Os Andaregos de Patópolis

Páxina Anterior

Terceira parte

 

v4manueldiz003.html
     —¿Estamos todos de acordo con relación ó horário e local?
     —Si. Teremos o máximo de cuidado, non se preocupe señor Anágoras que vai dar todo certo.
     Xa dentro da casa, movíanse como quen pisa en ovos, falar; o mínimo necesario e o máis baixo posibel, a pesar de que naquel horario había menos perigo de alguén estar escoitando.
     —O Matías preguntou á señora da casa se ela estaba escoitando o que eles falaban, pois, xa estaban acostumados naquel ton de voz había moito tempo.
     —Sin, dá para entender perfeitamente estando próximos na hora de conversar.
     Despois de axeitar todo alá dentro do esconderixo, tanto a entrada como a ventilación ben camuflada, comezaran a entrenar para o caso de unha emerxencia ter que se esconder rapidamente: carrexando os colchós e a roupa que usaban do lado de fóra. O novo espacio serviría apenas como esconderixo de emerxencia.
     Eles tiñan que aprender a quitar e po-la tapa de entrada para o esconderixo en poucos minutos. Ela ficava no piso do cuarto da criada no segundo piso, debaixo de unha cama vella. Baixábase por unha esqueira pequena improvisada que, ó estar alá dentro, tiraban e puñan a tapa tan ben encaixada que ninguén podería levantar sospeitas, inclusive se fose necesario baixar no escuro.
     O espacio vacío entre as paredes daba para esconder deica tres ou catro persoas en pé. Eles durmían nun cuarto ó lado do esconderixo para facilitar as cousas en caso de necesidade. Os donos da casa, cando tiñan algunha visita, procuraban facer un pouco de cera ata abrir a porta e así dar máis tempo par que eles puidesen esconderse.
     Por moito tempo, esa rutina foi moi ben executada por todos, ata polo fiel Kunté que, xa aprendera a lidiar con todos eses cuidados dedicados ós desertores e máis tarde a máis un amigo do Muras que os patrulleiros o tiñan xulgado culpado por ter dinamitado un Comité alá na capital. No fin das contas, o esconderixo acabou servindo para moitos refuxiados, menos para o propio Anágoras cando o seu día "D" chegou sen esperar, el estaba máis preocupado en preservar a vida dos outros do que a súa propia seguranza.
     A casa da familia do Anágoras tiña virado unha embaixada dos que procuraban defender os seus ideais e a vida. Ata o propio médico que sempre cuidou da saúde dos descamisados do pobo e dos membros do Comité, cando desconfiou que xa non máis merecía a confianza de seus superiores, non hesitou en pedir axuda ó antigo amigo de infancia, principalmente para que lle gardase os documentos que poderían comprometelo aínda máis con algúns activistas da oposición.
     —Olla meu caro amigo Anágoras, alén dos documentos que eu pedín para gardar, quería que me gardases unhas lembranzas da familia pois, pretendo sair do país o máis rápido posibel e, non podo levar nada comigo que me comprometa aínda máis.
     —No día vindeiro, e sen esperar, apareceume o doutor disfrazado de vendedor ambulante na nosa casa. Pedía máis unha vez que o deixase ficar apenas por dous días, el tiña combinado un contacto con persoas que o quitarían do país. Aparentemente parecía un pouco charlatán e podería complicar a vida de tódolos que estaban na nosa casa. Miña irmá non confiaba nel, eu era obrigado a confiar polo que el sabía da miña ligación con os oposicionistas á ditadura, en Patópolis.
     Pola súa profesión de médico, el sabía de moita cousa, tanto de unha banda como da outra: de día trataba do persoal dos Comités e de noite dos seus coñecidos oposicionistas, con quen mantiña unha amizade e concordancia ideolóxica. Asimesmo, era moi perigoso e temeroso telo como inimigo, ó mesmo tempo en que mudaba de cor e de comportamento cando desconfiava que alguén sospeitaba del; tanto no andar como no falar el propio se denunciaba. Nunca pensei que puidese caber tanto medo nun só corpo nen tanta tremedeira en a penas dúas mans.
     No día seguinte, pediume que o acompañase deica o seu contacto, á noite. Fomos escondidos ata o bosque de piñeirais, ó chegar na mata rasteira, calquer sombra de unha chouca de toxos ou carqueixas, era un patrulleiro apontando en súa dirección. Despois de atravesar un pasto onde pastaban unhas vacas e cabras, foi alí que fiquei máis irritado ó el me afirmar que tiña visto alguén se esconder atrás de unhas árbores.
     —Olla doutor, son apenas cabras pastando, nada máis que iso.
     —Si, claro que si. A miña vista debe estar fallando por falta de durmir xa hai moitas noites. Pero, tamén poden ser patrulleiros vestidos de cabras. Non confío en máis ninguén deica pasar a fronteira.
     —É iso mesmo o que ten que facer o máis rápido posibel antes de morrer do corazón ou de unha bala perdida disparada por unha cabra. ¿Quen sabe, se non é por unha cornada de un touro que está no pasto para defender as súas vacas?
     —Non digas esa tontería Anágoras, porque ás veces temos que correr mesmo dos bois que estexan perto de vacas.
     —Do outro lado do rio, vislumbramos os sinais de unha lanterna que o doutor logo interpretou dicindo que deberíamos nos apresar máis un pouco. El atravesou o río que tiña pouca auga e cando chegou do outro lado, gritou, ¡coidado que os mortos non se contan! Eu volvime con máis precaución do que antes ata chegar en casa cos pés todos feridos de tanto andar no medio do mato.
     O Anágoras contaba que nunca soubera efectivamente as funcións que exercía ese médico dentro da oposición, dicía que el tiña moito xogo de cintura cando quería convencer ós demais de súas ideas ás veces bastante confusas e dubidosas pero, era como unha toupeira cando tiña que resolver seus propios problemas.
     —Aquela noite, ó voltar da maratona imposta por circunstancias bastante óbvias e pola inabilidade do doutor, non conseguí durmir polo cansaço físico e mental. Ficava imaxinando que o cerco á miña liberdade estaba aumentando a cada día que pasaba. Nun dos últimos encontros que tivera con algúns membros do SIMCA, o desfecho non tiña sido moi favorabel para min. Tiña perdido a retaguarda do Agripa e o Maquiavel xa non rezava moito pola miña cartilla de actor. Alén diso, tamén sabian que o Muras tiña estado por uns días na miña casa, a pesar de que non coñecían as verdadeiras razóns, por todo iso, sentíame espiado por tódolos lados.
     A irmá do Anágoras, vendo que el andaba bastante preocupado cos últimos acontecementos nunha cidade próxima a Patopera, procurou darlle ánimo, pois, agora as cousas xa estaban tomando rumbos promisores e que eses últimos asasinatos non eran máis do que o desespero dos actuais mandatarios de Patópolis por unha posibel mudanza política. En breve o sol volvería a brillar para alegría de todos e a liberdade sería restabelecida, ós poucos, na medida en que a dictadura fose perdendo forza.
     O Anágoras abrazouse á irmá dicíndolle:
     —Olla, eu sei que iso que ti estás a me dicir e o que pensa a maioría das persoas un pouco inxenuas nos meandros e percances da política e na maldade dos que dela se utilizan para escravizar e oprimir os cidadáns de boa fé. Igual a ti hai moita xente boa, pero, eu xa estou moi calexado e descrente da falsa bondade deses facinerosos que só pensan neles mesmos. Pero, a pesar de todo, non podemos perder a fe en Deus e en algúns poucos homes de mentes sanas e bondosas.
     —Ás veces eu pensaba que tamén me poderia esconder en miña propia casa, pero, aí as cousas poderian ter o efeito de un bumerangue, non me encontrando a min, levarían á miña irmá.
Non, iso non daría certo. Outras veces pensaba en facer máis unha tentativa ?como actor? para gañar máis algún tempo, "como me dixera miña irmá, as cousas non poderían ficar así para sempre", pero, ¿que estratexia usaria, desta vez, con Maquiavel e seus seguidores asasinos?
     —Confeso que pensaba en "aderir á causa" do Comité, por partes, pediría un entrenamento preventivo na área da intelixencia, o SIMCA, dada á miña condición de coñecedor das leis xenéricas da República de Patópolis. Sería unha tarefa árdua e de moita renuncia de min mesmo. Tería que conciliar o papel de actor con o papel da realidade do momento, que era a realidade dos opresores do SIMCA, como tantos outros, inclusive o Agripa, que deran a súa vida pola crenza de que non había máis causa do que a causa; guiados polo espírito do sacrificio en favor da Patria amada.
     —Non tiven moita sorte nas miñas tentativas infrutíferas e desastrosas que, na maioría das veces, os resultados redundaban en humillacións estonteantes e revoltantes, eu estaba xogando con a última carta da baralla escondida na miña mente ?non na manga como a maioría o facía?. Só me restaba esperar o desfecho do canto da sereia fóra da auga, continuar contando as lúas á beira do mar para non me afogar.
     —Xa era de madrugada, fora durmir moi tarde pola irresistibel insonia. Tentaba durmir de novo, dicindo para min mesmo:
     —¿Será que verei o final feliz? Tódalas informacións entre paredes tendían para unha melloría relativa. A resistencia no campo e nas cidades cada día gañaba máis adeptos anónimos que fortalecían os verdadeiros activistas expostos a toda sorte de flaxelo. Eles clamaban por unha tomada do poder pola razón e non polas armas como tiña acontecido con o actual poder. Eran moitos gritos dos verdadeiros patriotas, gritos de socorro. Uns retrocedendo e outros avanzando para unha liberdade total.
     —Eu non tiña durmido máis do que uns minutos, cando o Kunté comezou a ladrar intensamente, ía no fundo da escaleira e voltava ata a galería para que lle abrise a porta, algunha cousa moi seria estaba acontecendo, era unha agonía total que comprimía as paredes do meu peito. Descalzo e con unha lanterna na mao, procurei nos rincós escondidos da escaleira, tal vez un gato ou outra cousa estraña que podería estar a provocar tanta ansiedade e rabia no meu can e fiel amigo, o kunté.
     —Aínda ben non me tiña calzado, cando escoitei uns gritos e batidas na porta de entrada da casa. Ollando pola xanela, berrei de que xa estaba indo para abrir —tiña que dar tempo a que os desertores que estaban na miña casa, puidesen esconderse con seguranza.
     —A miña irmá continuaba durmindo, despois de receber as "visitas" inesperadas e fóra de hora, fun a chamala para falarlle que eses homes uniformizados querían dar unha ollada na casa, é dicir, facer unha revista policial. Preguntoulles ela:
     —¿Os señores son da policía?
     —Somos axentes do servicio de investigación militar e captura ?o SIMCA?
     —¿Unha investigación na nosa casa? ¡é moi estraño! Poden procurar o que queiran.
     Como aínda era de noite, traían unhas lanternas, mesmo que non tardou en ser día claro. Despois de procurar e non encontrar nada pediran desculpas polas molestias daquela hora impropia, pero, solicitaran ó Anágoras que fose ó Comité, xunto con eles, soamente para prestar unha declaración relacionada coa visita que fixeran.
     —¿Debo levar algunha roupa? Preguntoulles o Anágoras.
     —Cremos que non sexa necesario, á tarde estará o señor de volta.
     Era a filosofia do SIMCA, prender ou asasinar sempre con un falso sorriso ou unha resposta falsa.
     —¿Podo cando menos tomar un pouco de café? Están tamén invitados a tomar un pouco se fora do seu agrado.
     —Claro, si, claro que si, como vostede queira.
     Un deles, ó se levantar despois de tomar o café, preguntou:
     —¿Existe algunha outra saída nos fundos da casa?
     —Ningunha, respondelles miña irmá. A única entrada e saída é pola porta que os señores entraran.
     —¿Quen dorme nesta cama do cuarto ó lado?
     —É un meu sobriño cando ven nos visitar. El foi embora onte.
     —Eles pediranlle us libros de literatura que tiña sobre un sofá e outro de dereito constitucional —estaban sendo levados para averiguación de seus conteúdos e súas posibles implicacións. Despois de follear o libro, un deles preguntoulle o que significaba a palabra "red".
     —É unha palabra inglesa que significa: Rubio.
     —¿O señor é comunista?
     —A filosofia do conteúdo do libro tal vez si. Eu, non.
     —Parece que o señor gosta de ler libros de literatura comunista, ¿é verdade?
     —Eu leo libros de tódalas ideoloxías, sociais e políticas, ¿o señor non le? ¿Como pode avaliar o que é bo ou ruin nun libro, se non o lee primeiro?
     —Si, si. Ten razón, señor Anágoras.
     —A miña irmá que vía e oía todo o desenrolar novelesco, entreolloume como quen quería dicir: debaixo da pulidez da fala deses axentes, había unha intención abertamente hostil, como as máscaras que sorrien no anonimato da falsedade. Antes de subir ó carro dos axentes do SIMCA, vi ó proprietário da farmacia pasando para ir a traballar. Olhoume como quen non quer a cousa dando de ombros, eu respondín da mesma forma e movendo levemente a cabeza, o que significava nada poder facer, nen el nen eu; nas mans destes energúmenos, nós non valiamos nada. A miña irmá dende a xanela da casa abaneaba a man con un movemento compasado de odio e tristeza.
     Despois de unha hora aproximadamente, o coche entraba na garaxe do Comité, solenemente e triunfante por máis un acto de fidelidade para cos xefes opresores do SIMCA. Por aquí xa terían pasado centenas de prisioneiros inocentes, para seren submetidos ós máis rigorosos interrogatorios por mestres na palmatoria. Daquí, xa saían distribuídos, como gando, cada un para seu curral. Non me pediran máis nada, apenas rexistrándome e pedindo para tirar todo dos bolsillos para unha mesa que estaba ó lado de un brutamontes de óculos escuros e un gorro enterrado na cabeza.
     Ata os óculos que eu usava para ler, ficaran con eles. Pedinlles para que os devolvesen, pois, sen eles non podería ler nada.
     —Señor Anágoras, non está pensando que lle vamos a comprar un xornal tódolos días, ¿ou está?
     —Ó que me pediron para asinar unha folla, repliquei. ¿Podo ler o que estou asinando?
     —Si, si. É seu dereito.
     —Entón, por favor, déame os óculos, sen eles non podo enxergar case nada.
     —Devolvéranme os óculos e despois de ler e asinar, facendome de desentendido, gardeios no bolsillo.
     —Díxome un deles que non me preocupase con os obxetos, eles serían devolvidos cando saíse daquí. ¡Se sair! Retrucou un outro que estaba un pouco máis afastado de min.
     O que ficava no aire, era unha delicadeza incomun, como xa tiña acontecido cando chamaran á nosa casa de madrugada. Aparentemente, nenhuna agresión desmedida.
     —Aquí non ficamos con os obxectos de ninguén, para nós, o que interesa son as persoas e o que elas ten para nos dicir sobre a oposición, completou un deles.
     —Un cuarto estreitiño, a poucos metros de distancia, foime indicado para servirme de hospedaxe provisoria, segundo un dos gardas encarregado de abrir e fechar as portas. Sen mobles, a non ser unhas pequenas laxes de concreto e uns colchós empoeirados que servían para durmir máis de vinte homes en situación deplorabel: todos sucios, mal vestidos, barbudos e esqueléticos. Todos eles postados parecendo dementes. Nen un xesto de atención cando eu entrei na pseudo cela, nen para que puidese me sentar ou durmir.
     Máis parecía un velorio de viúdas carpiadeiras chorando sen bágoas, daba a impresión de que todos estaban exaustos e moribundos. A única certeza que non tiñan morrido, era o constante piscar de seus ollos avermellados.
     Permanecín en pé por algúns minutos, pensando na triste condición a cal son submetidos os seres humanos por seus propios semellantes ?os animales ditos racionales?. Era unha perplexidade total ó ver tanta carne humana imobel submetida ós máis deprimentes castigos por seus algozes sanguinarios. Nunca tiña visto tanta promiscuidade xunta provocada por esa maldade inxustificada que levaba a eses seres tan soamente a vexetar. Fiquei moito emocionado, desiludido e descrente, pensando, se de verdade, valía a pena vivir naquelas condicións subumanas.
     Continuaba a pensar, tal vez mais do que conversar, o Anágoras:
     —¿Será que eu, tamén, poderei chegar a ese estado de demencia e algún día sentirme como eles, sen perspectivas de vida? Era unha pregunta que por encuanto ficaría sen resposta. Pouco tempo despois, de estar "enterrado naquel mar de lama", xa me sentia cansado, sen forza, ata para respirar aquel aire fedorento polos gases expelidos das excreções humanas espalladas por tódolos os rincós da cela. Sentíame peor do que aquela noite cando tiven que camiñar, a noite inteira, con o Doutor para tiralo fóra do País. O meu corpo, case que caíndo en cima daqueles moribundos que demostraban moi poucos sinais de vida.
     —Apareceu un garda, preguntándome se eu non pretendía deitarme para durmir um pouco, pois, estaba chegando na hora de todo mundo se recoller e, eu non sería excepción.
     —Díxenlle: ¿señor garda, máis recollidos do que eles están?
     ¿Onde é que eu podo deitarme se non ten unha cuarta de espacio libre para encollerme? Do xeito que puiden, arredei un pouco as pernas de un moribundo para un lado, que nen sequer se mexeu, e senteime esperando que alguén puidese perceber a miña presencia alí dentro. Nese intre, fiquei pensando no que me tiña falado o Maquiavel, de unha certa vez que lle pedín para non facer tanta humillación ós presos políticos polos seus patrulleiros. El deume unha resposta "curta e con fereza":
     —Os mortos; deitados ou en pé, non falan, eles non se contan.
     Nun determinado momento, un daqueles "mortos-vivos", despertou como se tivese saído dunha tumba e ficou me ollando, por uns segundos, sen pestanexar.
     —O señor é novo aqui na cela?
     —¡Eu Novo! ¿Como así?
     —Bo, a non ser que os gardas o teñan levado para facer a barba e cambiar de roupa por un bo comportamento, así, agora parece diferente. ¿Non é, señor?
     —Ó escoitar a miña conversa con o compañeiro sonánbulo, parece que todos tiñan acordado de unha hibernación profunda e recobrando a vontade de vivir, facéndome preguntas e máis preguntas sobre o que estaba acontecendo alá fóra: se xa existía máis liberdade ou existía a probabilidade de saíren daquela masmorra terribel.
     Naquel intre, sentinme como se estivesen envolvéndome nunha cincha de carne humana con súas roupas suxas e en farangallos, na tentativa de sofocarme e contaminar miñas roupas, ata entón, limpas e sen aquel aspecto de un morto-vivo.
     Eu era para cada un destes homes fóra de órbita, a proba de que o mundo continuaba a existir alá fóra das catro paredes daquela latrina ambulante e fedorenta. Algúns, que no comezo tiñan ficado distraídos na ocupación do asasinato dos "trimotores" (os piollos), que proliferaban por tódolos lados da cela e por entre súas roupas suxas e esfarrapadas, ó percibir o círculo en torno de min, tamén se aproximaran para obter informações do se pasaba alá fóra.
     Preguntou un dos máis inquietos:
     —¿Vostede ven alá de fóra?
     —¿Aínda prenden os activistas da oposición?
     —¿Aínda matan dentro dos Comités como se fosemos cachorros?
     Aínda ben non tiña me refeito do susto das preguntas inquisidoras, cando un outro sentado nun canto, gritou ben alto para que eu puidese ouvir:
     —Cuidado con o que ti dixeches, aquí existen moitos delatores. Canto menos fales, mellor para túa saúde aquí dentro.
     —Non faga caso do que dixo ese mentiroso, el quer ganhar súa confianza para que se abra con el, e despois. xa sabe, vai contar todo para o garda, alertou un outro que estaba pendurado na grade parecendo un mono.
     —A partir daquel intre, foi como se eu non tivese máis cordas bucais, non conseguia abrir a boca para nada. Poucos minutos despois, aparece un funcionario con un balde cheio de "comida" para as máis de vinte persoas que estaban naquela cela: unha sopa rara de verduras e garabanzos con us pedazos de carne (coiros) boiando que, só de ver aquilo, perdín a vontade de comer.
     Na verdade, o Anágoras non sentía afinidade con nenhun daqueles seres humanos con as mentes deformadas e descrentes da realidade que os esperaba alá fóra. El, tal vez tivese preferido os sobresaltos que tiña pasado durante moito tempo en que ficou tentando se camuflar das milicias paramilitares, dos Comités e dos moitos maquiavélicos espallados por tódolos lados posibles. Sentíase como se el fose o único prisioneiro dentro daquela pocilga fétida, horribel e repelente, ata para os menos racionais dos seres humanos, condenado a vivir entre exhomes e toda esa imundicia decorrente de unha sociedade inxusta e arbitraria; entre os máis variados tipos de parasitas: pulgas e piollos...
     Un prisioneiro que estaba na fila, perguntoulle ó Anágoras:
     —¿Vostede non vai buscar o "rancho"? Se non o quixer comer, cando menos, pégueo que eu comoo xunto con o meu.
     —O Anágoras, despois de ouvir aquel pedido tan dramático e humillante, do camarada da fila, viu naquel xesto a medida da indignidade na escala da cal o ser humano pode regredir, reduzindo os homes á condición de bestas humanas.
     —Dicía o Anágoras: na senana seguinte, deron entrada na cela máis dous "novatos" na escala da degradación da cidadanía. Un deles, con bastante idade, pero, con unha aparencia impecabel, cando menos ata poucos minutos despois de ter entrado. Era como un verdadeiro túmulo. Súa fisionomía mostraba as marcas da revolta e da tristeza decorrente dos métodos que o conduciran ata o Comité. El daba a impresión de estar a se transformar en unha ruína; antes do verdadeiro sufrimento que estaba por vir.
     —O Anágoras arriscou apenas unha palabra, preguntándolle: ¿porque o señor está aquí? Que crime lle foi atribuído?
     —Eu mesmo non sei o por qué estou aquí. Só sei que estaba andando distraído pola rúa, cando de repente, fun obrigado a subir no coche do SIMCA e aquí estou sen saber o por qué. Non me dixeran nada do que me estaban acusando nen quixeran ouvir miñas reclamacións pola arbitrariedade cometida comigo. Eu son apenas un pequeno comerciante, se ser comerciante é crime, entón, ten moita xente criminosa solta por aí.
     —Na verdade eu vía aquel home que estaba completamente transtornado, transformándose nun verdadeiro meniño diante dese cadro constranxedor e de penúria. A min, só me restou reanimalo para a vida e non para a morte, como aqueles outros seres humanos adormecidos e sen expectativa de vida aparente que permanecían diante de nós.
     Poucos días despois, de novo, fun transferido para outro lugar, os meus verdugos, para despistar, deran tantas voltas antes de chegar ó destino, que daría para atravesar calquer país pequeno da Europal. Todo o traxeto foi feito de noite dentro de carro pechado e sen vidrios. Tal vez, máis de unha ducia de presos amontoados como sardiñas na lata e pouco tempo despois xa estabamos dentro dun patio repleto de gardas armados ata os dentes e, apontando na nosa dirección.
     —Ben, comentou un dos presos: chegou a nosa hora do "paredón". Ó baixar da furgoneta, en grupos, cada un para lugares diferentes. Eu fun levado para unha cela en separado, fiquei bastante ansioso en saber por que desa regalía. Estaba pintada de novo e tiña algúns mobles esenciais para un mínimo de conforto, pero, era ben máis do que eu tiña no outra pocilga de onde viñera. Confeso que fiquei bastante desconfiado por toda esa xenerosidade imprevista e incomun neste exato momento político de represión.
     No día seguinte ó da mudanza, recibimos ordens explicitas para levantarnos, tódolos días, ás seis horas da mañá. Durante o día, tamén tinhamos un rigoroso sistema disciplinar: non ficar deitados, non falar alto, e non por a cabeza para fóra das reixas. Todo iso sería castigado con unha semana dentro de unha "nevera", en pé, é claro, pois, alí só había un espacio menor que un metro cadrado, alén de outras penalidades conforme cada caso.
     Do lado de fóra das celas, un garda destacábase dos demais: pola estatura e pola aparencia de cara de can. Na hora de durmir, batía con unha barra de ferro nas reixas e, a partir daí, ninguén máis daba un chío. iAi daquel que ousase calquer movemento dentro dese horario! Con certeza, ficaría confinado na xeladeira por us días.
     As "bocas pequenas", falaban que ?ese cara de can que tiña o mote de Hérkules? xa matara máis persoas do que cabelos tiña na cabeza. El negaba todos eses adxectivos que o consideraban un veterano matador. Atribuía eses "contos de lavadeira" ós compañeiros da causa, que lle tiñan invexa pola subida moi rápida, na escala de ascensión político-partidaria dentro do Comité.
     Aparentemente, quen levaría algunha vantaxe, sería o Anágoras, pois, eran vellos coñecidos e xa tiñan se encontrado algunhas veces nos Tribunales, cando o xoven avogado defendía os membros da oposición e, o Hérkules facíalle a escolta da cadea ata o propio Tribunal. Naquela época, o Hérkules era coñecido polos defensores dos activistas como un mal aceitabel en relación ó tratamento que algúns presidiarios comentaban —tiña outros ben peores— segundo eles. O Hérkules contaba para os máis íntimos que tiña mais orgullo do seu modo humanitario de tratar os presos políticos, do que o galardón do propio cargo que el exercía dentro da hierarquía do SIMCA.
     Para ese "cara de can", as persoas que alí estaban, circunstancialmente, non poderían ser tratadas como delincuentes. A pesar de ter de prevalecer a lei do máis forte, iso non podía invalidar o respecto ás leis internacionais dos dereitos humanos, mesmo os condenados por crimes hediondos. Aparentemente, esta era a lei do Érkules, deica onde a forza de súa man puidese chegar.
     Na verdade, moitas das normas atenuantes nas celas carcerarias, eran de autoría ou, cando menos suxeridas pólo Érkules aos seus xefes. Diante do desmando de formas de castigo de algúns Comités, el, convencia aos seus superiores que dictasen normas severas para tódolos responsaveis polo sistema carcerario do País, sendo punidos con a pena de destituición sumaria de súas atribuicións, dentro do Comité, cando non seguisen esas normas.
     Dicía o Anágoras:
     —Eu non podía compreender por que o Érkules tiña adquirido tanta fama de "martirizador" en tempos anteriores se, no momento presente, tanto en palabras como en feitos, era o oposto daquilo que seus detractores afirmaban. Era moi difícil entender unha posibel dupla personalidade representada con tanta fidelidade e perfección. No meu punto de vista, no pasado, non podería ter sido moi diferente do que era neste exato momento, sendo definido así:
     El era bem alto, arredondado de corpo e alma, súas mans tiñan unha delicadeza feminina, cordíal no trato sen deixar de comprir rigurosamente con seus deberes de militante da causa do Comité. Era equilibrado cando era necesario ser máis duro, sen excesos nen brandura que denotasen flaqueza ou neglixencia; ese era o Érkules ós ollos do Anágoras e de moitos outros.
     Despois de pasar uns meses nesa cela menos ruin que a anterior, unha noite, o Anágoras é levado para ser interrogado de novo. Esposado e vixiado por dous membros do Comité que parecían máis duas estátuas embalsamadas do que dous seres humanos. Percorreran varios camiños na penumbra da noite, apenas, de vez encando, unha flaca lámpada proxectaba a sombra de seus verdugos.
     Ó chegar á sala de interrogatorio, o Anágoras puido percibir un rostro coñecido por detrás de un parapeito que separaba o inquiridor do inquirido. Un rostro frío, inexpresivo, un rostro que recoñecin prontamente, pero, a pesar de coñecelo, "non o recoñecín". Comentaba el. Ese home Era un dos auxiliares de Maquiavel, o que tiña o apodo de Nero, que tantas veces tiña pasado por min no poboado de Patopera e o mesmo que me tiña falado que a escolla como profesor era unha orden do Comité.
     El dun lado e eu do outro dos lados da mesa, el finxindo que me vía pola primeira vez e, eu tamén facía de conta que nunca o tiña visto. Ficamos así por varios minutos ata que, de repente, colocou unha pasta encima da mesa e perguntoume se a recoñecía, se estaba lembrado de quen era o seu propietario. Foi como se me cortaran a garganta e arrancado as cordas bucais. Non conseguía articular nen pensar en nenhuma palabra que puidese responder. Tiven unha sensación de que me estaban asfixiando.
     No outro canto da mesa, unha máquina de escribir estaba pronta para rexistrar o depoimento, comandado por un camarada que máis parecia que tiña saído de un túmulo na noite anterior: esquelético, un bigote que lle encobría os dentes escurecidos pola nicotina dos cigarros e, para completar a inusitada figura, usaba óculos de míope; chamábase, por apodo, o Caollo. A súa función era apenas bater as teclas da máquina ou, ás veces, rasguñar á mao algunhas conversas intermediarias ó depoimento. Daba a impresión que o Caollo nen falaba nen interfería, apenas escribía e ollaba a través daquelas lentes cando eu respondía as preguntas maliciosas do Nero.
     Ó terminar con as rotineiras preguntas sobre a miña identificación persoal e profesional, dixo el: señor Anágoras, este Departamento é un sector terminal dos presos políticos, é o Estado Maior do SIMCA; daquí, ou saen libres ou son mandados para lugares de onde, tal vez, nunca poidan sair con vida, pois, a espera é moi longa. Espero que responda ás preguntas que lle foren feitas, sen medias palabras ou con muita retórica como costuma facer; nós sabemos de tódolos os seus movementos dende hai moito tempo e de súas evasivas ó responder nos inquéritos anteriores.
     —Cando xa me parecia que o Nero tiña esquecido a pregunta sobre a pasta, de repente, reformula a anterior con un ton de voz bastante agresiva e ameazadora.
     —¿O señor non era amigo e cliente do Doutor? Debe saber que el deixou o País con o auxilio de amigos. ¿O señor non sería un deses amigos que o axudaran na fuga?
     —Non, eu apenas o visitaba unha vez por outra no consultorio instalado nas propias dependencias do Comité, non existe nenhum mal niso, pois, eramos coñecidos antigos, pero, non vexo que relación o señor está a procurar nesas visitas de rutina e a posibel fuga do Doutor.
     —Nesta pasta foi encontrada unha agenda con o seu nome e o enderezo da casa de súa familia, en Patopera. O que o señor me di a respecto?
     —O Nero facía as preguntas unha atrás da outra para confundirme nas respostas que, mormernte, eran moi pouco probaveis as súas marxes de acertos en meu favor. Durante todo o interrogatorio mesturaba preguntas con ameazas e ás veces batendo con o puño na mesa. Despois de pasadas as primeiras preguntas, eu non me deixaba abater e tiña máis confianza e a vantaxe de memorizar tanto as preguntas que el me facía como as respostas que eu daba para non me contradicir e, ó mesmo tempo, servir de base para neutralizar as ofensivas do meu verdugo.
     Continuaba o Anágoras:
     —Diante de tanta atrocidade bestial e inconsecuente, a miña sensibilidade de ser humano cada día ficava máis desvanecida e ía perdendo a vitalidade, a animalidade atinxía proporcións desmedidas e imaxinaveis para os ditos animais racionais. Neses momentos da vida en si, non dá tempo de pensar na posibilidade de ter medo da morte ou de ser impelido a matar —non existe espacio para a dor nen para o odio? é un espacio de tempo impensabell e imaxinavel, o corazón bate con tanta intensidade que nos leva a unha salvaxería mecánica, sería case imposibel detectar a fonte de tanto sadismo inxustificabel practicado por seres humanos.
     O Anágoras continuaba perplexo diante de tantos imprevistos e formas indignas do tratamento dado ós propios irmaos, cada día que pasaba, ía esquecendo todo que de bo tiña aprendido nos bancos da escola ou na universidade, mas, aínda lle ficava un fío de esperanza dentro da súa alma tan amargurada e seu corazón en anacos e, despois de moito sufrir nas mans de seus verdugos, un día, foi surpreendido polo propio Nero e, máis tarde, tamén polo míope do escribán, o Caollo; con algúns cuestionamentos bastante excéntricos.
     —¿Señor Anágoras, o que pretende facer cando sair daquí? Sendo como é, mesmo que o teña negado de pés xuntos en algúns interrogatorios, un brillante avogado e eximio escritor, e aínda máis, o señor saiuse moi ben cando convocado para asumir temporariamente o cargo de profesor en Patopera, alá no seu poboado de orixe, vostede ten un camiño moi amplio pola frente a desvendar, ¿ou non ten?
     —!Eu! —Ben, primeiro o Comité podería comezar a explicar por que aínda continuo dentro desta pocilga, a pesar de ser un pouco mellor do que a anterior; en segundo lugar, vostedes ten que me devolver a miña cidadanía que foi usurpada cando, arbitrariamente, fun tirado do convivio de miña familia. Só así é que eu terei as condicións de responder ás súas preguntas bastante hilariantes e incompreensibles para min neste exato momento.
     —¿Os señores pretenden me libertar? ¿Ou é máis unha trampa empregada para coller os máis incautos e infelices seres humanos?
     —Creo que todos nós xa fomos heroes dalgún xeito, cada un á súa maneira de ser, uns praticando o ben e outros o mal, ó mesmo tempo en que tamén debemos ter sido cobardes nalgún momento de nosas vidas. Pero, tanto a heroísmo como a cobardía son estados transitorios, ás veces simples accidentes da historia que ninguén pode escapar cando na ansia do extermínio, de nosos oponentes, adquire dimensións incontrolaveis en determinadas contendas ideolóxicas de un país en calquer sector da sociedade como un todo.
     Rematou Anágoras con mais unha outra pregunta ós seus inquiridores.
     —¿Vostedes van admitir que poden perder ese poder espurio ou cando menos parte del para que o noso país volva a vivir un pleno Estado de Dereito?
     Na verdade, ninguén quería admitir que non estaba certo na súa forma de pensar e de actuar para manter a orden ou de loitar contra as arbitrariedades desa mesma orden. Nenhuma das partes tiña a intención de "loitar contra a Pátria, mas, contra os inimigos da Pátria". Son conceptos bastante discutibles tanto de unha banda como da outra. Os problemas de unha sociedade corroída e case que aniquilada polos mandos e desmandos de malos gobernantes e políticos mal intencionados que, moitas veces, non compren as promesas feitas ós máis incautos dos verdadeiros cidadáns cando fan a campaña política, teño case certeza que deben ser a causa das desigualdades sociais.
     Xeralmente, é nunha sociedade capitalista que, na verdade, moitas veces, non se sabe se é capitalista, imperialista, anarquista ou exploradora de unha situación onde o capital non xera riqueza nacional para o ben comun, pero, para aumentar o distanciamento entre a pobreza e a riqueza desumana e humillante das clases máis necesitadas en tódolos sentidos. É aí onde hai máis posibilidades de contendas políticas, mesmo nas ditas democracias liberais que, moitas veces, o rolo compresor deixa rastros maléficos máis profundos do que moitas dictaduras. Ese era o medo que preocupava o Anágoras, prevendo moito próximo, unha posibel abertura política.
     O Anágoras continuou respondendo ás preguntas do seu modo e como el ben gostaba, ó Nero e seu fiel escribán do SIMCA.
     —Afirmaba el, eu non son un escritor de fábulas non invento nada, cando escribo, apenas, rexistro as miñas observacións, as miñas interpretacións e os meus problemas vividos no día-a-día de miñas actividades profesionais e sociais e é claro, ás veces tamén me obrigan a escribir criticando ou eloxiando ós grandes e "pequenos heroes" que manipulan a nosa política.
     —Con miñas críticas e eloxios, espero que os homes que comandan toda esta maquina política e administrativa de Patópolis, descubran o que aínda lles resta na "zona branca descontaminada de seu cerebro" para que poidan cultivala de tal forma que chegue un día no cal non sexa a morte que protagonize a paz entre dous adversarios e si, a propia vida con xestos de nobreza e desprendimento de algúns valores irreais. Concluiu o Anágoras.
     Parece que o Nero tiña descuberto o lado en branco de seu minúsculo cerebro, pois, dentro de pouco tempo, outros detentos tiñan sido sondados sobre o mesmo asunto de súas actividades alá fóra da cadea, inclusive o vendedor de botóns que tamén fora transferido para unha cela viciña á do Anágoras. De feito, vislumbraban algunhas evidencias de que as cousas alá fóra xa non estaban tan a favor dos verdugos do SIMCA.
     O Anágoras, mal sabía que pola última vez, sería conducido á sala de interrogatório, polo Caollo, acompañado dos dous gardas que daban a impresión de que obedecían ás ordens de Nero por controle remoto, parecían dúas estatuas en pé movéndose no mesmo compaso fúnebre, que na verdade, para moitos, tiña sido a súa última viaxe polos corredores do terrbel servicio de intelixencia militar de captura.
     Como das veces anteriores, o Anágoras non fixo máis do que entrar na sala do Nero que, naquel momento estaba conversando con o Caollo e —como se non tivese entrado ninguén— nen sequer o ollou pra el. Ese comportamento do "verdugo", o deixou bastante irritado e desconfiado, pois, no último interrogatorio, tiña mostrado un pouco de indulxencia disfarzada de tolerancia e concordancia de algunhas respostas moi evasivas.
     Continua a pensar Anágoras:
     "A cadeira está no mesmo lugar, a mesa tamén e ata a lámpada que sempre estaba encendida, hoxe non estaba. Nen o menor xesto tanto do Caollo como do Nero para que eu me sentase".
     Nun dado momento, en que eles o percibiran, mandaram que se sentase.
     —Agradecido señor Nero, por ter me dado uns días de folga do interrogatório.
     —Non precisa agradecerme, eu só procurei darlle máis tempo para pensar mellor e darme unhas respostas máis convincentes, relacionadas con o seu comportamento e conviccións políticas.
     O Anágoras, nun ímpeto de ansiedade e revolta, por mantelo preso, levantouse da cadeira para protestar contra tanta humillación inxustificada nos interrogatorios.
     —Séntese, señor Anágoras —ordenoulle con unha voz máis moderada, o Nero. De vostede dependerá para que esta interrogación, tal vez, sexa a última.
     O vendedor de botóns, nun raro momento de poder falar con seu antigo protector —o Anágoras— confidencioulle de que xa estaban desmantelando algúns Comités do SIMCA, principalmente nas cidades do interior do País. Mas, o Anágoras agora estaba moi preocupado con o único compañeiro de cela, o Antón, que estaba bastante adoentado e con probabilidades de non poder ver nunca máis o sol nen ós familiares alá fóra. Se el aínda sobrevivía, gracias á dedicación e preocupación do propio Anágoras que o cuidaba como a un verdadeiro irmao.
     O Nero tamén foi transferido para outro sector carcerario e o Caollo ficava provisoriamente en seu lugar e, iso dava un pouco de vantagen novamente, para o Anágoras, pois, xa había bastante tempo que vinha recebendo do Caollo un tratamento diferenciado, ata onde podía chegar a súa autoridade, principalmente na "hospedaxe", inclusive axudando, tamén, ó Antón a pedido do mesmo Anágoras que, a pesar de todo iso, tivo pouco tempo de vida.
     O Anágoras ficava pensando na familia do Antón e, a pesar de que non a coñecía persoalmente, parecíalle bastante familiar a través dos relactos e confidencias que o mesmo lle facía. Alén diso, tamén lle pedía para ser o portador, (cando estivese alá fóra en liberdade), da mensaxe de despedida e de canto os amava a todos: esposa e fillos mormente, todo iso deixaba o Anágoras bastante pensativo e ansiando, o máis rápido posibel, poder percorrer as rúas de cabeza erguida para abrazar a súa irmá e ós amigos mais íntimos. A pesar de todo, o Anágoras, había pouco tempo atrás, tamén tiña comentado con o amigo Muras da súa esperanza e acreditando nunha posibel estructura política máis democrática, menos corporativista e demagóxica para a República de Patópolis.
     —Díxolle o Muras, olla meu caro amigo, eu che compreendo e tamén gostaría de ter a mesma esperanza en días mellores, pero, ti estás a ver como os nosos propios antigos compañeiros, do exílio, mudaran a súa ladaíña filosófica, principalmente de quen máis a xente esperaba; do Madruga. É como aquelas frases escritas na pizarra; eu acredito en disco voador ou en Branca de Neve.
     —!Non! Muras. Mesmo que pareza estraño e xocoso, de verdade, eu acredito en algúns cidadáns de Patópolis que, mesmo sendo unha minoría, poden espallar as súas sementes en terreno propício para dar bos frutos.
     —Si, Anágoras, pode ser que esa túa afirmativa sexa verdadeira, cando menos en tese, pero, para min, soa así tan difícil acreditar piamente nesa posibilidade, mormente, diante das constantes crises institucionais xeneralizadas e, moitas das veces, provocadas polos ditos gobernos neoliberais con súas teses ultrapasadas en relación á globalización desenfreada que, a meu ver, só serve para manter o poder polo poder. !O pobo que se dane! Eu podo che reafirmar que continuo tendo as mesmas ideas e esperanzas do noso tempo de estudiantes, daqueles movementos estudantis onde todo era moi natural, sen "vedetismos" ou intereses dubidosos.
     —Si, é posibel que, moitas veces, ó non concordar con certas normas impostas polos "novos caudillos", non debe ser considerado como un non acreditar ou non gostar de política. A pesar de que hoxe, cando menos, eleximos a quen queremos e os partidos son todos permitidos, as nosas istituicións formais da democracia foran tomadas de asalto polas elites da bandidaxe emerxente, todo iso, con o apoio das elites conservadoras con as cais ratean os dividendos escusos e o comando do País.
     —É aí que eu pretendía chegar Anágoras, nese punto, nós concordamos plenamente, mais, a pesar da representación formal das instituicións aceptaren grupos, segmentos e minorías, de certa forma, andamos un pouco para trás.
     —Ben, é claro que cando eu che falei que continuaba a acreditar na política, non estaba a referirme a esa representación formal e si de unha concepción bastante profunda, máis amplia da política. Para min, está aí a maior conquista evolutiva do pobo de Patópolis. As persoas están amadurecendo e tornando súas relacións político-sociais máis colectivas e comprometidas coa realidade do noso pobo, a pesar de que, aínda falta un pouco máis de patriotismo.
     Pouco tempo despois, o Anágoras tamén recibiu a visita dos dous amigos e compañeiros de loitas pola liberdade do pobo de Patópolis: O Foucellas e o Pío, que xa tiñan conseguido mais liberdade para continuar a loita moderada pola liberdade a través dalgúns amigos que facían parte do goberno; daqueles políticos que tanto encendían unha vela para o díabo como a Deus, e con iso, tiñan salvado a vida deles e de moitos outros activistas da oposición.
     Com ese "xogo de cintura", eles conseguiran unha anistía parcial para todos aqueles, cuxos delitos eran irrelevantes, inclusive do próprio Anágoras, que ós poucos días xa estaba en liberdade total para exercer o dereito da cidadanía. O mesmo xa non acontecía con aqueles que estaban envolvidos en asasinatos, atraco a bancos e secuestro.
     Ós poucos, os Comités e o SIMCA ían desaparecendo de unha forma camuflada deixando lugar para o ensaio de algúns partidos políticos, pero, apenas, dous tiñan forza suficiente para conquistar a liberdade democrática, os demais, eran pequenas agremiacións de sindicatos ou outros sectores da sociedade obreira bastante radicais que, se estivesen no poder, tal vez non fosen diferentes daqueles que o estaban perdendo.
     O Madruga tamén xa tiña voltado do exilio con un certo conforto de movementos dentro da sección dos intelectuais; el era profesor e escritor de varios libros, un sociólogo, tanto no País como no exterior, principalmente durante o exilio.
     Os próximos pasos dos varios grupos de activistas contra a dictadura militar serían a aglutinación das tendencias políticas con determinadas afinidades político-sociais para a formación dunha frente moderada que puidese conquistar as masas oprimidas e ó mesmo tempo os que estaban aínda embebidos dos ideais dictatoriais, que non querían perder nen os dedos nen os aneis que os colocaban no ápice dos mandos e desmandos da barbarie humana.
     Cando as portas da prisión foran abertas para o Anágoras e máis algúns de seus compañeiros de mesma signa, ó ver nas rúas alá fóra unhas poucas persoas transitando de un lado para outro; imaxinavan que aquilo non podía ser verdade,
     Gritou el:
     —¿Eu en liberdade? ¡Non acredito! Todas as rúas voltaban a ser miñas naquel exato momento. Mas, ¿que rumbo eu seguiría áquela hora da noite? Unha luz medio amarelada turbaba as miñas vistas acostumadas á escuridón das celas durante varios meses. Non tiña diñeiro para me hospedar deica o día seguinte de onde puidese chegar ata á Estación do trenou autobús e seguir o camiño para o meu poboado. Non me devolveran a documentación nen esperei para poder reclamar. O que eu quería era afastarme o máis rápido posibel daquel lugar exterminador de esperanzas.
     Na rúa, para cada lugar que ollava, pareciame ver os verdugos do SIMCA querendo levarme de novo para o presidio. Eu tiña que camiñar sen parar e sen ollar para os lados, cada sombra que vía na rúa era como se estivese vendo alguén apontando unha arma en miña dirección, era unha verdadeira paranoia que se instalara en min. Tamén non me atrevia a procurar a casa de algún antigo amigo. ¿Quen podería dar acollida a un ex presidiario? Seria arriscar moito.
     Á medida que eu ía camiñando en dirección á Estación polas rúas desertas e con pouca luz, vía apenas, un café ou outro aberto. A cidade pareciame unha cidade abandonada, vacía. Poucos meses atrás, a calquer hora, era ben diferente, con súas prazas e rúas parecendo un formigueiro humano dando a sensación de que todo mundo moraba na propia rúa. Agora, perto de media noite, ó ollar para os edificios imponentes de algunhas rúas, recordábame o desolado silencio daquelas celas promiscuas. Xa non enxergaba máis aquelas rúas con arire de arrogancia e valentía no peito de seus guerreiros pedestres.
     Pouco tempo antes da abertura política e, cando o Anágoras xa estaba se reintegrando con a familia e aos veciños de súa cidade nadal, foi procurado polo Alcalde que ocupara o cargo no final do goberno forte (dictadura), no momento, o Concello estaba sen xefe, visto que, a nova orden política, aínda non tiña chegado á escolla de unha persoa que atendese ás ansiedades e necesidades de conciliación, dentro de certas posibilidades político-militares e xudiciais da Comarca.
     Moitos dos que ocupaban cargos anteriores foran demitidos ou con medo do mal que fixeran deixaran os cargos para o ben e o entendimento de unha nova postura e filosofía democrática, para poder chegar a unha completa liberdade de tódolos cidadáns de Patópolis: sen vinganzas, pero, sen deixar de investigar as atrocidades e abusos cometidos por autoridades autoritarias, "no comprimento do deber". Por iso, o anterior Alcalde de Patopera, estaba interesado en apoiar unha persoa do estilo do Anágoras, para o cargo, el, a pesar de ter sido un Alcalde pacífico durante a súa xestión, non tiña sido un Alcalde de verdade, pois, os seus auxiliares tiñan máis forza política do que el propio, por iso, estaba preocupado polo que lle podería acontecer no xulgamento de abusos de algúns dos seus subalternos.
     O ex Alcalde tiña as súas orixes no campo, fillo de agricultores da mesma rexión, home honesto e de poucas ambicións. De feito, el foi un Alcalde inofensivo. Nunca perseguiu a ninguén, mesmo que tivese motivo. Xamais se preocupou onde fulano ou beltrano estaba escondido por medo da represión ou por pequenos delitos cometidos contra o poder do momento. El costumava falar que non era policial nen ministro da guerra. El só queria administrar o Concello e nada máis, deixaba todo para que o fiel secretario de confianza resolvese todo. A súa función era moi simplista: asinar papéis que colocabanm sobre a súa mesa do despacho.
     Na verdade, foi un Alcalde sen mando, nunca interferiu nos mandos e desmandos dos membros do Comité comandado polo temibel Maquiavel e seus comparsas. Para el, non existían esquerdas nen dereitas, eran apenas todos veciños e, que cada un se arreglase como puidese con súas ideas políticas. Mesmo así, el continuaba preocupado con o que lle podería acontecer e, voltou a preguntar ó Anágoras:
     —O señor cre que poderan envolverme como responsabel polos erros dos outros debaixo das miñas ordens?
     —Non creo, señor Alcalde, que os novos mandatarios perdan tempo con cousas pequenas, pero, todo dependerá de quen dea os informes e para quen sexan dados; cada xuiz pode ter unha interpretación diferente da lei neste momento aínda indeciso.
     —¿O señor se dá conta da miña delicada situación, cando o novo xefe municipal sexa nomeado polos de súa banda política?
     —Bo, non sei a que banda está a referirse vostede, se é ao lado literario, avocaticio ou político, pois, na verdade, non son un político e si un crítico da política, portanto, non teño lado ou banda como o señor está a insinuar. Profesionalmente, me considero un avogado das causas perdidas e un escritor amador. Pero, se o meu lado é o lado dos meus amigos, non importando a coloración política, concordo que os futuros mandatarios de Patopera serán do meu lado e o señor, foi un pacato e humilde alcalde, portanto, non vexo por que tanta preocupación.
     —Señor Anágoras, ben se ve que a pesar de ter nacido aquí, nen sempre viviu nesta rexión, por iso, non coñece moi ben a politicaxe "do toma alá e dá acá" deste pequeno municipio de agricultores, na maioría de clase media con pequenas industrias primarias. O señor nunca sabe quen está a falar a verdade, as conversas cambian conforme os intereses políticos e persoais. As loitas políticas pasan de pais para fillos hai varias décadas. Ninguén ten moita certeza das cores partidarias, se son de esquerda ou da dereita... Antes da dictadura, xa había problemas políticos, imaxine os que poderán advir en función dos crimes cometidos polos xefes dos Comités, na surdina das noites escuras.
     —Olle señor Alcalde, veña quen veña para substituílo, debe agradecer a Deus por esta cidade ter tido un administrador de súa grandeza humana, política e administrativa.
     —Non teña tanta certeza señor Anágoras, que todos poden pensar do mesma forma e, alén diso, moitos non saberán distinguir a miña administración da anterior, que foi cando o Maquiavel xunto con os seus seguidores cometeran varios asasinatos con a cobertura do alcalde que me precedeu. A maioría dos Comités era composta por elementos que, poucos días antes do golpe eran: comunistas, socialistas, anarquistas. Na verdade, ninguén sabe quen é quen, por iso, é que eu, en miña administración, cuidei apenas de administrar os problemas administrativos de planexamento urbano e non os políticos.
     —Máis unha razón para non ter tanta preocupación meu caro alcalde; o señor é coñecido pola maioría das familias deste municipio, sempre loitou e morou aquí; non debe ter receo que poidan culpalo por crimes que non cometeu nen acubertou. A proba está que na súa administración, os membros do Comité foran menos perigosos para con os activistas da oposición e veciños das redondezas. A rivalidade política non poderá ver nun antigo alcalde, apaciguador, un delincuente comun en hipótese algunha.
     —Iso é verdade, señor Anágoras. Como administrador e fillo desta cidade, teño a miña consciencia tranquila, pero, ¿e se eles non o ven así? . ¿O que poderá acontecer comigo?
     —Ben, eu non podo facer conxecturas a respecto e, nese caso, non podo aconsellalo, pero, non creo que nada de moi grave poidan facerlle. Así debería ser, pero...
     O Anágoras ficou pensando no que o ex alcalde lle dixera anteriormente:
     "O señor non coñece moi ben a política desta rexión".
     O medo de moitos políticos desta rexión, era de que, quen asumise a presidencia do Consello Municipal fose alguén das familias perseguidas ou as que tiñan perdido persoas asasinadas polos comandos do Comité. Serían colocados todos no mesma cesta de gatos sen distinción de cores ou de tamaño polas arbitrariedades cometidas con os pacatos cidadáns de Patopera, por iso, un grupo de caciques políticos de variadas ideoloxías e cores filosóficas, xuntaranse ó ex alcalde para pedir ó Anágoras que acadase ser o Alcalde desta cidade turbulenta e de difícil conciliación política.
     —¿Por que, os políticos da cidade se xuntaran para me "implorar" que eu aceptase o cargo de xefe municipal? Preguntábase o Anágoras bastante desconfiado. Ninguén se atrevía a recoller o cetro de mando deixado polos alcaldes da dictadura ou, na verdade, tiñan medo de se envolveren aínda máis: por omisión, apoio ou o continuo cambio de lado para levar vantaxe da desorden reinante durante ese periodo nefasto dos mandatarios, canto pior mellor para os que ficavan "encima do muro". Dende logo, eu tiña que pensar como podería sair desa armadilla tecida polos caciques da política de Patopera.
     Máis tarde, o Anágoras aceptou a escolla para o cargo de Alcalde da súa cidade, nun acordo político dalgúns partidos recén formados e o apoio dos militares, polos servicios prestados ós Comités, de certa forma induzido pola ameaza e, pola outra banda, polo medo dos políticos e tamén pola súa coraxe destemida de abrigar en súa casa a moitos disidentes ou ata activistas perseguidos polo SIMCA: ou como a forma de axuda dada para que moitos saísen do País para non seren torturados ou asasinados polos gardas dos Comités e ó mesmo tempo pola resistencia ofrecida, bastante sabia, cando foi encarcerado e ata torturado pólos do Comité.
     O Madruga, que ainda non había definido a súa función no novo goberno de Patopera, tiña encontrado algúns e coñecido outros compañeiros de loitas, na época en que eran estudiantes e outros da propia Faculdade onde leccionou naqueles tempos de xovens idealistas e un pouco soñadores, el, tamén estaba intentando un cargo onde puidese desenvolver as súas ideas dentro da propia socioloxía que tanto quería difundir no País, e agora tiña chegado á hora propicia.
     O Anágoras, a pesar da confianza que tiñan nel depositado os caciques, para asumir a municipalidade de seu poboado, no interior, aínda non se sentía á vontade para respirar o arire da liberdade, pois, as cousas non estaban de todo definidas. Aínda existían moitas amarras a decisións tomadas polos militares da liña dura, por iso, todo o cuidado era pouco, pero, pensaba el: ben, cando menos agora, estou do outro lado da mesa para decidir e non para obedecer. O Muras tamén tiña sido nomeado seu asesor administrativo e, os dous, xa estaban planejando como e cando poderían pór en práctica, algunhas das ideas concibidas polo grupo do Madruga cando estaban no exilio. Unha cousa era ser tellado de vidro e outra era ser tirapedras. "Tiña chegado a hora da cobra abaixar a cabeza para beber auga" e, é aí que costuma aparecer o perigo.
     Ó saber da libertación do Anágoras, algúns amigos e veciños, aquen el tiña protexido escondendoos en súa casa, logo foran visitalo e ó mesmo tempo agradecerlle pola súa coraxe e boa vontade de axudalos na hora do perigo e perseguición feita polos "cans da fame" do Maquiavel. Nun dado momento das conversas, o carpinteiro, díxolle:
     —Señor Anágoras, o Maquiavel e algúns de seus asesores do Comité foran destituídos e presos, por non ser máis de confianza da nova administración política e polos desmandos da autoridade que tiñan, pero, como non apareceran datos concretos nen testemuños corajosos das decenas de mortes feitas por eles, foran postos en liberdade vixiada, ¿vostede pretende facer algunha cousa para punilos?
     O Anágoras agradeceulles a visita e ó mesmo tempo dicíndolles que máis cedo ou máis tarde aparecerían feitos comprobatorios dos asasinatos e outras arbitrariedades cometidas durante a dictadura, a pesar de que, nunca ninguén afirmou ter visto as execucións, pois, eran feitas na calada da noite e na hora e local onde ninguén puidese ver, por iso, as denuncias poden non ser as probas necesarias e suficientes para condenalos en definitivo e, como sabemos, os mortos nen sempre poden falar.
     Aínda ben o Anágoras non tiña asumido a xefatura municipal, comezaran a surxir denuncias, moitas sen pés nen cabeza, só polo pracer de vinganza outras, con algún fundamento, mas, que se fosen levadas a diante, el estaría voltando ó tempo dos Comités dictatoriais en vez de procurar facer xustiza de forma conciliatoria para tentar apagar as marcas deixadas por unha dictadura que incentivava o odio, vinganza e execucións sumarias. O novo Alcalde tería de colocar en práctica a súa boa forma física e un bo xogo de cintura como un bo actor que era, para poder serenar os ánimos dos máis exaltados cidadáns patoperenses.
     O Madruga tamén fora escollido para un novo parlamento de transición política, representando unha das máis importantes provincias da República de Patópolis, onde pretendía difundir as súas "ideas liberais" concibidas e debatidas con seus compañeiros da oposición durante os tempos de exílio político, cando perambularan por varios países da Europa e, principalmente, pola América Latina. El era tido como un profundo coñecedor da socioloxía, tal vez un pouco soñador e, alén diso, pouca experiencia da vida do cotidíano, pois, tiña sido criado en "berce de ouro" e pouco coñecía a respecto da realidade dos descamisados de Patópolis —o tempo se encargaría de colocar súas ideas, competencia e sinceridade a proba—.
     O Concello de Patopera, por us días, ficou sob o comando de un funcionario calificado por oposicións, ata que o Anágoras asumise o cargo. De certa forma, foi unha maneira salutar de recomezar unha administración libre de interferencias remanescentes do autoritarismo maquiavélico, a pesar de que, moitos cidadáns nativos da rexión, vían no novo alcalde un intruso, pois, tiña ficado moito tempo fóra do poboado, na capital da provincia, por iso, receaban que non coñecese moi ben os problemas que deberían ser ecuacionados o máis rápido posibel.
     De feito, moitos políticos con prestixio na administración anterior, irían intentar facer chantaxe como estaban acostumados, vendo ese punto flaco do Anágoras, mas, eles se enganaran logo na primeira investida.
     Preguntáranlle eles: ¿como o señor vai xulgar os casos máis complicados se non ten o coñecemento necesario a respecto do seu comportamento e súa vida política ou particular?
     —Meus caros conterraneos, non se preocupen con os pequenos detalles, na hora certa, eu saberei como resolvelos adecuadamente. Non pretendo transferir a responsabilidade para ninguén e, alén diso, creo que vostedes fan parte do grupo que me pediran para aceptar o cargo; non van querer destituirme antes do tempo, ¿estamos dacordo?
     O Anágoras, só pensaba en poñer as cousas no seu debido lugar para que a cidade puidese sair da estagnación a cal tiña sido submetida pola intromisión dos membros do Comité e algúns políticos gananciosos. Dicía el:
     —Durante a represión dei guarida a moitos que me procuraban, sen rodeos ou segundas intencións agora, que estou do outro lado da mesa, continuarei con a mesma traxetória de coraxe e honestidade, sen medo de dicir a verdade e comprir con o meu deber de cidadán e de administrador da cidade de Patopera; doa a quen doer. Enfrentarei a quen teña que ser xulgado e a meus superiores con a mesma vara da legalidade e da forma máis sensata.
     De novo, o señor alcalde é cuestionado polos mesmos atravesadores da politicaxe:
     —Señor Anágoras, ¿como pretende compensar aqueles que colaboren con a súa administración?
     —Con a mesma compreensión e rixidez que tódolos cidadáns de Patopera deben ser tratados, nada máis que iso. Pero, ficarei moi grato a quen non tente me atrapallar interferindo sen ser requisitado para iso.
     O Anágoras aínda ben non tiña acabado de responder ós dous caballeiros, cando, de repente, ve entrar dous antigos coñecidos para visitalo, o tipo de visita inesperada e inoportuna naquel exato momento. Eran dous abastados comerciantes da capital e pequenos propietarios de terras en Patopera. Era o Aristeu e o Prometeu, viñan acompañados por un dos máis ricos comerciantes da redondeza e tamén dono de unha boa gleba de terras maior do que todas as outras propiedades xuntas. Un candidato ó latifundiario. Eles tiñan sido perseguidos polo persoal do Maquiavel, deixaran todo para trás escondéndose como puideran; agora, despois de retornar, queríanme usar para ir á desforra daqueles que facían corpo político con o Comité.
     Dicía Anágoras:
     —Eu sabía que tanto o Aristeu como os compañeiros da vinganza, tiñan vivido por moito tempo en sobresaltos fuxindo da represión e, por iso, tiveran moito prexuízo, tanto no comercio como na labranza. Agora, eles querían que eu, Anágoras, fose o instrumento da vinganza e represálias. Os tres, sabían moi ben o que pretendían e que sería fácil me colocar entre "dúas varas verdes", pois, contaban con a miña revolta por ter sido prisioneiro do réxime forte implantado polos Comités.
     Pero, de certa forma, algúns patoperenses tiñan algunha razón ó afirmar que eu non sabía como eles respiraban; quen era contra quen, que ignoraba as paixóns esaxeradas de moitos veciños, os rancores políticos de moitas décadas, na verdade, era a negación da política conciliatoria e do bo senso.
     —Para iso, todos os slogans políticos non son máis do que unha bomba de efeito retardado, que embrutecen e alimentan un "caciquismo" enraizado tanto na superfície como nas profundezas dos máis odiosos sentimentos. Hoxe con uns amañá con outros: conservadores, comunistas, republicanos... —De certa forma, os tres ilustres pataporenses dos días amargos, que viñan facendo unha sondaxe aventureira, non me deran moitas pistas do que realmente querían, mas, con certeza, soamente se referiran ó que lles tiña acontecido e o que eles querían e podería acontecer agora con os outros.
     —Inicialmente, cando me convidaran, eu tiña certeza de unha cousa: non tiña compromiso político en Patopera con ninguén, por iso, tería máis forza para colocar as cousas en orden dentro da lei, das posibilidades e necesidades coerentes con o momento político. Disposto a rechazar a pretensión daqueles que pretendían "ollo por ollo e dente por dente". Eu non pretendía ser cacique de ninguén.
Poucos días despois, convoquei unha xuntanza con tódalas forzas políticas de Patopera, dirixíndolles unha palabra franca e amiga; pedindo a súa colaboración espontánea, sen segundas intencións de levar ganancia das cousas. Repetidamente e con firmeza, procurei convencelos de que as palabras vinganza e odio deben ser abolidas do municipio de Patopera, para sempre. O meu fracaso ou o meu triunfo dependen da colaboración desinteresada de tódolos cidadáns honestos e de boa fe para con os demais e súa cidade.
     Foi só o Anágoras sentarse na cadeira de Alcalde, para que unha longa fila de nais aflictas fose formada á porta do Concello. Todas tiñan algo a pedir ou reclamar dos anteriores mandatarios da política local ou, ás veces, da propia provincia ou ata do Goberno Central. Nais e esposas desesperadas para saber dos fillos ou dos maridos. Pero, a alegría estampada nos ollos do novo alcalde transpareceu cando no medio de tantas angustias e dúbidas, apareceu unha xoven mociña preguntándolle o que podería facer para axudalo no que fose necesario. Meu pai me mandou, díxolle ela.
     —¿Quen é seu pai? Preguntoulle o Anágoras.
     —É o alcalde anterior.
     —Eu agradezo, pero, diga para el que vostede poderá serlle máis útil axudandoo a cuidar das súas terras.
     —Pero eu quero axudar ó meu Concello e, iso só pode ser feito axudandoo na administración municipal, ¿o señor non pensa así?
     Ó lado da xoven estaba ansioso para falar, un señor idoso e sen moitos rodeos foi levantando a voz para dicir:
     —Esa súa recusa non está certa, señor Alcalde, primeiro nos pede axuda e despois non a acepta. Nós estamos con o señor, pero tamén queremos que estexa con a cidade, isto é, que comece a facer unha limpeza por todos os medios disponibles e, para iso, precisa de persoas voluntarias. Foi iso que eu e moitos outros entendemos na xuntanza feita ó seu chamado para axudalo no que fixese falta e fose posibel. ¿Non foi esa a súa intención, señor Alcalde?
     —Eu sei, pero a limpeza a que eu me refería meu caro señor, non é a limpeza das rúas e si a limpeza de toda arbitrariedade que ficou de escombro autoritario na demolición das liberdades democráticas durante algúns anos.
     —De calquer maneira que for o tipo de limpeza, as persoas máis abertas, segundo eu estou informado, queren axudar espontaneamente; ¿o señor me entende señor Anágoras? Vostede é que debe saber diferenciar as metáforas da limpeza, pois, outros veciños poderán non pensar do meu modo e tal vez queiran barrer por tódolos médios os moitos elementos dese escombro autoritário que vostede mencionou anteriormente, ¿non pode ser así?
     —Si. Si, é claro que si, pero, neste caso, pode parecer que son eles que están querendo a vasoura para varrer do seu modo e, eu pretendo facer a mesma cousa, pero, non ó meu ou ó seu gosto, pero de acordo con tódolos que me queren axudar; ¿concorda comigo, señor?
     —De acordo, pero, debe ter máis algúns que deberían estar do outro lado das reixas, pode ter certeza que receberá moitas suxestións nese sentido e, eu, sen vinganza, gostaría de velo facer xustiza.
     —Perfectamente que pretendo facer xustiza, pero, sen revanchismo para non alimentar o odio. Polo que estou vendo, o señor está parecendo un exemplar cidadán de Patopera, ¿por que non me axuda nesa tarefa?
     —Non lle custará nada. Presenteme unha denuncia informándome dos delitos cometidos e despois de examinalos, eu os encamiñarei ás autoridades competentes para un xulgamento xusto dentro da lei.
     O Muras, que viña acompañando o desenrolar das artimañas dos cidadáns de Patopera para facer reivindicacións xunto ó novo xefe municipal, ficava pasmado de ver tanto apego ás políticas odiosas e rancorosas da maioría das persoas que querían facer xustiza con as propias maos ou, cando non era posibel, intentaban usar o Alcalde como escudo para esconder as súas dúas faces. El procurou discutir algunhas ideas que o atormentaban con o Anágoras.
     —Olla Anágoras, estamos evoluindo para unha plena democracia, como nós e moitos de nosos compañeiros soñamos durante un longo tempo e, agora, estamos vendo que non é tan fácil así camiñar sen algúns tropezos, inclusive con moitos daqueles que, non hai moito tempo, estaban no noso barco. ¿Será posibel manter este ritmo en dirección á democracia nun País onde só existe, de verdade, un mercado consumidor, pleno e composto apenas de unha minoría estimada en pouco máis de 20% da populación? Os máis otimistas calculan en redor de varios millóns de patopolienses que constituen o mercado relativo ambicionado polos grandes grupos capitalistas que aquí se instalan con "a pá e a maleta".
     Ó se comparar con un total de aproximadamente 80% de habitantes que non están incluídos neses 20%, a preocupación dos máis entendidos do asunto e algunhas autoridades da República de Patópolis, debe ser mesmo con a situación en que se encontra a maioría, isto é, aproximadamente 30 millóns de descamisados, cuxa maior parte non terá, dentro de pouco tempo, as condicións mínimas necesárias de sobrevivencia con un pouco de dignidade humana.
     —O seu raciocinio está correcto, Muras. Segundo algúns analistas, poucos se dan conta de que para facer a fortuna daqueles que aquí queren investir, non será necesario contar con a capacidade de consumo da maioría da populación do País. Explicitando un pouco mais: Se non houber un cambio total e, ata se for necesario, un pouco máis radical, as premisas con que algúns dos nosos antigos "profectas", (nosos aliados naquel momento) e as autoridades que neste momento crítico, da nossa historia política, conducen a economía do País, o destino de milleiros de descamisados patopolienses será medrar en progresión xeométrica a exclusión social.
     ¿O que ti me dis, para que todo iso non sexa unha negación do que nós fixemos coa nosa loita por un País mellor?
     —Si, Anágoras, iso é máis complexo do que nós poderíamos imaxinar nas nosas aventuras políticas polo exilio. Todos os que loitamos por máis liberdade e dignidade humana para os patopolienses, debemos facer unha reflexión no sentido de incorporar un importante elemento que ven sendo cuestionado por uns e aprobado por outros con bastante énfase nas últimas décadas. Está a tratarse de unha nova forma de gobernar e administrar en case tódolos o Países do mundo que, se ollada por un ángulo adecuado da perspectiva histórica da humanidade, é algo inédito no ámbito da democratización universal.
     —Meu caro Muras, ti estás a esquecer que moitos políticos facen como o camaleón, cambian de cor conforme os seus medios de iludir o pobo para a súa propia sobrevivencia, ¡o resto é resto!
     —Asimesmo, sábese que a participación política ben sufrindo un cambio no sentido de súa ampliación en algúns sectores que, hai menos de un cento de anos, sería imposibel a súa aceitación pasiva e, de certa forma, vén acontecendo moi naturalmente en case tódolos tipos de gobernos. Pero, non é soamente ese motivo que propicia determinados cambios políticos e dos propios políticos en si: eu poderia citar unha conquista moi importante e constructiva, a militancia política do mundo feminino, que en futuro próximo, pode introducir comportamentos máis humanitarios para o noso País.
     —Bo, Anágoras, con todos eses elementos inovadores da política actual, espero que eles poidan contribuir para unha verdadeira revolución na redistribuición de renta, dentro da realidade, pois, se non houber unha certa harmonía de todos eses elementos, será difícil calquera previsión do futuro de Patópolis e, por suposto; non existe democracia que se manteña por moito tempo con a exclusión da maioría da populación. Alén diso, se a lóxica da história tivese no seu colo, como pensaba Hegel, unha consciencia orixinaria para alén da práxis humana, sería necesario recoñecer que o espírito absoluto ó direccionar dentro dos obxetivos ben definidos neste exato momento, estaría sufrindo un ataque de ironía.
     Por outro lado, o proxecto global do neoliberalismo, vén desencadeando unha serie de contradicións en súa principal filosofía da apertura de mercados, sen normas moi ben definidas que preserben os Países en desenvolvemento que, de certa forma, considera o concepto de fronteiras bastante complexo sob a óptica da política e da primacía dos grandes negocios privados que, mormente, son evocadas polos gobernos —sen un rumbo certo— como unha especie de táboa de salvación con vantaxe para a soberanía de cada país no mundo globalizado.
     O Madruga, cada día enveredaba máis polos meandros da socioloxía aplicada na emarañada política con novos valores a ser testados díante da abertura para a democracia. El, de certa forma, tiña sido un líder en outros tempos perante os ollos de moitos xovens ansiosos de ver o "mestre" brillar nas esferas do parlamento da República de Patópolis que, moito esperaba do mesmo, ben como de moitos compañeiros participantes das loitas como estudiantes durante a represión. Agora, despois de conseguir galgar os máis altos chanzos da administración do País, tiña de acertar, e ben rápido, para non desapuntar os que nel tiñan depositado súa fe e, aínda nel confiaban.
     El, mesmo sabendo que a canoa das esquerdas xa estaba afondando, continuaba explorando parte de súas filosofías, do seu modo con bastante creatividade e con moita énfase como nos vellos tempos de estudiante e escritor. Historicamente, os intelectuais son vistos como un risco de que se consideren os enviados por Deus para salvar a Pátria e, é aí que as cousas poden se complicar en tódalas direccións posibles, podendo ficar fóra de control, inclusive para eles, onde, a ambición do poder acaba deformando a "nobiliaria" misión do intelectual. Só así, poderíase explicar os cambios mirabolantes de Madruga e máis algúns de seus compañeiros, xuntamente con moitos oportunistas do seu cotidián, que aínda o acompañaban en súa teimosía e no gosto do poder polo poder.
     Anágoras continua pondo as idéias ambíguas do Madruga en dúbida, ó mesmo tempo en que suxería cambios estructurais e filosóficos no partido por eles fundado cando da redemocratización do País. El se tornara un elemento ego centrista, asesorado por vellas raposas da política que, a mor parte das veces, participan dos gobernos para deles tirar o máximo proveito e continuar "mamando nas tetas da vaca", o resto, era só blá, blá, blá. O Muras tamén concorda con o compañeiro e acrescenta:
     —Olla Anágoras, eu vou un pouco máis alén de túas dúbidas; o Madruga, por suposto, está saíndo da ruta trazada durante as nosas camiñadas polo exilio e por moitos compañeiros aquí mesmo dentro do País. Abandonou os antigos defensores das mesmas ideas e está optando por unha política do continuísmo apoiado pola dereita oportunista, onde, apenas os ricos ten a vez. El dixo que a globalização está mudando o mundo e non ve outro camiño a seguir. Esqueceuse do tempo do xoven intelectual que defendía as causas do pobo con moito vigor e certeza. É unha pena que iso aconteza con unha persoa que tiña todo para ser un grande sociólogo, pero, un pésimo político e administrador.
     Como case tódalas administracións públicas, mormente, o comezo costuma ser un mar de rosas florindo tanto no inverno como na primavera, pero, no decorrer do tempo, poden aparecer tempestades inesperadas ou, ás veces, prognósticos dos aprendices de feiticeiro mal calculados por erros das propias circunstancias inevitables ou, na maioría das veces; pola irresponsabilidade e incapacidade de xerir o ben público. Por outro lado, o pobo, que tanto esperaba dos novos gobernantes, continuaba sufrindo pacientemente polos desmandos de un goberno dito democrático, con moitas promesas e poucas obras realizadas na area social —xustamente o forte de un goberno que tiña todo para dar certo.
     Outros antigos companheiros, tamén continuaban cuestionando os resultados e comportamento do antigo aliado, polo sucesivo mando e desmando e a confabulación con políticos que tiñan sido parte integrante da dictadura naquela época. Do total fracaso en resolver as principais cuestións sociais para diminuir a miserabilidade deste País. Cuestionan, inclusive, ós aínda amigos máis chegados e menos envolvidos pola ganancia e polo poder desenfreado da banda política que se apoderou e badocou, con a omisión e conivencia do propio Madruga, a bandeira da verdadeira loita daqueles ben intencionados cidadáns da República de Patópolis.
     Anágoras tiña na súa mente facer algunha cousa que dese espacio ás súas ansiedades inerentes e á súa propia personalidade e ós problemas políticos do momento. Ó mesmo tempo en que pensaba suprir algúns descuidos do Madruga nas críticas literarias á represión na República de Patópolis.
     Acostumaba repetir que, as cousas en seu redor o deixaban bastante perplexo, irritado e, ó mesmo tempo incentivandoo a escribir como el realmente gostaba: a verdade nua e crúa doese a quen doese, isto é, escribir páxinas e máis páxinas mesmo que fosen un pouco tendenciosas e con as características e morosidade do historiador minucioso, para o cal non hai tópicos que poidan relegarse ó esquecemento. Pero, de repente, pensaba no papel que lle estaba reservado como apaciguador e prestador de xentilezas incansabel, sería como se estivese sendo desviado do verdadeiro camiño, onde existían infinitas probabilidades de acertar ou errar mesmo con as mellores das intencións.
     —Eu non podía deixar de lembrar os días en que tiven moitas alegrías e satisfaccións en ser útil ós demais, pero, ó mesmo tempo, moitos sofrimentos por min e por todos aqueles que de unha forma ou de outra estaban nas maos dos maquiavélicos da represión. Fico me remoendo dalgunhas cousas que debería ter feito e non puiden facer.
     —Ás veces, miñas decisións tiñan que ser tomadas contrariando á miña propia formación persoal, violentando o meu punto de vista e ter que asumir responsabilidades estrañas á miña inclinación e miña franqueza. É moi difícil reconciliar comigo as lembranzas e as bágoas que tiven que evitar na gratidón dos máis necesitados que xamais esqueceran as pequenas xentilezas e miñas interferencias en seu favor e, ao non poder facer mais por todos eles, todo isso, dame moita tristeza d´alma.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega