Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Os Pirineus

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica018.html
     Alén da rexión da Cataluña e Navarra, duas outras importantes rexións da Península Ibérica fan parte desa fronteira natural: o País Vasco e Aragón. Os Pirineus forman, alén de súa identidade xeográfica, unha barreira que, de certa forma separa a Península Ibérica do resto da Europa. A maior parte desta cadea de montañas pertenece á España, e nela situanse as alturas máis elevadas: Pico de Aneto (3404 m), Monte Perdido (3355 m) e Posets (3375 m). Dende o seu inicio, en Guipúzcoa, esténdese por Navarra, Huesca e Lleida, para terminar na provincia de Xerona, xunto ao mar Mediterráneo, nas costas de Port Bou. Pero, debe xuntarse a esta zona máis coñecida dos Pirineus unha boa parte territorial da provincia de Zaragoza, que continua na dirección do Este polas provincias de Huesca, Lleida e Barcelona.
     Os Pirineus forman un reino absoluto da natureza; da auga e da rocha; do bosque da montaña e do val. Son 450 quilómetros de largura e unha anchura entre 50 e 150 quilómetros de montaña con interrupcións de numerosos portos de montaña. Nos Pirineus da rexión aragonesa, entre outros non menos importantes, aparece o belísimo "valle de Tena"—porta natural de entrada á España dende a Franza, pasando por "El Portalet"—en cuxas imediacións encontrase a estación de inverno de "El Formigal", que se estende dende Biescas deica a fronteira con a Franza. Dentro dese val do Tena incluense algúns famosos balnearios: Sallent de Gállego; Piedrafita; Panticosa e outros non menos importantes.




Folclore

     Xeralmente as cidades dos Pirineus ten ben arraigados seus costumes de carácter tradicional, conservando con orgullo o seu folclore.
     Saindo dos Pirineus, camiñamos en dirección ó mar Cantábrico e, de repente, nos encontramos no País Vasco, na provincia de Guipúzcoa, unha das menores provincias da España que se estende á beira do mar Cantábrico, e abrindo o camiño ós inúmeros viaxantes, que dende os tempos antergos chegan a través dos itinerarios franceses do Oeste. É unha das rexións de maior tradición turística da Península Ibérica e conta con unha das maiores densidades populacionais da España. Os poboados do litoral contan con ótimos mariñeiros e con intrépidos pescadores. Terra pintoresca e montañosa, os seus montes e colinas son de un verde forte, seus vales son cultivados de forma racional, os alcantís, as praias e portos do Cantábrico, todo caracteriza a súa paisaxe de mar e montaña intimamente unidos.
     A pouca distancia da fronteira con a Franza, Irun-Hendaya, está situada a cidade de San Sebastián, que pola suavidade de seu clima e beleza de súas praias, é considerada como un dos principais centros turísticos de veraneio da Europa, estando encostada en tres montes: Igueldo, Urgull e Ulia, sendo dividida polo río Uremea. San Sebastián é unha cidade cosmopolita por excelencia. A súa extraordinaria situación xeográfica aliada a unha magnífica e moito ben planexada urbanización, a proximidade e abundancia de belas praias, os portos, os poboados interesantes, a facilidade das comunicacións, todo contribui para que sexa a cidade ideal, onde son normalmente compatibles a vida social e requintada a vida ó ar libre do mar e da montaña.




Gastronomía

     A coziña vasca encontrase sín dúbida, entre as mellores da España. Os pratos de peixe máis típicos da coziña "danostiarra" son, dentre outros, os seguintes: o besugo á danostiarra, cuxa receita é a merluza en salsa verde, pescada en caldo verde e a "koshkera"; as anchovas ou "bocartes" á "papillote"; o "changurro" ou santola gratinada no forno; as "cocochas", cabezas da pescada, un pouco picantes; os pequenos "chipirones"(lulas pequenas) recheadas con a propia tinta; as "angulas" (pequenas enguias), se posible de Aguinada, que se sirven nunha cazola de barro; non falando no bacalau ó "pil pil" ou de calquer outra forma (pois existen cen modos diferentes de se preparar o bacalau) e deses pratos fortes, só para homes, como o "marmitako".

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega