Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A fascinante terra galega

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica031.html
     Existe, na rota das Costas e Rías, unha tea de terras, augas, historias e misterios ligados ás epopeas dos celtas, romanos e bárbaros na provincia de Pontevedra. Para lles perceber os segredos, é necesario percorrer cada recanto de súas praias dende Pontevedra a Vigo, percorrer súas montañas, seus ríos, seus vales e carballeiras, estar ben atento a cada canto dos paxaros e ó ruído das augas ou do vento levando lendas e historias de nosos antepasados en súas asas ondeadas e ríxidas. Pontevedra, unha cidade calma e chea de monumentos artísticos e relixiosos de maior importancia. Dentre outros, destácanse a basílica de Santa María, con a fachada "plateresca" das máis bonitas da España; as igrexas de San Francisco e Santa Clara, en gótico, dos séculos XII e XIV, os palacios dos Castro, Monteagudo e García Flores...
     Vigo. A cidade de Vigo, que fica na provincia de Pontevedra, merece unha atención especial, pois, alén de ser a maior cidade da Galiza, ten un dos portos máis importantes da España, onde atracan barcos que van para a Mancha, o Mar do Norte e Escandinavia, sendo tamén unha cidade moderna, con avanzada industria de conservas.
     Nesta fascinante e minuciosa viaxe, os pasos son guiados polo entusiasmo e delirio da fantasía inconsciente da nosa realidade, soidade e, por que non dicir, un pouco de sentimentalismo galaico ó recorrer os carreiros destes vales, veredas e rincós, algúns en vía de extinción das marcas de un pasado que se torna presente pola súa riqueza histórica. Sen dúbida, a rexión galega da Península Ibérica ten unha personalidade maternal e cultural que a diferencía das demais rexións da España. Con súas altas e imponentes montanhas, onde as nubes saúdan a vexetación polo verde frescor de seus vales, seus ríos de augas espumantes e cristalinas, van abrindo camiño nas rochas duras, con caídas frondosas "quebrantas" ata chegar ó mar con súa escuma branca acariciando súas ondas.
     A Galiza, entre moitos atributos, é terra de moitos ríos e paraíso dos pescadores de troitas. Na desembocadura de seus ríos, baten as augas do Cantábrico e do Atlántico con un ruído sonoro e penetrante. Algúns ríos evocan as máis belas paisaxes galaicas, de unha finura incomparable, onde o vento sopra súas costas con unha sonoridade anxelical. Súas terras tan verdes, praticamente o ano todo, súas serras tan marítimas e acolledoras, con súas aldeas e poboados, que irradían alegría, amor e afecto a seus visitantes. Aínda, entrando polo sur desta terra galaica, onde corre o río Limia, abrese unha "grande flor cristalina" como se fose unha camelia: é o deslumbrante Lago Antela que, con súa beleza e frescor, "emborracha" a quen dele se aproxima.
     Cando os romanos chegaran a estas terras, foron informados polos nativos que, segundo a lenda, ao atravesar o río no cal a Galiza ten os "pés" —Río do Olvido— poderían perder a memoria. O chefe romano Décimo Xunio Bruto, diante da vacilación de súas tropas, tivo que atravesalo primeiro e, cando xa estava na outra marxe, chamar ós seus soldados polo nome, un de cada vez, para amosar que non tiña perdido a memoria. Na Galiza, tal vez como herencia da cultura celta, sempre existiu, e aínda existe, en parte, a crencia en divindades e cousas do outro mundo, é dicir, nen todo que está morto está enterrado.
     Hai crendice nas ánimas de outro mundo, en procesións por camiños mal asombrados á noite, "acompañando enterros". Pero, deixando as crendices de lado, para continuar viaxando pola paisaxe galega que, falar a respecto dela, daría para escribir páxinas e máis páxinas. Súas rías calmas e risoñas algunhas veces, outras, altivas e bravías; súas serras, xigantes e misteriosas, vestidas con galas de unha natureza fascinante, e súas costas formando recortes reentrantes e puntudos, de tal forma que diseñan as características peculiares das rías galegas. Dende Finsterre, "podense ver pasar", nas tardes de bruma seca, cando soa a grande sirene do Farol da Torre de Hércules, as "illas navegantes" da imaxinación celta. Aquí, nestas costas, no século pasado, algúns pescadores encontraron un tonel de run, sendo que dentro do mesmo había, nada máis nada menos, que o corpo de un xeneral inglés, morto na Nova Inglaterra e que fora xogado ó mar na intención de que chegase ao seu destino para ser enterrado no túmulo da familia, na Inglaterra.
     No medio de todos eses misterios e encantos, as aldeas e poboados apresentan seu aspecto característico do tipismo e rusticidade campestre, mesturado con a modernidade de súas grandes avenidas, edificios maxestosos e monumentais que refleten historia, cultura e arte de un pobo heróico. Camiñando polo campo, sobresaen as siluetas de algunhas casas señoriais: é o Pazo, casa solarenga, paradigma das virtudes de un pobo que soubo camiñar a través dos tempos con paso firme facendo súa historia. Non se pode deixar de citar un dos maiores símbolos da Galiza campestre, este símbolo evocador de unha cultura de subsistencia, que gardou suores e vontades concretizadas de unha grande colleita de grans, o "HÓRREO".
     O hórreo, levantase nestas rexions, sobresai enerxicamente coma unha vella construcción funcional, onde se garda o millo, o trigo, o centeo e outros cereais; mais tamén como símbolo, como ligación entre o ceo e a terra, que se encontran; do sol e da nube, da chuvia e do vento; das vellas e grandes casas enclavadas na montaña e das suaves planices salpicadas de verdes infinitos. É como un atento e humilde soldado, que sempre está de garda mentres a xente dorme e traballa. Reserva de ouro tenro para o futuro, mentres o presente brilla como unha auguria feliz ás custas de seu pasado ilustre. Non é o mar con súas costas imponentes, nen a luz que reflete do Mar Cantábrico, nen a topografía agreste ou ondeante o elemento que, de certa forma, une culturalmente o norte da Península Ibérica, senon ese lexendario medio de gardar sangue e suores —O HÓRREO— dende a divisa de Portugal, na Galiza, deica a fronteira con a Franza.
     É unha pena que moitos deses monumentos vivos, de un pobo que soubo dignificar e amar a natureza, estean desaparecendo da paisaxe e, algúns deles, sofrendo mutilacións e abandono. Os hórreos, en algunhas aldeas son verdadeiras maravillas artísticas, como o de Carnota, na provincia da Coruña, perto do Finsterre, que ten máis de sesenta metros de largo.
     A rota dos hórreos, entre vales e montañas, nubes azuladas, carballeiras en medio de ríos de augas límpidas, entre igrexas románicas, rodeadas de plantacións de millo e ondas do mar embravecidas, envoltas polo vento que carrexa a melodía da gaita de fol galega.
     Esas terras cheas de surpresas e maxias, estes vales onde ondean os álamos, alizor, choupos, abedules (vido ou vidoeiro) e, por que non dicir, da árbore símbolo do bosque galego, o carballo que, con súas pólas cheas de follas, forma unha manta verde turquesa para agarimar as Nais galegas. Ó captar estas imaxes que refleten amor, paixón, alegría e, ó mesmo tempo, con un pouco de soidade, chegase a unha percepción afectiva de un visual fascinante. Tal fascinación, non sería de todo completa se non fose tamén a sonoridade do susurro das augas dos ríos que fluen límpidas e cristalinas, deslizando por entre as pedras de seu leito, entonando a canción épica que contaxia a xente.
     Pero, para sentir dentro do noso ser toda esa maxia, é necesario "ver con o corazón e a alma" destas montañas indómitas. Estes montes de mata rasteira e cubertos de flores practicamente o ano todo, escoitar o murmullo do vento "lambendo" o néctar deixado polo orballo da madrugada e orquestando melodías, acariciando os ramos da vexetación nativa: Urces, toxos e carrascos floridos, ver e oír as marés nas costas imponentes, altivas, abruptas, admirar súa arrogancia no encontro con a onda rompente e, despois enfraquecida ante a acaricia da espuma branca, ver o agrupamento de aldeas, poboados e cidades, ver, enfin, a casa solarenga galega.
     O PAZO, Mosteiros e Palacios que lanzan súas mensaxes de soidade e fe para un futuro mellor destas terras galaicas; contemplar a bóbeda celeste da cor azul e outras vezes de cor turquesa cubrindo a paisaxe multicor, ora pola bruma acariciante, ora pola chuvia que cai dos tellados enegrecidos pola soidade e polo tempo; entrar por entre as carballeiras, onde se respiran efluvios de un aire impregnado de aromas que nos fan soñar acordados os soños da plácida natureza campestre.
     Ó xuntarse ó vapor da terra verde, que satura e envolve todo con perfume dos deuses, sobresai a Galiza rústica e filosófica de Rosalía de Castro e tantos outros galeguistas inmortais, entre eles, o rebelde Curros, Cabanillas doce e romántico. Serían necesárias moitas mentes soñadoras e perspectivas para captar toda a maxia e encanto da sofrida, sacrificada e nobre terra galega.
     En súa idiosincrasia, ten matices celtas, romanos, e sarracenos. Por iso, seu conxunto é tan complexo e, ó mesmo tempo, fascinante.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega