Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Soria

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica024.html
     Entremos agora na provincia de Soria, aínda na rexión de Castela. Esta provincia está situada entre dous morros e o ceo. De incerta orixe, pero anterga sin dúbida, foi reconquistada por Alfonso, o Batallador, rei de Aragón. Pouco despois foi cedida ó reino de Castela e transformouse en capital de unha rexión de enorme valor estratéxico e político. En 1350, Xoán I reuniu alí as Cortes. Soria tiña foro propio. Posteriormente, a cidade viviu como adormecida na súa tranqüilidade medieval, propicia ó recollimento, estando pexada de recordacións antergas e recentes. Escritores e poetas como: Béquer, Unamuno, Azorín , Gerardo de Diego, fixeron de Soria o tema de algunhas das súas mellores páxinas. A propia cidade inteira é un monumento. A pasaxe do tempo foi modelando, desgastando, enriquecendo a pedra labrada dos pórticos, a beleza mística dos retábulos.
     As terras de Soria encerran inúmeros restos arqueolóxicos das civilizacións celtibérica e romana. Ten grande interese histórico o Museu Provincial, que garda os atopados procedentes de Numancia, con unha maquete da cidade, cerámica e diferentes estilos decorativos. Tamén posúe restos pré-históricos de Torralba e xazidas neolíticas da vila romana de Cuevas de Soria, alén de outros procedentes de Clunia —bronces, moedas e pezas visigóticas—.
     Oito quilómetros ao norte de Soria, pola estrada de Carray, e sobre un morro que domina a confluencia do río Tera e Douro, encontranse os restos do antigo castro celtibérico, Numancia, célebre pola histórica resistencia que os seus habitantes ofreceron ao ímpeto das lexions romanas, que despois de cerca de vinte anos de asedio (cerco), era unha cidade deserta cando as tropas de Cipión finalmente conseguiran entrar, onde os habitantes tiñan dado morte a sí propios de preferencia a cair en mans do enimigo. As atuais ruínas pertencen, en parte, á Numancia reconstruída por Roma despois da invasión.
     Outras ruínas de interese excepcional son as da antiga Tiermes, cidade celtíbero-romana, entre cuxos restos podense admirar as portas e rúas de aceso escavadas na pedra, as moradías rupestres e a ben conservada obra de galerías, conductos de auga e a pavimentación romana de varios mosaicos.
     Esa terra alta de Castela é berce do río Douro e cadiño da historia antiga e medieval da España. Cantada por grandes poetas, como o sevillano Antonio Machado que a descrebe con a súa admirable visión poética: ... "Colinas prateadas, morros cinzentos, cárdena e penedos por onde o Douro marca a súa curva balística ó redor de Soria; aciñois escuros, ariscos pedregullos, serras peladas, brancos camiños e álamos do río, tardes de Soria mística e guerreira".
     Mudando un pouco a dirección en nosa camiñada por terras de Castela e León, entramos na rota da rexión de Castela-La Mancha. Rota preferida por Don Quixote. Poucos itenerarios da España teñen tanto interese, por súa historia, pola personalidade natural de súa paisaxe e variedade de súas belezas artísticas, como esta de Don Quixote.
     Alén diso, onde poderian ser atopados mellores guías, na hora de facer unha viaxe de lecer e de recoñecemento, do que o enxeñoso fidalgo e seu fiel escudeiro? Alí, onde a beleza de un entardecer, a amplitude do campo e as pás de un moiño de vento nos enchan de soños e imaxinación, onde estará conosco o "Caballero de la Triste Figura". Pero tamén, na hora de buscar o camiño seguro, a comida saborosa e típica ou o recanto para un descanso, o bo e realista "Sancho Panza" poderá prestarnos os mellores servicios.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega