Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Nome antergo de Santiago de Compostela

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica035.html
     A cidade de Santiago de Compostela ó que parece, naceu de unha sepultura. Antes de nacer como cidade, era lugar de sepulturas, unha necrópole de antergas civilizacións. Certos nomes como a Porta da Mámoa, algúns obxectos atopados e narracións antergas da tradición "xacobea", falan a respeito de enterros anteriores, semellantes a moitos que se atopan en toda a rexión galega e en moitas partes da Península Ibérica. Neste lugar, onde sería a cidade de Santiago de Compostela, os carballos facian sombra ós soños dos mortos antigos: Cinzas de cremación, en vasillas de barro, estavan gardadas dentro deses monumentos que se chaman en galego, mámoas, cubertos de pedra, arxila e, outras veces, apenas pola vexetación nativa; carqueixas, carrascos e toxos...
     Eses monumentos, xeralmente, estavan situados nas proximidades das citanias ou castros, cidades-fortaleza dos celtas. O nome de Compostela, creo eu, provén do diminutivo "compositum", isto é, cemiterio pequeno. Existe unha outra versión, segundo algúns datos históricos e lendas, de que, tal vez, o nome de Compostela, proveña do referencial que era usado polos peregrinos ao se aproximar do Santuario, que ficava nas proximidades do campo, na dirección de unha estrela, o que sería o "Campo-estrela", e daí viría Compostela. Unha das entradas de Compostela aínda se chama A Porta da Mámoa", o que quer dicer a Porta do Dolmen.
     Imaxinemos o antigo sepulcro neolítico, cuberto por un montiño de terra e pedras na entrada da citania (castro), cidade celta que tiña o primitivo nome de Liberum Domum, do xermánico antigo, que significa "Arca Marmórica" (segundo historiadores antergos, este nome non ten nada a ver con o nome semellante en latin). Vemos como esta LIBERUM DOMUM, nun planalto curvo, facía unha liña con os outros túmulos, gardando as reliquias tribais célticas, con as cinzas calcinadas de seus mortos, formando unha trilla. Percorrela sería como camiñar a través da historia de Galicia, tal vez, ao ver esta liña curva afastada do horizonte, e comparandoa con outras cidades de súa época, parece que súa fundación foi puramente monástica, e que viría a desempeñar un papel de destaque a partir do século X como centro de peregrinación da cristandade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega