Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Galiza

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica030.html
     Saindo de Zamora, entremos agora polas terras da rexión de Galicia, ou como algúns galeguistas a preferen chamar, Galiza. Estamos portanto nas terras habitadas polos galaicos. A Oeste, sobre o Océano Atlántico, está o Finsterre: durante moitos séculos, a punta final da terra coñecida na época dos romanos, onde a terra habitada por humanos, terminava; máis alén, era o descoñecido tenebroso con seus abismos, onde os pés do vento brillavan incansables sobre o mar. O nacemento da Galicia, entre o río do "Olvido" e o Océano Atlántico misterioso, tal vez teña marcado a alma daqueles que a habitan. Pobo nostálxico, que ama como poucos o doce Reino da Terra maternal.
     Galiza. ¿O que representava a Galiza e súas provincias para o español medio, é dicir, de nivel cultural medio? Hai que partir de que todo o xuízo a seu respecto, era visto como unha perspectiva de "distancia". Galiza distante do centro da España, e esta distancia tiña unha proxección, non somente xeográfica, máis tamén, de certo modo, espiritual e cultural. Se, como hoxe para atrair turistas, "España é diferente", entón pensávase, mesmo que non se proclamase expresamente, que a Galiza era unha Rexión diferente do resto da España. Diferente!!... con razón: A súa doce lingua.
     Diferente, súa verde e húmida paisaxe; diferente tamén na súa estructura económica, social, agraria e minifundiaria, que facía vivir a súa xente na pobreza e, como contra-partida e fuga da incerteza, era forzada a emigrar.
     Calquer observador de fora que chegase á rexión galega non entendería por que unha terra tan rica, en algúns aspectos, produciu tanto abandono e exportava tanta xuventude sin apoio tecnolóxico para outras rexións, inclusive para o exterior.
     Faltou unha profunda transformación rural. O policultivo e a subsistencia caracterizan a produción. Seu minifundio criou unha situación insustentable para a agricultura. Para se ter unha idea da emigración, entre 1900 e 1960, saíron da Galiza aproximadamente 1,5 millóns de persoas, a maioría para a América Latina.
     Como consecuencia, en Madrid moitos obreiros e soldados eran galegos. Pero, como compensación, tamén o eran muitos intelectuais e políticos de primeira grandeza. Citaremos apenas algúns ilustres galaicos que, o español medio debería saber, constituen importantes personalidades da vida nacional. Esa representación merece ser destacada, principalmente, cando ese destaque é a mulher. Recordemos apenas tres nomes de primeira grandeza da última centuria e primeiros da actual, que son: Concepción Arenal, en quen a ciencia xurídica, penal e penitenciaria, así como a Socioloxía tiveran unha egréxia representación; Rosalía de Castro y Murguía, a doce e meiga poetisa, cuxa personalidade humana continua sendo ata certo ponto enigmática e por iso é constante motivo da hermenéutica de cantos escritores tratan de penetrar en seu misterio e desentrañar o sentido último dese sentimento vital que é a soidade, "a morriña" e a Condesa Emília Pardo Bazán, incorporada con pleno direito ós valores literarios e válidos no ámbito nacional español como cultivadora das letras e, concretamente, da novela con un sentido perfectamente encaixado nas tendencias daquele momento.
     Poderíamos continuar citando nomes de galaicos de estirpe como os filólogos Ramón Menéndez Pidal, Valle Inclán, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro (...) da vida nacional da España. Tamén debería saber, o español medio da existencia de unha grande e importante cidade encravada na província da Coruña, que é Santiago de Compostela, famosa por súa catedral de estilo románico, que conta con unha das obras da arte universal: O Pórtico da Gloria, con os restos mortais do santo apóstolo; por súa Universidade e por súa chuvia fina que cai en silencio sobre as calzadas medievais.
     Parece que o que máis e o que menos teña lido —"A casa de Tróia"— e que teña formado unha idea, máis ou menos axustada á realidade e con unha certa dose de pintoresquismo da vida desa cidade entrañable, mesmo que ficase fora desa dimensión visional no sentido profundamente europeo, que é a súa constante historia e como súa razón de ser, inclusive súa "modernidade" por respecto ó puramente medieval, porque a Compostela actual sería incompreensible sen o que nela influenciou o Renacimento, encarnado pola grande figura do galaico Fonseca, fundador da Universidade, e o iluminado século XVIII, en que se construíran os palacios que completan súa incomparable monumentalidade.
     Pero, en xeral, o galego sentíase incompreendido e distante. E, a pesar dos desmandos da guerra civil, foi a partir de 1936 que se iniciou un proceso de intensa e recíproca compreensión entre Galiza e as demais rexións da España.
     A distancia imaxinaria foi "encollida" por diversas razons: A inauguración de novas e modernas ferrovías, rodovías e liñas aéreas; a influencia de novos peregrinos a Compostela con motivo dos anos santos; inclusive o proceso de industrialización que se amosou de unha intensa puxanza nesta rexión. Pero, por outro lado, é necesario non acreditar que o fume das grandes fábricas sexa un auténtico progreso que pode alcanzar, e que somente os bens poden derivarse da transformación da imaxe tradicional de seu pobo. Con respecto a iso, a recíproca pode non ser verdadeira, polo menos bastante diferente, sabendose que a industrialización e, consecuentemente a urbanización de unha sociedade, produz mudanzas, non somente en súa estructura económico-social, senon tamén, na súa visión do mundo e nas formas de vida moral e relixiosa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega