Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Orixe do nome Galicia ou Galiza

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica033.html
     Algúns apaixonados pescuzadores dos nomes antergos son levados, ás veces, a lugares insuspeitos. Non é sen sentido que San Xoán Evanxelista di: "No principio foi a palabra (...)." É que ás veces as palabras poden criar mundos reais ou imaxinarios; diso, saben con certeza, os poetas e todos aqueles que ten a felicidade de lidar con elas.
     A indagación é sobre a palabra Galicia ou Galiza, daí, pescudar un camiño que nos poida amosar unha luz sobre algunhas palabras de orixe descoñecida. En primeiro lugar debemos procurar saber se existen outros lugares ou rexións con nomes semellantes, iguales ou aínda de mesma orixe. Pescudando a historia e xeografía de varios países, vamos encontrar moitos nomes que, en principio, merecen que nos deteñamos para facer unha análise máis detallada. Vexamos, por exemplo; o nome de unha rexión polonesa que é atravesada polos montes Cárpatos e o Río Dniester, próximo á fronteira con a Rusia e que é chamada Galitza ou Galich que significa Galicia (Galiza).
     ¿Terá algo en comun esa lonxíncua terra con a rexión noroeste da península Ibérica, a Galicia ou Galiza? Seguindo o fio da meada... Dende logo, aínda temos outras terras ben distantes da Galicia celtíbera que levan nomes que soa ós nosos oídos con sons semellantes. Vexamos a Galia, nome de unha rexión de Franza; e o país de Gales na Inglaterra; o país dos Gálatas ó qual se dirixía San Paulo en unha de súas epístolas, e mesmo a Galiléa dos Evanxellos. Como xa sabemos, estas rexións no pasado foron habitadas por varias tribus celtas. Cabe aquí unha interrogación sobre a posiblidade de todos eses nomes, non sexan o que sobrou desa anterga civilización da lingua céltica. Ou, quen sabe, de un outro pobo de lingua indo-europea que, de pasaxe por estas terras, foi deixando súas marcas como testemuño de unha anterga cultura.
     Deixemos nosa imaxinación voar de mansiño un pouco máis baixo, apenas por uns instantes, pois podemos desembarcar en portos pouco seguros en nosas investigacións iniciais.
     Voltemos pois, ás terras da Galiza Celtibérica procurando os datos que ela nos ofrece. Galegos ou "gallegos", é nome de moitos lugares da Península Ibérica, mesmo que algúns teñam variacións terminolóxicas que parecen de mesma raíz. "cal ou gal", con un significado "litio", é dicir, pedra. Na Galicia, na lingua galega, algúns tipos de pedras, medio brancas e duras, que moitas veces son atopadas sobre a terra, soltas, tanto nos camiños ou no leito dos ríos chamanse de "callaus", daí o nome de cálculo en matemática, pola razón que os romanos usavan esas pedras arredondadas e moito duras en súas máquinas de calcular, o "ábaco".
     Por outro lado, sábese que, o nome Galicia ou Galiza é ben próximo de Caliza, que é um tipo de pedra moito abundante nesta rexión ibérica. Para xustificar esta hipótese, vamos buscar outros nomes relacionados coa pedra, como por exemplo o nome do "Río Gállegos", na rexión aragonesa de Huesca, que tamén pode estar relacionado con a raíz "cal ou gal", visto que tanto no leito como nas marxes dese río, existe con abundancia ese tipo de pedras, portanto, sería "Río Cállico", segundo os romanos.
     Ora, quen coñece ben a rexión Galaica da península Ibérica , sabe que, dende os tempos remotos, o medio material empregado para construir "chozas, castros ou citanias, templos e caserios" foi sempre a pedra de cantería e pizarra.
     Como se ve, a pedra nesta rexión é un elemento natural moi abundante, surxindo daí un profesional típico destas terras que é o canteiro, é dicir, o artista que traballa a pedra. Máis adiante voltaremos a falar sobre ese artista da pedra de cantería.
     Podemos imaxinar a primeira impresión que tiveron os pobos antergos que chegaran á Galiza por mar, vendo tantos moles, morros e montañas por toda a costa galaica deica as terras de Portugal. Estas serras maxestosas e temerarias, por súa imponencia, eran para eles, as terras da "Callitia ou Gallizia", que eran habitadas por aqueles bravos e indomabeis montañeses, na rexión que hoxe é a Galicia e o norte de Portugal, é dicir, a anterga "Gallaecia" romana ou aínda, a rexión habitada polos "gallaeci" (os gallaeci eran de unha tribo celta).
     Na idade aurea dos metais, xa existía nesta rexión unha área cultural diferente das demais rexións da península Ibérica. ¿Quen sabe se o nome Galicia non provén do nome dado a eses habitantes das montañas da rexión galaica? Ou supoñer unha outra hipótese. ¿Que relación pode existir entre o nome Galicia e o nome de unha anterga rexión entre o río Miño e o río Douro, hoxe Galiza e o norte de Portugal, que se chamava "Cales"? A esas tribos que habitavan esa rexión os romanos deran o nome de galaicos ou calaicos.
     Pero, xustamente, por ser a pedra un material primario da rexión galaica, a través dela eses montañeses deixaron marcas indelebeis, trabalhando en particular ese tipo de pedra que coñecemos como cantería ou granito desta rexión.
     O cariño e a maxia con que eses artistas tratavan e aínda tratan, a pedra de cantería deulle o nome de canteiros a tódolos que, a través de súa arte de acariciar e cultuar a pedra, que axudou a levantar monumentos, igrexas, capelas, dando vida á historia hispánica na cultura popular e clásica. Eses inventores e moito inxeniosos canteiros galegos, souberon refletir coa máis pura inxenuidade unha porción da cultura anterga galaica na paisaxe peculiar monolítica contemporanea.
     Hoxe, eses vellos canteiros, eses mestres na arte de venerar a pedra, dan lugar ós poderes máis xovens aspirantes a artistas da "Escola de Poio", que o Goberno Autónomo da Galiza está reativando para preservar un pasado de glorias a través desa ponte cultural a camiño do futuro. Esa Escola, evoca a distancia cultural con novos brios e formas propias de acariciar a pedra de cantería.
     O amor antropolóxico continua intocáble nas súas raízes, no ritual granítico, e nos eternos punteiros e ciceles, contrastando coa tecnoloxía de discos e compresoras para tallar a pedra e, ó final desta loita milenar, este home montañes, artista ou artesán e a pedra caliza continuará no seu camiño da arte espacial. Surxirán novos camiños e novas formas con a Escola de Poio, tratando de revitalizar, na terceira dimensión artística, as lembranzas tradicionais e antropolóxicas da pedra de cantería. Ese novo canteiro, continuará acariciando a pedra como nos vellos tempos, para que poida ser adorada en todas as formas que adquirir; facendo maxia, esculpindo e construindo unha nova Galiza, onde os seus fillos non precisen, nunca máis, nunca máis mesmo, de deixar seu lar, seu lugar, súas montañas e vales encantados.
     Moitas veces, vendo e lendo ou oíndo as marcas da historia, pode parecer algo irrelevante ou sen moita importancia nun primeiro momento pero, ó ler e ver de novo, con todo o noso ser interior, nos imaxinamos diante destes testemuños vivos da cultura de nosos devanceiros. É algo que non deixa de remexer coa nosa sensibilidade. De certa forma, parece que nos transportamos ao pasado remoto a través do túnel do tempo, dentro de un presente real. A cultura celta ou celtibérica deixou súas marcas ben profundas na península ibérica e, a través de españois e portugueses, impregnou nas súas andanzas, con súa maxia, nobreza e determinación.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega