Oviedo, capital do principado de Asturias, non é a penas seu centro
xeográfico, político, administrativo e cultural, como tamén o nó das
comunicacións con a provincia.
No ano de 771, un monxe beneditino fundou un
mosteiro en honra de San Vicente, e Fruela I, cuarto rei asturiano,
construiu ó lado un palacio e unha igrexa. Alfonso II, que chega ao
trono no ano 792, transfere a corte para Oviedo, convertendo a cidade
nacente en capital do reino, ata que no século X, cando as fronteiras
da Reconquista foron alargadas e tornaron aconsellable a transferencia
da capital para León, pois nesta época, xa facía parte do reino de
León.
Do mar á montaña, Oviedo reúne en seu seio,
dende a delicia de praias concorridas ou solitarias , ao paraíso da
pesca de salmón nos seus ríos caudalosos, á aventura da escalada na
montaña, ó perigoso sabor da espeleoloxia, ás surpresas do mundo
ancestral do seu folclore e a reflexión ante o seu impresionante acervo
artístico. Agrícola e pastoril, mineira e navegante, a rexión de
Asturias, como toda a rexión cantábrica, situase na dita España
verde, e as súas costas de perfil recortado son bañadas polo Mar
Cantábrico. Nos ricos vales situanse prósperos e serenos, os poboados
asturianos como: Infiesto, Mieres, Grado, Cangas de Narcea... O litoral
asturiano moito abrupto, cortado por altos acantilados, ábrese de vez
en cando, en amplias praias; outras vezes faise acolledor en pequenas
enseadas recollidas. E, por fin, deseñanse as rías que anuncían as
terras da rexión Galega, a Galiza.
O campo de Asturias é unha antoloxía de verdes que, van dende o ton
suave e delicado das planices, deica o verde oscuro e sombrío dos
bosques e dos vales arborizados. Só os altos cumes da cordilleira
Cantábrica e dos Picos de Europa amosan os seus perfís duros e
agrestes, suavizados durante grande parte do ano pola brancura da neve.
Pero, para se coñecer verdadeiramente Asturias, debe ser visitada: Canga de Onís que teve a honra de ser a primeira capital de España
(na Reconquista), ó iniciarse en Covadonga.
A rexión de Asturias é terra de lendas
e costumes ancestrais. Simbolismo, danzas, cantares, música e festas de
aldea, que adquiren aquí un encanto singular e posúen unha
personalidade moito marcante. A festa de San Xoán é especialmente
celebrada. Comeza no solsticio, é a grande festa das labaradas,
posiblemente de orixe celta. Os xovens danzan a noite inteira ó redor
das labaradas. Noite máxica que fai nacer as sementes e fertiliza a
terra. De madrugada, os xovens corren todos os camiños en busca do
trevo. Por súas orixes, este costume é idéntico ó da rexión Galega.
Son famosas as danzas de "Cabrales e Llanes", o
"corri-corri", de singular beleza; o "picarete" que
se danza ó son da gaita e do canto, era provablemente a danza que xá
os celtas executavan dez séculos antes de Cristo.
Na culinaria, existe unha curiosa relación entre a coziña da Bretaña,
da Normandía e da Irlanda, con a coziña asturiana e a galega.
A "caldereta" é a comida mais popular asturiana, é unha
especie de caldeirada é faise con os peixes que viven nas rochas da
costa marítima. Os salmóns e as troitas son preparadas con o pingo do
porco defumado que lle dá un gusto todo especial. A bebida
característica de Asturias é a sidra. |