Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

As Costas

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica005.html
     A perspectiva do litoral ibérico (España) amosa un privilexio na súa configuración xeográfica peninsular. Ó largo de máis de 3.000 quilómetros de litoral, ten as máis variadas formas de costas. Dende as costas galegas con seus "fiordes", é dicir, súas rías, deica as baías mediterráneas, pasando polas praias do Atlántico, onde o contacto entre o mar e a terra ofrece todas as posibilidades xeográficas e estéticas.
     As costas con rías localizanse na Galicia, onde amosan unha variedade de reentrancias e saídas formando un panorama belísimo e tranquilo en súas augas.
     A costa brava formase no encontro entre o continente e o mar de forma abrupta. É unha rexión de montañas e rochedos que penetran no mar formando pequenas baías. Localízanse no mar Mediterráneo.
     A costa cantábrica estendese dende a desembocadura do río Bidosa, deica a Estaca de Bares.
     A costa levantina vai dende o cabo de Gata, ata o delta do río Ebro.
     A costa catalá estendese dende a desembocadura do Ebro, deica o cabo de Créus. Este litoral apresenta unha bela paisaxe onde predominan as saliencias e entradas para grandes portos de barcos pesqueiros, e centro de turismo de renome internacional.
     A costa galega vai dende a Estaca de Bares ata a desembocadura do río Miño. Na provincia da Coruña é alta e recortada rías altas, na provincia de Pontevedra a costa é máis aplainada e moito arenosa rías baixas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega