Poemas 1981/1991

Páxina Anterior

"Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos".

 

m2loispereiropoemas002.html

Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos

A perfección era unha intuición fráxil
na que habitaba un virus definido
en cada movimento interpretado
polo discurso estético da pel
Talco e carmín
seducción subcutánea
a atrocidade orixinal das vísceras
furia xestual en cada un dos seus nervos
na sesión de strip-tease daquela noite
Confusamente a imaxe dos seus lavres
voando sobre Europa
A vida sucesión de luz e sombras
o segredo da perfección máis pura
somentes unha sombra de dúbida nun xesto
a lene distorsión nun dos seus movementos
en fuxidía expresión de terror lúcido
nos ollos e na boca
esa era a perfección definitiva.
Caíron logo os ollos os pezóns
e coa furia da súa visión súpeta
todo o que puido arrincar ledamente irada
coa única forza das súas propias mans
e o poder que posúe quen descobre a verdade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega