo que viña sentindo algo diferente do que sentía polas outras mozas coñecidas.

     Con todo, mesmo con seu adiantado envolvemento amoroso de un xoven ben intencionado, Theodosio non deixaba de pensar, que, sendo o fillo barón maior, tiña que procurar novos camiños para alcanzar seus obxectivos, é dicir, axudar no sustento da familia, e, para iso, tal vez tivese que sair  fóra do seu poboado onde podería ter máis oportunidades, como xa o tiña feito había pouco tempo, para traballar en unhas minas de Santa Comba —A Coruña— xunto con algúns parentes e veciños por unha pequena tempada.

     Nesa ocasión, que foi traballar nas minas de Santa Comba, Agolada..., tal vez por súa pouca idade, falta de experiencia e o apoio dos parentes e veciños que estaban xunto con el, non tivo moito éxito. Agora, con un pouco máis de coñecimento e máis experiencia da vida, das dificultades e maldades impostas polas circunstancias vividas naquel intre, xa se sente máis confortable e con bastante coraxe de enfrentar unha nova oportunidade que lle poida aparecer fóra do seu poboado de nacemento.

     Mesmo sabendo que era costume dalgunhas persoas, de ter que sair de seus poboados procurando outros lugares para facer un pouco máis de economía, Thaynara aínda non sabía da conversa que corría entre os amigos de Theodosio, sobre a posibilidade de  que o seu pretendente iría traballar fóra, tal vez en outra provincia de  España, polo tanto, fóra de Galicia e, como consecuencia, lonxe dela. Todo iso aínda podería aumentar máis a súa nata inseguridade e desconfianza con relación ó amor.

     De feito, Theodosio soñaba en intentar abrir novos camiños para poder axudar con máis seguridade na manutención de súa familia, este era o soño que máis perseguía, inclusive que un día puidese atravesar o atlántico, como xa o habían feito seus ascendentes, non apenas para cumplir parte de seus soños, pero, por necesidade de ter unha vida mellor, pois, nese intre, seu país de orixen non lle podía  dar o que el pretendía.

     A guerra civil española de 1936, tamén tiña deixado unha tempestade de dificultades por toda a España e, na Galicia, a pesar de non ter sido diretamente o palco de guerra, tivo unha serie de problemas políticos, ben como a perda de unha boa parte de súa xuventude e moitos pais de familia que foron convocados para unha loita insana e desumana.   

     Como consecuencia desas convocacións para a unha batalla entre os dous bandos, onde moitos non sabían a razon nen o por que desa loita entre irmaos; unha boa parte perdeu a vida e outros tantos ficaron inválidos para o resto da vida. Por iso, moitos xovens ou adolescentes tiveron que asumir, en parte, a manutención da casa familiar que tiña perdido o seu xefe: por morte, invalidez ou, ás veces obrigados ao exílio. onde, con o tempo, a maioría acabava perdendo o elo familiar.
 

     Theodosio aínda tiña na súa memoria os días de súa adolescencia cando tamén tivo que amargar a prepotencia política de tódalas ideoloxias cando estaban no comando, principalmente a dos fascistas durante a dictadura franquista.

     Ás veces ele comentaba con persoas máis vellas que viviran eses sufrimentos que tiveron que  pasar moitos españois e tiñan participado ou estiveron envolvidas indirectamente na contenda entre os aliados: anarquistas, comunistas, socialistas e republicanos loitando contra os insurxentes militares que —segundo eles— a revolución non fora feita contra o pobo español porén, contra o intento da división da España en varias republiquetas dominadas polos comunistas internacionais, principalmente a Rusia.

     Alén diso,  tamén contra un goberno central impotente para manter a orde e ben estar do pobo español —onde se daban vivas á Rusia— en vez de pedir liberdade e vida para a España. Quizais, poriso, teña algún sentido a máxima daquel chiste sobre os españóis: “Hay Gobierno, soy contrario”.

     Theodosio, para poder entender mellor todas aquelas barbaridades cometidas contra o pobo español, continuaba procurando máis informacións con persoas de varias tendencias  políticas para mellor poder avaliar, racionalmente e sen paixón política. Porén, moitas veces eran respostas que estaban fóra do seu alcance de comprensión pola complexidade ou ás veces pola propia cegueira desas persoas que non querían enxergar o obvio, vian porén non exergaban a realidade política e social que tiña provocado a guerra civil española.  
 

     Elías, amigo de Theodosio e que xa tivera algunhas persoas da familia envolvidas por esas arbitrariedades e acompañaba de preto as ansiedades do amigo, díxolle el:
 

     —Theodosio, ti sufriches as consecuencias da guerra civil española como a maioría de nós nestas aldeas galegas, porén, algúns penaron un pouco máis que os outros e sen motivos que xustificasen tais punicións.
 

     —Olla, Elías, eu sei que a maioría foi castigada só por non concordar coa prepotencia dos caciques que sempre lle gustou de mandar e, outros nunca souberon ao certo o por qué. Bastaba alguén que non lle gustase un veciño ou ás veces ata da propia familia facer unha denuncia, de certa forma anónima, para prendelo, mandalo para unha prisión ou campo de prisioneiros de guerra.
 

     —Ben, xa que ti estás a falar a ese respecto, nós tivemos aquí moi próximo, algúns emigrantes que tiñan voltado para rever os parentes e, moitos deles nen conseguiron chegar na casa da familia, pois, sempre tiña un auxiliar do autobús, onde viaxaban, que facía o papel de alcagüete político dos falanxistas e, a persoa era presa na viaxe sen máis nen menos. A única culpa que lle imputaban era a de non ter vindo da emigración para loitar contra os propios veciños ou seus irmaos na frente de batalla.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega