O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Parte III. Lembranzas e tristezas

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara007
     Como se sabe e confirmado polos físicos, que o noso pequeno mundo da moitas e moitas voltas e, como nós tamén somos parte integrante deste mesmo mundo, xiramos xunto con el. Thaynara e súas amigas, naquel momento, mal sabían que ó interesarse por esas verdadeiras historias sobre a diáspora, que un día tamén serían protagonistas dese mesmo fenómeno da emigración, inclusive disfrutando ou sufrindo todas  súas consecuencias.

     Unha delas, Diana, despois de tamén ter amargado dando voltas e máis voltas, no tempo e no  espazo, durante súa camiñada polo mundo da emigración, acababa de recibir unha noticia que a deixou bastante triste e preocupada co estado de saúde dunha desas antigas amigas: de alegrías, tristezas e travesuras de adolescentes.

     Esa antiga amiga, era —Thaynara— que, como millares de emigrantes españois, residía había máis de cinco décadas na América Latina. Diana, que tamén había sido emigrante no continente europeo, xunto co esposo que xa había falecido, e, agora, próxima dos ochenta anos de unha vida chea de acertos e tropezos, pensaba  naquela xoven amiga dos bos tempos de súa xuventude. Unha amiga con instintos espontáneos e irreverentes daqueles días dourados de súa adolescencia, nunha típica aldea galega.

     Ela, xa tiña varios días que viña remoendo os pesares que a tiñan invadido pola noticia recibida  da enfermidade de Thaynara. Para poder compartillar súa dor naquel intre, pensou que o lugar máis adecuado e máis rápido, onde podería encontrar a Esther e as outras amigas das poucas que aínda estaban vivas, sería na praza do lugar (eira) que, infelizmente  era o único lugar disponible para que os máis vellos puidiesen pasar algunhas horas de ocio (lecer) preto de súas casas,  principalmente tomando un pouco de sol ou para poñer a conversa en día. Moitas veces falando ben o mal da  vida dos outros.  

     Baixou, ben debagar, polas escaleiras de súa pequena casa de pedra, herdada dos pais —tal vez fose centenaria como moitas das casas do poboado, que, mesmo estando abandonadas, aínda estaban en pé—. Ela xa tiña feito pequenas mellorías para adaptala aos novos tempos e ás novas necesidades dunha vida máis confortable, contemplativa e sedentaria.
 
     Foi baixando as escaleiras, ollando para cada chanzo de pedra, pois, súas pernas xa non eran as mesmas de antaño. Ó baixar, axeitou as gafas bifocales e extendeu as vistas pola praciña (eira) que quedaba de frente de súa casa, procurando pola Marisol que acostumaba quedar sentada alí  nun banco de pedra. Ó vela conversando xunto con outra veciña e amiga, foi logo  achegándose e sentouse para poder falar con elas da dor que a estaba aflixindo.

     De propósito, sentouse ao lado da otra antiga compañeira do grupo de amigas daquela época, a Dominica, por suposto, uns catro ou cinco anos máis vella do que as outras. Alí intentou darlles a triste noticia, pero, con un nó na garganta e as bágoas caindo polo rostro, apenas saían soluzos de súa boca. Por fin, despois dalgunhas tentativas consegue conversar coas amigas para poder aliviar un pouco de súa angustia. Pero, en algúns casos, a dor angustiante pode levarnos a retornar un pouco no tempo e no espazo, de unha vida chea de alegrías para poder recompensar esa dor que nos martiriza ata a propia alma.
 
     —Así, despois das lamentacións e unha choradeira reprimida entre as compañeiras, polo estado de saúde da antiga amiga, de repente, como por un instinto de preservar os bos momentos daquela  época de adolescentes, Diana preguntou a unha delas:
 
     Dominica, a pesar deste doloroso momento nada agradable, retrocedendo un pouco no tempo, na miña mente, aínda parece que foi onte  o último de nosos mellores encontros de mozas alegres, cheas de vida e saúde. ¿Ti recordaste daqueles tempos, de moita dificultade pola sobrevivencia, pero, de moita felicidade e alegría daquela xuventude que sabía divertirse de unha forma espontánea e sana? ¿Das mocidades destes entornos, que convivían alegremente uns visitando os lugares dos outros, mesmo andando a pé: “Soutelo de Montes, Presqueiras, os de Xirazga, a Bouza, Beariz, Rubillón e ás veces a Barcia...?  A maioría tiña algún parentesco ou amizade entre as familias  deses lugares.
 
     ¡Que cousas fantásticas e maravillosas daqueles tempos! Hoxe sería imposible describir eses costumes herdados dos nosos devanceiros para os máis xovens e, quizais fose máis difícil eles poder entender os soños, as ansiedades e realidades dos nosos tempos.
 
     —A maioría dos xovens daquela época, caseque sempre tiña algún parentesco ou amistade entre as familias deses  lugares. Era algunha cousa que sería difícil de explicar aos nosos xovens de hoxe e, aínda máis difícil sería que eles puidesen entender os soños, as ansiedades e realidades de nosos tempos.
 
     —¡E porque non debería lembrarme de todo iso, miña cara amiga Diana!. De noso grupo con máis afinidade, a máis xoven era a Thaynara, que aínda estaba na súa máis tenra adolescencia e deslumbrada polo seu primeiro namoro con Theodosio que, a pesar da inconstancia nas súas decisións, non cabía dentro de sí de tanta felicidade, mesmo que nen sempre soubese os efeitos maliciosos do amor.
 
     —Eu mesmo fun algunhas veces ás festas (bailes) deses lugares, xunto con grupos de outras mozas e chavales. Porén, o que máis nos divertía non era a penas participar dos bailes, pero, principalmente, á nosa volta para casa que, moitas veces, era ó anoitecer ou de madrugada. Era unha camiñada difícil de andar polos carreiros no medio do matorral, para evitar rodear moito polos camiños. ¿Que harmonía e respecto había entre uns e outros, e claro, non se poderían evitar aquelas olladas indirectas ó dar as mans para axudar na travesía dun pequeno rigueiro, con unha certa malicia dos mozos?
 
     —Amiga Dominica, ó escoitarche falar dos bailes fóra de nosos poboados, lémbrome, xustamente, do namoro de Thaynara con o Theodosio que, públicamente, comezou cando a xente volvía para casa da “Festa Grande de Rubillón–de Nosa Señora do Libramento”. Era unha camiñada e tanto por aqueles carreiros estreitos no medio do monte. Pois ben, como aquel día, no baile, ela estivo máis tempo xunto conmigo que coas demais compañeiras, puiden observar as maniobras que os dous facían para poder estar un máis  próximo do outro, disfrazando o máximo. Soamente na volta da festa, ó ter que atravesar o rigueiro, é que, el, xentilmente, deulle a man para axudala a pasar de pedra en pedra pro outro lado.
 
     —Ben, Diana, esa estratexia era ou aínda é moi coñecida e usada tanto por uns como polos outros, homes e mulleres indistintamente. ¿Quen xa non usou dese ardil para poder coller un “peixe na rede”? Claro, que Theodosio sabendo da listeza ou un pouco de arrogancia da namorada que se facía de rogada, mesmo contrariando seu corazón, naquela festa de Rubillón, intentou darlle o cambio en moedas amorosas, bailando con unha chavala de Rubillón que xa viñan se ollando de reollo había algún tempo, principalmente cando se encontraban nas feiras ou bailes da comarca da Terra de Montes e seus arredores. El contra-atacaba para facer celos a Thaynara.
 
     —Claro que sí, Diana, eu estou dacordo con ese xogo amoroso, pois, na verdade, ese é o verdadeiro xogo do amor que ti afirmaches anteriormente, ou mellor dito, son as verdadeiras artimañas do amor que moitas veces poden levarnos a unha terrible dor de cabeza. Ese xogo, naquela época, xa era unha de túas principales preocupacións con relación a Thaynara.
 
     —¿Ti lémbraste de todo iso?
 
     —¡Sí, sí!. Como non podería recordarme, miña querida amiga.
 
     —Pero, o que máis me impresionou, para sempre, na nosa convivencia de adolescentes, tanto nos afaceres do campo como nas diversións bucólicas destes poboados, foi un alegre e maravilloso día de unha primavera, nos primeros anos da década de corenta do século XX, nun encontro inusitado do noso grupo con Theodosio.
 
     —¿Será que ti, tamén te lembras dese maravilloso día, Diana?
 
     —Creo que sí, se estaba con vós, é posible. Quizais teña esquecido algúns detalles, pois, xa pasou moita auga por debaixo da ponte do tempo, pero, xamais olvidarei a esencia da odisea de dous adolescentes e de dúas amigas moi curiosas querendo entrometerse na vida allea.
 
     —Eu, naquel maravilloso día, na miña mente, aínda estou revendo un sol de primavera, ténue, que despuntaba deslizando sobre os outeiros dun belísimo paisaxe bucólico, cando, un camiñante, solitario, seguía a pé  con seus pensamentos estampados no seu semblante fluctuando de alegría. El  estaba percorrendo, en sentido contrario, o camiño que o levara para súa casa, poucas horas antes, con a intención de durmir un pouco e que, agora, servíalle para levalo a outro destino: para o traballo.
 
     —¡Que fermosa mañá!
 
     Parecía que ía pensando aquel xoven moi alegre e apaixonado. A fermosura pola cal se apaixonara, non era a penas polo céspede verde ou polo ceo azul e a follaxe que brillaba coas gotiñas do orballo, reflexando a luz dos raios solares. Era algunha cousa máis concreta e desexable.
 
     Nalgúns penedos máis altos das cercanías, aínda podían ser vistos os restos da neboa, como se fosen as dobras dun veo fluctuante nos ombros de belas ninfas, que por suposto, acostumaban percorrer aqueles estreitos camiños e profundos recunchos.
 
     —Estou vendo, que, a túa mente e túa prosopopeia aínda están máis ben engrasadas do que eu imaxinaba, a pesar de teus anos xa vividos, Diana.  
 
    —¡Ah! Que Deus te ouza, miña querida amiga. Eu non penso que esté tan ben así como ti dis, pero, as cousas de rapazas e da mocidade, xeralmente, son as que nos deixan marcas máis profundas e, na verdade, é que case sempre nos recordamos do que xa fomos e non podemos ser máis. Ó menos, eu imaxino que unha boa maioría debe pensar dese modo.
 
     —Volvendo aínda un pouco máis no tempo e no espazo de nosas travesuras, é como se aínda estivese vendo aquel xoven andarego, de aproximadamente uns dezasete anos, con un rostro de rasgos singulares e delicados. Claro, sen a beleza clásica ou artística da moda imaxinaria, pero, presentaba unha fisonomía simpática e atraente. Ó mirar en dirección ó sol, facíalle reflexar o espello de súa alma con reflexos dunha extrema alegría, simplicidade e humildade.
 
     Despois de percorrer unha razonable distancia, indiferente á presencia de outras persoas na súa proximidade, de repente, ve surxir entre os ramos de pequenos árbores, un bulto escultural de unha xoven madrugadora, acompañada por outras persoas, que estaba aproveitando o fresco do orballo e da terra húmida para os afaceres laborais do campo. Ela. ó velo, aparentemente  quedouse un pouco sorpresa. Porén aquela ninfa de ollos de aguia e corazón arrebatador, para disfrazar, foi logo preguntándolle:
 
     —¡Que milagre...! Hoxe ti madrugaches un pouco máis, Theodosio.
 
     —¡Ah! ¿És ti, Thaynara?
    
     Exclamou o madrugador retribuindo con un malicioso sorriso antes de responderlle á súa indagación.  
 
     —Vou encontrarme con meu compañeiro de traballo, alá en Soutelo, no lugar onde deixamos, no sábado pola tarde, as cousas do traballo. Sempre que é posible, facemos iso coa finalidade de poder  pasar o final de semana, cada un coa súa familia.
 
     Thaynara sorriu por debaixo de un sombreiro que levaba para poder protexerse do sol máis tarde e, sen abaixar a vista, foi acompañándoo por uns minutos con os ollos brillando de alegría, ata que el desapareceu á volta do camiño. Diana, tamén me lembrou que, ti, como sempre, curiosa e entremetida, non deixaches de percibir  a súa ollada e un suspiro profundo que ela deixara trasparecer, moi sutilmente e, enseguida  preguntáchelle:
 
     —“Thaynara, ¿ti poderías dicirme quén che chamou máis a atención, se foi a postura de Theodosio coa beleza das formas no camiñar ou as roupas que el non debe haber tido tempo para cambiar, antes de sair de súa casa para ir a traballar?”
 
     Naquel intre, ela quedose máis rubia que  un tomate maduro, pero, continuou conversando conmigo, facendo de conta que nada había entendido da  túa pregunta maliciosa.
 
     —Claro que eu me recordo, Diana. Na verdade, o que eu quixen dicirlle, (a través de unha metáfora) é que os dous xovens quedaron namorando deica a madrugada e, el, non tivo tempo de ir á casa para cambiar de roupa o se saiu máis cedo de xunto de ela, por suposto que foi para outro lugar divertirse sem a Thaynara.
 
     Thaynara e Theodosio, a pesar de que aínda eran adolescentes, xa había algún tempo que estaban namorando, mesmo que en principio fose máis ben un tipo dalgunhas olladas a unha certa distancia, onde, apenas, ollo no ollo que facían  seus corazós palpitar un pouco máis forte. Ela, alén de axudar á familia nos afaceres do campo, tamén estaba aprendendo a coser. Theodosio tiña a necesidade de traballar en outras actividades fóra do campo para axudar a nai no sustento da familia.
 
     —Eu tamén me recordo que ti volviches a insistir, máis tarde, para facer un novo comentario sobre a Thaynara, con relación ó amor e súas consecuencias, que algunhas veces, poderían ser desastrosas, Asimesmo, ela continuó non dando moita atención ao que ti falabas...
 
     Protestou, Dominica:
 
     —¡Non! Diana. Non foi ben así. Ti non me  deixaches completar, o que a min me gustaría de dicirlle naquel exacto momento para alertar a nosa adolescente. Eu creo que era necesario. Claro que sí. Ti recordaste que aínda non había completado os quince anos e xa estaba voando alto de máis. Na verdade, eu non  quería falar con a intención de criticala, e sí, para orientala. Eu me imaxinaba ter un pouco máis de experiencia nese asunto, cando menos tiña e teño algúns anos a máis do que ela.
 
     —¡Ah! Por suposto, ti non falarías todo o que querías, pero, eu lémbrome de moita cousa que ti falaches, ¡e non foi pouco! Principalmente sobre o concepto do amor e outras cousas máis...
 
     —Sí, iso sí, pero, se vostedes me tivesen deixado falar todo o que eu pensaba, falaría a mesma cousa do  que penso hoxe, con relación ás consecuencias que o amor pouco pensado ou inmaturo pode traer.
 
     Dominica comezou argumentando con un pouco de retórica, porén con unha certa experiencia vivida nese asunto e un pouco de lóxica en seu raciocinio básico de que realmente o amor se pode transformar, en algúns casos, en moita dor de cabeza. Pero,  Diana quería saber a  conclusión metafórica do amor comentada por Dominica e se mostraba un pouco cética, con algunhas das sutilezas ditas pola amiga, e,  fíxolle máis unha pregunta:
 
     —¿Como iso pode acontecer así?
 
     —É moi fácil que iso poida acontecer, miña querida amiga. Moitas persoas chegan a quedar perturbadas  mentalmente, é dicir, entran en éxtasis delirando ou mesturando o amor e a loucura por causa de un acto amoroso mal sucedido.
 
     —Dominica, ti estás a falar do amor, delirio e loucura, como se iso fose unha cousa moi común do coñecemento de todos, pero, eu non creo que a propia Thaynara, naquel momento, soubese moi ben o que iso significaba e, eu, tamén teño miñas dúbidas. Hoxe mesmo, me parece que non sabería diferenciar moi ben unha cousa da outra.
 
     —Ben, eu sei moi ben o que eses problemas significan, porque xa sufrín un pouco con todo iso na miña propia carne, agora, explicar unha certa experiencia vivida dunha persoa, creo non ter a mesma dimensión nen os mesmos sentimentos ou reaccións noutras persoas, asimesmo, vou intentar explicar un pouco desa cousa tan sublime que é o amor e do outro sentimento perturbador, que tanto pode ser o delirio como a loucura.
 
     —Olla, Diana, de certa maneira, podería comezar falando sobre o amor e o delirio ou a loucura, procurando penetrar na propia esencia da natureza do ser humano, no seu estado pleno de conciencia e equilibrio psicolóxico. Ou sexa, dicir que a conciencia é a propiedade que teñen certos acontecementos de se manifestar inmediatamente e por inteiro, no individuo no cal se realizan.
 
     Nese sentido tamén podemos considerar a interacción do poder que ten o corazón e a propia alma de coñecerse a sí mesmos ó actuar ou se modificaren; para poder externar un sentimento que acompaña  nosos feitos máis íntimos, en canto se producen e nos adverten do que vai dentro de nós. Todo iso, podese manifestar en amor, loucura, ou, aínda, nos dous simultáneamente, pois, os datos reactivos da conciencia son absolutamente inmediatos e intuitivos aos sentimentos de delirio e amor ou  do amor e loucura.
 
     Nosos ollos e oídos, de certa maneira, son as xanelas polas cales penetra a luz e as ondas  sonoras que van modificar e sensibilizar ao que nós chamamos de alma-mente e o corazón, que, tanto pode provocar o amor como a loucura. Non só a luz que ilumina nosos órganos sensitivos, porén, tamén, outras formas de enerxía moi significativas que fan vibrar o conxunto de nosas partes mentais e físicas, cando entran en contacto directo ou indirecto con o medio no cual estamos inseridos.
 
     —Moi ben, Dominica, agora xa empecei a entender a súa síntesis, ¿pero, o que, na verdade, provoca tantas mudanzas e variedades de sentimentos, con relación a todo canto fai parte de noso mundo, tanto global como particular?
 
     —¡Ah, Diana! Ben pensada a túa pregunta, pero, se tivéramos a chave dese secreto particular de cada individuo, sería algo fantástico e moi poderoso para nós mortales e pobres seres humanos que, moitas veces, por suposto, desperdizamos unha boa parte de noso tempo da vida terrena de forma egoista. Peor aínda, algúns seres humanos com tendencia egocéntrica, apenas buscan dentro de sí a súa vaidade, em vez de aproveitalo, tamén, para coñecer mellor todo aquilo que nos cerca e do cal facemos parte integrante.
    
     Porén, con relación ó amor, saúde e o modo de pensar sobre a Vida, eu creo que, de vez en cando —non de forma egoísta ou narcisista— deberíamos facer unha viaxe dentro de nós mesmos, para poder observar todo o que está necesitando de reciclaxe ou manutención. Debemos pensar e actuar sobre todo iso, de forma de eliminar o que non é prioritario e no momento ten menos utilidade, reciclando e conservando o que é indispensable para poder enveredar por novas fronteiras do equilibrio e do coñecemento humano.
 
     Penso que, noso equilibrio mental case sempre nos pode traer esperanza, sabeduría, xusticia e humanismo bastante agudo, en vez de delirio, ou loucura. Todo iso debe estar sempre presente en nosos sentimentos e pensamentos para que poidamos camiñar, sen moitos obstáculos, en noso enigmático mundo aínda por coñecer plenamente.  Ó contrario, na falta dese equilibrio de carácter, ético e moral, pode traernos créditos materiales ou de dominio, pero, tamén moita dor de cabeza: sentimental e emocional, principalmente na  relación social ou no  amor, cando ás veces é un pouco inmaturo.
 
     —Olla, Dominica, algunha cousa do que ti me acabas de falar, eu tamén o percibo con facilidade, é dicir, cando consigo asociar algunhas experiencias de miña vida bastante conturbada, pero, outras veces, é claro que necesitaría un pouco máis de experiencia da vida nese sentido ou algún  coñecemento científico. Con todo, segundo algúns filósofos e pensadores, moitas veces, mesmo con o deber de levar as cousas a serio, debemos de usar o lado do cerebro que comanda o espíritu máis relaxado que prefere levarnos a dicir e facer as cousas máis graciosas, hilarantes e interesantes para que todo o mundo poida sorrir e disfrutar xunto con todos nós da tolerancia relativa. Así, poderemos darlle un pouco de luz para os outros, os tenebrosos de espíritu e do corazón.
 
     —Diana, agora xa estou percibindo que ti estás chegando ó amago das artimañas do amor, cando se pode transformar en delirio, loucura ou na saudade. Pero, canto á saudade, sábese que   nen sempre é a ausencia de compañía de persoas ou simplemente de unha soa persoa. Moitas veces nos sentimos isolados ou desapercibidos, mesmo por quen está ben próximo de nós. Outras veces, ata que podemos sentir unha imperiosa necesidade espiritual e mental de manternos completamente isolados de calquier compañía por moi querida ou agradable que ela poida ser.
 
     —Cantas noites, no segredo da oscuridade, somos levados a reflexionar sobre as máis diversas maneiras que, o amor, o odio ou as tristezas nos fan sufrir en silencio, na máis profunda saudade, física e espiritual. Este é meu modo de entender sobre todo o que lle  intentei explicar. Asimesmo, acredito que teña outras formas e sutilezas do coñecemento humano, para interpretar mellor os misterios do verdadeiro amor, da loucura e da saudade.
 
     —Claro que sí, Dominica, naquela época, tal vez eu teña intentado protexer Thaynara de súa intromisión no namoro dela con Theodosio, pero, asimesmo, non lle daba moita importancia ó que ouvía de ti. Ela imaxinaba que se todo aquilo que escoitaba sobre o amor, debería ser levado en conta, pois, na súa pulcra idade, todo era permitido, ó menos en canto non encontrase algúns obstáculos amorosos que a decepcionasen. Teño seguridade que, máis tarde, xa con un pouco máis de madurez e en outras circunstancias, debe ter descuberto, tal vez un pouco tarde demais,  de que todo aquilo que había ouvido e non escoitara atentamente, volvérase unha realidade incontestable, principalmente na súa enigmática saudade.
 
     Porén, como a saudade pode ter as máis diversas variables actuando diferentemente en cada ser humano e, na Thaynara, é posible que a maior componente sexa inherente á súa personalidade bastante enigmática e desconfiada ó extremo, dende a súa máis tenra idade. Agora, infelizmente, collendo os frutos da debesa plantada despois de haber percorrido, non soamente as fáciles, pero, tamén, as máis difíciles camiñadas de súa existencia; ela está sobre o leito de un hospital entre o que se pode chamar de vida e a morte e, iso nos deixa moi tristes e aprehensivas polo que poida ocontecerlle.
 
     As antigas e vellas amigas, nas tristezas e nas aventuras inusitadas de Thaynara, despois de un profundo lamento, pola noticia recibida e de poder falar sobre algunhas boas recordacións daquel grupo de xovens de unha aldea galega e sabedoras dos serios problemas de saúde que aflixían á antiga compañeira, xa saben que moi pouca cousa poden facer, a non ser pedir a Deus pola rápida recuperación da mesma, que, por suposto, como sempre, El oirá  as súas preces.
            

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega