Poemas na emigración

 

Preliminar

Páxina Seguinte

v3mdiz001.html

     Moitas veces, ó imaxinar un tema, penso que é necesario ter vivido moito, pescudar bastante, ver e apalpar todo o posible ademais de ouvir o latir do corazón, para poder escribir , cando menos, unha difícil, enigmática e bela metáfora poética.
     Creo que, a imaxinación e a liberdade son os elementos que permiten, ao Ser humano, descubrir e aprender a dimensión da beleza escondida polas relacións comúns ou personalizadas. A cultura, xunto coa sabedoría pode indicarnos un camiño no cal case sempre haberá a posibilidade de mellorar e cambiar as cousas, pacífica e harmoniosamente. É confiar que as forzas dese conxunto teñen a capacidade de enfrentar as máis diversas crisis para dialogar co presente, o futuro e, moitas veces, ata con Deus.
     É conmovedora, emocionante e ás veces inusitada a recordación e o amor implícito ou explícito que moitos emigrantes engaden a cuestión toponómica onde viron a luz pola primeira vez. Ninguén descoñece o significado emocional e o fascíneo que sobre a maioría das persoas exerce o ambiente no que se desenrolaron os seus primeiros anos de vida, imprimíndolle en seu carácter e na socioloxía de cada un estigmas indelebles durante a súa camiñada polos sendeiros do mundo. Son sinais marcados polos recordos moi fondos, plantados na súa ánima e no seu espírito.
    Eu, particularmente, sempre que me atopo na terra sagrada dos meus devanceiros terramonteses, mesmo despois de ver, ler e ouvir moitas cousas sobre todo este entorno da anterga Comarca da Terra de Montes, ainda teño moitas dúbidas que poboan o meu Ser total. Así, procuro pescudar:
     Busco, principalmente, un elo perdido por estas paraxes de campos floridos e ceos azuis da Terra de Montes e seus arrededores, que me envolven cás súas nubes de nácar axudándome a pescudar novas ideas para intentar interpretar as cuestións metafísicas ó meu redor. Moitas veces subo ó alto dos montes para que, dende alí, poida vislumbrar todo o que algún día xa consideraba, comunitariamente, tamén meu.
     Ás veces vou pola estrada que pasa por diante da ermida de Santo Domingo de Xirarga de Montes para facerlle algúns rogos antes de subir por entre a maleza que rodea o camiño que me leva ata o Pico d´Abeleira, ó Ceo do monte d´Alén ou ó Outeiro da Cruz. Alí, ben preto do Puzo d´auga, onde se abastecían da sede tódolos seres da fauna nativa destes montes: A besta dun soldado mouro e do Xefe Keltoi, inclusive os Seres humanos cando cansados descansaban.
     Por algúns ninutos, miro todo o que está ó meu enrededor ata onde os meus cansados catro luceiros poden alcanzar. Miro, tamén, os camiños e carreiros que nos meus días de antano, na miña tenra xuventude, pouco antes de emigrar para o Brasil, percorría para ir ás festas de Presquiras ou para traballar alá polos lugares de Cerdedo e Forçarei coa máquina de mallar o centeo, xunto co meu compañeiro Luís, do lugar de Soutelo de Montes.
     Son cousas que o subconsciente dun emigrante ainda non puído absorber plenamente.
     Por iso, ó reconstrir os nosos recordos, é necesario volver polos mesmos pasos da nosa camiñada e de nosos maiores para que poidamos abrir, de novo, o itenerario da nosa xuventude prematura e apresurada polas circunstancias daquel momento histórico de nosas vidas, nas terras que dignificaron ás Nais Galegas.
    
Abrir, de novo, as ventás que un día pechamos pola ingrata diáspora galega, sen o temor da ilusión do tempo que pasou sen pasar. Voltar para mirar máis unha vez os rincós, nos que quedou afincada a imaxe das cousas máis queridas e o perfil concreto das persoas daquel exato momento.
     Voltar, para sentir, ben de preto, as cousas deixadas polos nosos devanceiros que deran forma e bases na que se estriba a cultura galega.
     Volver, nen que sexa pola derradeira vez, a pisar nesta terra sagrada que nos deu forza e tesón para seguir outros camiños menos alumeados en determinadas épocas, difíceis, para a nosa inquedancia por días mellores.
     Volver, para ollar as ledicias do esforzo de todo o pobo galego en súas andanzas de peregrino apaixonado por un novo amencer orientado polas Nai Matria, paridoras de multitudes, criadoras de liñaxes que dignificaron a súa organización familiar.
     En fin, lembrar aquelas nais galegas esclavizadas polo neboeiro da emigración, traballando as sús terras e lavando as súas roupas coas bágoas da dor e da fe. ¡Oh nais galegas! Matrices de guerreiros, de evanxelizadores e trovadores que lle deron un sentido de xustiza e de espírito de aventura.
     Volver, para mirar máis unha vez estes camiños da miña Terra de Montes, que me parecen cinturas aprisionadas polo abandono.
     Voltar, para ver —cando menos en pensamentos— aquelas ledicias e o espírito de comunidade das aldeas de outrora, que se perdeu, en parte, entre outras cousas, pola invasión á nosa cultura das culturas "modernas"ou, mellor dito, "de unha cultura imaxinaria máis contemplativa".
     Hoxe, ata as voces dos veciños, os asubíos, o bruiar das vacas, o ladrar dos cans e o cantar dos paxariños tamén son diferentes ou deixaron de ser oídos.
     Por todo iso e moito máis, convidoos a coñecer un pouco os anacos dos pasos e da dor, dun emigrante soñador incansable, dun loitador terramontés.
     Adiante!! Poden continuar a ler, tamén, o que non está escrito con tinta, pero, coas bágoas da díáspora...

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega