Poemas na emigración

Páxina Anterior

A terra prometida

Páxina Seguinte

v3mdiz019.html

Para volver a esta terra
e beixar súa bandeira
soñei enfrentar de novo
os mares, o ceo e a guerra.

Abandonar o meu lar
e dar miña vida
pintando as cores
da túa fidalguía.

No esplendor refletido
de túa bela paisaxe
vin a imaxe cristalina
do soño de ter volvido.

É a paisaxe moito bela
de túas carballeiras
con todos os encantos
co perfume das silveiras.

 O teu pobo cántaas
coa mesma fe e esperanza
hai máis de mil anos
con moita perseveranza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega