Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Costas Ibéricas

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica016.html
     Unha outra rexión que merece unha atención toda especial, é a Costa da Luz. Esta Costa está situada no Sur da península, estendendose dende a fronteira con Portugal, deica a Punta de Tarifa, en pleno estreito de Xibraltar. Toda a Costa da Luz é bañada polas augas do océano Atlántico. Súas praias sucedense douradas e sosegadas. Os poboados, con súas rúas estreitas entre altos paredós, son como grandes elevacións a cabalo entre o mar e a terra. Encerran detrás de seus muros, e no susurro da auga das fontes de súas prazas, nostalxia de un pasado árabe. Son estes poboados brancos de Cádiz e Huelva os máis belos exemplares de unha tradicional arquitetura popular, que se conserva integralmente.
     A historia da Costa da Luz é tan vella como a propia historia da Península Ibérica. Precisamente é a rexión onde se situa nun pasado remoto, unha das máis importantes culturas pré-romanas. Tartesios, túrdulos e turdetanos, terían habitado estas terras. O Imperio de Tartesos tería alcanzado un grao bastante elevado de civilización, segundo se cita en varios libros Bíblicos e en mencións de historiadores gregos e romanos. Cádiz, fundación fenicia, é un dos máis antigos poboados hispánicos. Existen noticias históricas sobre a existencia desta cidade, hai polo menos dezoito séculos antes de Cristo falando a respeito do templo de Hércules, levantado no lugar que hoxe ocupa o castelo de Sancti Petri, entre Chicana e Cádiz.
     Na época romana, desempeña un papel importante, onde Xúlio César soñava instalar un imperio. A provincia de Huelva tamén foi coñecida na antigüidade como Onuba e colonizada polos fenicios. Cristóbal Colón partiu, na súa primeira viaxe, coas tres caravelas do Puerto de Palos de la Frontera moito próximo de Huelva; súa segunda viaxe foi iniciada no Porto de Cádiz e no terceiro zarpou do porto de Sanlucas de Barrameda, todos eles, importantes portos da Costa da Luz.
     Outra importante costa bañada polo mar Mediterráneo é a Costa do Sol ou como algúns apaixonados a chaman, "O Paraíso do Mediterráneo". Esta rexión, como en toda a rexión mediterranea, é unha rexión de historia milenaria e de vellas culturas: O sol é o habitante máis representativo e singular. Sob este, unha abundante vexetación e unha flora variada, con unha atmósfera incontaminada. Un litoral con augas mornas e azuis, praias moito extensas e suaves, súas montañas formando un conxunto de belo contraste. O clima da Costa do Sol é templado e ameno, con temperaturas agradabeis durante todo o ano, unha media anual de l8 graos centígrados. O ceo azul intenso, aparece caseque sempre limpo, sín nubes cun sol radiante.
     Aínda, camiñando polas augas templadas do Mediterráneo, encontramos a rexión da Costa Blanca. Estas Costas, parece nos dar a sensación de que son feitas coa escuma das ondas do Mediterráneo.
     A costa alicantina, á medida que se distancía da provincia de Valencia, vai mudando de forma en súa paisaxe; árbores frutíferas dán un colorido poético: videiras, laranxeiras, oliveiras e palmeiras. Todo iso sob unha luz forte e penetrante que parece rebotar sobre a brancura de seus poboados e sobre as limpas e douradas areas de súas praias. A este conxunto de belezas naturais hai que xuntar un clima privilexiado ao largo da costa, con invernos suaves e veráns agradabelmente de temperatura amena.
     Numerosas civilizacións viñeran a través do Mediterráneo poboar esta rexión litoranea e, portanto, as orixes da maioría de seus poboados e cidades teñen un pasado remoto. Cartago Nova, atual Cartaxena, foi fundada e fortificada polos cartaxineses. Alicante, a famosa Akra-Lenka, fortaleza branca —fortaleza da luz— foi eleita por Amilcar Barca como centro do Imperio Púnico na España, despois os romanos a chamaran de Lucentiun, e os árabes de Lekant.
     Viaxando máis un pouco por este sol do Mediterráneo, encontramos a Costa del Azahar, que se sitúa nas provincias de Valencia e Castellón. A provincia de Valencia é de orixe romana, pero seu apoxeu foi durante a dominación árabe. A cidade de Sagunto foi ao que parece fundada polos gregos, é dicir, unha colonia grega moito primitiva. Esta cidade, imortalizouse na Historia pola heróica resistencia de seus habitantes diante do comandante cartaxinés, Aníbal. Na gastronomía, o elemento primordial na arte culinaria desta rexión é a célebre paella, con múltiplas variedades ao largo da costa, que se abastece prodixiosamente dos mellores mariscos, excelente arroz e os mellores productos horti-granxeiros.
     A Costa Dourada é un dos conxuntos máis completos e atractivos que se apresenta no litoral mediterráneo. Dende Malgrat, xustamente na divisa que separa as provincias de Xirona e Barcelona, deica Alcanar, último poboado da provincia de Tarragona, a Costa Dourada ofrece unha interesante e incomparable beleza, principalmente Sitges e Salou, sin mencionar Barcelona e Tarragona. Ao longo de máis de douscentos quilómetros de litoral, caracterizado pola suavidade de praias de areas finas e douradas, a luminosidade de súa atmósfera e a estabilidade agradable de seu clima temperado para quente, ofrecen unha fascinante paisaxe.
     A situación xeográfica transformouna, dende épocas remotas, nun escenario das máis brillantes civilizacións.
     Tribos ibéricas e celtas poboaran súas terras, formando un abstracto homoxeneo. Máis tarde, gregos, fenicios, romanos e cartaxineses foran deixando progresivamente súas marcas bastante profundas —os castelos e alcazabas son mostras elocuentes da dominación árabe. No entanto, foi Roma principalmente que plasmou nestas terras a marca indeleble de súa cultura.
Barcelona, unha das maiores capitais da España, tanto en habitantes como pola importancia industrial e portuaria, ten as características de unha grande cidade europea Tarragona, a antiga "Iulia Urbs Triumfhalis Tarraconensis", elevada por Xulio César no ano 45 a.C. á condición de colonia, foi capital de unha importante provincia e ponto de partida para a romanización da Península Ibérica. Está situada na costa mediterránea do nordeste español e é a máis meridional das provincias catalás. Mar sempre azul e calmo na zona costeira, e, no interior, paisaxes matizadas pola luz vivísima do sol, nas cais, as figuras recortadas das alfarrobeiras, viñas, avelaneiras, amendoeiras e oliveiras dán unha gravidade e gracia helénicas. Esta provincia estendese sobre unha colina de 70 metros de altura, debruzada sobre o mar, que os romanos xa utilizaran no ano 2l8 a.C. para estabeleceren unha base de penetración na Península, dandolle o nome de Tárraco, adaptación latina de un topónimo pré-romano. A história de Tarragona está contada nos varios museus que gardan reliquias das épocas máis brillantes da cidade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega