Os ruíns

 

Duas verbas do autor

Páxina Seguinte

m1carvalhocalerosobreteatro016.html

     Do mesmo xeito que o outo humorista Pitigrilli, sempre anceiei faguer unha grande novela de catro páxinas. Mais os azos marráronme, i-a pruma enferruxóuseme ao chegar a certo intre.

     En troques, téñovos de ofrescer istes cativos froitos, que eu non sei coma hei chamar. N-iles ollarédes a fonda influenza d-unha crás de leituras que estivo n-algún tempo tan á moda. A vida canalla i escurados travesados, dos cativos, dos traspoleirados, tara da sociedade e podre do xénero humán, farávos un intre tremer de medo ou de delor.

     (Mais non, meus amigos. Iso faguían aquiles libros nos que eu quixen ir beber. Por iso que os coñezo ben, vouvos amostrar un criminoso que non é criminoso, un suicida que non é suicida, un ladroeiro que non é ladroeiro. Mais o segredo que fique antre nós.

     Pra a sociedade han seguir sendo os ruíns...)

 

 

 


     
     

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega