O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Parte II. Angustia e ansiedade

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara006
     Parece que a ansiedade, angustia e os soños deses dous adolescentes, xa deberían estar escritos nalgún mapa estelar, podendo levalos a un destino común, mesmo que por camiños distintos, pois, Thaynara tamén tiña seus soños repletos de ansiedades. Ela, dende moi nena e como el vivindo nun medio rural, constantemente ouvía algunhas conversas dos maiores, ó mesmo tempo en que cambiaba ideas con súas amigas máis íntimas, sobre as persoas que habían emigrado, procurando un medio de vida un pouco mellor do que a súa terra de nacemento lle podían proporcionar.
 
     Como xa foi comentado en páxinas anteriores, na familia de Thaynara, como na maior parte das familias galegas, principalmente na Terra de Montes, desde as ultimas décadas do século XIX tamén tivera varias persoas na emigración: no Uruguai e, principalmente no Brasil, que era o país onde vivía parte de súa familia.

     Xeralmente, unha boa parte deses emigrantes, tamén eran persoas moi xovens, a maioría non ultrapasaba dos quince anos de idade e viaxaban para xuntarse a algún veciño ou parente  coa intención de  traballar nas facendas de café ou en algunha profesión especializada e de outros servicios, en algunhas cidades da América Latina. No comezo, moi poucos conseguían traballar nas industrias ou no comercio.
 
     Fóra do traballo, nas facendas de café, os españois procuraban outros campos de actividade: nos bares, restaurantes ou na construcción,  onde algúns encontraran a maneira de verse libres dos que os habían contratado para traballar en súas terras e non cumprían con as mínimas obrigacións combinadas anteriormente.
 
     Despois dalgúns anos na emigración, os emigrantes que xa habían conseguido algunhas economías, volvían para rever a familia ou formar unha nova familia nos seus poboados; regresando á emigración tan pronto como o novo fogar estivese un pouco consolidado. Moitas veces, por varios factores, era unha ida sen volta. ¿Cantos fillos da diáspora, inclusive o Theodosio e a Thaynara, que quedaban por nacer na barriga das esposas nais, deixaron de coñecer ós pais, que, por circunstancias da vida, desapareceron ou foron sepultados debaixo de sete palmos de terra nos países que os acolleron?
           
     Segundo algúns dados estadísticos da emigración galega, entre 1850 e 1960, saíran da  Galicia cerca de  dous millóns de galegos, de tódolos recunchos desa región histórica da península ibérica, con dirección ás Américas. Como non podería deixar de ser, facendo parte desa rexión histórica, a antiga comarca da Terra de Montes e seus entornos, tamén contribuiu con unha boa parcela de seus fillos, coa intención de facer unhas economías ó mesmo tempo en que axudaban no desenrolo das terras que os habían recibido como fillos adoptivos.
 
      Thaynara, que tamén non coñecera o avó paterno e aínda non tivera a oportunidade de coñecer o pai por estar e haber vivido a mor parte de súa vida na emigración; estaba sempre preguntando á nai: ¿por que o avó, agora meu pai e outras persoas da familia tiveran que escoller ese camiño da emigración? Un camiño tan penoso e angustiante por obrigalos a vivir uns lonxe dos outros. Ela estaba acostumada en dividir toda esa angustia, cando conversaba con as amigas sobre ese asunto, pois, algunhas delas estaban nunha situación semellante ou peor do que a súa, con respecto ós familiares na emigración.
 
     Unha de súas amigas, a Dominica, un pouco maior que ela e, como xa tiña máis algún coñecemento sobre a vida de moitos parentes e veciños na emigración, procuraba explicar un pouco da vida deses sacrificados e heroes galegos por terras americanas. Entre outras cousas, contáballe ela:
 
     —Ollen, miñas ben queridas amigas, a pesar de tódolos problemas que carrexa a emigración, para todos, tanto para os emigrantes como para súas familias, vostedes deberían de ter moito orgullo deses intrépidos emigrantes españois. Eles tiveran que sair de nosas aldeas, deixando as familias e súa pequena comarca da Terra de Montes, tan pobres de recursos como ricos en xuventude para enfrentar novas terras e unha nova vida, sen outras armas que a súa honestidade e  coraxe para o traballo. Con esas ferramentas, se non alargaran o mundo como o habían feito seus antepasados, axudaron moito no desenrolo dos países que os recibiron.

     —Algúns construiron novas familias, deron prosperidade e desenvolvemento á sociedade na cal se integraron. Outros, ademais de iso, con súas economías e dentro do posible, axudaron nas mellorías de nosos poboados sempre que podían volver, para rever ou visitar a familia —inclusive darlle unha formación cultural e educacional ós seus fillos para que puidesen ter o mesmo nível cultural como os de outras rexións da España—. Por iso, non deben pensar tan soamente no punto de vista negativo de todo iso da emigración.
 
     Continuou a Dominica:
 
     —Pero, a maior grandiosidade deses emigrantes, tal vez teña sido a fundación de  asociacións lonxe de súa terra, con a intención de manter viva  súa cultura e os seus costumes moi arraigados destas aldeas galegas, Esas asociacións ó mesmo tempo que servían para xuntalos, facían o papel de verdadeiras embaixadas  de España.  Alí, xuntos, poderían minimizar a saudade da familia, da noiva e da terrinha que os vira nacer. Querían continuar ouvindo aquel son melancólico dos acordes da gaita de fol galega nas procesións de unha romaría, de unha festa de acordeón ou de pandeiretas en un pequeno salón ou en unha eira de súa aldea, ás veces, ata nas palleiras.
 
     Eles sentían a necesidade de vivir e recordar as tradicións da terriña galega, mesmo que fose nun pequeno recuncho. Sentir a convivencia fraterna de tódolos emigrantes, o calor que saía das vellas lareiras das casas simples de pedra de súas aldeas.
 
     Diana, que ata entón había escoitado atentamente á amiga de máis idade e encoraxada pola emoción do que había escoitado, recordouse dalgunhas historias que lle había contado un tío que tamén xa sufrira bastante na emigración.
 
     Díxolles ela:
 
     —Ben, xa que vós estades tan interesadas  en coñecer un pouco de nosos parentes e veciños que tiveron que sair polo mundo afóra buscando días mellores, eu sei dalgunhas cousas que meu tío me ten contado, principalmente do que viviu e aprendeu cando tamén estivo, como emigrante, en varios lugares do Brasil. Naquel gran país acolledor, algúns estados da federación brasileira merecen un destaque; polo aspecto pioneiro e pola cantidade de emigrantes españois que se sobresairon con bastante sacrificio, porén, con coraxe e desprendimento en varias actividades: no social, cultural e recreativa.
 
     —Segundo el conta, dos grupos de emigrantes, que, por motivos aínda pouco coñecidos e moitas veces procedentes ata de unha mesma comarca, creaban mecanismos propios de sobre vivencia. Tal vez teñan sido eses mecanismos de unión entre eles e traballar en actividades afins, que os levou a pensar mellor no colectivo e así, poder axudarse uns aos outros con máis probabilidade e conseguir vencer con máis seguridade. Creo que foi así no México e en outros paises. Porén, en algúns lugares, esa tipo de axuda xa existia hai moito tempo. Por exemplo: en Salvador (Bahía), a mor parte dos primeros emigrantes que chegaron alí, procuraron traballar no comercio, principalmente no comercio de alimentos.
 
     —No Rio de Janeiro, esas actividades foron centradas na área de servicios ou no comercio hoteleiro... En São Paulo, tal vez teña sido o estado  onde, inicialmente, moitos emigrantes traballaron nas facendas de café, moi poucos en outras actividades. En mediados do século XX, con a chegada en masa de novos emigrantes, houbo unha tendencia, principalmente, para o traballo especializado da construcción civil, específicamente no revestimento de pedra en obras do goberno ou particular.
 
     No estado de São Paulo, moi poucos se estableceron no comercio ou na industria, soamente, máis tarde, no final do século XX, é que algúns se aventuraron nunha área moi descoñecida e rara para os emigrantes españois, é dicir, se estabeleceron con escolas de educación, nunha área nobre e dignificante, porén con moito orgullo, aos poucos, foron se integrando con moita firmeza e sabeduría. Eses emigrantes, para noso orgullo, son da nosa querida Terra de Montes?Concello de Beariz.
 
     Dominica, que tiña un parente vivindo había moitos anos en Minas Gerais e mesmo sabendo bastante da odisea dos emigrantes, tiña unha dúbida con relación á emigración nese estado, por iso, preguntoulles:
 
     —¿Vós sabedes como se deu a emigración española no Estado de Minas Gerais?
 
     —¡Ah! Eu xa me olvidaba diso se ti non me houberas preguntado sobre a emigración en Minas Gerais, principalmente en Belo Horizonte. A emigración española na Capital de Minas Gerais, é un capítulo á parte nos anais da historia contemporánea, principalmente, porque a mor parte deses emigrantes saiu destas nosas aldeas.
 
     Ten algunhas cousas moi interesantes con respecto a esa “cidade xardín”, como algúns a denominan. Meu tío tamén di ter moi boas recordacións de súa xuventude nesa Nova Capital de Minas Gerais. El, ademais de ter vivido en Salvador, Bahía, tamén residiu en Minas Gerais, pois, como chegou a traballar na “Rede Ferroviaria Central Brasileira” entre São Paulo e Belo Horizonte, nas primeras décadas do século XX, ficou traballando alí algúns anos. E, como vivía xunto con outros españois nunha mesma pensión, alí tivo a oportunidade de coñecer a moitos emigrantes galegos, da Terra de Montes e seus arredores.
 
     Segundo el me contou, a maioría era procedente dos Concellos de Ourense e de Pontevedra: Cerdedo, Beariz, Avión, Forcarei, Cotovade, Campo Lameiro e outros lugares de súas proximidades. Soamente uns poucos, eran de un lugar alá preto de Ourense que eran veciños de unha tal Aurelia Fernández Rodríguez  e seu esposo —que eran os propietarios da pensión, xunto con máis dous outros emigrantes galegos —Pensão Ramos & Candedo— Como xa comentaches, Dominica, uns ían chamando aos outros cando había algún traballo que valese a pena, pois, o seu principal obxectivo era facer algunhas economías a través do seu suor.
 
     —El acredita que, en Minas Gerais, por ser un estado sen porto de mar e pola razón de que, a mor parte dos emigrantes que naquela época ían chegando procedían deses estados citados anteriormente. Por iso, non existen moitos rexistros da emigración española que poidan comprobar grandes grupos de emigrantes chegando directamente para ese estado.
 
     A pesar diso, tamén di que lle contaran os emigrantes alí residentes e, ademais de testigos aínda vivos naquel intre, tamén había probas documentales de que en 1896, con a necesidade de man de obra especializada en construcción da nova capital de Minas Gerais, máis de tres mil emigrantes españois xa tiñan pasado polos rexistros de control de man de obra de Belo Horizonte, alén dos emigrantes de outras nacionalidades: portugueses e italianos. ..
 
     —Ademais do que me contou meu tío, o señor David Ogando, que tamén viviu moitos anos con un grupo de traballadores galegos en Belo Horizonte, no comezo do século XX, ás veces conta algunhas historias vividas polos emigrantes no final do século XIX, con a construcción da nova capital de Minas Gerais, Belo Horizonte.
 
     El conta cada historia que fai a xente chorar: de alegría con algunhas pasaxes positivas de acontecementos interesantes e, de tristeza polos problemas que tiveron que pasar para poder sobrevivir. Moitas veces dormían debaixo de unha cuberta feita de paos e ramos de árbores na mata, á beira das lliñas de ferrocarril  onde traballaban.
 
     Thaynara, despois de ouvir moitas historias das dúas amigas, tamén lles dixo que tiña escoitado dalgunas persoas de súa familia, que seu avó tamén había emigrado para Minas Gerais, xunto con varios traballadores especializados, para traballar na construcción desa nova capital. Iso proporcionou a oportunidade para que alí chegase máis outro grupo de emigrantes de España, a maior parte eran das verdes terras galegas–Terra de Montes e seus arredores.
 
     —Sí, sí, Thaynara, o que meu tío me  dixo, é máis o menos iso que ti acabas de comentar. Os traballos da construcción esixían coñecedores do traballo da pedra e da madeira: canteiros e carpinteiros eran os obreiros máis valorizados. Os galegos son mestres con o trato da pedra, tratándoa con moito cariño —un verdadeiro ritual ancestral que conlevan eses verdadeiros artistas da cantería, os canteiros da pedra de granito. El, conta todo iso con bágoas nos ollos e ó mesmo tempo con orgullo por tamén ter participado do progreso desa encantada cidade de Belo Horizonte.
        
     A Dominica volveu a realzar a importancia do pobo da Terra de Montes na área da cultura e, díxolles: Nós, os galegos, principalmente da Terra de Montes e seus arredores, tamén tivemos a sorte de ter nesta comarca un difusor cultural moi importante nunha certa época da nosa historia. Primeiro a influencia relixiosa e cultural pola proximidade de Santiago de Compostela e, despois, o gran celeiro cultural do Mosteiro de Aciveiro, que, se na verdade, os frades explotaron en principio aos campesiños, máis tarde enseñáronlle as artes en tódolos sentidos da palabra.
 
     Tal vez sexa por iso que os terramonteses teñen unha componente cultural que os leva a actuar en varias áreas da nova sociedade que os acolleu. Alén diso, en Belo Horizonte non tivo soamente canteiros e carpinteiros..., pero, tamén, educadores terramonteses que actuaron e actuan en varios sectores de destaque na administración e na educación da nova capital de Minas Gerais. 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega