O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Señor!

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara008
Extendé, Voso brazo omnipotente
¡Meu Señor! De inmensa piedade
sobre esta pecadora inocente
que pecou por sinceridade.

Quixera eu volver ao meu lar
sen dores e sen temer dano
 ver os meus amores ao voltar.
Vivir aquela vida de antano.

Cada vez máis eu sinto chegar,
a noite escura, silenciosa, a esfriar
sen poder as estrelas enxergar
para o meu camiño encontrar.

¡Volta! Miña clara nube de prata,
como unha gaivota voando no mar
suavemente,  sen o vento que mata
para miña adolescencia voltar.

Ven, polos campos da miña terra.
Voa xunto co vento do meu mar
levando miña dor que medra
e  miñas bágoas para chorar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega