Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A España

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica003.html




Breve Relato da situación xeográfica da España Peninsular

 

     A España peninsular, está situada no extremo Sudoeste da Europa. Súa Latitude é baixa: 43°59'25" en seu límite Norte (Estaca de Bares), e 35°59'50" ó Sur, na pequena illa de Tarifa. Sua Lonxitude é 3°l9'l2", Este (Cabo de Créus), e 9°l8'l9", Oeste Cabo de Toriñana. O meridiano de Greenwich cruza a península na parte oriental, próximo da provincia de Castellón de La Plana.
     A extensión territorial da España peninsular é de aproximadamente 493.000 quilometros cadrados. A máis importante das características da situación xeográfica da España, é a que a configura como unha ponte entre dous continentes proxetándose sobre o océano. Ela non está no centro de influencia cultural do mar Mediterráneo, como ocorre con a Italia e a Grecia; ela está na verdade, máis ben localizada nun estratéxico lugar periférico, no Finsterre, segundo os romanos, onde a terra termina e o mar comeza. A situación da Península Ibérica como un todo, é sín dúbida, a máis orixinal do continente europeo, a máis meridional das penínsulas europeas do Atlántico e a máis occidental das penínsulas do Mediterráneo.
     A España é unha encruzillada de elementos climáticos que determinan unha grande variedade na súa flora e fauna. A Península Ibérica é como un continente en miniatura. Ela é máis que iso, é tamén unha encruzillada de feitos humanos. Non apenas como rexión de pasaxe e de mestura de culturas a través dos tempos, pero, tamén, escenario no cal se desenrolaron unidades históricas de marcante personalidade. Dende as máis remotas orixes, a España foi terra fértil para as máis variadas manifestacións culturales da historia da civilización europea.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega