Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Poesia galaica

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica038.html

     Entre algunhas poesías daquela época, que chegaran ata nós, tanto líricas como épicas, está a "Canción de Amigo" do poeta galaico Martín Codax, que viveu na corte de Fernando o Sabio:

En o sagrad en Vigo
baylava corpo velido;
amor ey.

En Vigo, no sagrado
baylava corpo delgado;
amor ey.

Hu baylava corpo velido
que nunca tivera amigo;
amor ey.

Baylava corpo delgado
que nunca houvera amado;
amor ey.
Que nunca houvera amigo
ergas, no sagrad' en Vigo,
amor ey.

Que nunca houvera amado,
ergas, no Vigo en sagrado;
amor ey.

Tradución aproximada para o galego de hoxe:

No sagrado en Vigo
bailava corpo bonito;
teño amor.

En Vigo, no sagrado,
bailava corpo delgado;
teño amor.

Bailava o corpo bonito,
que nunca tivera un amigo;
teño amor.

Bailava o corpo delgado,
que nunca tivera un amado;
teño amor.

Que nunca tivera amigo,
senon no sagrado en Vigo.
teño amor.

Que nunca tivera un amado,
senon en Vigo no sagrado;
teño amor.


     Tamén outro poeta e "Almirante do mar", no Guadalquivir que completou a conquista de Sevilla, segue a mesma unión de temas, sentimento e paisaxe:

... As frores de meu amigo
briosas van no navío
e vense as frores
de aqui van os meus amores. . .

     A lingua romance falada en Galiza, non era cultivada apenas nesta rexión, pero saía fora de seus límites territoriais, con súa gracia, melodía e encanto. Foi Alfonso X, o Sabio, que escribiu en castelán súa obra histórica e científica, pero reservou esta lingua singular para redixir toda a súa poesía lírica. Entre outras, destacase "Cántigas de Santa María". Estas poesías líricas deran orixe a moitas outras posteriores, amosando a influencia naquela época da Cultura e Literatura Galaica. Outro poeta que dignificou a lírica galega, foi "Macías, o Enamorado"

. . . !Cativo da miña tristura
ya todos prenden espanto

e perguntan que aventura
e que m' atormenta tanto. . .

     É claro que, como todas as literaturas, a galega non puido fuxir á regra do declinio por determinadas circunstancias de cada época. Infelizmente, no século XV entra en decadencia, e só recobra parte de seu brillo secular, no século XIX.
     Con a cultura e literatura galaicas, surxía unha árbore ecuménica, unha nova Roma no Finsterrae Atlántico, berce de patrias. De duas infantes da Corte litúrxica de Compostela, unha delas, embrionava a "Alfonso Raymundez", primeiro Emperador das "Españas", Señor de tres relixións e de cinco reinos, a outra, a "Afonso Henriques", primeiro conquistador da Lusitania, o que gañou o poder por súas propias mans e libertou a Lisboa xunto con os cruzados da Palestina.
     Na Galiza de Santiago de Compostela, nacerían novos Evanxelizadores de novos mundos. Compostela, xa podía deixar que seus fillos seguisen seus rumbos, mais ficando sempre como "O Lar Maternal". Para a rexión galega, aínda ficaría reservada máis unha importante honra nun determinado periodo do Emperador Carlos V, que trasladou a sede das Novas Cortes, para Santiago de Compostela, e logo despois, para a Capital de Provincia, a Coruña.
     A cidade de Santiago de Compostela, a pesar de ser fundada entre os anos de 812 e 814, polo rei Alfonso, o casto, aínda hoxe conserva un carácter medieval, onde o tempo, na parte anterga, parece que adormeceu xunto con o sepulcro do Apóstolo. Todas as pedras de Santiago de Compostela evocan historia e feitos singulares. A vida universitaria dalle un carácter festivo e cordial, a través dos tempos. A cidade non pode ser concebida sen a grandeza e o encanto dos Soportales e a presencia case contínua e lenta da chuvia fina que parece personalizarse no toque meigo e silencioso, ao bicar as pedras milenares das rúas compostelanas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega