Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A España Republicana

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica012.html
     A primeira república foi implantada en seis de decembro de 1873 polas Cámaras reunidas en asamblea nacional, aceptando o pedido de abdicación de Amadeu I por 258 votos a favor e 32 contra; desa forma, naceu a primeira república sin derramamento de sange; pero, súa duración foi de apenas 11 meses, polas constantes conspiracións monárquicas, inclusive pola manifestación de unha federación de Estados Autónomos.
     A segunda república vai dende 1931 deica a guerra civil de 1936. Foi máis un episodio triste para a España, visto que a principal medida que ela tomou foi a reforma política, sen que paralelamente fosen tomadas outras precaucións fundamentales: As reformas sociais e económicas, principalmente.
     Ó caír a monarquía, o poder pasou ás mans de un goberno provisorio, con os representantes das forzas políticas que, dende 1930, viñan enfrentando a monarquía. Entre os principais ministros rexionalistas: o catalán Nicolau d'Olwer e o galego Césares Quiroga. Con iso, pretendiase formar un goberno de coalición.
     Non hai dubida de que os tres anos de guerra civil foron máis un pesadelo para o pobo español que, a partir dele, conseguiu atravesar a longa noite de un goberno forte onde o aprendizado do sofrimento, da paciencia, da perseverancia, camiñou na dirección de unha convivencia pacífica. E un novo home hispano surxiu das cinzas de tódalas catástrofes anteriores:




—Surxiu a Phoenix Hispánica—

     Alén diso, surxiu, como por milagre, o artífice e conductor dese novo home celtíbero, coma tiña acontecido en épocas remotas da reconquista da Península Ibérica —o Príncipe Xoán Carlos— hoxe Rei de España, encerrando así, un capítulo nefasto da historia española.
     Os españois de hoxe entenderon que é necesario asumir, abrazar e asimilar o mundo que neste momento lles corresponde vivir. Un mundo en que, precisamente, non permite isolamentos nen perdoa divisións, e que, nesta hora obligaos a "realización" desa nación que se chama "España". Contribuir para que a nación estea unida e por unida capaz de nutrir e de sustentar a liberdade que aglutina e cerra o paso ás desidencias.
     O Rei, deulles a dirección da luz e no sentido de manter unha España unida e integrada por homes com lixítimo orgullo nacional. Ele, con seu carisma, axudou o seu pobo a non aceptar a "lenda negra" alimentada polos propagandistas de tendencia golpista e dictatorial, segundo eles, os españois eran ingobernables, a non ser por un goberno forte.
     O Rei Xoán Carlos I, pola súa contribuición á paz internacional e á paz interna da España, sería un merecedor nato do Premio Nobel da Paz.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega