Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Madrid

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica025.html
     Entremos en Madrid, capital de España, con grandes valores monumentais e artísticos —Palacio de Oriente, Museu do Prado— e interesantes poboacións ó seu redor, como El Escorial, con seu grandioso Mosterio; Aranjuez, con bonitos palacios e xardins; Alcalá de Henares, vila de tradición universitaria que en recentes descubertas afirman: que na rúa "de la imagen", 2, naceu, en 29 de outubro de 1547, Miguel de Cervantes Saavedra, fillo de Rodrigo de Cervantes e súa muller, Leonor de Cortinas.
     Pero, Alcalá de Henares non é apenas unha vila de tradición despois de tantas glorias dos séculos XVI e XVII. ¿Quén pode pensar iso do Castelo xunto ó río? Ou como dirían os árabes,"AL Kalat-en Nahr". Alcalá de Henares sempre foi e continuará a ser unha alegre cidade castelá que hoxe, como as demais, é unha amostra do desenrolo industrial e económico de España.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega