Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A maior gloria hispánica

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica045.html
     A maior gloria manifesta da cultura hispánica é a súa variedade, a riqueza de matizes e a diversidade de orixes. A España de hoxe, a pesar das distintas paisaxes e costumes das rexións históricas, dos fortes contrastes e súa complexidade, é unha España unida, na cal se pode vivir a máis segura tranqüilidade das planices castelás, a dozura dos vales pirenaicos, a frescura e fragrancia das terras galaicas, separadas unhas das outras polas montañas burgalesas e leonesas, pola atormentada xeografía dos montes Cebrero e as xeladas montañas de León, ambos no paraíso do Bierzo.
     Das varias definicións dadas para a España, algunhas un tanto abstratas, ela prefere, cremos nós, esta concreta: a España é unha antoloxía de cidades, poboados, aldeas e rexións históricas, físicas e psicolóxicas.
     É unha e son varias: Histórica, agrícola, turística e industrial. Pero, entre tanta variedade, sexa xeográfica, sociolóxica e lingüística, a España se configura e proxecta como unha vigorosa voz humana, que canta con amor e alegría unha nova aurora e un despertar de unha nova era de paz e progreso, é un "Phoenix Hispánica"
     De fato, hoxe constatase a existencia de unha nova España, onde o seu maior tesouro é o valor de seu traballo, de súa vontade de superación e de conquista de un tempo perdido. É unha España de terra verde, de montañas imponentes e de praias ensolaradas refletindo o esplendor de súa xente. É o país dos contrastes e de unha estética telúrica. É um país de orixes remotas, cuxo significado auroral se perde no misterio dos séculos: con seu folclore e seus mitos raciais; con a riqueza e a inxenuidade de súas músicas populares; con súas supersticións, cremos, de orixem celta, e interminables lendas.
     Poderíamos arriscar a afirmativa de que a España é tan anterga como o mundo, onde seu escenario, que é paisaxe suxestiva, compenetrase con a psicoloxía e a esencia de seu pobo e de súa propia historia, para modelar, ó fin dos tempos, a estátua máis representativa de un tipo de cidadáns nacidos para a loita, para desbravar horizontes e conquistar bandeiras en tódalas latitudes planetarias.
     Referímonos ao tipo de hispano nacido en calquer cidade, poboado ou aldea, que, por insignificante que sexa esa saga, estará sempre presente en súa índole e en súa universalidade, porque pertence a unha estirpe decidida e ambiciosa, soñadora e realista, que ama como ninguén a universalidade do seu lugar de orixe.
     Hai, pois, unha España que é pura visión xeográfica con tódolos encantos naturais, que ofrece graciosamente ao seu espectador sensible e perspicaz, tódalas posibilidades de soñar. Pero, os poboados, como os homes, ten corpo e ten alma, elementos somáticos e elementos psicolóxicos. Hai unha vida biolóxica e outra biográfica. É o momento da cultura e da xeración de valores que os apresenta e define como protagonistas e atores da Historia.
     A España neste sentido, é piloto e é mestra, xerme dinámico e vontade de se superar. Aquí defendeuse un día a cristandade visigótica e santiaguesa. Daquí arrancaran as correntes inovadoras do espírito, con froitos ben amadurecidos no ámbito do pensamento.
     Pero, a ánima da España non se esgota toda ela no repertorio de conquistas económicas e intelectuales que planexan, por así dicir, os diversos extractos culturales de súa propia historia. Hai que deixar tamén na área do espírito, do sentimento da fantasía, da virtude e da dimensión relixiosa.
     Surxe, así, como por milagre, diante de nós, outra España, a que soñaran tantos hispanos e hispanistas repartidos por toda a face da Terra; idealizada pola nostalxia, convertida en símbolo, en idea. Unha España que existe na mente e no corazón de todos aqueles que un día soñaron con a terra prometida, e quen sabe, algún día poder volver.
     Pero, a terra, por súa propia virtude, é pouca cousa, a penas terra. É pura materia inerte se non existen brazos que a traballen, que a cultiven que a embelezen. Pero adquire unidade e sentido, gracia e poder, mediante o esforzo colectivo.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega