Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Ávila

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica026.html
     Ávila, provincia de serras e campos de Castela, está situada no Noroeste da provincia de Madrid e reclinada sobre o enorme espiñazo da serra de Gredos. Os bosques de piñeiros, carballos e aciñeiras coroanse por cumes desgarrados. As súas historias, sempre enlazadas con feitos e esforzos militares, contan tamén a súa profunda relixiosidade e seus afans místicos: Santa Teresa de Xesus e San Xoán da Cruz, os dous grandes santos de Ávila. O espírito castelán de Ávila resoa entre a mística e a guerra e constitui a máis depurada esencia de Castela. As orixes históricas da cidade de Ávila levantanse sobre o terreo de unha cidade celtíbera ocupado polos vetones ou vetons (tribos celtas), situada polo grego Tolomeu no extremo oriental da Lusitania con o nome de Obila. Numerosas esculturas representan porcos e touros, conservándose en varias rúas e palacios da capital que dan testemuño da anterga civilización celtíbera. Quén nunca teña visto unha cidade totalmente amurallada receberá en Ávila a impresión de algo fantástico, irreal; Ávila lle parecerá un xigantesco escenario da Idade Media.
     Ávila de Santa Teresa. En primeiro lugar está o convento de Santa Teresa, construído en 1636 no terreo da casa onde naceu a Santa, e en cuxo interior gardanse reliquias teresianas. No seu pequeno xardín esteve a horta de casa dos Cépeda, familia da Santa, onde ela brincava con seus irmans.
     Saíndo de Ávila, non podemos deixar de visitar a terra que tanto contribuiu para a conquista das Américas, a rexión de Extremadura.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega