Poemas na emigración

Páxina Anterior

Sen rumbo

Páxina Seguinte

v3mdiz015.html

Estou tan só agora
no medio deste xardin,
ollo e non vexo nada,
nada en redor de min.

Hai algo que me inunda,
que xela e pecha os ollos,
para que non poidan máis ollar,
as brillantes flores de xasmín.

O pavor segúrame xunto á luz
eu non poido desaparecer,
esta luz sen luz coma espada,
espada que ó final conduz.

Será a espada esa luz sen luz?
será o fio da espada o final?
Xa fai tempo que non sou eu,
síntome só nesta triste sorte.

Ando como as ondas da mar
¡Ondean! ¡Ondean!... ¡Ondean!
andan coa forza do vento e
estan sempre no mesmo lugar.

Deixei sen rumbo o meu lar,
na barca errante do bravío mar,
remando, remando sen destino,
apenas, como guía, o día e o luar.

Tombarei na escuridón da noite,
no silencio da soidade que berra,
no azul e grande océano de bágoas,
no campo santo que une auga e terra

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega