Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Relevo

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica004.html
     En seu relevo destácanse os recortes montañosos, apresentando unha complexa masa de elevacións, cada unha delas con diferentes configuracións xeolóxicas e características moito peculiares. Ó Noroeste, o macizo galaico-duriense, caótico conxunto de montañas sen unha certa simetría; perde altura na dirección Oeste-norte, no sentido da costa marítima. Nese conxunto, destácanse o Seixo e o Pico de Manzaneda a través das rexións que limitan con Portillos de Canda e con a de Padornelo na provincia de Ourense e Zamora. Ó Norte, a cordilleira Cantábrica: fileiras de montañas paralelas á costa, comezando na depresión da rexión vasca, alargándose na dirección do occidente deica o macizo galego. Ó Sur, a meseta está rodeada por un núcleo montañoso de elevación regular que vai na dirección Este-oeste. No límite oriental da meseta levántase un prolongado reborde montañoso na dirección Sudoeste: é a cordilleira Ibérica, que está formada por unha serie de serras e elevacións que forman a divisoria de augas entre o Mediterráneo e o Atlántico.
     Dende o Cantábrico deica o Mediterráneo, destácase o macizo dos Pirineus como unha barreira que serve de divisa entre a Franza e a España, con unha largura de aproximadamente 400 quilómetros.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega