Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Romanización da Península Ibérica

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica008.html
     Con a chegada de Cneo Cipión ás costas mediterráneas, no ano 218 a.C., foi o comezo da conquista en que a altivez e a independencia celtibéricas, foron barbaramente derrotadas en Numancia no ano de 133 a.C. A pesar diso, os pobos do norte da península resistiran heroicamente e, en parte, nunca foron totalmente romanizados. Ó final de douscentos anos de conquista, a Hispania viveu catrocentos anos de prosperidade económica, social e cultural.
     Contodo, a cultura celta principalmente na rexión norte, noroeste e nordeste da península, dende Cataluña deica a Galicia, resistiu ás mudanzas impostas polos invasores e colonizadores.
     Despois dos romanos, os invasores "bárbaros" mudaron a concepción de vida e costumes na península hispánica. Con a dominación "bárbara" (visigodos), o principio romano de unidade europea é rompido e a lingua comun, o latín, comeza a fraccionarse. A historia política dos reis visigodos é deplorable: Dos trinta e catro reis, dez foron asasinados, perdendo a coroa e a vida. Moitos monarcas escalaran o trono valendose de traición e sublevación. O estado era organizado na base da monarquía absoluta e de carácter elexible, o que daba orixe a moita rivalidade entre os nobres desa época.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega