Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

O emigrante

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica044.html
     Segundo algúns estudiosos do comportamento humano, o home, cando nace, xa trai consigo certas características que van se manifestando e perfeccionando no decorrer do tempo. O medio no cal se está inserido, encargase para que esas características se desenrolen en toda a súa plenitude, ou, en caso contrario, que elas permanezan inertes ou se atrofien en súa orixe. Xeralmente, o lugar do nacemento do individuo influi de forma marcante en súa personalidade e súa cultura ata un determinado límite. Pero, a pesar desa influencia e dese cariño maternal manifestado en relación ao lugar nativo, nen sempre é o bastante para prendelo en definitivo e así desenrolar unha vida natural e completa, para satisfaccer súas mínimas necesidades de sobrevivencia. Nese caso, unha das alternativas é a de procurar outros lugares, outras terras onde se poida obter, con seu suor, o que non pode obter en seu lugar de orixe. E a opción de unha posible melloría de vida é emigrar, para que así poida construír todo aquilo que ele ve constantemente nun futuro mellor.
     Ese soñador, que moitas veces soña con os ollos abertos, ve unha nova "terra prometida", na cal poderá concretizar e realizar seu soño; o novo país parece que promete moitas cousas, pero unha cousa é certa, como dicía "O Semeador Evanxelista: nada se consegue sen que escorra o suor polo seu rosto". O que quixo dicir o semeador é que ninguén regala nada, o traballo en calquer lugar ou calquer circunstancia é duro e é necesario ser moito perseverante, e esa nova sociedade, xeralmente, tende a ser moito esixente con o novo membro en relación a seus costumes e cultura. Con os galegos e os demais emigrantes españois, en xeral, o fenómeno da emigración fai con que, fóra de súa terra natal, se agrupen en Centros Comunitarios, onde, de certa forma, poidan conservar seus costumes e axudárense mutuamente. . .
     Eles saíran de súas pequenas patrias históricas, tan pobres de recursos como ricos de vida e ánimo para enfrentar novas terras e unha nova vida, sen outras armas que súa coraxe e seu traballo, e con elas, se non alargaron o mundo como o fixeron seus antepasados, axudaran moito no progreso, construíran novas familias, deron prosperidade e desenvolvemento á sociedade na cal se integraron. Na maioría dos países que os acolleron, foron pioneiros de unha certa forma: Na Seguridade Social, fundando Sociedades Beneficentes e Hospitalares, Casas de Socorros Mútuos, Casas de Galiza, Casas de Asturias..., que tiñan como principal obxectivo unir o triunfador ó menos afortunado, unha labarada sempre acendida, xuntamente co o amor á terra que os viu nacer.
     Unha terra que ten que lle estar agradecida por que nunca a esqueceran, tanto na alegría como na desgracia. Eles axudárona con súas economías, obras e difusión de súa cultura. Porque eles, con súa presencia, seu traballo e con seu sangue, fixeron máis que ninguén para manter vivos e atualizados os lazos entrañables e indelebles que unen os pobos latino-americanos. O emigrante galego, como todo emigrante das demais rexións da España, é un testemuño vivo da imaxe da España na América Latina. Ele foi, de fato, neste último século, a máis importante manifestación do espírito español que un día fixo con que o mundo parecese pequeno.
     A seguir, algúns poemas de autores renomados que viviron na Galiza ou aínda viven, perpetuandoa dentro de súa ánima e do seu corazón.
     O poeta da "Longa Noite de Pedra" vexamos o poema na súa lingua orixinal, o galego:


O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chau
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao longe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.

I eu morrendo
nesta longa noite
de pedra

     Este poema é do galeguista e poeta Celso Emilio Ferreiro, o nome como se ve, parece portugués, na verdade poeta e poema é máis unha revelación das semellanzas e igualdades dos galaicos e seus descendentes: Galegos e portugueses.
     Vexamos agora en portugués:


"O teto é de pedra.
De pedra são os muros
e as trevas.
De pedras é o chão
e as reixas.
As portas,
as cadeias,
o ar,
as janelas,
os olhares, são de pedra.
Os corações dos homens
que ao longe espreitam,
feitos estão
também
de pedra.
E eu morrendo
nesta longa noite
de pedra.

 

     É unha pena que estas duas línguas irmás, parecidísimas, a galega e a portuguesa, fillas de unha mesma nai latina, e no entanto, vivindo alleias unha á outra. Ignorase, exceto entre especialistas no estudo da lingüística, o que sexa esta língua. Moito menos se sabe da súa literatura, case nada. A grande poetisa galega, Rosalía de Castro, cando é coñecida dos poetas brasileiros e portugueses, é a través de seus poemas en castelán e raramente dos poemas en galego que conservan a súa emoción, súa dor e seu sofrimento ao ver o pobo galego sofrer, principalmente con a emigración, como ela ben amosa en case todos os seus poemas.
     Pero, para sentir esa emoción e dor é necesario ter sido ou ser emigrante e coñecer seus problemas de un modo xeral.
     Seguindo o consello do propio poeta Celso Emilio Ferreiro:


Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un hirman che falo.

En portugués:

Por cima de todas as fronteiras,
por cima de muros e valados,
se nossos sonhos são iguais,
como a um irmão te falo.

 


Poema de Rosalía de Castro
(en galego da época, por edicións follas novas, Vigo)

"QUE PRACIDAMENTE BRILLAN"
¡
Que pracidamente brillan
o rio, a fonte i o Sol!
Canto brillan... mais non brillan
para min , non.

Cál medran herbas e arbustos,
cál brota no arbor a frol!
Mais non medran nin frorecen
para min, non.

¡Cál cantan os paxariños
enamoradas canciós!

Mais anque cantan, non cantan
para min, non.

Cál a natureza hermosa
sorrí a maio que a mimóu;
mais para min non sorrí,
para min, non.

Sí..., para todos un pouco
de aire, de luz, de calor. . .
Mais si para todos hai,
para min, non.

¡E ben!..., xa que aqui non atopo
aire, luz, terra nin sol,
para min non habrá unha tomba?
Para min, non.

En portugués

Quão placidamente brilham
o rio, a fonte e o Sol!
Quanto brilham... mas não brilham
para mim, não.

Como crescem a erva e o arbusto,
como brota na árvore a flor!

Mas não crescem nem florescem
para mim, não.

Como cantam os pássaros
apaixonadas canções!

Mas, mesmo que cantem, não cantam
para mim, não.

Como a natureza formosa
sorri para maio que a mimou;
mas para mim não sorri,
para mim, não.

Se..., para todos um pouco
de ar, de luz, de calor...
Mas se para todos há,
para mim, não.

E bem!... já que aqui não encontro
ar, luz, terra nem sol,
para mim não haverá uma tumba?
Para mim, não.


     Máis unha vez verificamos que existe unha grande semellanza entre estas duas línguas irmás. A literatura galaico-portuguesa, en súa época, sobre a formación da literatura castelá, que hoxe, con súas mudanzas e desenrolo constituese na literatura española.
     A poesía lírica europea naceu na Provenza. Foron os trovadores (xograis) da rexión meridional de Franza, os verdadeiros mestres deste xénero en toda a Europa. A poesía "provenzal", ou trovadoresca, entrou na Península Ibérica polos Pirineus, gracias ós monxes que ían en peregrinación a Santiago de Compostela, onde encontrou un campo propicio e dalí para Portugal, onde alcanzou o máximo de esplendor na corte do Rei Trovador, don Diniz, que subiu ó trono en l279. Da Galiza e Portugal chegou a Castela, onde o monarca, Alfonso X, o "Sabio" empregou a língua galaico-portuguesa, propia para este xénero de poesías para escribir as célebres "Cántigas".
     Dese modo, formouse na literatura castelá, e case dende o comezo, duas escolas: a provenzal e a galaico-portuguesa, con características un pouco diferentes.
     Na escola provenzal, a poesía é erudita, aristocrática e cortesá, xirando sempre en redor de historias de amor; o verso usado é o chamado de arte maior, e a estrofe caracterizase por súa complexidade e súa raridade. A rexión onde se difunde é a chamada rexión do Levante (Cataluña e Aragón).
     Na escola galaico-portuguesa, esta poesía, é máis nacional e tradicionalista, con menor influencia estranxeira que a provenzal, e tamén menos artificial, ten a inxenuidade e a "frescura" da poesía popular, e o amor que tamén se canta nela está cadenciado por unha doce e soidosa melancolía.
     O verso desta poesía é o verso curto, o arte menor. Esta escola poética chegou ao seu maior apoxeu durante o reinado de Alfonso o Sabio. Contudo, a influencia provenzal na poesía lírica galaico-portuguesa é ben notoria. Este tipo de poesía desenrolouse na Galiza e en Portugal.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega