Poemas na emigración

Páxina Anterior

Amargas bágoas

Páxina Seguinte

v3mdiz010.html

Xoves emigrantes, embarcan cheos de esperanza,
embarca a xuventude chea de moita ilusión,
xuventude impregnada de fe e perseveranza,
xuventude de moita coraxe e comprensión.

As rústicas embarcacións onde eles embarcan,
vellas embarcaciós de cousas e xente escrava,
nelas embarcan tódolos galegos, pais e fillos
coma simple transporte de carne humana.

Eses rostros duros, tristes e desesperados,
camiñando pola estrada da incerteza e
cargando a maleta de madeira de pino,
vestindo a roupa da festa do domingo

A emigración, este mal necesario,
que por ela penan e tocan as campás
de tódalas as igrexas da terra galega,
chorando amargas bágoas de bronce.

Emigrante destemido e peregrino
voltando coa florida primavera
coma a andoriña que sai do niño,
mesmo que atravese o Ceo e a Terra.

Virxe Santa, eu veño suplicarlle,
danos azo para poder arrincar
esta triste, maldita e fera signa,
facendo desta terra o noso Lar.

Pídolle, oh! Virxe Señora-Santa,
para que os fillos desta nosa terra
que aflictos esmorecen de morriña,
endexamais esquezan as súas raíces.

Nestes días de efímeras ledicias,
cando as badaladas das campás
mesturan ós estampidos dos fogos
e cos alegres sons das alboradas.

Pídolle, pola xente desta terra,
polo seu sufrir e súa honra,
non lle quiten o pouco que lle dan
cando as canas aparecen de fóra.

Alumea ós teus gobernantes,
que non teñan corazón de pedra,
con aqueles que un día marcharon
e volveron sen unha bendita fardela.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega