Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Extremadura

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica027.html
     Atravesando a rexión de La Mancha en dirección á fronteira con Portugal, en noso paseo histórico, atopamos a Terra dos grandes coquistadores da América: Extremadura, con seus poboados engrandecidos pola historia de feitos inéditos.
     Así, Pizarro e Francisco de Orellana naceron en Truxillo; Hernán Cortés en Medellín; Vasco Nuñez de Balboa e Hernando de Soto en Xerez de los Caballeros; Pedro de Valdivia na cidade de la Serena; Alvarado en Lobón e outros non menos importantes capitáns que depositaran súa fe e súa raza do outro lado do Atlántico.
     A rexión extremeña tamén emprestou o nome de moitas de súas cidades para a fundación de novas cidades no Novo Mundo. Citaremos apenas algunhas desas cidades: Trujillo de Venezuela fundada por Diego García de Paredes; Trujillo do Perú, fundada por Pizarro; Trujillo de Honduras levantada por Francisco de Las Casas, e Medellín no México, Colombia e Argentina(...)
     Extremadura é a terra sobre a cal se estabeleceran antergas civilizacións, como pode ser comprobado visitando as cavernas de: Maltravieso, Villuercas, Alanxe e outras máis, alén de numerosos dolmens que existen na rexión, principalmente en Albuquerque, Valencia de Alcántara e Lácara.
     Tartesios, celtas, romanos, visigodos e árabes depositaron a súa cultura e seu carácter en Extremadura, ó mesmo tempo que enriqueceron seu patrimonio artístico. De todos estes pobos, foron os romanos os que tiveran máis influencia dende a fundación de Emérita Augusta —Mérida— no ano de 25 a.C., para residencia de Eméritos ou veteranos das lexións V e X durante o imperio de Augusto. Mérida foi a Roma española, emporio de cultura e riqueza, capital da extensa provincia da Lusitania, embelecida con suntuosos monumentos e cantada por tódolos poetas da época, como Ausonio, que a considerou en importancia como Atenas.
Hoxe, a contemplación de Mérida supoñe adentrarse polos máis brillantes camiños de súa historia entre columnas, arcos e estátuas que son un mudo testemuño de un pasado espléndido.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega