Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Glosario

 

v3mdizphoenixhispanica047.html


Átalo de Pérgamo


Chefe militar de orixe romano.


Aníbal

Comandante militar cartaxinés que combateu ós romanos na península ibérica.


Ansonio


Filósofo e historiador moito antigo.


Afonso Raymundez


Neto do rei Alfonso VI e fillo de Raimundo de Borgoña con Doña Urraca ( raiña hispánica).


Afonso Henriques

Neto do rei Alfonso VI e fillo de Doña Teresa. Foi un loitador incansble contra os mouros.


Cazadores de Altamira

Tribos do norte da Península Ibérica que eran cazadores e vivian dentro da Gruta de Altamira.


Compositum

Cemiterio pequeno


Citania ou castro

Cidade celta fortificada (tipo de acampamento militar).


Casa de Troia

Obra literaria editada en Santiago de Compostela. Premiada pola Real Academia Española —Autor: Alexandro Pérez Lugín—.


Carrasco

Tipo de vegetación rasteira, moito florida, na maioría da región galega.


Druidas

Unha especie de sacerdote celta que, xeralmente, coidava das normas sociais axudando a manter a unidade cultural.


Decio Xunio Bruto

Procónsul romano na península ibérica e comandante militar na época de Xulio César.


Deus et Frater Galleciae

Os camponeses galegos, inclusive na Terra de Montes, na Galiza, tamén invocavan Deus como Pai e símbolo de loita na fe para defender a súa cidadanía.


Equinócios

Ponto da órbita da Terra onde os días e as noites tén a mesma duración.


Gaita de fole

Instrumento musical de orixe celta usado na rexión da Galiza (formado por um fole e varios tubos (semellante á gaita de fole escocesa).


Gallaecia Nutrix 

A Galiza doadora, fornecedora, que nutre.


Gálatas

Tribos celtas que habitaron as proximidades do Mar Negro ( onde hoxe é Ankara, Turquía).


Illas navegantes


Lendas celtas que falan a respeito de illas en movemento nas costas da Galiza.


Ilirios

Pobos antigos do centro e leste da Europa.


Iulia Urbs Triumfhalis Tarraconensis

Nome antigo dado por Xulio César a unha das provincias da Cataluña, Tarragona, por vitorias alcanzadas nesa rexión.


Keltoi

Nome dado polos gregos a algunhas tribos celtas.


Kassiterides

Nome dado polos historiadores antigos ás minas de estaño e chumbo nas costas da Galiza, no Finsterre.


Libredon

Nome antigo dado ó bosque nas proximidades onde foi enterrado o Apóstolo Santiago, hoxe, Santiago de Compostela.


Liberum Domum

Nome antigo, de orixe xermana, de unha cidade onde hoxe está Santiago de Compostela.


Ligures

Pobos antigos que habitaron os Alpes, entre o norte da Italia e a Franza, acompañaran os celtas na invasión da Península Ibérica.


Numancia

Cidade de orixe celtibera situada na provincia de Soria (España).


Moles

Amontoado de serras de formación irregular (grande masa disforme de pedra).


Matres Gallaeci

Nais da rexión da Galiza.


Oestrimnios

Tribos submetidas polos celtas que habitavan o noroeste da Península Ibérica.


Pórtico da Gloria

Portada, portal, entrada...


Porta da mámoa

Entrada para a sepultura (de orixe celta).


Pedro Madruga

Señor feudal, dono de terras nunha rexión da Galiza (España). Cóntase que na disputa con outros donos de terras, usando medios ilícitos, acendeu o lume con grandes labaradas, preto dos galiñeiros, para que os galos cantasen antes da madrugada.


Pneuma

Principio vital, a que algúns médicos antigos atribuían a causa da vida e de algunhas doenzas.
Esencia espiritual invisible. Mestura de nocións relixiosas, filosóficas e científicas.


Herodes Agripa

Rei da Xudea en Xerusalén durante o dominio romano.


Río do olvido

Lendas galegas, de orixe celta, que falan na perda da memoria ó atravesar ese río.


Sevillanas

Danza e canción popular flamenca propia de Sevilla (España).


Sagunto

Cidade moito antiga, no Mediterráneo, de orixe grega (España).


Soportales

Prolongamento da fachada de certos edificios. Tipos de galerias cobertas ocupando as calzadas.


Solsticio

Época en que o sol pasa pola maior declinación austral e boreal ( mantén a mesma distancia deses pontos).

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega