Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

León

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica028.html
     Camiñemos máis un pouco, embebidos pela riqueza de dados e feitos históricos da Celtiberia, na dirección da rexión de Castela-León, no noso camiño, entre outras, encontramos a provincia de León, que ten en súa xeografía física e lírica, un pouco da xeografía histórica, da que tanto se pode falar tratandose de León e recordando seu pasado heróico no-contexto peninsular.
     A pesar das poderosas cadeas de serras, que aparentemente separan León de Palencia, Santander, Asturias, Galicia ou Zamora, esta rexión sempre manteve unha certa unidade cultural. Na verdade, as barreiras naturais, máis unen que separan. Case sempre súas augas vertentes levan a misma nostalxia de un pasado heróico comun, de unha convivencia familiar, e as claras correntes de seus ríos van indicando roteiros naturais, debatendose con súas marxes nun mundo fraterno de relación e intercambio con terras castelás ou terras galegas.
     Segundo Otero Pedrayo, un dos grandes poetas hispano-galaicos, referíndose ó territorio leonés, que " a idea de que as divisións montañosas que separan as provincias se resume en mil tipos e apaxionantes problemas histórico-culturais, cando se examina con un pouco máis de atención", e así evidenciase como o que é de León, engrandece outras terras ou se ven por súa influencia engrandecidas, ó Norte ou ó Oeste, a pesar do divisor de augas, da mesma forma en que as mútuas influencias se irmanan tanto ó Leste como ó Sur.
     Efetivamente, o reino de León, neste caso, visto como un fenómeno histórico, non é un conxunto estático de feitos, senon un proceso, un acontecer continuo, como diría Hume.
     León é unha das provincias españolas que reúne boas condicións naturais para o turismo e para o deporte de esquí. Existe unha grande extensión montañosa nesta provincia, especialmente nas zonas comprendidas entre o porto de Leitariegos, na divisa con Asturias e o porto de San Glorio, limitando con Santander.
     Os poboados de León non son de moita uniformidade, esa característica non é a musa dos pobos desa provincia. Iso se debe ás diferentes orixes (asturiana, galega e castelá), ós contrastes climáticos e etnográficos que cada comarca conserva e defende arriscadamente súa individualidade, orixinando agrupamentos humanos bastante diferenciados.
     Así mesmo, mantén unha vinculación firme sobre os morros agachados, sobre a dobla de cada montaña e encostados nas ladeiras á sombra de un monte olimpicamente diseñado nun horizonte sen fronteiras da planice. A pesar diso, os poboados leoneses teñen moitos pontos en comun. Probablemente, na praza costuma existir unha igrexa, ben anterga. Tal vez, para poder ser usada, teña sido modificada pechando unhas fenestras de estilo románico. O seu interior é amplio, unha estreita e barullenta escada leva ó coro, onde os homes asisten ós oficios relixiosos. As imaxes, románicas ou góticas, contemporizan con as destoantes esculturas contemporáneas. Non falta unha boa talla en madeira de San Roque, nen un cadro representando as ánimas do purgatorio nunha caldeira. Os cadros de baixo relevo, xeralmente barrocos ou neoclásicos, algúns moito valiosos culturalmente.
     É moito comun que en algúns poboados se destaque a ruína de un castelo ou unha ermida edificada sobre un elevado de terra, xeralmente sobre un castro, o que indica con bastante clareza que alí houbo un primitivo acampamento ou citania (cidade fortificada dos celtas).
     A pasaxe dos mouros tamén recorda algúns toponímicos como Alcaidón, Alcuetas, Almanza, Almázcara.
     As marcas culturais romanas son indelebles, sin deixar levar en conta as visigóticas como Villasinta, Murias, Rechivaldo.
     Os habitantes medievais deron seu nome ós lugares que edificaron. As moradías típicas, como en todo o resto da España, tenden a desaparecer, o que é de lamentar, os motivos son diversos: A elevación do nivel de vida e o aumento das comunicacións que, de certa forma, son as súas maiores enimigas. Pero, algunhas delas aínda se conservan razonablemente intactas.
     Aínda existen algúns poboados primitivos —casas primitivas de "maragatería"— que son unha reminiscencia da cultura dos Castros do noroeste hispánico. Seus tipos formavan unha liña avanzada das "Pallozas", aínda abundantes nas terras leonesas nas rexións de Ancares, Fornela, Cervantes... Xeralmente, a maioría desas Pallozas eran do tipo semicircular e algunhas retangulares.
     Non nos podemos permitir o luxo de rever sequer unha pequena parte da historia da España, sin considerar a historia de León. Ela é, de fato, unha das provincias que debe ser considerada como berce de un reino, unha cidade historica criadora de nacionalidades e escenario da proclamación da idea imperial de España a través de Alfonso VII, o Emperador dos romances, e tamén fundador do idioma.
     Todavía, o fenómeno criador do dialecto leonés constitui unha motivación preocupante para os doutos en lingüística.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega