Poemas na emigración

Páxina Anterior

O vento zoando

Páxina Seguinte

v3mdiz013.html

Sentado a raxeira, entre pinos e carrascos
de tardiña, ollando os raios do Sol a brillar
neste silencio pechado onde apenas escoito o
vento estalar, devagariño, mansiño a soprar,
ondeando de pino en pino, susurrando, batendo
asas, acariciando súas verdes follas a ondear.

De cabeza baixa, miro cada pedra do camiño:
pizarras, croios e pedras brillantes do "trono",
apalpo esta "herba de rato" que medra no carreiriño.
Este vento que leva pra ben lonxe de min, de pino
en pino, zoando, esta miña amargura de ánima e
esta miña solidón no medio de tanto abandono.

Miro para esta carrasqueira florida entre os
carreiros do Casteliño, Ouceiras e Cabadón,
ben pretiño destes regatos onde nace o río Avia,
estes carreiriños deica a Chousa, onde as urces
choravan a tristura de súas cañotas que os
ferreiros queimaron no lume de súas forxas.

Estas pedras das calzadas para o carro de bois,
estas calzadas de pizarra feitas a chapacuña
polos labregos, en maña de frío e xeada, batendo
pico e picachón, apuntados na forxa co carvón
"afogado" nos buracos da carvoeira, cañotas
arrancadas, abafadas e quimadas na Chousa .

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega