Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Romanización da Galiza

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica037.html
     A Galiza, esta terra indómita, non foi romanizada totalmente polos soldados de Decio Xunio Bruto, nen polas tropas de César. A Galiza non se deixou asimilar tan facilmente como o Levante ou a Bética . Na Galiza, a cultura latina chegou a través da influencia eclesiástica. Non houbo outras escolas máis ben estructuradas que a dos templos, o que levou estes pobos a se agruparen, como xa era costumbre antergo, en parroquias e comarcas que foi efectuado sob a orientación e xurisdicción episcopal. A fala coloquial se impregnou de liturxía e o canto se configurou en salmos e rituais. Como se ve, Santiago de Compostela foi o centro da historia da Galiza que, se algún día teve un lugar no mundo evanxelizador, foi en nome do Evanxelizador do Occidente.
     A Galiza sempre foi unha terra arcaica e maternal que soubo transmitir a mensaxe do Apóstolo Santiago, mensaxe esta de fe, que foi oída por todos os cantos sob os ceos da Europa cristá, e unha melodía abre e alarga un camiño ás "Terras do Finsterre Atlántico", onde unha "arca marmórica" garda o Evanxelizador do Occidente.
     Para poder abrir este sepulcro, Reis, Príncipes e Papas abandonaran castelos e templos, construíran pontes e hospedarías relixiosas, facendo unha camiñada compacta, como unha galaxia de melodías cantando o amañecer de un novo mundo de fe. Ese camiño para Santiago, feito en parte sobre as calzadas das antergas "Vías Romanas", templos e pontes construídas con pedras esculpidas polas mans de grandes mestres, ó mesmo tempo que oían a contaxiante fala romance que cantavan os Xograis, todo iso brotando naturalmente como brotan as flores na primavera. A lírica trovadoresca, de orixe provenzal, foi introducida na zona occidental a través do Camiño de Santiago ou Camiño Francés que, pasando por Pamplona, Burgos, León e Astorga, chegava a Santiago de Compostela.
     Toda a cristandade peregrina camiña emocionada a Compostela, que se converte en centro cosmopolita, onde se oían cánticos e melodías do mundo cristán. O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, por Teodomiro, obispo de Iria Flavia, cidade de orixe romana, situada na provincia da Coruña alén de servir como guía espiritual e guerreiro, para conter o avanzo musulmano na Península Ibérica, tamén serviu como semente para as letras galaicas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega