Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Logroño

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica022.html
     En nosa traxetoria polo interior da Península, aínda en terras de Castela, entramos na provincia de Logroño. Ela está situada no vértice occidental do vale do río Ebro, constituíndo a rexión da Rioxa, famosa terra de viñedos. A Rioxa é unha comarca de historia ilustre. Atópanse aquí as orixes da poesía lírica castelá e a pasaxe de unha corrente de cultura europea: O Camiño de Santiago de Compostela. A xeografía da provincia pode perfectamente recoñecerse en tres partes individualizadas: A Serra, o Vale e a Ribeira. A serra conserva restos do antergo bosque ; predomina o monte con plantas aromáticas e medicinais. As serras, cortadas e ásperas, amosan-nos grande beleza. Logroño é máis unha cidade na ribeira do Ebro, parecendo surxir dele mesmo. Resulta agradable a disposición das terras e edificios en rededor da nobre Santa María la Redonda. As pontes, unha de ferro e outra de pedra, abrazan o río, polo cal pasavan os peregrinos daquele vello, histórico e glorioso camiño, o Camiño de Santiago, que ligava as cidades españolas con Roma e a Paris.
     A xente desta provincia ten un temperamento espontaneo, alegre e franco.
     A igrexa de Santiago El Real, con retábulo renacentista, é de unha única nave con seis pilares. A catedral de Santa María la Redonda amosanos as súas belas torres barrocas. O Camiño de Santiago deixou moitas marcas nesta provincia de Logroño. Na Idade Media, a cidade estava formada por duas ou tres rúas, a Rúa Vella e a Rúa Mayor, nas cais estavan a igrexa de Santiago El Real e a de Santa María del Palacio. Despois de pasar pola cidade de Logroño, Navarrete é a próxima estación da rota xacobea, na mesma calzada que os peregrinos usavan nas súas camiñadas, aínda se pode ver, nunha cavidade na parede de un antergo palacio, a imaxe ecuestre do Apóstolo Santiago, existen tamén ruínas de unha ermida románica.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega