Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Granada

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica015.html
     Camiñando máis un pouco polas terras andaluzas bañadas polo Mediterráneo andaluz, e situadas no vértice da xeografía turística da Andalucía oriental, a provincia de Granada estende seus dominios dende a Serra Nevada deica as mornas praias da Costa do Sol. Nada máis suxestivo para os turistas que a posibilidade de poder esquiar en Serra Nevada e tomar baño na praia nun certo espacio de tempo.
     Podese afirmar que Granada, máis que un producto de cultura e civilización árabe na España, foi modeladora e artífice desta cultura, o melancólico ruxir das campás de seus conventos. En Granada é preciso parar para sentir o palpitar de seu corazón.
     Pero Granada tamén encerra moitas reliquias monumentais e históricas. A significación histórica de Granada, como a última xoia da Reconquista cristá ós mouros, atraiu a atención de seus conquistadores, os Reis Católicos, e de seus sucesores que a enriqueceran con valiosas obras de arte. Entre os moitos monumentos históricos, mención especial merece o Mosteiro da Cartuxa, onde súa sancristía barroca foi denominada a Alhambra cristá, pola preciosidade de súas obras en xeso

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega