Os Andaregos de Patópolis

 

Primeira parte

Páxina Seguinte

v4manueldiz001.html
     Segundo o grande pensador español, Unamuno: "A orixinalidade da verdadeira historia, consiste en saber repensala no seu debido tempo".
     Na verdade, para o carácter político-militar, daquel momento, esta historia representa, mui ben, as tendencias de grande parte de unha nova mentalidade de xovens de moitos países e, tamén, dos aprendizes de unha forma diferente de pensar.
     O criterio das probabilidades e a ética política que naquel intre eran practicadas, de un modo xeral, ían contra tódolos principios do ser humano considerado racional.
    
Tal vez, algunhas ideas e conviccións que están inseridas neste libro, non agraden a todos ou as consideren augas pasadas por debaixo de unha ponte na cal seus pilares de sustentación xa criaran raíces, pero, ainda, segundo Unamuno, xeralmente, toda historia ten unha traxetoria circular.

 



O tema


     Desde que a historia é historia e considerada como unha ciencia dos acontecementos dos pobos e todo canto os rodean, o ser humano, de un modo xeral, moitas veces perde os seus propios pasos nos pasos da historia. Tal vez, polo seu egocentrismo utópico, esquece que el non está só nesta pequena porción de pó mesturado con outros elementos químicos que está a dár voltas e máis voltas sen parar, asimesmo, nunca aprende a lección que a propia ciencia histórica lle ensinou.
     Como vén ocorrendo de cotidián, en moitos lugares, durante o golpe militar, contra un goberno constituído pero acéfalo e sen rumbo certo, un grupo de xovens procurou resistir á tomada do poder polas forzas militares e paramilitares en moitas cidades e poboados da "República de Patópolis". Diante do fracaso para deter o novo poder e con medo de represalias ó volver pra casa, moitos deses xovens tiveron que agacharse nas veciñanzas ou fuxir para as montañas, onde formaron algúns grupos de guerrilleiros. Co pasar do tempo, moitos conseguiron atravesar as fronteiras en dirección a outros países.


somardim

 



Os Andaregos de Patópolis


     Eses xovens andregos, foron pasando por varios campamentos de exilados políticos ou peregrinando a través de varios países de Europa e, principalmente, da América Latina, na condición de exilados políticos "precavidos". Foi así que o Madruga e máis algúns compañeiros con obxectivos e situacións semellantes, comezaran a entender a diferencia entre a realidade, a fantasía e os soños de xovens andaregos e idealistas, sobre o tipo de goberno que gostarían de ter en seu país de orixe. Na súa mente —o país ideal onde ninguén tivese que pagar o "pato"— pola negligencia ou uso do poder para proxectos persoais dos gobernantes e políticos inescrupulosos, como mormente ocorre.
     Por un longo periodo no exilio, vendo e vivindo a mesmísima vida paupérrima de un pobo sen moita liberdade de movementos, para poderse manifestar sobre o seu sufrimento e súas expectativas de vida, foron acumulando moitas dúbidas, esperanzas e ó mesmo tempo, un pouco de temor canto á súa maneira de axir e de pensar. Certo día, o Madruga, despois de ollar para un de seus compañeiros e fiel escudeiro da viaxe, preguntoulle:
     —¿Será que valeu a pena loitar na nosa Terra, contra a prepotencia de algúns detentores do poder— por un futuro máis promisor para nós e nosos conterráneos— onde houbese menos diferencias sociais, e as persoas puidesen sobrevivir con un pouco máis de dignidade? Ao emprender esta viaxe inusitada e chea de aventuras pola Europa e por este continente latino-americano, que, a pesar de unha lingua e culturas semellantes, é todo cheo de contrastes e trampas que nos sorprenden a toda hora, nestas nosas viaxes un pouco quixotescas.
     Eles viaxaban como se fosen dous andaregos despreocupados coas súas aparencias persoais e, por pequenas temporadas, exercían algunhas actividades para axudar no custeo de seus proxectos políticos, pois, a axuda que recebían como exilados políticos, era insuficiente para as súas investigacións bastante significativas que pretendían facer no campo da política social destes países, que tiñan políticas identicas ás do seu país de orixe. Na verdade, eran países en desenvolvemento que, mormente, tiñan os mesmos problemas, as mesmas necesidades e posibilidades para resolvelos.
     O Pío, que era o nome do fiel escudeiro, era bastante comedido en pensamentos e súas actitudes, despois de pensar un pouco antes de poder responder ó mestre Madruga, a pesar de que na verdade —eran dous aprendices de feiticeiro, díxolle el:
     —Olla Madruga, alá no lugar onde eu nacin, hai un adaxio popular que di; "o pobo dá un boi para non se meter nunha pelexa, pero, ofrece un rebaño deles para non sair se nela tivera entrado".
     —¿Bo, e daí? Preguntoulle de novo o Madruga.
     O Pío tiña un xeitiño medio atontado, pero, iso só nas aparencias, pois, era máis perspicaz do que o xefe imaxinaba, mesmo así, el procurou tirar dúbidas das súas propias metáforas anteriores con outras non menos sarcásticas e acrescentou con unha pregunta:
     —¿Nós, xeralmente, non ficamos na chuvia ou no sol?
     —Si, si. Iso é óbvio Pío, cando non fai sol é posibel estar chovendo.
     —Entón, ti concordas comigo que se estamos na chuvia é para nos mollar. ¿É ou non é? Así sendo, como o noso traballo non é apenas sobrevivir, pero tamén observar e entender, deica onde sexa posibel axudar a estes pobres pobos irmáns, a loitaren por unha vida melhor a través de seus xefes. Afinal de contas, ¿non foi iso que fixeran, na súa época, moitos líderes latino-americanos? Nós só non podemos seguir aqueles verdadeiros líderes ó pé da letra, pois, son épocas e situacións diferentes.
     —¿A que tipo de líderes ti estás a referirte, Pío?
     —Eu non estou falando dos falsos defensores do pobo ou dos "pequenos caudillos" bastante idiotas, a pesar de tendencias sanguinarias deses facinerosos que algúns países da Europa e a América Latina están saturados. Eu refírome ós líderes auténticos, non apenas ós de tendencias filosóficas esfarrapadas que moitas veces nen saben onde ten as narices que, mesmo con boas intencións, preferen engañar ó pobo e a si propios con un xogo de palabras entrenadas e de efeito político demagóxico.
     —Olla Madruga, eu, ás veces, penso as cousas con demasiada profundidade e, iso pode dificultar a súa interpretación nas respostas que procuro darche. Espero que ti teñas entendido o meu punto de vista en relación á túa pregunta. Ti sabes que eu só quero axudar sen pretender interferir no teu proxecto político-social que estás a tentar escribir para levar á nosa terra, por medio do compañeiro Muras, onde pretendes difundir os teus ideais a través da literatura e do teatro. Pero, lembrate dalgúns episódios vistos en nosas viaxes por varios países da América. Procura reflectir sobre eles.
     —Mira, Pío, eu lémbrome do que pasamos en Cuba, en "San Juan de las Lamas" e outros lugares bastante enigmáticos, pois, só pudemos ver o superficial de tanta promiscuidade imperialista imposta polos "yankófolus" ou aprendices de "yankofolismo". Ti que és un bo observador, tamén poderías enumerar algúns feitos dos máis importantes pra nós. ¿Podes?
     —Si home si. É claro que si.
     Pero antes diso, recórdaste que nós tamén aprendemos algunha cousa sobre eses problemas usurpadores da cidadanía cando visitamos a Estación Naval Americana de Caimanera —na provincia de Guantánamo. Pero, a pesar de que a recorremos por fóra e por dentro, ficaran moitas dúbidas no aire. ¿O que ti me dis a respecto, Madruga?
     —Pra che responder de verdade, o que eu percibín alí foi un estado dentro de outro. Nove veces noves fóra, sobraron apenas os descamisados nativos de participar das riquezas do subsolo patrio americano.
     —Foi iso mesmo o que eu tamén me decatei, Madruga, e pregúntoche: ¿Será que esa bravata de que a América é para os americanos é verdadeira?
     —Lóxico meu caro Pío, esa metáfora está na cara. ¿Non son os americanos os que aínda están mandando alá dentro de Cuba? ¿Non son eles que fican co melhor anaco do biscoito resultante dos ingredientes cubanos?
     —Si. Iso é certo, pero, nese caso, ¿o que realmente sobra pros cubanos, eles tamén non son americanos da América Latina?
     —Eu sei compañeiro, non é moi fácil de engolir esa metáfora yankófila, pero, situacións semellantes nós puidemos ver nas nosas andanzas quixotescas na mor parte do continente latino-americano, non confundir con a América dos yankis, ou mellor dito, a América da "yankofobía —Yes, yes.ok.bye, bye." ¿Ti entendes o meu punto de vista, non é Pío?
O Pío rañou a cabeza e, de repente, estoupou nun grito de rabia.
     —¿Será que eu estou ficando un idiota? Afinal de contas, situacións moi parecidas estaban alí ben preto da nosa nariz: Canal do Panamá, México, Nicaragua, Colombia, Puerto Rico, Chile e Venezuela..., onde existen intereses específicos do subsolo —cobre, salitre, petróleo, azucre...
     Todo iso fora percibido nas entreliñas polo "idiota" do Pío en cada día nas súas viaxes e nos resbalóns dos novos compañeiros presumidos de filósofos e sociólogos que viaxaban en súa compañía medio camuflados, onde o principal diálogo con algúns deles era un sarcástico e verdadeiro monólogo; case sempre o mesmo: bye, bye, yes, mister, okey.
     Durante algún tempo, Madruga parecía ser todo ouvidos, ata o punto de que, en algúns momentos, o Pío tiña a sensación de estar a velo medio desarticulado e calado, daba a impresión de estar falando solo. Foi aí que comezou a desconfiar de que, na verdade, ás veces, facía o papel de idiota e, preguntoulle:
     —¿Será que eu estou nun deserto falando só pra min?
     —Non Pío, ti tes toda a razón de pensar desa maneira, pero, eu gostaría de ser ouvido para che mostrar que estaba atento á túa exposición en relación á "yankofobía", é dicir, a poeira de acentos e tremeliques de frases soltas que deixaron un rastro de tempestades e moito lodo por todos os camiños posíbles con seus tentáculos envolventes. ¿Ti non concordas comigo, compañeiro?
     —Con certeza. Estou de pleno acordo, a pesar de que todo iso é o que foi visto superficialmente. ¿E o demais escondido como fica? Entre outras cousas bastante interesantes, ¿ti lembraste da Finca de San Pedro Alejandro, onde chegamos a poñer as mans en algúns barrotes da cama que foi de Simón Bolívar, na cal morreu xunto con moitos dos seus soños de liberdade para a América Latina? Bolívar, como um verdadeiro lider soñaba con unha Colombia diferente da que nós coñecemos hoxe, ¿non é? "La Gran Colombia" que, alén da propia Colombia de hoxe, facían parte dese rico territorio, a Venezuela, Ecuador e Panamá.
     —Despois de expulsar os españois, por influencia e axuda do "grande irmao" do norte —EUA— que tiña escusos e dubios intereses —canto máis puidese dividir mellor— así, a caza sería máis fácil de "engolir" posteriormente. A Colombia de entón se transformou na Colombia de hoxe, do mesmo modo que aconteceu con a mor parte das outras Colombias da América Latina. Simón Bolívar, antes de morrer, vendo que parte de seu soño non puidera ser realizado, profetizou:
     "A América Latina será ingobernabel encanto a mao forte e egoísta do medio irmao do norte continuar a nos chupar e esmagar".
     O Madruga voltou a interferir para acrescentar máis algúns detalles vistos en súas viaxes e, continuo:
     —¿Ti recórdaste do vale de Anahuac, nas minas de cobre chilenas? Yankófolo o azucre cubano, o algodón perúano, o petróleo venezuelano. Todo iso, son factos incontestables e ó mesmo tempo deprimentes. Dende "el Callao", tamén contemplamos as augas onde submerxíu o imperio centenario e en Popotla; percibimos as bágoas de Hernán Cortés
—na lexendaria "Noche Triste". En Lima pisamos nas pedras que recibiron as últimas gotas de sangue de Francisco Pizarro.
     Sobre todo iso, tanto o Madruga como o Pío, tiñan moitos puntos conclusivos, isto é, en comun, a pesar de súas notadas diferencias político-sociais e filosóficas, principalmente no que pretendían implantar, cando fose posibel, ó voltar do "exílio" á súa terra nadal, é dicir, no país ideal, onde ninguén mais tivese que deixar a súa terra, súa família e non continuar a pagar o "pato" por erros dos políticos e malos governantes.
     Nun encontro de varios exilados políticos, para discutir estratexias de combate á falta de políticas sociais e a represión en seu país, o Madruga encontrou máis un aliado para súas pretendidas mudanzas na futura República de "Patópolis", como cariñosamente eles se referían ás imposicións da estructura anacronica e represiva de seu país de orixe, onde, só os máis pobres pagaban o "pato".
     O Muras era ese máis novo mosqueteiro de ordens e se encaixaba moi ben nos ideais un pouco tempestivos do Madruga. De agora en diante, el sería o fiel da balanza entre o Pío e o Madruga.
     O Muras, que xa tiña viaxado por varios países da Europa, el sería un instrumento eficaz e eficiente nas pretensións do "grande xefe" para poder semear, en súa terra nadal, un pouco das sementes que colectaron en tódalas as súas peregrinacións como exilados políticos. O Madruga sabía explorar, cando necesario, as diferencias filosóficas de seus compañeiros de tódalas horas. Ó mesmo tempo, o Pío tiña practicamente un camiño libre na súa terra nadal e, na realidade, pretendía voltar tan pronto tivese a primeira oportunidade, de tal maneira que puidese continuar a ser útil á causa oposicionista, para que días mellores viñesen ó encontro de tódolos os cidadáns da tan soñada "República de Patópolis".
     —A pesar de todo, o Pío sempre estaba intentando ouvir os proxectos discutidos polos compañeiros e todo que se relacionase con o ben estar de seus conterráneos. A súa humildade dáballe a vantaxe de poder ouvir e participar da maioría das decisións tomadas, tanto no exterior como dentro do seu país, inclusive dos grupos que actuaban politicamente na clandestinidade, nos cais, el tiña moitos coñecidos de infancia en quen podería confiar plenamente.
     O Madruga estaba moi preocupado en terminar súa obra literaria sobre a revolución das masas oprimidas polas dictaduras; tanto de esquerda como de dereita ou, ata por algunhas supostas democracias. As súas ideas sobre a concepción dese tipo de sociedades, principalmente na América Latina, Europa e en algúns outros países chamados de terceiro mundo, eran bastante abstratas e, en algúns casos, pouco consistentes para poder seren aplicadas na realidade. Asimesmo , eran esas ideas que se algún día fose posibel, non hesitaría dúas veces en aplicalas no seu futuro país ideal: ? "A República de Patópolis".
     O Muras, xa era un vello coñecido de varias compañías de teatro que actuaban tanto na cidade como no interior, en Patópolis, non só como director, pero tamén actuando de actor sempre que fose necesaria a súa participación. Ese xogo de cintura, poñíao en puntos estrataxicos da maior importancia entre os compañeiros que actuaban dentro do país, a pesar de el tiña unha participación bastante discreta no medio político. Na verdade, ele actuava como un elo entre as varias células oposicionistas ó Goberno de "Patópolis".
     Era necesario que o comando opositor puidese ter persoas menos envolvidas con grupos activistas, é dicir, menos actuantes ou actuación en dúas mans, cando menos, aparentemente. El trouxo outro compañeiro a fin de xuntarse ó Madruga, no exílio, así, podería axudalo en súas tarefas literarias e ó mesmo tempo, afastalo da mira da represión en seu país, en "Patópolis", cando menos por uns tempos.
     A volta de Pío, á terra nadal, xa estaba sendo negociada por un grupo menos radical dos activistas da oposición. Na verdade, nada existía que o incriminase seriamente nos arquivos do servicio de intelixencia militar e captura, o SINCA. El saiu do país envolvido pelo Madruga, para servirlle de escudo protector, pois, o consideraba bastante confiabel como compañeiro para as actividades políticas que pretendía desenrolar, fóra e dentro do seu país. Por outro lado, o Pío, estaba sendo incentivado por grupos activistas a volver para asumir un posibel cargo na administración de unha cidade do interior, nun pequeno poboado onde vían posibilidades de se infiltrar no goberno a través dele. Ten un adaxio que di: "se non podes vencer o teu inimigo, xúntate a el para conseguir o teu intento".
     O propio Muras, que tamén tiña camiño libre entre a maioría oposicionista moderada, xa deixara as cousas ben encamiñadas para que o Pío ou un outro membro do grupo, o Foucellas, coñecido tamén polo bo "xogo de cintura" con persoas ligadas ó goberno imposto pola dictadura. Era notoria a súa actuación para resolver algúns problemas políticos, nos cais, xeralmente, elementos dos grupos activistas mais radicais eran chamados a depor perante as autoridades do S.I.M.C.A. (Servicio de intelixencia militar e captura).
     Era a través deses grupos máis moderados e culturalmente máis ben preparados e liderados polos máis conscientes dos problemas que os inflixían, que os radicais poderían ter unha canle aberta na participación da sociedade como un todo, iso, axudávaos na salvagarda cando algún deles estivese envolvido en problemas políticos oposicionistas. De cotián, eses elementos moderados eran representados por intelectuais agrupados en: escritores e actores de un modo xeral ou cantores, compositores e algúns da clase obreira. Eran eles os únicos que, naquel exato momento, tiñan máis oportunidade para actuar nas actividades teatrais: radio, televisión e ás veces, nalgúns comicios relámpago en festas folclóricas ou nalgunha comemoración nacional e romerías.
     Todos eses movementos tiñan que ser moi ben coordenados e pensados para non provocar a ira e as garras do SIMCA, pero, sen deixar de remexer no niño de avésporas ou chuzar a cobra con unha vara longa. Esta era a táctica desenvolvida polas oposicións aínda bastante desgarradas, naquel momento político bastante instabel. O Madruga continuaba na súa peregrinación política e sociolóxica, pois, pretendía terminar o libro sobre as masas oprimidas, principalmente, no país de Patópolis. O Muras, como sempre, ía e volvía, mesmo sabendo do perigo de entrar e saír do país, furtivamente, usando os máis variados disfraces posibles. El sabía que a censura era implacabel con ese tipo de cultura socializada bastante politizada e, é claro, sempre chea de sabores políticos un pouco indixestos.
     Como calquera animal, os "Gorilas", sempre que se vían ameazados en seu hábitat de mando, onde a mor parte era cementado sobre area movediza, criaban mecanismos implacables a través de leis inconstitucionais dentro do estado de dereito internacional. Se esas leis ou actos eran implacables con os opositores dun réxime autoritario, o Muras e seus seguidores, moitas veces, tamén non deixaban por menos, procurando, sempre, radicalizar ó extremo, como consecuencia, era paxariño na xaula en todo canto era lugar que, despois das asas recortadas, levantar un novo vóo sería case imposibel.
     O Pío, como de cotián, era máis de ouvir do que de falar. El dicía que moitas veces aprendía máis cos erros dos outros, por iso, estaba sempre atento para ver e ouvir tódolos detalles que os outros nen sempre se decataban. E, a pesar de que ás veces tiña medo de ser ridicularizado, cando abría a boca, tiña máis acertos do que erros en súas respostas ou opinións. Como o Madruga estaba programando máis unha viaxe, desta vez, o mensaxeiro sería o Foucellas, pois, xa estaba sendo aconsellado polo Pío e entrenado polo Muras para substituílo en actividades fóra de seu coñecemento, cando menos por unha temporada, el tiña outras tarefas máis arriscadas, alén do seu principal papel de moderador na resolución dos problemas políticos internos.
     O Foucellas, antes de viaxar, pediu unha xuntanza cos compañeiros para discutir os puntos máis polémicos de súas actividades alá no seu país. El tería a responsabilidade de substituir, nos bastidores e nos palcos, un grande e experiente actor, o Muras, pois, ó mesmo tempo en que representaba, sutilmente, transmitía ás masas a coraxe de loitar contra seus opresores do SIMCA.
     Máis unha vez, o Pío, humildemente, dixo pros "sabios" compañeiros:
     —Ollen, as palabras e os xestos moitas veces quérennos dicir máis do que podemos escoitar ou enxergar. Vostedes deben continuar a escribir e representar para o pobo, pero, non se esquezan de que a mellor literatura, en súas orixes e, ata este exato momento, é aquela que reflecte o caos social e político en que vive un país ou o mundo en cada época e, ese reflexo é a dor, o sufrimento e a falta de opcións para exercer a verdadeira cidadanía. A grande literatura, non é máis do que a consecuencia da transformación da dor en arte, por medio do sufrimento colectivo ou persoal. Tanto a arte como a literatura, sempre afloran nos momentos máis difíceis da vida política e social de un pobo oprimido e torturado. Concluiu.
     O Madruga, desta vez, ficou de boca aberta e bastante pensativo sobre o que acabara de ouvir do fundo da propia alma, de alguén que tamén estaba sufrindo distante dos familiares e amigos en seu país de orixe. O Muras, en vista do que ouvira e diante da expresión de sorpresa do Madruga, non puido deixar de facer un comentario sobre a tese do Pío, dicíndolles:
     —Na verdade, neste intre, é moi raro ver literatura notadamente con matices de arcadismo nen almas anxelicais, pero, si, con características de almas torturadas, corazóns despedazados, espíritos díabólicos, angustias que exceden a capacidade do ser humano de soportar a dor e o sufrimento, non só na Europa como na América Latina, inclusive na "América do bye, bye". que foi onde vimos moitas persoas desesperadas e convertidas en paupérrimos seres humanos á marxe de unha sociedade omisa e exploradora dos descamisados. Foi alá, que vimos barrios estigmatizados cun número elevado de delincuentes que acumulan os sinais de miseria e degradación humana.
     Diante do eloxio dos dous compañeiros, o Pío agradeceulle e ó mesmo tempo complementou o seu razocinio sobre a miserabilidade que tiñan visto na terra do "Tio Sam."
     Díxolles el:
     —É unha vergonza que nun país rico ocorran eses disparates sociais e económicos, pero, a raiz de todo iso, tal vez estexa na procedencia deses seres humanos: latinos, africanos, indios, asiáticos, así mesmo, non podo aceptar que en Nova Iorque da estatua da liberdade, de Walt Street e da Quinta Avenida ou mesmo en Chicago, Pisttsburgh, existan esas diferencias sociais.
     O Madruga tamén procurou explicar o espanto do Pío e complementando con relación á terra do Tio Sam.
     —Tes razón, compañeiro. É xustamente neses lugares citados por ti, onde existen barrios que acumulan os máis vergoñosos atentados á miseria humana. Non pensen vostedes que a miseria existe apenas nos países denominados de terceiro mundo, ¡non! Iso ocorre, tamén, en países ricos. A pobreza, nos países de terceiro mundo, nas crises máis acentuadas, é sofocada por conmemoracións folclóricas, futbol, carnaval... É aí que os políticos da cara lavada soben ó escenario e rouban a escena dos verdadeiros heroes nacionales; e non pensem que esa "gatunaxe" aparece só nos gobernos de réxime duro. Non, pero, tamén, nas sopostas democracias ou gobernos neoliberais, tal vez por existir máis liberdade de acción política, é onde os pseudopolíticos actuan impunemente acubertados polo desumano corporativismo.
     Tanto o Muras como o Madruga, aínda tiñan en súas mentes algunhas dúbidas a respecto do que o Pío tiña falado. O Foucellas tamén intentou coller unha beirada sobre o que, de verdade, influencia na literatura durante determinados periodos na vida literaria dos autores e personaxes que facen parte desas enigmáticas obras, tanto artísticas como literarias, por iso, eles voltaran á réplica con o humilde do Pío.
     —Pío, cando ti afirmaches que a literatura é un reflexo das verdades de un pobo e a consecuencia de unha resposta á verdade tollida no propio ser humano; o que ti quixeches dicir, na verdade, é que o pobo canto máis oprimido está, máis intensamente cría mecanismos dentro de si propio, para externar as súas necesidades e a súa dor. Ó menos foi o que eu penso ter entendido, concluiu o Foucellas.
     —Si, Foucellas, nas entreliñas, o meu pensamento é máis ou menos iso que ti falaches.
     O Madruga, despois de ouvir a todos, de novo, voltou a entrar na conversa bastante profunda e interesante, explicando máis un pouco do que tiña entendido e engadindo:
     —Eu tamén acredito que, de feito, o día a día das masas en súas actividades normais, tal vez sea a causa e non o efeito de todas esas tendencias, mudanzas e influencias bastante significativas nos indivíduos, principalmente nos países ricos onde é mais caracterizada e estigmatizada do que nos países pobres, vós non estades dacordo comigo? Ou quen sabe se, nos países ricos a causa e efeito sexan máis ultraxantes e máis crueles para calquer aspirante a unha "cadeira de príncipe" no Congreso nacional ou unha posible escalada, case imposibel, na esperanza de que un mendigo soñador poida chegar a por a mao nesas fortunas que, case tódolos cidadáns de calquer país almexan?
     —Diante da dúbida ou, tal vez un pouco de confusión literaria dos compañeiros, o Pío, coma un bo cidadán de "Patópolis", ficou un pouco "patota". Pero, como sempre ocorría, alá ben no fondo da súa inxenuidade e pureza d'alma intentou dar seu concepto sobre a miseria que asola a mor parte da América Latina - as causas e efeitos da miserabilidade conxénita enraizada na alma deses pobos, comezando por un cuestionamento aos propios compañeiros.
     —¿Quen naceu antes, o mendigo ou o gobernante?
     ¿O que apareceu primeiro, o mendigo ou a política, o asasinato, o roubo ou a "gatunaxe" política?
     ¿A prostituición, corrupción e a mendicancia non provén da mesma causa?
     O Madruga que estaba terminando de escribir o seu último libro de socioloxía sobre todos eses problemas existentes, mormente, en seu pequeno país, tería de repensar algúns conceitos a ese respecto. El pretendía que fose a súa última obra literaria na condición de exilado político e, como tantos outros compañeiros de peregrinación política no exterior e dentro do propio país, diminuir o sufrimento de seu pobo, se posibel, implantar un "paraíso proletario", como era defendido por moitos dos inxénuos oposicionistas ó réxime implantado na "República de Patópolis".
     En súas andanzas como exilados políticos, non tiñan visto moitas mudanzas sociais que realmente merecesen algunha credibilidade absoluta ?apenas, soños de xovens políticos? por iso, como el podería rexistrar, en seu libro, todas esas dúbidas atrozes que minaban súas mentes? Asimesmo, aínda ben recentes, eles tiñan en súas memorias de peregrinación, algúns recordatorios que moi ben poderían ser implantados en seu país ideal, "Na República de Patópolis".
Como sempre, o Madruga procura recorrer á simplicidade e realidade do Pío, de vislumbrar as mínimas cousas en seu redor, e volveu a preguntarlle de novo:
     —¿Pío, o que ti poderías me falar a respecto de algunhas "pequenas cousas" que eu non teña detectado ou percibido por estes países irmans e acolledores das Américas?
     —Mira, meu caro mestre, eu teño algunhas lembranzas de casos de pouca importancia, pero, tal vez che poidan axudar de algunha maneira en túas conclusións literarias e, así, ti poder pechar o libro coa chave de ouro. Por exemplo: fiquei con moita pena daqueles colledores de plátanos na América Central. Eles traballaban o día inteiro para recibir apenas unhas faragullas de comida, asimesmo cando as recibían. Nas colleitas de café no Haiti e en Santo Domingo, nas salitreiras do Chile en Iquique e en Autufagasta, nas minas de cobre Chiquicamata, na colleita do algodón perúano, nas minas de estaño da Bolívia. Todo iso dame repugnancia cando recordo de algúns malpocados que recibían uns céntimos a máis para badular ós seus "reis".
     —¡"Viva o noso rei!
     ¡Viva o rei do estaño!
     ¡Viva a República!
     ¡Viva o rei do petróleo! E ¡Viva o Imperador!"...
     O Foucellas que tamén estaba atento ó que se pasaba, preguntoulle:
     —¿E nos países da América do Sul, alá non existe pobreza? Con certeza, alén da pobreza, mormente, a falta de cidadanía,. Ti estás a pensar que no nordeste brasileiro é todo un mar de rosas ou mesmo en outras rexións do Brasil e no Paraguai. Alá tamén existen "reis".
     ¡Viva o rei do carnaval!
     ¡Viva o rei da esperteza!
     ¡Viva o Imperador!
     ¡Viva o rei do cambio negro! ¡Viva o rei da trama que está provocando toda esa miserabilidade!!!
     —Si meu benquerido Foucellas, claro que eu estou referíndome apenas ós países que nos recorremos, nos demais, inclusive no nosso pequeno país, acredito que ata sexan moito peores as condicións das clases menos favorecidas e, se non fose por toda esa promiscuidade político-social, nós non estaríamos nesta peregrinación torturadora. Concordo plenamente contigo. Eses slogans son deprimentes para os dereitos universais do ser humano. Millóns de famintos por toda a América Latina e milleiros de analfabetos:
     "Fame entre os brancos, negros, indios. A fame non ten cor, raza ou credo, é iso que eu conseguí recordar, o demais, vostedes viran tanto canto eu puiden ver e observar".
     O Muras, que xa fixera unha viaxe camuflada había pouco tempo, a seu país, como eles gostaban de chamar, a "República de Patópolis", segundo eles, alá, os máis miserables, acostumbran a "pagar o Pato" para que os máis ben afortunados, "os raxás", os inventores de presupuestos poidan facer viaxes de turismo ás illas encantadas pagas por tódolos os cidadáns da República de Patópolis. Este era o nome do país que pretendían discutir cando chegase a oportunidade de estar en súa terra con tódolos os dereitos asegurados para tódolos cidadáns, onde ninguén máis tivese que pagar o "Pato" polo mal que non tiñan feito nen pola máxica dos gardadores do Tesouro Nacional.
     Eses xovens andaregos e idealistas pretendían construir un novo país onde non houbese máis lugar para a pobreza, represión e diferencias sociais en función da rexión histórica, cor da pel, raza, credo ou novas formas de pensar, en fin, onde os dereitos sociais e humanos fosen respectados, non apenas nos palanques dos feiticeiros de políticos, pero, no cotidíano de cada cidadán.
     Este último libro, escrito debaixo das estrelas do ceo latino americano, polo Madruga, en colaboración cos seus fieles guerreiros de peregrinación política e social, non debería ser diferente da propia historia dos indivíduos, cuxas loitas tiñan sido adicadas ó ben comun. Como ben afirmou Pío en conversas anteriores; "se estamos na chuvia é pra nos mollar".
     Pero, esta chuvia do Pío non é a chuvia asoladora que apenas pasa co vento sen mollar a terra, pero, aquela que tanto molla como fai fructificar as sementes que brotan mudando o rumbo da propia historia de un pobo para o amañecer dun novo día.
     Desvirtuar a finalidade desa literatura escrita en medio de moita dor, sufrimento e angustia, sería como a negación de si mesmo e, o Madruga sabía moi ben deica onde podería chegar deslizando coa súa propia pluma, polas páxinas de seus últimos pasos fóra da súa pequena república imaxinaria, "A República de Patópolis".
     O Pío, apesar de súas conviccións políticas, non era de radicalismos nen tampouco tiña en súa mente a intención de usar a política como trampolín para satisfacer a súa vaidade ou vontade porriba dos descamisados, como xeralmente ocorre con a maioría dos políticos. El, a pesar da rabia e da dor provocada por percibir moitas inxusticias cometidas por algúns "caudillos" ou por políticos inescrupulosos nas chamadas democracias modernas, non mudaría a súa personalidade. A súa sensatez e equilibrio interior, non lle permitirían valerse das metáforas ou megalomanía cortante en proveito propio. Esta convicción do Pío, tal vez fose a súa última contribuición para que o Madruga puidese concluir a súa obra sobre a socioloxía, asimesmo, el fixo máis un pedido ao prezado mestre:
     —Mira, Madruga, eu gostaría que ti non fixeses excesos da paixón política coas túas ideas xa bastante inflamables e a túa ansiedade en ver a obra literaria nas maos de nosos conterráneos. Imaxina que un obreiro coa ansia de terminar unha tarefa faga algúns erros na execución da mesma, el será obrigado a refacer todo de novo para non perder a clientela, pero, ¿quen pagará os erros, a incompetencia e safadeza de algúns políticos ou gobernantes? Pensa ben niso, pois, quen costuma pagar o "Pato, sempre será o pobo que o escolleu para que o representase honestamente.
     Cabe a ti, meu benquerido compañeiro Madruga, que pretendes ser un dos milleiros de persoas que fan parte desa grande masa de cidadáns de Patópolis ?que sempre pagan o Pato? cobrar a través das páxinas dese libro:
     O protesto dos miserables, dos excluídos e o seu protesto, a súa indignación e insatisfacción por estar a explorar o pobo a través de artimañas políticas.
     —Eu sei o que ti sentes compañeiro Pío, contra toda esa "pilantrophia" política. Podes ter certeza, que nunca me perdoaría se usufruíse as vantaxes sobre quen non aprendeu ou non sabe comer o pan que é amasado polos políticos que utilizan os ingredientes en seu propio beneficio, deixando de comprir as súas promesas. Eu, poderia ter escollido ser xastre ou ata, mecánico ou calquer unha outra profesión, pero, escollín o maxisterio e a política como forma de axudar á miña amada e pequena pátria histórica. Escribir dramas, poesía ou calquer outro tipo de literatura é tamén unha forma de facer política, pois, con as miñas ideas e as dos meus compañeiros, intentaremos esclarecer ás clases menos atentas á esperteza dos políticos e moitos gobernantes.
     Mesmo con todas esas dúbidas e discordancia dalgúns puntos de vista, nunha cousa eles non tiñan ningunha dúbida, isto é, de que a situación estaba preto de equilibrarse en tódolos sentidos posibles. Por outro lado, os señores do poder, aínda loitarían con uñas e dentes para non perder os anelos que tiñan usurpado indebidamente, pero, para eles, sería mellor perder os anelos do que perder os dedos.
     O Muras, ainda non esquecera algunhas tristes lembranzas daqueles días de terror en que ninguén tiña inteira seguranza en súa liberdade persoal nen mesmo no local de traballo.
     Comentou el:
     —Nunha das estreas de unha peza teatral, nun local improvisado para esa finalidade, aínda ben non tiña terminado o primeiro acto da apresentación e, de boca en boca, corrian rumores de que persoas estrañas estarían se movementando, na rúa, de forma bastante inusitada. Intentamos pescudar o que estaba acontecendo nas proximidades do teatro e, de repente, balas cruzando o aire por tódolos lados sen saber ao certo, de onde viñan. Un dos nosos "olleiros", afirmou que na outra rúa había algúns coches ardendo e moitas persoas correndo dun lado pro outro.
     —Na segunda presentación do espetáculo, con máis da mitá dos ingresos vendidos, intentamos reiniciar con unha peza bastante dramática e cómica, coa intención de despistar a atención do SIMCA ao mesmo tempo en que distribuíamos, gratuitamente, o restante das entradas para que, co salón cheo e tódolos espectadores aplaudindo, daría máis forza para improvisar facendo o pobo rir e aplaudir. O drama, de certa forma, tiña que disimular a preocupación estampada no rostro do pobo e, principalmente, dos actores para distrair a furia dos represores do SINCA.
     Aínda, segundo Muras, aquela noite, con certeza, non era propicia para a farsa ou a máxica, na realidade era patética en si mesmo e, dificilmente alguén podería representar artificialmente. Por outro lado, as circunstancias obrigaban os actores a saíren á rúa para dramatizar e estudar os movementos e formas de actuar de un pobo asustado, como se, na verdade, tamén estivese representando a través da súa dor, un auténtico drama popular. Pretender competir coa vida en si naquel exato momento, sopuña tanto como esquecer que:
     "O teatro, foi sempre e sempre será, o espello dos costumes e reflexo da realidade social como había afirmado o fiel escudeiro Pío, en páxinas anteriores".
     Os ouvidos dos espectadores, atentos: un ouvido na escena e o outro nos acontecementos da rúa, isto transparecía por instantes, en seus pensamentos dubidosos á nosa conclusión. Alguén dixo: "quen sementa ventos, colle tempestades. Todos nós estamos envolvidos. ¡O que estiver libre, atire a primeira pedra"! Asimesmo, os personagens da comedía do Madruga, se esforzaban para seguir vestindo o decoro verbal, do dereito e da vida, uns conceptos e privilexios sociais incompatibles, nestas horas, con a dignidade humana.
     "Por suposto, aquela noite, o forno, non estaba para facer un boiscoito, pero, para cocer un Pato, con plumas e todo".
     Foucellas sentíase bastante solitario en relación ao medio e ás persoas en seu redor. El estivera tempos atrás, por varios meses, escondido nunha pequena cidade do interior do país, temendo por represalias en seu local de traballo, en vista de algunhas actividades oposicionistas ao réxime vixente naquel momento. A pesar de contar con amigos no goberno que combatía, el sabía que tamén estaba sendo axexado nos seus movementos fóra de súas actividades normais. El era un incansabel defensor de seus compañeiros perseguidos polo SIMCA—, por iso, pediu un permiso para tratar da saúde. Na época, o Anágoras, un antigo colega da faculdade, ó saber dos problemas do amigo, ofreceulle hospitalidade na súa residencia ata as cousas se acalmar.
     Na residencia provisoria, na cidade de Patopera, apenas dous moradores con os cales tería de convivir: o propio Anágoras e unha irmá un pouco máis vella. Era unha pequena e próspera cidade do interior, onde as principais actividades eran no medio rural. Algunhas pequenas industrias de transformación de productos primarios e un comercio típico do medio rural. A casa ficava un pouco apartada do poboado con apenas dúas ou tres máis en seu redor, elas formaban un pequeno núcleo de veciños que traballaban en pequenas propiedades de subsistencia. A menos de un quilómetro, na beira da estrada vecinal, vivía un modesto comerciante establecido, principalmente, no ramo de productos alimenticios.
     Un río cuberto por unha vexetación nativa, daba un aire señorial áquel rincón onde se situaba ese pequeno núcleo que reunía as condicións ideales e necesarias para unhas "vacacións" ben merecidas do Foucellas. Un pouco máis lonxe, moitos currales para o gando: criación de porcos e algúns galiñeiros bastante humildes. No centro do poboado, varias casas comerciales, un colexio, algunhas barberías, un pequeno hospital e algúns consultorios de profesionais liberais: médicos, avogados...
     Para completar esa harmonía, era necesario vencer as diferencias antiguas dalgúns caciques do médio rural político destes pequenos poboados, eles sempre tiñan a soga na palma da mán para atacar ós rivales ata debaixo das sete cuartas de terra, con rancores tan primitivos como a propia terra. Completando esa veciñanza, algúns señores de outras cidades máis grandes tiñan construído, preto dun lago, algúns palacetes para disfrutar de un bo descanso no fin de semana.
     O Foucellas, para preencher o tempo, ficava ollando dende unha pequena solaina para a maxestosa torre da igrexa do poboado, ben ao lado da mesma, as cruces dalgúns panteóns que gardaban as cinzas dos máis ilustres cidadáns patoporenses. De vez en cando, aventurábase a dar un paseo xuntamente co seu amigo e protector temporario, o Anágoras ou a irmá deste, pois, ela coñecía ben mellor as persoas nas cais poderían confiar en relación ao hóspede. O Anágoras tiña estado por varios anos fóra desta terra, por iso, non coñecía a mor parte dos veciños da família, nen os máis próximos.
     En seus paseos, o Anágoras gostava de comentar as aventuras da infancia e de súa xuventude por estas redondezas. Dicíalle el ao Foucellas:
     —Naquela rúa, naceu miña nai, onde aínda teño algúns parentes. Na casa que era de meu avo, periodicamente mataban algúns porcos e vendían unha parte deles na súa carnicería. Como era chistoso eu tentar segurar o porco polo rabo encanto os homes o seguraban sobre un banco. Ó escoitar os gritos do porco, sempre que podía, saía correndo para axudar no seu sacrifício.
     Mesmo sabendo un pouco das actividades políticas do Anágoras, Foucellas indagou do mesmo.
     —¿Por qué vostede está ficando máis tempo aquí do que no súa oficina de advocacía, alá na cidade?
     —Meu benquerido e amigo Foucellas, ti podes non acreditar, pero a sorte sonreiume cando saín da cidade grande e vín para este noso rincón pasar unhas tempadas prolongadas, xustamente pouco antes do SIMCA ficar máis perigoso, en vista do aparecimento de moitas células activistas contrarias ao novo réxime implantado polos militares. Eu diría ata que tirei a sorte grande, como xa aconteceu outras veces en situacións semellantes. Se eu aínda estivese alá, na capital, onde me coñecían ata os cans sen dono, como defensor das causas posibles e imposibles de moitos compañeiros exilados e espallados por varios países, onde amargan a morriña da soidade, lonxe de súa terra, das súas familias e de outros que están acorrentados nas cadeas polos grillóns das temibles forzas paramilitares da dictadura.
     —Temo, tamén, como autor dalgúns artigos nos xornais onde criticaba a Deus e todo mundo: socialistas, comunistas, republicanos, falanxistas, monárquicos, mormente os usurpadores do poder. Na verdade, todos tiñan un pouco de culpa no rexistro notario da consciência, por non teren actuado de forma máis equilibrada naqueles momentos en que requerían resignación e o bo senso. A miña humilde protectora de tódolos días ?a porteira do edificio onde se localiza a miña oficina de advocacía? nunca sabía cal era o meu novo enderezo: ou eu estaba viaxando polo interior como de repente tivera que visitar un familiar adoentado en calquer lugar. Respondíalles ela:
     "Ese home é moi reservado, raramente conversa con os veciños sobre as súas cousas particulares, é coma unha tumba". Continuou o Anágoras:
     —Asimesmo, a miña benfeitora, nen sempre podía impedir que algúns activistas e moradores puidesen ser encontrados con catro balas na cabeza nunha esquina calquer das redondezas ou nos bosques próximos á cidade. Eu, mesmo aquí neste poboado, por precaución, sempre que podo, durmo de día como as coruxas e amo a noite coma os morcegos. De mañá cedo, polo camiño vecinal, que fica próximo á estrada principal, dende a miña cama, acostumbro ouvir as persoas camiñaren en dirección ós seus traballos, principalmente os que van pras veigas ou cuidar dos animales e galiñas en máis un día de batalla pola sobrevivencia.
     —Os gandeiros, ás voltas co gando para o pasto e as mozas carrexando tinas de roupa pra lavar no lavadeiro comunitario, a poucos metros de distancia, elas pasaban conversando nunha linguaxe bastante embrutecida e ao mesmo tempo bucólica, encantadora. Carros de bois carrexando esterco dos currais para as veigas e pomares, na súa pasaxe, deixaban o aire impregnado de un odor de puzo negro (fosa séptica), un cheiro de carne morta. Outras veces, respírase un aire con cheiro de terra húmida ou perfume das flores dos pomares veciños.
     Ó Anágoras, ás veces, víñalle á mente unha visita que fixera a un médico —visita de amigo e non profesional— que facían unha vez ou outra para trocar confidencias políticas sobre os acontecementos e actividades, tanto de algúns compañeiros como da represión —o SIMCA. Poucos días despois, o Anágoras, ficou sabendo que un amigo da família fora encontrado morto na beira de unha estrada, a poucos quilómetros do poboado. Naquel intre, sentiu como se a terra desaparecese debaixo dos seus pés. Pensou, unicamente, que o adaxio "ollo por ollo e dente por dente" non se encaixava en seus planos, pero, era a constatación diante da excesiva liberdade dos sindicatos apoiados polo goberno que, ás veces, eran bastante truculentos. En cada esquina e en cada corpo que tivese algún poder político ou sindical; xeralmente, escondíase unha pistola ou revólver disposto a sentenciar alguén á morte.
     Eran escenarios políticos ben próximos da estupidez e da brutalidade inconsciente de unha sociedade pronta para accionar os gatillos, bater o martelo para revidar a humillación e escarnio con que os cidadáns eran tratados de un modo xeral, tanto polos poderosos de un lado como dos oposicionistas do outro. O pobo era submetido á brutalidade da acción direta e da tiranía de tódolos extremismos, principalmente polo goberno ilexítimo.
     A pesar do medo, a posibilidade de unha nova guerra civil era remota, dadas as circunstancias do momento e ás características máis pacíficas de unha nova sociedade. Os incendios, saqueo, asasinatos e invasións de propiedades públicas obedecían á explosión da necesidade ou da ira popular de un pobo faminto e encurralado por tódolos lados posibles.
     Os asasinatos continuaban en nome da orden e do ódio descabido de algúns "pelagatos e caudillos" que sentenciaban en nome das diferencias das clases sociais e da forma de pensar diferente. O medo e a inseguranza tomaban conta dos propietarios de terras, pequenos ou grandes que, cando preguntados de que lado estaban, pechábanse dentro de súa coraza e usando unha linguaxe inintelixibel: nada sabían, nada oían ou cando presionados, respondían non entender nada de política, eles só entendían de terra, do labradío e do gando, do resto, non entendían nada, eran como verdadeiras estatuas.
     O Anágoras, sempre pedía á irmã, moito coidado ao conversar con outras persoas. —Dicíalle el:
     Nós temos de ser ignorantes en relación a cal dos pés coxean os nosos veciños e que, nenhun deles soubese de que pé nós estavamos coxeando.
     —Un dia, de mañá cedo, miña irmá moi nerviosa e ollándome cos ollos rebirados, doume a noticia de máis mortes.
     —¡Mataron o Adonías!
     —¿O Adonías?
     —Si. Máis outros catro dun poboado aqui preto.
     —¿Onde?
     —Foron ametrallados preto duns piñeirais.
     —¿Quen?
     —Ninguén sabe.
     —Non podo acreditar. ¡O Adonías fusilado!
     O Foucellas non puido deixar de ouvir o espanto do Anágoras e a súa irmá e preguntoulles:
     —¿Quen era ese tal de Adonías?
     —O Adonías moraba a pouca distancia da nosa casa. Tiña un pequeno comercio típico dun poboado do interior. Tamén criaba gando, cabras, porcos e galiñas. Era robusto e de medía idade. Tal vez fose a persoa que menos se envolvía na vida dos outros por estas redondezas.
     —Entón, se era un cidadán adicado apenas á família e ó seu traballo, ¿por qué o mataron? Volveu a cuestionar o Foucellas.
     —Era máis unha pregunta sen resposta convincente.
     O Anágoras fixo apenas un retrospecto de cando saía para dar algún paseo no medio dos piñeirais. Dicíalle el:
     —Eu, case que sempre encontraba Adonías lidando coa súa criación de gando, porcos e galiñas, el mesmo cuidaba de todo: levar o gando do curral para o pasto, muxir as vacas e alimentar os porcos, cabras e galiñas. Daba a impresión que, pra el, non existía o comercio onde tamén vendía moitos productos produzidos nas súas terras, con axuda da familia. Levaba aquela vida de bonachón, simples, e primitivo, ata parecía que seguía o ritmo de súas cousas. Non falaba moito máis do que con porcos, becerros, cabras e galiñas. Comigo falaba apenas o necesario para a costumeira saudación matinal, nada máis do que iso.
     —Entón, ¿por qué o mataron?
     —Simplesmente porque cometera o crime de facer algunhas economías como producto de seu traballo honesto, traballando día e noite.
     —¿Por que, as turbas enfurecidas, cheas de odio e fracasos non perdoaban a persoas boas e ordeiras iguais ao Adonías?
Repetían os amigos:
     "Adonías non sabía cousa neñunha sobre política, só sabía lidar co seu rabaño de animales que, moitas veces, son máis comprensibles do que os propios animales racionais. El tiña moito orgullo e respecto á natureza: Os ríos que pasaban por súas terras e das montañas que sombreaban o seu verde val e marxeaban os rios".
     Pero, dunha cousa o Adonías tiña moita certeza, de que os políticos do poboado, só se lembravan del cando tiña que depositar o seu voto nas urnas. El sempre votaba a pedido dun carniceiro que, a pesar de lle comprar gando pro abate, era seu concorrente no comercio de carnes.
     Ese carniceiro, que era moi agudo ó ficar sempre co lado político que estaba gañando; chamávanlle de "Maquiavel"; por seu "sadismo político". O Maquiavel, a pesar de vir de unha familia menos abastada, subiu moi rápido no comercio e na política local. Tanto estaba cos da dereita, da esquerda, falanxistas, comunistas, quinta colunistas... Maquiavel era un verdadeiro malabarista na arte de quitar proveito da ignorancia ou bondade dos outros.
     —Isto faime lembrar de moitos políticos de algúns países onde a política é un medio de vida pras persoas inescrupulosas. Dicía o Anágoras.
     Segundo a irmá do Anágoras, Adonías era completamente diferente de seu falso amigo, o Maquiavel. El era do tipo de cidadán que gostaba de ver as cousas seguir o seu ritmo natural, o da propia natureza coa cal moito se identificaba, inclusive co seu rebaño de animais.
     Asimesmo, o Adonías gardaba algunhas recordacións da infancia en relación ao seu falso amigo carniceiro, unha infancia, de certa forma comunitaria: os dous eran cantores do coro da igrexa parroquial. Cando xovens, os dous tamén comungaban dos mesmos ideais políticos, para eles; as esquerdas eran moi radicais, anarquistas, peor que animais, pois, non querían seguir nenhun adestramento para mellorar a súa comprensión. Para eses políticos, canto peor mellor. Todo mundo era obrigado a rezar pola súa cartilla; concordaban eles, naquela época.
     Prosegue o Anágoras:
     —Sempre que houbese algunha efervescencia política no poboado, o Adonías imaxinaba que non tiña necesidade de se preocupar, nen con el nen coa súa familia nen co seu rebaño, xustamente, agora que o Maquiavel tiña subido politicamente; fora nomeado o "manda-chuvias" de Patopera.
     —Non quero nen pensar —dicía o Adonías— que poida ocorrer o que aconteceu hai algúns anos a trás coa mudanza do mando político, foi un desastre para moitas familias patoporenses. Pero, agora que Maquiavel tiña algunha forza política — aparentemente, "un home de respecto e bonachón", mesmo que un pouco agarrado á saia da nai (segundo as malas linguas). Agora, dicía el, podo durmir tranquilo, tanto eu como a miña familia.
     Ninguén podería sospeitar desas aparencias —ledo engano do infeliz do Adonías.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega