Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A España no final do Século XX

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica013.html
     É un dato histórico e concreto que, a España incorporouse hai poucas décadas á revolución industrial moderna. É de lamentar esa demora en se encadrar ós padróns de desenvolvemento europeos e non se pode imaxinar como un "retroceso"en seu desenrolo global. Ese retroceso tal vez teña súas raíces na estructura de súas cidades e poboados que, na súa maioria, ten en súa cultura raíces místicas que percorreron durante moitos séculos os campos e aldeas ibéricas que, axudaron na conservación por transmisión de xeneración a xeneración unha intensa e intrincada gama de rituales, costumes, tradicións e lendas a través das cais o seu presente momento sigue intrincado con etapas remotas de seu pasado.
     As romerías e festas non son patrimonio de ninguén, pero hai que recoñecer que, na Europa, poucos países ten tan arraigado o sentido de festa e comenmoracións antergas como na España. Para os españois, a festa é xeralmente de cuño relixioso e, como se sabe, as relixións fundamentan súas raíces no subconciente colectivo nese contacto fundamental do ser humano con as forzas da natureza, con a necesidade de dominar o poder cego dos elementos adversos.
     Moitos deses rituais, á primeira vista, poden parecer brutais ou ata inxénuas confirmacións do slogan, "A España é diferente". Pero, na realidade, é diferente en súas festas colectivas, visto que, xunto co seu sangue e súa superstición, ten un impulso vital que parece levar un selo auténtico da natureza humana.
     As festas son: Relixiosas e artísticas; dramáticas caseque sempre, ou divididas en secuencias de diferentes caracteres; cómica, tráxica, expiatoria e sexual. É case sempre colectiva, iso nega a máxima de que o español é individualista "por natureza", principalmente nas festas dos poboados onde a comunión é total. Pero, en todo iso houbo unha determinación de interese relixioso na coincidencia do ano litúrxico cas principais celebracións dos cultos pré-cristáns que, ó asimilalos, houbo unha rebitalización da nova relixión.
     O grande poeta e dramaturgo García Lorca, ó final de un de seus poemas dirixido a unha estranxeira, dixolle: "Aquí somos otra gente", con garbo pero sen xenofobía, apenas constatandose unha diferencia inevitable.
     Pero, a España do século XX non pode parar diante de unha nova era de relacións mundiais. Así, contemplando con singular interese o proceso da integración eropea, o goberno español solicitou en 1962 —xa normalizada a situación económica e política interna— súa incorporación á Comunidade Europea. Finalmente, en 1971 firmou un acordo polo cal fixaba unha data, en duas etapas, para o proceso de plena integración da España á C.E. Terminando ese plazo de axuste á Comunidade Europea, finalmente foi incluída como membro pleno.
     A España, como raiz de unha familia de nacións, ás que hoxe segue mantendose unida, aspira a manter e desenrolar o espírito que dou lugar á cultura comun.
     Portugal, o país irmán e xeograficamente contiguo, mantén relacións especiais con a España, a través do Pacto Ibérico que une os dous Gobernos, con igual identidade.
     Concretamente, a España ven mantendo especial relación con os países do mundo árabe. Súa proximidade xeográfica, súa posición ribeiriña en redor do Mediterráneo, a implicación cas cuestións de seguranza desta zona, e a parte da idiosincrasia cívica dos españois cos pobos deses países, determinaron ós respectivos Gobernos unha amistade mutua.
     A España, de novo, abrese para o universo con súa cultura milenar, súa historia chea de maxia, seu carisma e encanto turístico.
     Viaxemos, pois, a través deste mundo de realidade e fantasia polo sur da península Ibérica, recorramos súas costas e vales encantados, súas praias, súas riquezas culturais e históricas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega