O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Parte IV. Paixón e delirio na saudade

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara009
     Estes tres estados de espíritu, moitas veces, teñen as máis variadas causas en seus efectos, principalmente a saudade, no medio dos misterios que o ser humano nen sempre pode descifrar ou controlar, ela pode levarnos a encadeamentos de problemas de saúde: tanto física como mental ou espiritual e, a saudade da Thaynara, non debería ser moi diferente dos demais seres humanos.
 
     En relámpagos de seu subconsciente, mesmo que físicamente non poida manifestalo, ela se martirizaba ó “percibir” que estaba inerte por varias circunstancias que nunca podería imaxinar que un día puidese acontecer consigo mesma. A pesar diso, dentro do posible, continua loitando e esperando a continuación da propia vida neste mundo, algunhas veces, ata un pouco incomprensible por nós simples mortales. Nese estado temporal de penuria, ela, apenas vexeta.
 
     Aparentemente, por seu ollar perdido nos infinitos horizontes, sen palabras e seus oídos que raramente conseguen captar medias palabras en súas proximidades, percibise que, a pesar de súa grave enfermidade, en determinados instantes, intenta  reencontrarse dentro de sí mesma, nun intrincado laberinto de sondas e agullas que máis parecen interminables camiños estelares.
 
     Seu corpo, inmóvil e un pouco desfigurado pola grave enfermidade e pola dor, permanece sobre as brancas, ásperas e resistentes sabas para podela mover, cando sexan necesarios algúns servizos hospitalares e poder mantela dentro de certas condicións de hixiene e cuidados médicos. Con súa boca e garganta, sen as funcións normales para poder inxerir alimentos ou líquidos, é necesario  alimentala por medios artificiales. En fin, un triste cadro presenciado polas persoas máis queridas que, a pesar de todo o posible e imposible que eles poidan facer, de certa maneira, se senten impotentes para poder axudala a sair dese cadro terrible de sufrimento.    
 
     Asimesmo, despois dalgunhas semanas de penitencia no hospital e do impacto inicial que o estado de saúde causou en todos eles, ela puido volver para súa casa, permitindo así, á familia, a oportunidade de procurar tódolos recursos que poidan quitala desa mórbida inmovilidade corporal e mental. Aos poucos e a través de moito sufrimento, Thaynara, a cada día que pasaba, mesmo con  moita dificuldade, ía percibindo seu triste estado de saúde e xa comeza a cuestionar e indagar todo aquilo que aconteceu ou está acontecendo en torno dela. Moitas veces, a expresión facial o chorar reprimido —dela e das persoas máis próximas— deixan a todos aínda máis fráxiles e desnorteados.
 
     —Xeralmente, moitas e moitas persoas sufren dalgún modo de saudade, pero, Thaynara, á medida que súas funcións vitais lle permitían verse entre catro paredes e na intimidade da súa habitación, procuraba unha resposta para o vacío que a sofocaba dentro de seu peito. Ela gostaría de poder aproximarse das ventás que abrían para un balcón, posiblemente, en dirección de un novo mundo, pero, naquel intre, ela pensaba que apenas podería ver o resplandor de unha lúa encantadora entre as opresoras nubes.
 
     Ela continuaba mirando a través das cortinas, para a inmensa oscuridad que se extendía da xanela ata o infinito e, a súa mente viñan relámpagos de lembranzas de súa xuventude —principalmente alá na súa terra natal, “A Terra de Montes”, Galicia, España— entre outras cousas, a familia, amigas, os lugares máis coñecidos, as diversiones bucólicas da aldea, a escola e o seu primeiro amor que, de certa maneira, tal vez teña sido o único.
 
     En súa dispersa e aínda obscurecida mente, no seu soño o delirio, lembrase das diversións en súa aldea aínda cando era unha nena e, principalmente, da primeira vez en que seus ollos  buscaron ó tamén xoven, Theodosio, nunha especie de maxia solitaria e inocente. Continuaba pensando que, quizais, algunhas veces, teña sufrido máis que o necesario: por súas ideas un pouco egocéntricas e por súa inexperiencia de adolescente en lidar co xogo do amor e da ansiedade, para poder descubrir seus segredos bastante traizoeiros.
 
     Nun esforzo mental e descomunal, procura “abrir un pouco máis o libro de súa vida” con as follas amareladas e desgastadas pola súa difícil camiñada e polas incoherencias dos desencontros que a propia vida nos presenta. Aos poucos, moi lentamente e con dificultade por seu estado de saúde, vai abrindo as páxinas, unha-por-unha, facéndoas deslizar, aparentemente, entre os  dedos, silenciosa e delicadamente, para poder mentalizar e visualizar cada intre de súa pulcra e inmatura adolescencia.
 
     “Contempla, atentamente, cada palabra e cada líña”, principalmente aquelas liñas escritas, algunhas veces, con unha expresiva malicia ou con bágoas de sangue. Outras veces, con equilibrados sorrisos de unha plena felicidade nunha rexión bucólica e encantada, que lles propiciaba soños hilarantes entre dous adolescentes que, ó seu modo de ser, moito se amaron alá na súa terra natal, nunha aldea galega da Terra de Montes.
 
     No primeiro relámpago a clarear un pouco máis  súa mente, lémbrase das colegas da escola e dalgúns consellos dados por algunhas amigas alá nos seus poboados, entre elas: Esther e a Marisol. Elas tiñan un pouco máis de experiencia do amor e da loucura amorosa do primeiro amor. Cando confidenciaban algúns secretos amorosos, elas  decíanlle:
 
     —“Thaynara, moito cuidado, pois, cando se é adolescente, mesmo que se teña unha visión global sobre o amor, de repente, teus ollos poden cruzar con alguen en calquer lugar e, nese intre, se sentes que teu corazón deixa de palpitar, túas pernas tremen, empezas a suar frió e que as cousas en teu entorno desvanecen ou ves estrelas coloridas  xirando no espazo, prepara o corpo e o espíritu para unha posible mudanza no teu comportamento, en tódolos sentidos posibles”.
 
     Se iso acontecer, ti tanto podes estar entrando en éxtase como saltando para un despeñadeiro. Non teñas medo nen fantasies de máis ou te sintas superior, pois, as cousas nen sempre aparentan ser o que realmente son. Asimesmo, ¡toma moito coidado! Non quites os ollos daquela primeira ollada-penetrante e traizoeira do teu primeiro amor-.
 
     ¡Moita atención! Thaynara.
 
     Ti, tal vez poidas esquecer as pernas tremer, o suor frió escurrer polas espaldas, as estrelas brillar no espazo e as olladas relucentes coa luz das estrelas que brilla na túa retina, é posible esquecer todo, pero, ¡por favor! ¡Xamais, xamais! Te afastes daqueles dous ollos azules e traizoeiros que queiman de tanto amor.
 
     Si, con todo iso, ti aínda non percibiches o que verdaderamente sentes, pensa: no corazón parado no teu peito, a garganta que rasca de tan seca e un estremecemento nas pernas, que pode ser o prenuncio dunha paixón súbita.  Porén, se sentes que aqueles ollos están se distanciando e ti non tes máis forza para detelos e a perda empeza a  doer no teu peito; se teus ollos se están a cerrar resignados, ti podes estar, de feito, deixando escapar a paixón que che caiu do ceo. Reacciona e abre os ollos novamente, fainos brillar e gritar para aquel par de ollos volver e devóreos con o ollar do teu corazón”.
 
     Thaynara, despois de unha regresión mental, no tempo e no espazo, toma ánimo e continua folleando o seu libro imaxinario en busca de máis algunha cousa que a motive e que lle dé forzas suficientes para continuar acreditando. Sabe que debe ter fe en unha nova vida de plena recuperación da saúde, un mellor convivio social e familiar. Pero, en algunhas lembranzas, vai lendo, non apenas o que foi escrito polos dous eternos apaixonados, pero, tamén, o que ela, en silencio, foi grabando na súa amarga saudade, en determinados momentos de dúbida e angustia.
 
     Mesmo con unha profunda dor e de un delirio perturbador, ela consegue recordarse daqueles días de unha terrible angustia e unha devoradora ansiedade do amor e do cariño truculento por seu ollar profundo e desafiador. Todo iso que lle foi chegando de unha maneira inesperada, enaltecedora e ben medido. Un amor que lle foi surxindo, sen moita arrogancia ou loucuras, apenas algúns sobre saltos  moi naturales do ímpetu adolescente, que buscaba a seiva alimentadora dos soños e loucuras. Todo iso foi aflorando naturalmente, pero, sempre con a intención de non encontrar obstáculos de conseguir un amor perfeito en seu modo de entender as cousas.  
 
     A pesar de súas ideas posesivas, ela  recorda que se foi abrindo para o amor como unha flor na cal o beixa-flor puidese disfrutar de súa pulcra beleza, porén, sempre con moita autoridade e unha certa desconfianza. Con a mesma ansiedade e firmeza, tamén lle foi revelando todos os seus segredos como “a-dama-da-noite” ó florir sob unha lúa encantada, con un misterioso perfume de un verdadeiro amor: Sen retoques nen trampas e sí, con moita firmeza de súa alma e de un corazón ferino, caseque indomable en súa pulcra e pétrea espiritualidade.
 
     Ela, entre o delirio e a férrea vontade de testar súa memoria, continua vislumbrado nas páxinas opacas de súa mente o recordo de unha secreta obstinación, a través da cal, foi compoñendo o enredo de seu único e máis puro amor. Así, de corpo e alma, como xeralmente fan a  maior parte das mulleres, no seu primeiro revoo nas asas do verdadeiro amor.
 
     Aínda se lembra, que, foi naquel clímax de euforia que se procesaron todas aquelas mudanzas moi misteriosas, semellantes con aquelas dos consellos dados polas amigas; cambios moi rápidos e de maneira inesperada ó ter que compartillar unha parte de sí mesma, con o outro: seu encantado e primeiro amor.
 
     Porén, cando as cousas de todos eses misterios e fantasía da primeira paixón comezaran, tal vez nun sentido máis real e comprometido, como algo un pouco máis sólido e fraterno, surxe, sen esperar e de repente, a primeira frustración. Ese grande amor, por motivos de reconstruir un futuro mellor lonxe de súa terra natal, como xa o habían feito algúns de seus familiares, con moita tristeza de súa alma e un nó na súa garganta é obrigado a deixala.
 
     ¿Tal vez fose por pouco tempo? Preguntabase ela, ou, quizais para sempre, mesmo contra  a súa vontade.  Son os misterios da vida que nen sempre podemos desvendar de inmediato. ¿Quén sabe? Tal vez todo iso sexa a incógnita difícil de encontrar nas solucións posibles de dous brutos que moito se amaban...!!??

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega